ROTEIROSPARA AXUVENTUDE

Documentos relacionados
O seu fin é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza en distintos entornos privilexiados de Galicia.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

e diferente ter un bo a camiñar.

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Fábrica da Luz/Pasarela do Río Mao/Cañón do Sil

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

REDE EUSUMO. información e comunicación

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

V TRAIL DE VILATUXE 2017

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Convocatoria ordinaria de 2012

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

1.- Organización da Escola de Primavera:

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

BASES DO SERVIZO CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

LICENZAS Prezos aprobados na Asemblea Xeral da F.G.E. de 24 de setembro de 2011 Resumo de prezos Versión do documento: 19 de Xanerio de 2012

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

Revista Semanal EN PORTADA NOVAS FORMACION BOLSAS E AXUDAS NOVAS DE EMPREGO NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX / 2 / 3 / 4 / 4 / 6

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital MAIO Aula CeMIT de Cuntis

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2016 OURENSE-CAPITAL

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES Módulos de 'Ocio e hábitos culturais' e 'Capital social: benestar'. Ano 2014

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

MUSEO LISTE ETNOGRÁFICO DE VIGO PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE 2017

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Apelidos:... Nome:... DNI:... Enderezo:... Localidade:...Concello:...Teléfono/s...

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PROGRAMA DE VIAXES, EXCURSIÓNS E SAÍDAS PROMOVIDAS POLO DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE CENTROS SOCIOCULTURAIS

As categorías de participación e distancias a recorrer na II CARREIRA POPULAR PILAR BARREIRO SENRA LOUSAME 2016 serán as seguintes:

V I C E P R E S I D E N C I A

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

Organiza.- Custo.- Socio Club 35,00 40,00 50,00. DATA.- Fin. Lugar.- Tui. Montañeiros Praza Curros. Enríquez s/n Atención de

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

PIALE Integración en lingua portuguesa

Ordenanzas fiscais Páxina 1

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

BENQUERENCIA TERRA - MAR

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

O CONTRATO DE TRABALLO

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

XXXI CAMPIONATO DE GALICIA DE VETERÁNS DE CAMPO A TRAVÉS A Rúa, 15 de Xaneiro do 2017

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Transcrição:

ROTEIROSPARA AXUVENTUDE Goza da túa fin de semana

ROTEIROS POLA COSTA DA MORTE Páx. 7 PAQUETE MULTIAVENTURA DENDE O AR Páx. 9 PROGRAMA ÁS BEIRAS DO PAI MIÑO Páx. 13 EN TERRAS DE PAMBRE Páx. 15 PROGRAMA A HERDANZA ROMANA Páx. 17 PROGRAMA MULTIAVENTURA EN OURENSE Páx. 19 ROTEIRO N`AUGA - PROGRAMA DE ACHEGAMENTO AO MEDIO ACUÁTICO-MARIÑO Páx. 21 PROGRAMA MULTIAVENTURA Páx. 25 PROGRAMA NATUREZA E AVENTURA Páx. 29 PROGRAMA NATUREZA E CULTURA Páx. 31

O programa ROTEIROS PARA A XUVENTUDE consiste nun programa de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios da cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. O seu fin é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza en distintos contornos privilexiados de Galicia. O noso país ten unha paisaxe única con 1.200 km de costa dunha grande beleza e diversidade na que podemos atopar longas praias de fina area, escondidas calas, espectaculares cantís e belas illas e illotes, ou as nosas características rías que representan un dos seus sinais de identidade. Esta paisaxe, unida ao singular patrimonio cultural e náutico vinculado ao mar e á pesca, permite a súa visita e gozo ao longo destas fins de semana. Se a costa se amosa cegadora pola súa beleza, non son menos fermosos os nosos espazos do interior enriquecidos dunha vexetación, paisaxes e recursos naturais autóctonos dotados dunha interesante cultura e tradicións. Este programa consta de varias actividades e localizacións específicas que permiten gozar da beleza e do contacto coa natureza en ámbitos territoriais diferenciados. Por iso podemos concluír establecendo os seguintes obxectivos a conseguir co programa: Dinamizar as instalacións xuvenís da Xunta de Galicia durante todo o ano. Ofrecer actividades de calidade. Achegar o coñecemento do medio mariño e natural aos participantes. Achegar o coñecemento das actividades en contacto coa cultura e natureza aos participantes. Fomentar a ocupación positiva do tempo libre, a participación activa e o asociacionismo da mocidade galega. 5

