SEGURO PARA A COBERTURA DOS GASTOS DERIVADOS DA RETIRADA E DESTRUCIÓN DE ANIMAIS CONDICIÓNS ESPECIAIS

Documentos relacionados
SEGURO DE EXPLOTACIÓN DE GANDO OVINO E CAPRINO CONDICIÓNS ESPECIAIS

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE EXPLOTACIÓN DE GANDO VACÚN DE CEBA

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

O CONTRATO DE TRABALLO

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

SEGURO DE ACUICULTURA MARIÑA PARA O MEXILLÓN CONDICIÓNS ESPECIAIS

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

V I C E P R E S I D E N C I A

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE EXPLOTACIÓN DE GANDO VACÚN REPRODUTOR E DE RECRÍA

Convocatoria ordinaria de 2012

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE EXPLOTACIÓN DE GANDO VACÚN REPRODUTOR E DE RECRÍA

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE ACUICULTURA CONTINENTAL

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Apelidos:... Nome:... DNI:... Enderezo:... Localidade:...Concello:...Teléfono/s...

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

San Caetano Santiago de Compostela

SEGURO DE EXPLOTACIÓN DE GANDO VACÚN DE REPRODUCIÓN E PRODUCIÓN CONDICIÓNS ESPECIAIS

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

SEGURO DE EXPLOTACIÓN DE GANDO VACÚN DE REPRODUCIÓN E PRODUCIÓN CONDICIÓNS ESPECIAIS

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Regulamento de uso da marca de garantía Galega 100% en leite e produtos lácteos

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE EXPLOTACIÓN DE GANDO VACÚN DE ALTA VALORACIÓN XENÉTICA

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO X DECLARACIÓN RELATIVA Á CONDICIÓN DE PEME

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SEGURO DE GANDO VACÚN DE ALTA VALORACIÓN XENÉTICA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

As persoas comerciantes deberán cumprir entre outros cos seguintes aspectos recollidos na normativa vixente: Horarios comerciais:

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

REDE EUSUMO. información e comunicación

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

4. Feitos os trámites anteriores, enviaranse ao provedor os exemplares da folla de pedimento que corresponda.

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Guía de procedementos e servizos

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Transcrição:

SEGURO PARA A COBERTURA DOS GASTOS DERIVADOS DA RETIRADA E DESTRUCIÓN DE ANIMAIS CONDICIÓNS ESPECIAIS De conformidade co Plan anual de seguros de 2015, aprobado polo Consello de Ministros, garántense os gastos derivados da retirada e destrución de animais, con base nestas condicións especiais, complementarias das xerais da póliza de seguros, das que este documento é parte integrante. O tomador en representación dos seus asegurados, no caso de declaracións de seguros colectivos, e o asegurado, no caso de declaracións de seguro individual, subscriben este condicionado e aceptan especificamente as súas condicións limitativas, que aparecen destacadas en negra, e reciben neste acto cadansúa copia. APELIDOS E NOME OU DENOMINACIÓN SOCIAL DO TOMADOR Ref. de seguro colectivo ou ref. seguro individual CIF ou NIF,. de. de O tomador do seguro ou o asegurado SINATURA E SELO LIÑA 415/2015 Páx. 1 de 28

ÍNDICE Páxina Capítulo I: DEFINICIÓNS... 3 Capítulo II: OBXECTO DO SEGURO... 4 1ª GARANTÍAS... 4 2ª RISCOS CUBERTOS... 4 3ª EXCLUSIÓNS... 6 4ª PERÍODO DE GARANTÍAS... 6 5ª ELECCIÓN DE COBERTURAS... 6 Capítulo III: BENS ASEGURABLES... 7 6ª ÁMBITO DE APLICACIÓN... 7 7ª TITULAR DO SEGURO... 7 8ª EXPLOTACIÓNS ASEGURABLES... 7 9ª ANIMAIS ASEGURADOS... 12 10ª CLASE DE EXPLOTACIÓN... 13 Capítulo IV: CONDICIÓNS DE ASEGURAMENTO... 15 11ª PRAZOS DE SUBSCRICIÓN... 15 12ª VALOR UNITARIO... 15 13ª NÚMERO DE ANIMAIS (CENSO DECLARADO POLO ASEGURADO)... 15 14ª BONIFICACIÓNS E RECARGAS... 17 15ª - CONDICIÓNS TÉCNICAS MÍNIMAS DE MANEXO... 19 16ª PAGAMENTO DA PRIMA... 19 17ª ENTRADA EN VIGOR... 22 18ª PERÍODO DE CARENCIA... 22 19ª CAPITAL ASEGURADO... 22 20ª MODIFICACIÓNS DO CAPITAL ASEGURADO... 23 21ª OBRIGAS DO TOMADOR OU DO ASEGURADO... 23 Capítulo V: SINISTRO E INDEMNIZACIÓN... 26 22ª COMUNICACIÓN DE SINISTROS... 26 23ª SINISTRO INDEMNIZABLE... 26 24ª FRANQUÍA... 26 25ª CÁLCULO DA INDEMNIZACIÓN... 26 26ª CONSULTA E VERIFICACIÓN DA INFORMACIÓN... 26 27ª ELECCIÓN DE EMPRESA XESTORA... 27 Capítulo VI: ANEXOS... 28 ANEXO I RISCOS CUBERTOS E CONDICIÓNS DE COBERTURAS... 28 LIÑA 415/2015 Páx. 2 de 28