Condicións comúns a todas as actividades Destinatarios: Persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Inscricións: Os interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, a partir do día 1 de marzo, aos números 981 545937 / 545702 / 541689 / 545822 / 544869, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas. No momento de facer a chamada darase a información oportuna sobre o xeito de facer o correspondente ingreso. As OMIX poderán facer unha única reserva de 5 prazas nunha instalación, nunha única data a escoller entre as seguintes: 1 a 3 de abril, 8 a 10 de abril, 29 de abril a 1 de maio. A reserva farase mediante chamada telefónica aos números antes referenciados, cunha antelación mínima de 10 días. Unha vez reservadas as prazas deberán efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas. Transcorridos cinco días dende a reserva sen que se efectúe o pagamento, a reserva queda sen efecto. Cota de inscrición A cota de inscrición será de 80 euros. Os/as posuidores/as do Carné Xove pagarán 60 euros (25% de desconto). Documentación necesaria a presentar Xustificante do pagamento e fotocopia do Carné Xove, de ser o caso, que deberá ser remitido por fax á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O número de fax é 981 545843. 6

Non se considerará confirmado ningún participante ao que lle falte algún dos documentos mencionados con anterioridade. Aclaracións de interese De non realizarse o pagamento da cota no prazo máximo de 48 horas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada. Procederase á devolución da cota cando, por causas non imputables ao interesado, o servizo non se preste ou cando a Administración anule a actividade de que se trate (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e, Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan as normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia). Máis información www.xuventude.net Normas de desenvolvemento da actividade Lémbrase aos/ás participantes da necesidade de respectar o descanso do resto das persoas, tanto das inscritas na actividade como das alleas a esta. Os monitores solicitarán ao comezo da actividade a cada un dos participantes a presentación do DNI ou documento acreditativo semellante. Calquera persoa que non figure como participante nos datos da organización será excluída da actividade. Calquera cambio na titularidade da praza debe ser consultado e autorizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, 10 días antes do comezo da actividade. Para as actividades náuticas é imprescindible saber nadar. As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas. 7

As actividades do devandito programa son obrigatorias e a non execución destas, é motivo de expulsión, a non ser que exista causa xustificada. É aconsellable chamar ao teléfono de contacto da empresa organizadora das actividades, co fin de obter información máis polo miúdo da ruta, das características do aloxamento, do material necesario A hora da incorporación á actividade é o venres entre as 19:00 e 20:00 horas, en función do programa de que se trate. O remate destas será, normalmente, o domingo, despois do xantar. A cobertura das actividades non inclúen os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolven as actividades. É moi importante utilizar un calzado axeitado, resistente, flexible e impermeable, xunto cuns calcetíns gordos que permitan que a bota e o pé estean axustados para evitar rozaduras. Compre ter a man sempre algo de roupa de abrigo e para a choiva. Nos días de moito sol é recomendable levar protección solar. Non esquezades a tarxeta sanitaria e os útiles de aseo. 8

ROTEIROS POLA COSTA DA MORTE Instalacións Centro de actividades Nalú, en Caldebarcos - Carnota (A Coruña). Número de prazas 22 persoas por grupo cada fin de semana. Datas de realización Mes de abril: do 15 ao 17 e do 29 ao 1 de maio. Mes de maio: do 6 ao 8, do 13 ao 15, do 20 ao 22 e do 27 ao 29. Mes de xuño: do 3 ao 5 e do 10 ao 12. Actividades Actividade náutica paddelboard e snorkel en seedo seascooter. Actividade cultural e de turismo mariñeiro. Roteiro pola Costa da Morte, visitas ás lonxas con explicación de poxas desenvolvidas e as artes de pesca típicas do lugar e visitas a miradoiros. Actividade náutica con surf e kaiaksurf. Equipamento necesario Saco de durmir. Calzado cómodo, chanclas para actividades naúticas. Cobertura das actividades Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple. Transporte no ámbito da actividade. Actividades con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento. 9

Programa de actividades Venres 19:00 h. Recepción dos participantes. 21:30 h. Cea. Presentación do programa. Xogos de presentación. Sábado Actividades de mañá e actividades de tarde. 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Actividade náutica paddelboard e snorkel en seedo seascooter. 14:00 h. Xantar. 15:30 h. Actividade cultural e de turismo mariñeiro.roteiro pola Costa da Morte, visitas ás lonxas con explicación de poxas levadas a cabo e as artes de pesca típicas do lugar e visitas a miradoiros. 21:30 h. Cea. 23:00 h. Veladas. Domingo 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Actividade náutica con surf e kaiaksurf. 14:00 h. Xantar. 16:00 h. Fin do programa, despedida dos participantes. 10

PAQUETE MULTIAVENTURA DENDE O AR Unha visión distinta e novidosa da nosa terra e paisaxes dende unha perspectiva sorprendente: dende o ceo. Instalacións Aeródromo da Fervenza, en Pazos Mazaricos (A Coruña). Número de prazas 30 persoas por grupo cada fin de semana. Datas de realización Marzo: do 25 ao 27. Abril: do 1 ao 3, do 8 ao 10, do 15 ao 17 e do 29 ao 1 de maio. Maio: do 6 ao 8, do 13 ao 15 e do 20 ao 22. Actividades Voo en ultralixeiro. Rápel voado (40 metros). Tirolina (300 metros, a tirolina máis grande de España). Escalada (rocódromo de 15m. de altura, o máis grande de Galicia). Ponte tibetano. Piragüismo. Torneo de paintball. Tiro cloud. 11

Cobertura das actividades Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple. Transporte ámbito da actividade. Actividades con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento. Programa de actividades Venres 19:00 h. Recepción dos participantes. 21:00 h. Cea. Presentación do programa. Xogos de presentación. Sábado Actividades de mañá e actividades de tarde. 08:30 h. Almorzo. 10:00 h. Voo en ultralixeiro, sobrevoando o Encoro de Fervenza. 12:00 h. Escalada en rocódromo de 5 pisos de altura e ponte tibetano mais longo de Europa. 14:00 h. Xantar. 16:00 h. Piragüismo, ruta polo Encoro de Fervenza. 18:00 h. Rápel voado 40 metros de altura. 20:00 h. Tiro cloud. 21:30 h. Cea. 23:00 h. Veladas. 12

Domingo 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Descenso en tirolina de 300 metros de distancia (a máis grande de España). 12:00 h. Torneo de paintball. 14:00 h. Comida. 16:00 h. Fin do programa, despedida dos participantes. 13

14

PROGRAMA ÁS BEIRAS DO PAI MIÑO Para gozar dun contorno natural privilexiado non demasiado coñecido. Instalacións Albergue xuvenil Benigno Quiroga (Lugo). Número de prazas Grupos de 20 persoas por cada fin de semana. Datas de realización Mes de maio: do 6 ao 8, do 13 ao 15, do 20 ao 22 e do 27 ao 29. Actividades Sendeirismo, piragüismo (kaiak, k1,k2), sendeirismo acuático, cicloruta en BTT, birdwatching, veladas dramatizadas, role playing game. Equipamento necesario Escarpíns de piso duro, saco de durmir, esteira e lanterna. A empresa porá a disposición dos participantes os traxes neoprenos así como os arneses e demais material de escalada para o sendeirismo acuático (quen teña este material pode levalo). Cobertura de actividades Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple. Transporte no ámbito da actividade. Actividades con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento. 15