Capítulo I: DEFINICIÓNS AUTORIDADE COMPETENTE: Servizos veterinarios da Administración xeral do Estado e das comunidades autónomas. CÓDIGO REGA: Serie alfanumérica única que identifica a explotación no rexistro de explotacións (REGA), e que toda explotación está obrigada a ter. EXPLOTACIÓN: Conxunto de bens organizados empresarialmente para a actividade de reprodución e cría de gando que ten asignado un único número para os efectos do Rexistro de explotacións gandeiras (REGA). EXPLOTACIÓN PARA OS EFECTOS DO SEGURO: Considéranse explotacións diferentes aquelas que teñan diferente código REGA, especie e/ou diferente réxime. SACRIFICIO OBRIGATORIO: Sacrificio de animais decretado pola administración competente, co fin de protexer a saúde pública ou animal. RÉXIME: Forma de explotación dos animais relacionada coa tradición, o clima o territorio e a aptitude. Engloba os medios de produción empregados para a explotación. TOMA DE EFECTO DO SEGURO: Momento en que se fan efectivas as coberturas, unha vez producida a entrada en vigor e transcorrido o período de carencia. VALOR ASEGURADO DA EXPLOTACIÓN: É o resultado de multiplicar o número de animais ou a capacidade produtiva, de ser o caso, declarados polo asegurado ao realizar a súa declaración de seguro polo seu valor unitario. No caso de sinistro, o valor máximo garantido para os efectos de indemnización terá como límite o custo en /quilo de retirar e destruír os quilos correspondentes ao total de animais garantidos correctamente asegurados na póliza. VALOR DA EXPLOTACIÓN: Nos réximes de gando vacún reprodutor, o valor da explotación para os efectos do seguro é o resultado de multiplicar o número de animais inscritos no RIIA, que coincidirá cos do libro de rexistro de explotación, polo seu valor unitario. Nos demais réximes de vacún, será o resultado de multiplicar o censo medio de animais que terá a explotación en calquera momento do período de garantías, e como mínimo o censo real no momento de contratar que apareza no RIIA, polo seu valor unitario. Nas especies diferentes de vacún, o valor da explotación para os efectos do seguro é o resultado de multiplicar o censo habitual do seu ciclo produtivo actualizado e coincidente co REGA de cada unha das súas explotacións polo seu valor unitario. VALOR UNITARIO: O valor unitario obterase de multiplicar o peso do subproduto de referencia en quilos establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para cada réxime de explotación, grupo de raza, tipo de animal (onde proceda), polo prezo en /quilo que corresponda, segundo o comunicado polas comunidades autónomas e AGROSEGURO, ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. AUTORIZACIÓN ESPECIAL (ZONAS ZPAEN): Documento que autoriza a unha explotación a xestionar os seus animais mortos para o aproveitamento polas especies necrófagas, sen necesidade de que teñan que ser retirados e destruídos. LIÑA 415/2015 Páx. 3 de 28

1ª GARANTÍAS Capítulo II: OBXECTO DO SEGURO Cóbrense, nos termos previstos neste condicionado, os gastos derivados da recollida, con contedores, salvo as excepcións que se especifiquen neste condicionado, desde un lugar accesible para camións na entrada da explotación ata o lugar de destrución dos cadáveres de animais mortos na explotación por calquera causa, e a súa destrución, de acordo coa lexislación vixente. Establécense dúas garantías básicas opcionais: I. Xeral, para explotacións nas que se retiran e destrúen todos os animais que morren. II. Parcial para as explotacións de ovino-caprino de reprodución e recría que dispoñan da autorización correspondente para xestionar os seus cadáveres en zona de aproveitamento para especies necrófagas (ZPAEN). No caso das casetas de Castellón, cóbrense, nos termos previstos neste condicionado, os gastos en que incorra a asociación responsable da recollida e destrución dos cadáveres de animais das clases indicadas, unha vez depositados polos gandeiros asociados a esta na caseta de retirada que administra, de acordo coa lexislación vixente. 2ª RISCOS CUBERTOS Están cubertos polas garantías do seguro: Os gastos derivados da recollida dos cadáveres de animais mortos na explotación por calquera causa, e a súa destrución. Tamén están cubertos polas garantías do seguro (salvo para as casetas de Castellón) os animais mortos fóra das explotacións aseguradas e nos seguintes supostos: a) Transhumancias, en cuxo caso serán indemnizables os animais mortos en comunidades autónomas nas que exista liña de seguro de retirada e destrución. b) Para todos as especies, excepto aviario e piscícola, durante o transporte cara aos matadoiros, e sempre antes da súa entrada nos currais ou na zona de descarga de animais, baixo as seguintes condicións: 1º) Débese comunicar o sinistro a Agroseguro ou á empresa xestora, de ser o caso, o mesmo día da descarga dos animais no matadoiro. 2º) A retirada debe realizala, dentro das 24 horas seguintes á comunicación e por parte da empresa xestora correspondente ao asegurado, de entre as que operan dentro do sistema de seguros agrarios combinados, e non será válida ningunha outra que poida ter contrato privado co matadoiro. 3º) A empresa xestora deberá poder pesar os cadáveres retirados e adxudicarllos á póliza da explotación asegurada da que proceden os animais. LIÑA 415/2015 Páx. 4 de 28

4º) O gandeiro deberá poder acreditar, se así lle for requirido por Agroseguro, o certificado oficial do movemento a matadoiro ou calquera outro documento oficialmente aprobado. 5º) Deberase cumprir a normativa en materia de protección dos animais durante o seu transporte. c) Estancia en certames ou mercados, sempre que os animais estean identificados individualmente e poidan imputarse á póliza do titular do seguro. Será a xestora autorizada na comunidade autónoma onde se produza a morte do animal a encargada de realizar a retirada. O asegurado poderá elixir libremente a empresa xestora naquelas comunidades autónomas que teñan máis dunha autorizada. Tamén están cubertos polas garantías do seguro os sacrificios de animais na explotación decretados pola Administración por motivos sanitarios. Ademais, compensarase contra factura o gasto de material funxible, maquinaria e man de obra precisos para o enterramento in situ autorizado pola autoridade competente, por motivos zoosanitarios, ata o límite da cantidade maior entre o 20 % do capital asegurado ou 600 euros por enterramento. Particularidades: Non será necesaria a existencia de contedores individuais nos seguintes casos: Nas explotacións de vacún, équidos e camélidos. Nas explotacións extensivas da Comunidade Autónoma de Andalucía. Na Comunidade Valenciana, no caso de explotacións de gando ovino e caprino pertencentes a unha ADS (asociación de defensa sanitaria), en que a ADS é o asegurado, a recollida efectuarase nos puntos de concentración para o efecto, onde o vehículo que efectúa a retirada dos animais permanecerá uns períodos de tempo preestablecidos. Nas comunidades de Cantabria, Galicia, A Rioxa, Asturias, Madrid, Murcia e Castela e León nas explotacións de ovino-caprino. En Cantabria, ademais, nas de porcino que non sexan de ceba. No caso dos gandeiros pertencentes a unha asociación de casetas de Castellón. Na Comunidade de Canarias, cando a retirada se efectúe desde os puntos intermedios establecidos no seu caso. Comunidade de Madrid: nas explotacións de reprodución e recría de ovinocaprino non estarán garantidos os cordeiros, é dicir, garántense os animais que teñan marca auricular oficial de saneamento gandeiro, e no caso de explotacións declaradas oficialmente indemnes a brucelose cóbrense aqueles animais que teñan un peso superior a 20 quilogramos. Para a procedencia da indemnización será condición imprescindible que as circunstancias da destrución dos cadáveres sexan convenientemente acreditadas pola empresa xestora. LIÑA 415/2015 Páx. 5 de 28