Programa de actividades Venres 19:00 h. Recepción dos participantes e distribución dos aloxamentos. 21:00 h. Cea. Role playing game. Sábado Actividades de mañá e actividades de tarde. 8:30 h. Erguerse. 9:00 h. Almorzo. 10:00 h. Excursión náutica polo Miño con visita a Portomarín na zona do cemiterio vello. 14:00 h. Xantar. 15:30 h. Sendeirismo acuático-fotográfico e birdwatching polas marxes do río Miño e achegamento ao Mosteiro de Santa María do Loio (onde naceu a Orde dos Cabaleiros de Santiago). 21:30 h. Cea. 23:00 h. Velada dramatizada. Domingo 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Cicloruta turística en BTT. 14:00 h. Xantar. 16:00 h. Fin da actividade. 16

EN TERRAS DE PAMBRE Instalacións Complexo Xuvenil Lug II - Lugo. Número de prazas Grupos de 20 persoas por cada fin de semana. Datas de realización Mes de abril: do 1 ao 3, do 8 ao 10, do 15 ao 17 e do 29 ao 1 de maio. Actividades Sendeirismo, escalada, tiro con arco, sendeirismo acuático, cicloruta en BTT, birdwatching, veladas dramatizadas, role playing game, observatoria de estrelas (velada astronómica). Equipamento necesario Saco de durmir e esteira. Calzado flexible para escalar. Lanterna. Crema solar. Programa de actividades Venres 19:00 h. Recepción dos participantes e distribución dos aloxamentos. 21:00 h. Cea. Role playing game. 17

Sábado Actividades de mañá e actividades de tarde. 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Cicloruta en BTT polo Pambre, con visita ao balneario e o Castelo de Pambre. Sendeirismo acuático polas marxes do Mácara. 14:00 h. Xantar de pic-nic. 15:30 h. Escalada en rocódromo e tiro con arco (rotacións). Visita ao Mosteiro de Vilar de Donas. 21:30 h. Cea. 23:00 h. Observatorio das estrelas (astronomía). Domingo 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Orientación con GPS deportivo en ruta de sendeirismo urbano Roma: a herdanza de Lucus. 14:00 h. Xantar. 16:00 h. Fin da actividade. 18

PROGRAMA A HERDANZA ROMANA Fins de semana culturais, etnográficos e lúdicos con actividades ambientais nunha das comarcas con máis recursos naturais e patrimoniais de Galicia. Instalacións Albergue Xuvenil dos Biocos - San Xoán de Río (Ourense). Número de prazas Grupos de 26 persoas por cada fin de semana. Datas de realización Mes de abril: do 1 ao 3, do 8 ao 10, do 15 ao 17 e do 29 ao 1 de maio. Actividades Roteiros de interpretación e visita ás minas romanas. Tiro con arco e bicicleta de montaña. Xeocaching (uso lúdico do GPS). Ornitoloxía. Astronomía no observatorio do albergue. Cobertura de actividades Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple. Transporte no ámbito da actividade. Actividades con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento. Equipamento necesario Saco de durmir. 19

Mochila pequena para as rutas. Roupa de moito abrigo e gorro de la (actividade de astronomía na montaña). Programa de actividades Venres 19:00 h. Recepción dos participantes e distribución dos aloxamentos. 21:00 h. Cea. 23:00 h. Velada de presentación e animación. Sábado Actividades de mañá e actividades de tarde. 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Xogo de xeocaptura nas minas romanas dos Biocos. Autobús cara a Trives. Visita ao Museo da Escola de Sta Leonor. 14:00 h. Comida. 15:30 h. Visita a Ponte Bibei. Ruta dos Sequeiros (de Pena Folenche a Ponte Navea). 21:30 h. Cea. 23:00 h. Velada de astronomía. Domingo 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Ruta en BTT (San Xoán de Río). Iniciación á ornitoloxía. Tiro con arco. 14:00 h. Comida. 16:00 h. Fin do programa. 20