3ª EXCLUSIÓNS Quedan expresamente excluídos das garantías deste seguro: Os sacrificios decretados pola Administración como consecuencia de probas diagnósticas iniciadas antes da entrada en vigor do seguro. No caso dos équidos, aqueles que non estean identificados segundo o Real decreto 1515/2009, do 2 de outubro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie equina, salvo nos équidos mortos (poldros) que non alcanzaron a idade ou a data de identificación individual obrigatoria. Os animais que cheguen aos matadoiros mortos ou sexan sometidos a un sacrificio de urxencia en matadoiro e cuxo transporte a este incumpra a normativa en materia de protección dos animais durante o seu transporte. Estes feitos serán documentados polos servizos veterinarios oficiais do matadoiro. Os sacrificios por probas de bravura, festexos ou adestramento de profesionais taurinos a porta pechada en explotacións de lida, e mais os sacrificios en calquera espectáculo taurino. As explotacións de ocio. 4ª PERÍODO DE GARANTÍAS As garantías inícianse coa toma de efecto, unha vez finalizado o período de carencia, e rematarán ás cero horas do día en que faga un ano, contado desde a data de entrada en vigor do seguro e, en vacún, en todo caso, coa baixa do animal no RIIA, que coincidirá co libro de rexistro da explotación. As modificacións de capital vencerán o mesmo día no que se produza a finalización da declaración de seguro inicial. 5ª ELECCIÓN DE COBERTURAS O asegurado poderá elixir entre dúas garantías básicas opcionais, segundo o anexo I: I. Xeral, para explotacións nas que se retiran e destrúen todos os animais que morren. II. Parcial para as explotacións de ovino-caprino de reprodución e recría que dispoñan da autorización correspondente para xestionar os seus cadáveres en zona de aproveitamento para especies necrófagas. No caso de casetas de Castellón, deberá elixir a garantía básica xeral para explotacións nas que se retiran e destrúen todos os animais que morren. LIÑA 415/2015 Páx. 6 de 28

LIÑA 415/2015 Páx. 7 de 28 Capítulo III: BENS ASEGURABLES 6ª ÁMBITO DE APLICACIÓN O ámbito de aplicación deste seguro esténdese a todas as explotacións asegurables das comunidades autónomas de ANDALUCÍA, ASTURIAS, ARAGÓN, BALEARES (MENORCA), CANARIAS, CANTABRIA, CATALUÑA, CASTELA E LEÓN, CASTELA-A MANCHA, ESTREMADURA, GALICIA, MADRID, MURCIA, NAVARRA, A RIOXA e COMUNIDADE VALENCIANA. Están excluídos os sinistros acontecidos fóra do ámbito de aplicación do seguro, agás no caso das transhumancias, estancias en certames e mercados e os garantidos en transporte ao matadoiro segundo a condición 2ª. No caso das casetas de Castellón, o ámbito de aplicación deste seguro esténdese a todas as casetas administradas por asociacións asegurables de gandeiros usuarios de casetas desta provincia. Están excluídos os sinistros acontecidos fóra do ámbito de aplicación do seguro. 7ª TITULAR DO SEGURO O titular do seguro será o titular da explotación ou da subexplotación que figure no seu código REGA e no código autonómico para os camélidos. Igualmente poderá ser titular da póliza toda aquela persoa, física ou xurídica, que tendo interese no ben asegurable, figure nalgún apartado do devandito código REGA, ou no Rexistro individual de identificación animal (RIIA). O asegurado incluirá todas as explotacións de gando que posúa no ámbito de aplicación deste seguro nunha única declaración de seguro, excepto aquelas explotacións de ovino-caprino da Comunidade Valenciana adscritas a unha ADSG que contratase o seguro. Tamén se exceptúan os casos de explotacións que estean autorizadas para o aproveitamento por especies necrófagas e non optasen por asegurar a garantía parcial á que teñen opción. No caso das ADS de ovino-caprino, o titular será o que figure no rexistro de ADS da Comunidade Autónoma Valenciana. No caso das casetas de Castellón, a asociación de gandeiros usuarios da caseta correspondente deberá figurar como tal no Rexistro de asociacións da Consellería de Xustiza e Administracións Públicas da Generalitat Valenciana. A asociación deberá subscribir o seguro para o conxunto dos socios que depositen nunha mesma caseta nunha única póliza. No caso de administrar máis dunha subscribirá declaracións distintas para cada unha. 8ª EXPLOTACIÓNS ASEGURABLES Son asegurables todas aquelas explotacións que teñan asignado un código de explotación, segundo o que establece o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA), e cumpran co establecido no Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de movementos de gando e o Rexistro xeral de identificación individual de animais.

Ademais, para as especies bovina e equina, as explotacións cumprirán coa lexislación vixente, pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais destas especies, e todo o seu censo de animais deberá estar inscrito no RIIA, que deberá coincidir co correspondente libro de rexistro de explotación, dilixenciado e actualizado. A identificación das explotacións aseguradas realizarase mediante os códigos nacionais asignados polo REGA (no caso de camélidos, o correspondente asignado pola comunidade autónoma), e estes códigos deberán figurar nas pólizas. Considerarase como domicilio da explotación o que figure no libro de rexistro de explotación, que deberá coincidir co do REGA. Estas explotacións, para ser asegurables, deberán dispoñer ao inicio das garantías do seguro de contedores que posibiliten a recollida dos animais, salvo nos casos previstos na condición especial primeira. No caso das comunidades de Asturias, Castela e León e Galicia, para as explotacións cunícolas e avícolas será necesario que dispoñan de conxeladores que permitan almacenar os cadáveres destas especies ata o momento da súa recollida (coa excepción do Principado de Asturias para as explotacións reducidas). Tamén se admitirán refrixeradores. Nas explotacións extensivas da Comunidade de Andalucía que non dispoñan de contedor, os cadáveres deberán colocarse sobre unha superficie pavimentada fácil de limpar, fóra da zona de actividade gandeira. Os contedores deberán ter unha capacidade apropiada ao volume da explotación, con tapa e mecanismo que permita cargalos con guindastre desde un camión. Na Comunidade de Navarra estarán dotados de microchip de lectura electrónica. Os sistemas de almacenaxe en frío (refrixeradores e conxeladores) tamén terán que ter unha capacidade adecuada ao volume da explotación. Na Comunidade Valenciana, no caso de explotacións de gando ovino e caprino pertencentes a unha ADSG (asociación de defensa sanitaria gandeira), a ADSG poderá actuar como asegurado, por conta de todos os seus asociados. A ADSG deberá figurar no rexistro de ADSG da Dirección Xeral de Innovación Agraria e Gandería da Generalitat Valenciana, e debe figurar no REGA a pertenza dos gandeiros ás mencionadas ADSG. Aquelas explotacións de gando ovino-caprino adscritas a unha ADSG que contratase o seguro non poderán incluírse noutra póliza. Terán consideración de explotacións diferentes para un mesmo asegurado: - Aquelas que dispoñen dun código REGA diferente (libro de rexistro de explotación diferente). - As que teñen un réxime diferente, aínda que estean incluídas nun mesmo código REGA e aínda que se utilicen as mesmas instalacións. As explotacións obxecto de aseguramento xestionadas por un mesmo gandeiro ou explotadas en común por entidades asociativas agrarias (sociedades agrarias de transformación, cooperativas, etc.), sociedades mercantís (sociedade anónima, limitada, etc.) e comunidades de bens deberán incluírse obrigatoriamente nunha única declaración de seguro. LIÑA 415/2015 Páx. 8 de 28

No caso das casetas de Castellón: - Serán asegurables as explotacións de gando porcino, ovino, caprino, aviaria e cunícola. - Poderán asegurar as asociacións de usuarios de casetas para retirada e destrución autorizadas pola autoridade competente en cuxo obxecto conste o exercicio da dita responsabilidade por conta dos seus gandeiros asociados. - As explotacións dos titulares membros da asociación deben cumprir o establecido no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, e as súas modificacións, para as especies afectadas, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras, e o Decreto 76/1995, do 2 de maio, do goberno valenciano, que crea a lista de explotacións gandeiras e dita as normas relativas á documentación e ordenación sanitaria destas no ámbito territorial da Comunidade Valenciana. Polo tanto, estarán inscritas no Rexistro de explotacións gandeiras da Dirección Xeral de Innovación Agraria e Gandeira, da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación da Generalitat Valenciana (REGA). Non serán asegurables as explotacións que, malia dispoñeren do seu propio código REGA, utilicen en común uns mesmos medios de produción con outras de diferente código REGA, salvo que resulten todas aseguradas polos seus respectivos titulares. Non serán explotacións asegurables os matadoiros nin as explotacións de autoconsumo. Quedan expresamente excluídas das garantías do seguro as explotacións dedicadas á compravenda de animais (tratantes), salvo no caso de bovino, ovino-caprino e equino na Rioxa, as prazas de touros e demais explotacións dedicadas, exclusivamente, á celebración de espectáculos taurinos. Quedan expresamente excluídas das garantías do seguro as explotacións dedicadas á experimentación ou ao ensaio. Para os efectos do seguro, para o pagamento da prima considéranse as seguintes especies, réximes, e grupos de razas: 1. Especie vacún: 1.1. Réxime de ceba industrial, cuxo fin único que é a engorda intensiva de gando para a súa comercialización. 1.2. Réxime de reprodución e recría, con dous grupos de razas: 1. Cárnicas. 2. Lácteas. 1.3. Réxime de tratantes, é dicir, calquera persoa física ou xurídica rexistrada na actividade, dedicada directa ou indirectamente á compra e venda de animais con fins comerciais inmediatos. Deberán asegurar neste sistema de manexo todas as explotacións das que sexan titulares, ben sexan de trato, ceba ou resto. LIÑA 415/2015 Páx. 9 de 28

1.4. Réxime de explotacións especiais, entendendo como tales aquelas que, polas súas especiais e particulares prácticas de manexo e produción, contan con resultados actuariais que implican un tratamento tarifario específico para os efectos do seguro. Entre estas distínguense os centros de concentración, entendidas como explotacións intermedias entre as de produción e os matadoiros, nas que os animais están poucos días para finalizar a ceba antes da súa entrada ao matadoiro, ou coa finalidade de concentrar a oferta de animais para o seu sacrificio inmediato, ou diferidos uns poucos días, nestes. Non se considerarán como tales aquelas explotacións onde os gandeiros concentran os seus animais co obxectivo de cebalos en común nin os centros de concentración de recría de animais para reposición ou vida. 2. Especie porcino: 2.1. Réxime de ceba industrial, cuxo fin único que é a engorda intensiva de gando para a súa comercialización. Asimilaranse a este réxime, para os efectos do seguro, as explotacións con clasificación produtiva recría de reprodutores. 2.2. Réxime de transición, cun fin único que é preengordar os leitóns procedentes doutra explotación para a súa ceba posterior nunha terceira explotación diferente. 2.3. Réxime de reprodución e recría. Nas clasificacións zootécnicas de selección, multiplicación, produción de ciclo pechado e produción tipo mixto, as prazas de ceba aseguraranse coma a ceba industrial. 2.4. Réxime de inseminación artificial. 2.5. Réxime de ceba extensiva (só en Andalucía, Estremadura e Castela e León), cuxo fin único é a engorda en extensivo do gando para a súa comercialización. 2.6. Réxime de reposición (só en Cataluña): as prazas de reposición, cuxo fin é a recría de animais para a posterior renovación das reprodutoras, aseguraranse nunha clase de gando específica. 2.7. Réxime de reprodución con transición noutra explotación do mesmo titular: aseguraranse neste réxime as prazas de reprodutores, e as de transición no réxime correspondente, na mesma declaración de seguro. 3. Especie xabarís: 3.1. Réxime: todos. 4. Especies ovino e caprino. 4.1. Réxime de ceba industrial, cuxo fin único é a engorda intensiva de gando para a súa comercialización. 4.2. Réxime de reprodución e recría. LIÑA 415/2015 Páx. 10 de 28

4.3. Explotacións de tratantes, é dicir, calquera persoa física ou xurídica rexistrada na actividade, dedicada directa ou indirectamente á compra e venda de animais con fins comerciais inmediatos. Deberán asegurar neste réxime todas as explotacións das que sexan titulares, ben sexan de trato, ceba ou resto. 4.4. Réxime de centros de tipificación (en Estremadura, Andalucía e Asturias). 4.5. Réxime de explotacións especiais, entendéndose como tales aquelas que, polas súas especiais e particulares prácticas de manexo e produción, contan con resultados actuariais que supoñen un tratamento tarifario específico para os efectos do seguro e entre as que se distinguen os cebadeiros de refugo e os centros de concentración. 5. Especies de gando aviario: 5.1. Paspallases, incluíndose o resto de aves de semellantes características de peso. Asimilaranse a esta especie, para os efectos do seguro, as explotacións con clasificación produtiva recría de galiñas poñedoras e recría de pitiñas. Réxime: todos. 5.2. Polos de engorda, perdices, faisáns, pombas, incluíndo o resto de aves de similares características de peso. Réxime: todos. 5.3. Galiñas poñedoras e reprodutoras. Réxime: todos. 5.4. Patos, gansos, pavos, incluíndo o resto de aves de semellantes características de peso. Réxime: todos. 5.5. Avestruces e emús, incluíndo o resto de aves de semellantes características de peso. Réxime: todos. 5.6. Polos de curral. Réxime: todos. 6. Especie cunícola: 6.1. Réxime de ceba industrial, cuxo fin único é a engorda intensiva de gando para a súa comercialización. 6.2. Réxime de reprodución e recría. Nas explotacións nas que se peche o ciclo ata a comercialización dos cazapos, a ceba terase que asegurar como ceba industrial. 7. Especies equino e camélidos: Inclúense neste gando cabalar, mular, asnal, e os camélidos (camelos, alpaca...) diferenciándose os réximes seguintes: 7.1. Réxime de ceba industrial, cuxo fin único é a engorda intensiva de gando para a súa comercialización. LIÑA 415/2015 Páx. 11 de 28