PROGRAMA MULTIAVENTURA EN OURENSE Instalacións Albergue Xuvenil Ordelles - Pereiro de Aguiar (Ourense). Número de prazas Grupos de 22 persoas por cada fin de semana. Datas de realización Mes de marzo: do 18 ao 20 e do 25 ao 27. Mes de abril: do 15 ao 17 e do 29 ao 1 de maio. Mes de maio: do 6 ao 8, do 13 ao 15, do 20 ao 22 e do 27 ao 29. Actividades Multiaventura e patrimonio no medio natural. Escalada en rocódromo, diferentes grados de dificultade. Tiro con arco. Paintball (xogo de estratexias e liderados). Geocaching no contorno do Mosteiro de San Pedro de Rocas e visita ao Centro de Interpretación Monacal. Veladas nocturnas. Cobertura de actividades Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple. Transporte no ámbito da actividade. Actividades con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento. 21

22 Programa de actividades Venres 20:00 h. Recepción dos participantes e distribución de habitacións. 21:30 h. Cea. 22:30 h. Velada de presentación. Sábado Actividades de mañá e actividades de tarde. 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo, distribución de grupos e traslado á zona de actividades. 10:00 h. Escalada en rocódromo e tiro con arco. 14:00 h. Remate de actividades. 14:30 h. Comida. 16:00 h. Paintball. 20:00 h. Remate das actividades. 21:30 h. Cea. 23:00 h. Velada. Termas de Outariz. Domingo 08:30 h. Erguerse. 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Geocaching no contorno do Mosteiro de San Pedro de Rocas. Visita ao Centro de Interpretación Monacal. 13:30 h. Fin da actividade. 14:30 h. Comida. 16:00 h. Fin do programa, recollida de pertenzas e abandono das instalacións.

ROTEIRO N`AUGA PROGRAMA DE ACHEGAMENTO AO MEDIO ACUÁTICO-MARIÑO Este programa de actividades consta de accións lúdico-formativas e deportivoculturais en relación co medio acuático e mariño. Instalacións Albergue Xuvenil As Sinas, de Vilanova de Arousa (Pontevedra). Número de prazas 20 prazas por fin de semana. Datas de realización Mes de abril: do 29 de abril ao 1 de maio. Mes de maio: do 6 ao 8, do 13 ao 15, do 20 ao 22 e do 27 ao 29 de maio. Mes de xuño: do 3 ao 5, do 10 ao 12 e do 17 ao 19 de xuño. Actividades Excursión náutica a kaiak de mar. Técnicas básicas de paleo, fundamentos de seguridade. Ruta en embarcación tradicional Galeón. Técnicas básicas de navegación, interpretación do vento, cabullería. Bodyboard. Iniciación a este deporte de deslizamento acuático a través da forza das ondas. Realizarase na praia da Lanzada. Existencia de actividades alternativas en caso de climatoloxía adversa. Equipamento necesario Compre levar, ademais de roupa de abrigo, útiles de aseo persoal e unha toalla, o seguinte: 23

Gafas de sol, unha viseira e roupa de baño. Traxe de neopreno ou licras (no caso de telo). Chancletas con peche ou fanequeiras. Saco de durmir e esteira. Chuvasqueiro lixeiro. Lanterna e cantimplora. Crema solar de protección alta. Cobertura das actividades Pernocta e aloxamento entre o venres á tarde e o domingo ao mediodía. Manutención completa (cea do venres; almorzo, xantar, merenda e cea do sábado e, almorzo e comida do domingo). Desprazamentos das distintas actividades. Actividades, equipo de monitores, materiais e seguros. Programa de actividades Venres 19:00 h. Recepción de participantes. 21:00 h. Cea. 22:30 h. Velada nocturna. 00:00 h. Fin da xornada. Sábado 09:00 h. Erguerse. 09:30 h. Almorzo. 10:30 h. Navegación en Galeón / Ruta en kaiak. 24