7.2. Réxime de reprodución e recría: explotacións dedicadas á cría e recría de équidos e camélidos, así como os efectivos equinos que se empregan para os labores propios do manexo gandeiro extensivo. Deberán pertencer, segundo o establecido no REGA, a un dos seguintes tipos de explotación: - Produción e reprodución. 1. Reprodución para produción de carne 2. Reprodución para sela 3. Reprodución para produción mixta 4. Explotacións de équidos silvestres ou semisilvestres - Centros de concentración de testaxe e/ou selección e reprodución animal de razas puras de equino. - Pastos. - Explotacións equinas non comerciais cando os animais pertenzan a explotacións agrarias perceptoras de axudas da política agrícola común ou explotacións agrícolas certificadas como tales pola comunidade autónoma competente. 7.3. Réxime de tratantes (para A Rioxa), é dicir, calquera persoa física ou xurídica rexistrada na actividade, dedicada directa ou indirectamente á compra e venda de animais con fins comerciais inmediatos. Deberán asegurar neste réxime todas as explotacións das que sexan titulares, ben sexan de trato, ceba ou resto. 8. Especie cérvidos: 8.1. Réxime: todos. 9. Especie peixes mariños (nas comunidades autónomas con litoral): 9.1. Réxime de reprodución e recría (hatcheries/nurseries). 9.2. Réxime de ceba industrial (engorda) 10. Especie peixes continentais: 10.1. Réxime de reprodución e recría (hatcheries/nurseries). 10.2. Réxime de ceba industrial (engorda) Unicamente na Comunidade de Cataluña, excepto para vacún e equino, prevese a posibilidade de que as explotacións con suficiente capacidade de refrixeración/conxelación que estas xeran, aseguren con esta particularidade. 9ª ANIMAIS ASEGURADOS Para que os gastos de recollida e destrución dun animal estean amparados polas garantías do seguro, estes deberán pertencer a unha das explotacións inscritas no rexistro de explotacións gandeiras. LIÑA 415/2015 Páx. 12 de 28

Trátase de bovinos, para que os gastos de recollida e destrución dun animal estean amparados polas garantías do seguro, estes deberán estar necesariamente identificados a título individual mediante o sistema de identificación e rexistro dos animais que establece a lexislación vixente, con marcas auriculares e, de ser o caso, co documento de identificación de bovinos. As crías estarán amparadas desde o seu nacemento ata que se lles poña a marca auricular e se inscriban correctamente no libro de rexistro de explotación e RIIA, sempre e cando se comprobe que se seguiu o disposto no referido real decreto, e que a nai estea amparada segundo o parágrafo anterior. Non estará asegurado e, consecuentemente, non terá dereito a ser indemnizado ningún animal que, aínda estando identificado individualmente, non figure nas bases de datos informatizadas do Sistema integrado de rastrexabilidade animal (cuxa sigla en castelán é SITRAN) e inscrito no libro de rexistro de explotación. TIPOS DE ANIMAIS: En cada explotación considérase un só tipo de animal por réxime, que inclúe todos os animais asegurables que pertenzan a este. 10ª CLASE DE EXPLOTACIÓN Para os efectos do establecido no artigo 4 do Regulamento, para a aplicación da Lei 87/1978, sobre seguros agrarios combinados, considéranse as seguintes clases de explotación: a) Clase de explotación de ovino-caprino, porcino, aviario, cunícola, cérvidos e piscícola. b) Clase de explotación de équidos e camélidos. c) Clase de explotación de gando vacún, xa sexan de reprodución e de recría, de ceba industrial, de lida, de alta valoración xenética. Consecuentemente, das explotacións ou subexplotacións dun mesmo código REGA deben asegurarse todas as que pertenzan a unha mesma clase das anteriormente citadas. Así mesmo, o titular da explotación ou subexplotación que decida asegurar unha das súas explotacións queda obrigado a asegurar todas as da mesma clase que posúa no ámbito de aplicación deste seguro. No caso de que se aseguren varias clases, as de vacún e as casetas de Castellón incluiranse nunhas pólizas diferentes á do resto de clases. Nas comunidades autónomas que desenvolvesen normativa específica para a alimentación de especies necrófogas de interese comunitario, permitirase non asegurar aquelas explotacións ou subexplotacións que estean autorizadas pola autoridade competente nas zonas de protección, ou que mediante autorización subministren todos os animais mortos as esterqueiras autorizadas. Se o desexan, non obstante, poderán asegurar a opción básica parcial (ZPAEN) para ovino-caprino. LIÑA 415/2015 Páx. 13 de 28

Así mesmo, permitirase non asegurar aquelas explotacións ou subexplotacións que estean autorizadas pola autoridade competente para o uso de fornos crematorios ou outros posibles sistemas de xestión dos seus cadáveres. Excepción: Na Comunidade Valenciana, o gandeiro que teña unha explotación de gando ovino-caprino adscrita a unha ADS que contratase o seguro, non deberá incluíla noutra póliza individual para o resto de especies. No caso de casetas de Castellón, o tomador ou asegurado debe incluír todos os censos das explotacións de gandeiros do ámbito adscrito pola Administración á caseta de que se trate, salvo os das explotacións non usuarias, por contar con acreditación da consellería que xustifique a súa non inclusión por cumprir por outros medios coa lexislación de recollida de cadáveres. LIÑA 415/2015 Páx. 14 de 28

Capítulo IV: CONDICIÓNS DE ASEGURAMENTO 11ª PRAZOS DE SUBSCRICIÓN O tomador do seguro ou o asegurado deberá subscribir a declaración de seguro nos prazos que estableza o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. No caso de casetas de Castellón, o procedemento que hai que seguir para a contratación do seguro será o seguinte: 1. Solicitude de aseguramento a Agroseguro, á que se anexará copia dos estatutos da asociación, listaxe de gandeiros usuarios da caseta que se trate, identificación das súas explotacións e o seu censo. 2. A listaxe deberá incluír os datos de todas as explotacións de gandeiros que correspondan ao ámbito da caseta, conforme os datos do rexistro de explotacións gandeiras, salvo os das explotacións que non depositen os cadáveres nesa caseta, por contar coa acreditación da Consellería que non xustifique a súa inclusión por cumprir por outros medios coa lexislación relativa á eliminación de cadáveres. 3. No seu caso, aceptación por Agroseguro e emisión de póliza pola aseguradora. Carecerá de validez e non producirá efecto ningún a declaración cuxa prima non fose pagada polo tomador do seguro dentro deste prazo. 12ª VALOR UNITARIO O valor unitario, para efectos de cálculo de capital asegurado e pagamento da prima, obterase de multiplicar o peso do subproduto de referencia en quilos establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para cada réxime de explotación, grupo de raza, tipo de animal (onde proceda), polo prezo en /quilo que corresponda, segundo o comunicado polas comunidades autónomas e AGROSEGURO, ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. 13ª NÚMERO DE ANIMAIS (CENSO DECLARADO POLO ASEGURADO) Ao subscribir o seguro, o asegurado declarará o seguinte número de animais: I. Para a especie bovinos: O asegurado declarará o censo que comporá, durante o período de cobertura, cada unha das súas explotacións, tendo en conta no caso do réxime Reprodución e recría os inscritos no RIIA, que deberá coincidir co libro de rexistro da explotación, e nos demais réximes, o censo medio de animais que terá a explotación en calquera momento do período de garantías, que se calculará en virtude do censo rexistrado no RIIA os días 1 e 15 de cada mes. En ningún caso o número declarado poderá ser inferior ao censo real no momento de contratación que apareza no RIIA. LIÑA 415/2015 Páx. 15 de 28