13:30 h. Alto na actividade e aseo. 14:30 h. Xantar. 16:30 h. Navegación en Galeón / Ruta en kaiak. 20:00 h. Alto na actividade e aseo. 21:00 h. Cea. 22:30 h. Velada nocturna. 00:00 h. Fin da xornada. Domingo 09:00 h. Erguerse. 09:30 h. Almorzo. 10:30 h. Actividade. 13:30 h. Alto na actividade e aseo. 14:30 h. Xantar. 16:30 h. Despedida. 25

26

PROGRAMA MULTIAVENTURA Este programa de actividades permite o contacto coa natureza ó mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental. Instalacións Albergue Xuvenil de Pontemaril Forcarei (Pontevedra). Número de prazas 30 prazas por fin de semana. Datas de realización Mes de marzo: do 18 ao 20 e do 25 ao 27. Mes de abril: do 1 ao 3, do 8 ao 10, do 15 ao 17 e do 29 ao 1 de maio. Mes de maio: do 6 ao 8 e do 13 ao 15. Contidos das actividades Ruta en atv pola comarca de Terra de Montes. Ruta en bicicleta de montaña. Iniciación á escalada. Geocaching. Paintball. Existencia de actividades alternativas en caso de climatoloxía adversa. Equipamento necesario Compre levar, ademais de roupa de abrigo, útiles de aseo persoal e unha toalla, o seguinte: Para a realización da actividade ruta en atv é necesario e imprescindible estar en 27

28 posesión do carné de conducir A ou B e amosalo ao inicio da actividade así como levar luvas. Para a actividade de iniciación á escalada-rocódromo son aconsellables (non imprescindibles) gatos, zapatillas específicas de escalada. Saco de durmir. Roupa de augas, botas de montaña e calzado deportivo cómodo, así como é aconsellable levar unha mochila pequena. Cobertura das actividades Pernocta e aloxamento entre o venres á tarde e o domingo ao mediodía. Manutención completa (cea do venres; almorzo, xantar, merenda e cea do sábado e, almorzo e comida do domingo). Desprazamentos das distintas actividades. Actividades, equipo de monitores, materiais e seguros. Programa de actividades Venres 20:00 h. Chegada ás instalacións. 20:30 h. Distribución de grupos e habitacións. 21:00 h. Cea. 22:30 h. Velada de presentación de actividades. Sábado 09:00 h. Almorzo, distribución de grupos e entrega de materiais. 10:00 h. Comezo das actividades: ruta en atv, ruta en bicicleta de montaña, simulacro de caza, geocaching, escalada en rocódromo (rotación por grupos). 14:00 h. Remate das actividades de mañá. 14:30 h. Comida.

16:00 h. Reanudación das actividades. 19:30 h. Remate das actividades. 21:30 h. Cea. 23:00 h. Saída nocturna cara as instalacións de astroloxía do Concello de Forcarei e comezo da velada astrolóxica. Domingo 9:00 h. Almorzo, distribución de grupos e entrega de materiais. 10:00 h. Comezo da actividade de paintball (xogo de estratexia e liderado). 13:30 h. Remate da actividade. 14:30 h. Xantar. 16:00 h. Remate do programa, recollida de pertenzas e abandono das instalacións. 29