Nas explotacións de carne extensivas con parideira estacional, dentro do réxime reprodutor e recría, nas que a recría non destinada a reposición se venda antes de facer 7 meses de idade, o número de animais que deben declararse será o dos reprodutores máis un 45 % de recría, e engadiranse os incorporados nacidos fóra da explotación. II. Para o resto de especies: O asegurado declarará o censo habitual do seu ciclo produtivo actualizado e coincidente co REGA, na data de realización do seguro de cada unha das súas explotacións. Para os réximes de ceba industrial das diferentes especies e nos centros de tipificación de gando ovino en Estremadura, Andalucía e Asturias, deberá declarar o censo de cada código REGA na categoría "ceba"; nas explotacións de gando cunícola nas que se peche o ciclo ata a comercialización dos cazapos, a ceba declararase conforme se indica para o "resto de clases de gando cunícola". As explotacións da especie porcina con clasificación produtiva recría de reprodutores asimilaranse para a contratación á ceba industrial, aínda que neste caso declarará o censo de recría/transición. Para a ceba extensiva (montanera), deberá declarar o censo de cada código REGA na categoría ceba. Para a transición da especie porcina deberá declarar o censo de cada código REGA na categoría recría/transición. Para reprodutores e recría de gando porcino, as explotacións de inseminación artificial e xabarís, deberá declarar a suma de censos que figuren para cada código REGA na categoría porcas e verróns. En Andalucía, para reprodutores e recría de gando porcino, cando o número de animais que figura na categoría recría supere o 50 % dos animais inscritos na categoría porcas, o número de animais que supere a mencionada porcentaxe declararase como animais de ceba. No caso de Cataluña, declararase a suma das categorías "porcas" e "verróns"; ademais, declarará o número de animais da categoría "reposición" dentro do réxime específico que tamén se declara nesta comunidade. A ceba das clasificacións zootécnicas de selección, multiplicación, produción de ciclo pechado e produción tipo mixto asegurarase coma a ceba industrial. Os titulares das explotacións de reprodución e recría que efectúen a transición noutra explotación da que son así, mesmo, titulares asegurarán no réxime específico a suma de censos das categorías "porcas" e "verróns", e declararán na mesma póliza a transición da explotación correspondente. Para as explotacións de reprodutores e recría das especies ovino e caprino, deberá declarar a suma do censo que figure para cada código REGA nas categorías reprodutores macho e reprodutores femia. En Cataluña declararase a suma de censo das categorías femias, sementais, reposición e fase intermedia. LIÑA 415/2015 Páx. 16 de 28

No caso de tratantes ou operadores comerciais, e nas explotacións de ovinocaprino especiais, deberá declarar o número de animais que corresponda aos movementos de entrada e saída propios do seu manexo produtivo habitual. Para reprodutores e recría da especie equina (e camélidos), deberá declarar a suma do censo real que figure no RIIA para cada código REGA nas categorías reprodutores macho e reprodutores femia. No caso de Cataluña declararase a suma das categorías femias, sementais, reposición e fase intermedia. No caso de tratantes (para A Rioxa), deberá declarar o número de animais que corresponda aos movementos de entrada e saída propios do seu manexo produtivo habitual. Para reprodutores e recría e gando cunícola, deberá declarar a suma de censo que figure para cada código REGA nos campos reprodutores macho e reprodutores femia. Nas explotación en que se peche o ciclo ata a comercialización dos cazapos, o censo declarado como suma de reprodutores asegurarase adicionalmente como ceba industrial. Para gando aviario, deberá declarar a suma dos censos que figuren para cada código REGA en todas as categorías existentes: "reprodutores macho", "reprodutores femia", "ceba", "galiñas" (en gaiolas, no chan, campeiras), e "outros". Para cérvidos deberá declarar a suma dos censos que figuren para cada código REGA en todas as categorías existentes. No caso de que o asegurado sexa unha ADSG de ovino-caprino da Comunidade Valenciana, deberá declarar a totalidade de animais de todas as explotacións dos seus asociados, agrupándoas segundo a especie e o réxime de que se trate. No caso dos sistemas de piscifactorías mariñas e continentais, nas explotacións de engorda (ceba) deberá declarar a capacidade de produción anual (en quilogramos); no caso de explotacións de cría (hatchery/nursery), declararase o número de peixes que se produzan anualmente nas explotacións. Non obstante, cando o réxime que se vaia asegurar non poida ser asimilado con ningún dos descritos anteriormente, debido ao volume de residuos que xera, regularizarase a póliza de acordo co asegurado para axustala á realidade da súa explotación. 14ª BONIFICACIÓNS E RECARGAS Aplicarase aos asegurados (salvo para as casetas de Castellón) unha bonificación ou unha recarga na prima, na contía e cos requisitos que se establecen a seguir. Para os asegurados que contraten o seguro para gando vacún e para "resto de especies", calcularase a medida para aplicar por separado, é dicir, tendo en conta para cada póliza a información correspondente ás especies que inclúe. LIÑA 415/2015 Páx. 17 de 28

A) GRUPO ASIGNADO A CADA ASEGURADO: A cada asegurado aplicaráselle un grupo, baseándose na seguinte información dos anteriores seguros de retirada: Sumatorio das indemnizacións dos tres plans anteriores. Sumatorio da prima de risco recargada dos tres plans anteriores. Ratio dos sumatorios de indemnizacións a prima dos dous puntos anteriores. BOVINO: Ata 55 Bonif. 20 Coeficiente de indemnización a prima de risco recargada (%) > 55 e ata > 75 e ata > 110 e ata > 120 e ata > 130 e ata > 145 e ata 75 110 120 130 145 160 Bonif. 10 Neutro Recar. 10 Recar. 20 Recar. 30 Recar. 40 RESTO DAS ESPECIES > 160 Recar. 50 Ata 15 Bonif. 50 Coeficiente de indemnización a prima de risco recargada (%) > 15 e > 30 e > 45 e > 55 e > 75 e ata > 110 e > 120 e > 130 ata 30 ata 45 ata 55 ata 75 110 ata 120 ata 130 Bonif. Bonif. Bonif. Bonif. Neutro Recar. 10 Recar. 20 Recar. 40 30 20 10 30 Non obstante, limítase para cada asegurado a un único cambio de estrato, que será o superior ou inferior con respecto ao que tivese no anterior plan asegurado (orientado no sentido da nova ratio calculada). Para estes efectos, os asegurados de bovino que tivesen no plan anterior unha media de 25 % de recarga, considerarase como recarga do 20 %. Para os asegurados que asegurasen unicamente un dos tres plans, a táboa de aplicar será, tanto para bovinos coma para o "resto de especies": Onde: Coeficiente de indemnización a prima de risco recargada (%) > 55 e ata > 130 e ata > 160 Ata 30 > 30 e ata 55 130 160 Bonif. 20 Bonif. 10 Neutro Recar. 10 Recar. 20 Coeficiente de indemnización para prima de risco recargada (datos do seguro de retirada): Base de cálculo: Información procedente dos tres últimos plans; se a última póliza contratada se corresponde co plan anterior ao que se vai contratar, para esa terase en conta o período comprendido desde o inicio das garantías ata catro meses antes do seu vencemento. LIÑA 415/2015 Páx. 18 de 28

Para aqueles asegurados cun único ano de contratación, se este é o plan anterior ao que se vai contratar, terase en conta o período dos 8 primeiros meses da póliza que vence. Indemnización: A suma de todas as indemnizacións aboadas no período indicado na base de cálculo e que se atopen aboadas na "data do estudo" da medida asignada aos asegurados. Prima de risco recargada: A prima de risco recargada neta de bonificacións e recargas da base de cálculo. A prima correspondente ao último ano de contratación, se se corresponde co plan anterior ao que se vai contratar, dividirase entre 12 meses e multiplicarase por 8. O resultado de dividir a suma de indemnizacións pola suma de primas de risco recargadas antes calculada, multiplicado por 100, determinará o coeficiente da táboa (entrada de columna na táboa). O arredondamento desta división hase facer ao enteiro inmediatamente inferior ou superior segundo a parte decimal do resultado do cálculo sexa inferior a 0,01 ou igual ou superior a esta cantidade, respectivamente. 15ª - CONDICIÓNS TÉCNICAS MÍNIMAS DE MANEXO Serán as establecidas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para que os bens estean garantidos. O incumprimento grave das condicións técnicas mínimas de explotación e manexo suporá a perda do dereito á indemnización dos eventuais sinistros. En tal sentido, o asegurado está obrigado a facilitar o acceso á explotación e á documentación precisa con motivo dunha inspección de comprobación do cumprimento das condicións técnicas mínimas. 16ª PAGAMENTO DA PRIMA O pagamento da prima única poderase efectuar dalgunha das dúas seguintes formas, e poderase elixir en calquera caso a modalidade de seguro renovable: A) Ao contado: Ao realizar, no momento da subscrición da declaración do seguro, un pagamento pola totalidade do importe a cargo do tomador. Todos os pagamentos serán realizados polo tomador do seguro, mediante o ingreso directo ou transferencia bancaria realizada desde calquera entidade de crédito, a favor da conta de AGROSEGURO, aberta na entidade de crédito que Agroseguro estableza no momento da contratación. A data de pagamento será a que figure no xustificante bancario como data do ingreso directo ou data da transferencia. A súa copia deberá acompañar o orixinal da declaración de seguro como proba do pagamento da prima. LIÑA 415/2015 Páx. 19 de 28

Para estes efectos, en ningún caso se entenderá realizado o pagamento cando este se lle efectúe directamente ao mediador de seguros. Tratándose de seguros colectivos, o tomador, a medida que vaia incluíndo os seus asociados no seguro e subscriba para o efecto as oportunas aplicacións, acreditará o pagamento da parte da prima única correspondente a estas aplicacións, e achegará, por cada remesa que efectúe, a copia do xustificante bancario do ingreso realizado. Para estes efectos, enténdese por data da transferencia a data de recepción na entidade de crédito, da orde de transferencia do tomador, sempre que entre esta e a data na que a dita orde efectivamente se cursase ou executase non medie máis dun día hábil. No caso de que entre a data da recepción da orde e a do curso efectivo desta pola entidade de crédito, medie máis dun día hábil, considerarase como data do pagamento da prima o día hábil anterior á data na que a entidade cursase efectivamente ou executase a transferencia. Así mesmo, Agroseguro aceptará como data da orde de pagamento a do envío de carta certificada ou da recepción do fax nas súas oficinas centrais, que inclúa a copia da orde de transferencia con selo e data da recepción da entidade bancaria. PRIMAS SUCESIVAS AO PRIMEIRO ANO EN CASO DE SEGURO RENOVABLE. O tomador do seguro/asegurado está obrigado ao pagamento das sucesivas primas ao vencemento da anualidade anterior e Agroseguro procederá ao cargo na conta bancaria do tomador/asegurado. A prima dos períodos sucesivos será a que resulte de aplicarlle á suma asegurada as tarifas que, fundadas en criterios técnico-actuariais, teña establecidas en cada momento Agroseguro, tendo en conta, ademais, as modificacións de garantías e as modificacións no valor dos bens asegurados. Agroseguro, polo menos con 2 meses de antelación ao vencemento do contrato, notificaralles ao tomador e ao asegurado a prima para cada novo período de cobertura e comunicaralle a data de presentación ao cobramento na conta bancaria do tomador. No caso de falta de pagamento dunha das primas sucesivas, o contrato queda resolto un mes despois do día de vencemento da anualidade anterior, e Agroseguro procederá á notificación da dita circunstancia ao tomador e ao asegurado. B) Fraccionadamente: Poderán acollerse a esta modalidade de pagamento aquelas declaracións de seguro cun custo da prima a cargo do tomador que sexa igual ou superior a 300. 1.- FORMA DE PAGAMENTO a) Pólizas non renovables ou primeira contratación dunha póliza renovable O pagamento da prima única fraccionarase en tres pagamentos de igual importe. LIÑA 415/2015 Páx. 20 de 28