30

PROGRAMA NATUREZA E AVENTURA Programa de actividades que combina o contacto coa natureza, actividades deportivas e incentiva as habilidades de empatía co contorno natural e de desenvolvemento de recursos de subsistencia. Instalacións Kiriko Natura, en Fornelos de Montes (Pontevedra). Número de prazas 25 participantes por fin de semana. Datas de realización Mes de marzo: do 18 ao 20 e do 25 ao 27. Mes de abril: do 1 ao 3, do 8 ao 10 e do 15 ao 17. Cobertura das actividades Aloxamento e pernocta en habitacións múltiples en réxime de pensión completa dende a entrada do venres ata a saída do domingo despois de comer, con habitacións e baños equipados e persoal cualificado. Actividades, equipo de monitores e seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Equipamento necesario Roupa axeitada ás condicións climáticas concretas e útiles de aseo persoal. Viseira, cantimplora e pequena mochila ( ruta de sendeirismo). Neopreno ou licra (se é posible), roupa de baño, toalla e chanclas pechadas ou escarpíns (piragüismo). Non é preciso traer saco de durmir. 31

32 Programa das actividades Venres 20:00 h. Recepción dos participantes e acreditacións. Presentación do equipo, reparto dos programas e distribución de habitacións. 21:00 h. Cea. 22:00 h. Velada con xogos de presentación e coñecemento. Sábado 09:30 h. Almorzo 10:15 h. Programa de orientaventura: Iniciación á orientación con recursos básicos da natureza (sol e árbores), uso do compás, interpretación de mapas e curvas xeolóxicas. Carreira de orientación. 13:00 h. Regreso. 14:00 h. Xantar nas instalacións do Centro. 15:00 h. Tempo libre. 16:00 h. Tarde de aventura: tiro con arco e piragüismo. 20:00 h. Aseo. 21:00 h. Cea. 22:00 h. Velada. Festa Kirika. Domingo 09:30 h. Almorzo. 10:15 h. Ruta de sendeirismo con percorrido de interpretación do contorno natural. 13:30 h. Regreso. 14:00 h. Xantar nas instalacións do centro. 16:00 h. Fin do programa, despedida dos participantes.

PROGRAMA NATUREZA E CULTURA Programa de entretemento e aprendizaxe cultural vinculado co contorno costumista dunha fermosa zona galega. Instalacións Albergue xuvenil Vicente Agulló de Mouriscade Lalín (Pontevedra). Número de prazas 25 participantes por fin de semana. Datas de realización Mes de marzo: do 18 ao 20. Mes de abril: do 1 ao 3, do 8 ao 10, do 15 ao 17 e do 29 ao 1 de maio. Mes de maio: do 13 ao 15. Mes de xuño: do 10 ao 12 e do 17 ao 19. Cobertura das actividades Aloxamento e pernocta en habitacións múltiples en réxime de pensión completa dende a entrada do venres ata a saída do domingo despois de comer, con habitacións e baños equipados e persoal cualificado. Actividades, equipo de monitores e seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Programa de actividades Venres 19:00 h. Recepción dos participantes e acreditacións. 21:00 h. Cea e presentación do programa de actividades. 33

Sábado 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Actividades na natureza (en 4 grupos). BTT, iniciación á equitación, tiro con arco e escalada en rocódromo e tirolina. 14:00 h. Xantar nas instalacións do centro. 16:00 h. Visita ao Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade, visita ás exposicións temáticas do museo: os oficios tradicionais (carpinteiro, zoqueiro, ferreiro, canteiro, cesteiro, panadeiro ); a taberna; a casa; os labores do campo; a elaboración do liño; o forno; a forxa; o muíño. Obradoiro de elaboración tradicional de pan. Obradoiro de cestería. 20:00 h. Regreso ao albergue. Aseo. 21:00 h. Cea. 22:00 h. Velada: xogos e dinámicas grupais. Domingo 09:00 h. Almorzo. 10:00 h. Saída en autobús ata Zobra. 10.30 h. Roteiro polo monte do Candán, con visita ás minas de wolframio, ós restos arqueolóxicos das neveiras (almacéns de neve do Mosteiro de Acibeiro) e ás albarizas (muros de protección contra o ataque dos osos ás colmeas de abellas). 14:00 h. Xantar de picnic. 15.30 h. Regreso ao albergue. 16:00 h. Fin do programa, despedida dos participantes. 34