Pagamento da primeira fracción. Será aboada no momento mesmo da subscrición do seguro, e seralle de aplicación o mesmo réxime previsto nas condicións xerais e especiais para o pagamento da prima única. Pagamento das dúas seguintes fraccións. Realizarase mediante domiciliación bancaria. Os recibos correspondentes pasaranse ao cobramento bancario aos 90 e 210 días respectivamente da data de entrada en vigor do seguro. No caso de ter que regularizar a prima, axustaranse os fraccionamentos pendentes de pagamento de acordo co novo custo que resulte da regularización. b) Renovacións de pólizas (seguros renovables de máis dun ano) Para a primeira renovación e seguintes, farase exactamente da mesma forma exposta no punto a), coa única diferenza de que a primeira fracción tamén se cobrará por domiciliación bancaria, e pasarase ao cobramento o correspondente recibo na data de renovación. En ningún caso se entenderá que existe renovación de póliza se o ano anterior non se contratou. 2.- NON PAGAMENTO As fraccións entenderanse satisfeitas na data de emisión do recibo correspondente, salvo que, tentado o cobro, non existisen fondos suficientes na conta facilitada ou se producise a devolución do recibo por calquera causa non imputable a AGROSEGURO. a.- Pólizas non renovables ou primeira contratación dunha póliza renovable: Non pagamento da primeira fracción. Regularase de acordo co disposto para a prima única nas condicións xerais e especiais. En todo caso, se non foi pagada antes de que se produza o sinistro, AGROSEGURO quedará totalmente liberada da súa obriga, salvo pacto en contra. Non pagamento das fraccións seguintes. No caso de non pagamento dunha fracción AGROSEGURO poderá optar entre anular a modalidade de pagamento fraccionado e esixir o total da prima pendente na data ou ben esixir só o importe do recibo non pagado. AGROSEGURO comunicaralle por escrito ao asegurado e/ou tomador a falta de pagamento, e indicaralle a posibilidade de aboar o importe nunha conta bancaria de AGROSEGURO cuxos datos se lle facilitarán no dito escrito. De non producirse este pagamento, aos 30 días do vencemento o seguro quedará automaticamente e sen necesidade de notificación ningunha en suspenso, e AGROSEGURO non se fará cargo dos sinistros que puidesen acaecer a partir deste momento. Estando o contrato en suspenso, AGROSEGURO poderá resolvelo naqueles casos en que así llo comunique expresamente por escrito, unha vez recibida a notificación por esta circunstancia, e quedarán sempre as fraccións pagadas para AGROSEGURO. No non previsto expresamente nesta condición aplicarase subsidiariamente o disposto para as primas sucesivas no artigo 15 da Lei de contrato de seguro. LIÑA 415/2015 Páx. 21 de 28

A cobertura do seguro volverá ter efecto ás 24 horas do día en que se pague a correspondente fracción, sempre que non se resolvese previamente o contrato. O non pagamento dunha fracción facultará a AGROSEGURO para denegar a posibilidade de acollerse a esta modalidade de pagamento en futuras contratacións. b.- Pólizas renovables: No caso de non pagamento de calquera das fraccións seralle aplicable o disposto no punto a) anterior. En todo o non previsto expresamente nesta condición, tanto para a modalidade a) como b), aplicarase o disposto nos parágrafos segundo e terceiro do artigo 15 da Lei do contrato de seguro para o pagamento "das primas seguintes". 17ª ENTRADA EN VIGOR A entrada en vigor iníciase ás cero horas do día seguinte a aquel en que o tomador do seguro pague a prima única, sempre que previa ou simultaneamente se formalizase a declaración de seguro. Os gandeiros xa asegurados no plan inmediatamente anterior que realicen un novo contrato de seguro e paguen a prima nun prazo de dez días antes ou despois da fin das garantías do seguro anterior terán como data de entrada en vigor do novo seguro a do final das garantías do anterior. Transcorridos estes prazos, o seguro entrará en vigor ás cero horas do día seguinte a aquel no que se pague a prima. A entrada en vigor das modificacións do capital asegurado notificadas polo asegurado no impreso correspondente e acreditadas coa documentación oficial que se indica na condición especial oitava será a data da súa recepción en AGROSEGURO, no seu domicilio social, c/ Gobelas, 23, 28023 MADRID. 18ª PERÍODO DE CARENCIA Establécese un período de carencia (salvo para as casetas de Castellón) de 7 días completos contados desde a entrada en vigor do seguro. Os gandeiros xa asegurados no plan inmediatamente anterior que realicen un novo contrato de seguro e paguen a prima nun prazo de dez días antes ou despois da fin das garantías do seguro anterior non terán carencia. Os novos animais incluídos na explotación ao longo da vixencia do seguro estarán cubertos a partir das cero horas do día seguinte a aquel en que se comunique a súa introdución, data que AGROSEGURO poderá contrastar coa documentación oficial que o titular está obrigado a manter. 19ª CAPITAL ASEGURADO O capital asegurado fíxase no 100 % do valor asegurado da explotación. LIÑA 415/2015 Páx. 22 de 28

20ª MODIFICACIÓNS DO CAPITAL ASEGURADO MODIFICACIÓNS DE CAPITAL POR AUMENTO DO CENSO DA EXPLOTACIÓN: No caso de que ao longo da vida do contrato a explotación aumentase o censo habitual do seu ciclo produtivo (ou no caso de que nas casetas de Castellón se incorporase un novo usuario da caseta), o asegurado deberá remitirlle a AGROSEGURO no seu domicilio social, c/ Gobelas, 23, 28023 MADRID, o documento de modificación do capital asegurado. Para vacún, no caso de que ao longo da vida do contrato a diferenza entre o valor da explotación e o valor asegurado supere o 7 % do valor da explotación, o asegurado deberá remitirlle o documento de modificación do capital asegurado a AGROSEGURO. Se AGROSEGURO solicitase a documentación que avale o cambio, o asegurado estará obrigado a facilitarlla. AGROSEGURO procederá a emitir o recibo da prima correspondente ao período comprendido entre a entrada en vigor da modificación e o vencemento da póliza. MODIFICACIÓNS DE CAPITAL POR DIMINUCIÓN DO CENSO DA EXPLOTACIÓN: No caso de que ao longo da vida do contrato a explotación diminuíse o censo do seu ciclo produtivo, o asegurado poderá solicitar a devolución da prima comercial correspondente á diminución de censo experimentado, e remitiralle a AGROSEGURO no seu domicilio social, c/ Gobelas, 23, 28023 MADRID, o impreso correspondente. Para vacún, no caso de que a diferenza negativa entre o valor da explotación e o valor asegurado sexa, en valor absoluto, superior ao 7 % do valor da explotación, debido ás baixas de animais que non desen lugar a indemnización (por venda, sacrificio, etc.), o asegurado poderá solicitar a devolución da prima comercial correspondente ao capital dos animais que causan baixa. No caso de alertas sanitarias tamén poderá ser solicitada a devolución da prima comercial correspondente naqueles casos nos que as autoridades competentes prohiban levar a cabo as recollidas de cadáveres nas explotacións. A prima comercial devolta será a correspondente ao período comprendido entre a comunicación da modificación por diminución da capacidade/censo e o vencemento da póliza. 21ª OBRIGAS DO TOMADOR OU DO ASEGURADO Ademais do establecido na condición xeral sétima, o tomador do seguro e asegurado están obrigados a: I - Incluír na declaración de seguro o censo habitual do seu ciclo produtivo actualizado e coincidente co REGA na data de realización do seguro de cada unha das súas explotacións que posúa no ámbito de aplicación deste seguro. LIÑA 415/2015 Páx. 23 de 28