REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Documentos relacionados
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS EN EMPRESA DA ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Política e Obxectivos de Calidade

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

Planificación do curso escolar

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

(Modificacións aprobadas en Xunta de Facultade do 21 de xullo de 2016)

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Edificio Reitoría Campus de Vigo Vigo España. Tel Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

FCT con Erasmus+ Curso

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

PROXECTO MOBILIDADE ERASMUS Next Station: Improving Professional Skills in Galicia NÚM. PROXECTO: ES01-KA

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS EXTERNAS DO MESTRADO UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA NA FACULTADE DE DEREITO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Modelo de regulamento dos TFG nos títulos de grao da Universidade da Coruña (aprobado polo Consello de Goberno do 22 de xullo de 2011)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

O CONTRATO DE TRABALLO

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Programa para maiores

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

ESTA REITORÍA RESOLVE

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

Procedemento de Admisión

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSERVATORIOS E CENTROS AUTORIZADOS. Tipo de ensino Ensino regrado Ensino non regrado

Nº 66 Luns, 4 de abril de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.939

Normativa Prácticas en Empresa (12 ECTS)

Regulamento do TFG no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

ANEXO I BASES DA CONVOCATORIA BOLSA DE FORMACIÓN PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES DE APOIO AOS PROGRAMAS DE INTERCAMBIO INTERNACIONAL

Ofoe (Oficina de Orientación ao Emprego)

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

NORMATIVA DE PLANIFICACIÓN ACADEMICA ANUAL CURSO 2018/2019 (Consello de Goberno do 01/12/2017) A Planificación Académica Anual (en diante PAA) é o

V I C E P R E S I D E N C I A

Transcrição:

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO Aprobado pola Xunta de Centro o 25 de outubro de 2013 Artigo 1. Obxecto, réxime xurídico e ámbito de aplicación 1. O obxecto do presente regulamento é o ordenamento das prácticas académicas externas do alumnado da Facultade de Fisioterapia tendo en conta a normativa vixente (Real Decreto 1707/2011 de 18 de novembro, Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro) así como o REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO Aprobado no Consello de Goberno do 24 de maio de 2012, ademais das disposicións do plano de estudos da titulación de Grao en Fisioterapia. 2. Entran dentro do ámbito deste Regulamento todas as prácticas externas realizadas polo estudantado da Facultade de Fisioterapia, incluídas as realizadas no estranxeiro a través do programa Erasmus ou outros, a través de convenios bilaterais con outras universidades, así como as realizadas a través de programas nacionais de mobilidade e intercambio universitarios. Artigo 2. Características das prácticas externas 3. As Prácticas Externas poden adoptar dúas modalidades: a) Prácticas Externas Curriculares, que son aquelas que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plano de estudos, tal é o caso da materia Estancias Clínicas que conta cunha carga docente de 42 créditos anuais que se imparte en 4º curso. Nesta materia os alumnos para alcanzar as competencias deben realizar o Prácticum clínico, sesións clínicas, Portafolio e Seminarios. Para isto, cóntase cunha serie de Centros conveniados e con un total de 30 profesores/titores para o desenvolvemento do Practicum Clínico, e profesores para os Seminarios e sesións clínicas, así como con dous Coordinadores. Para unha adecuada xestión das Estancias Clínicas o Centro a través do Sistema de Garantía Interna de Calidad conta cun Procedemento de xestión das Prácticas Externas b) Prácticas Externas Extracurriculares, que son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plano de estudos. 1

Artigo 3. Destinatarios das Prácticas Externas e requisitos para a súa realización. 1. Para a realización de Prácticas Externas curriculares, débese ter superado a formación básica e haber cursado previamente as materias Fisioterapia en Especialidades Clínicas I e Fisioterapia en Especialidades Clínicas II e estar matriculado na materia Estancias Clínicas. 2. Para a realización de Prácticas Externas extracurriculares debe terse superado a metade dos créditos da titulación 120 cr. Artigo 4. Prácticas Externas curriculares (Prácticum Clínico) a) Procedemento de adxudicación ao alumnado da entidade colaboradora na que se realizarán as prácticas. O Prácticum clínico realizase nos centros conveniados baixo a supervisión dos profesores responsables e/o titores clínicos. Establécense 5 Grupos de Rotación con 6 Profesores por grupo que inclúen os distintos ámbitos da Fisioterapia de maneira que a súa formación abarque as diferentes patoloxías susceptibles de tratamento de Fisioterapia e polo tanto cada alumno debe realizar 6 Rotatorios. Cada Rotatorio ten unha duración de 4 semanas nas que os alumnos asisten en xornada de mañá, onde desenvolven actividades en un contexto clínico relacionado co exercicio profesional da Fisioterapia e baixo a supervisión dun profesor/titor. Cada profesor/titor ten 1 ou 2 alumnos o seu cargo por rotación. Os ámbitos da Fisioterapia onde se desenvolven os diferentes rotatorios son: Fisioterapia neurolóxica adultos Fisioterapia neurolóxica infantil Fisioterapia osteoarticular Fisioterapia en outras especialidades ou ámbitos Para a adxudicación a os Grupos de Rotación no momento de realizar a matricula na Materia Estancias Clínicas o alumno debe priorizar os Grupos de Rotación (de 1 a 5) adxudicándose por preferencia en base a Nota Media segundo a Resolución do 15 de setembro de 2011 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O total de alumnos matriculados na materia Estancias Clínicas de 42 créditos dividirase entre os 5 Grupos de Rotación. Os Coordinadores realizarán a distribución dos alumnos dentro do Grupo de Rotación tendo en conta que non haxa masificación de alumnos nos centros e aos alumnos de intercambio. Os alumnos de Erasmus propios que soamente cursen unha parte da materia asignaranse ao Grupo de Rotación unha vez distribuídos os alumnos que cursan a materia anual, esta asignación farase tendo en conta as súas preferencias, a nota media e que non se produza unha distorsión na ratio de 1 2

ou 2 alumnos por profesor/titor en cada Rotatorio. Priorizarase para que realicen os rotatorios en: Fisioterapia neurolóxica adultos, Fisioterapia neurolóxica infantil y Fisioterapia osteoarticular. Os alumnos de intercambio recibidos serán asignados aos rotatorios de tal xeito que non distorsionen a ratio alumno/profesor. Unha vez realizada a asignación dos alumnos publicarase no taboleiro de anuncios da Facultade, abríndose un prazo para posibles reclamacións. En caso de que un profesor por motivos excepcionais non poida impartir a docencia durante un tempo determinado, o alumno será asignado a outro profesor do mesmo ámbito e na mesma poboación na medida do posible tendo como referencia o obxectivo de non aumentar a ratio alumno/profesor. Debido a que non tódolos centros conveniados están situados en Pontevedra os alumnos deben desprazarse para a realización do Practicum clínico, para isto no momento da organización dos Grupos de Rotación tense en conta non soamente os distintos ámbitos senón tamén onde están ubicados para que o desprazamento de cada alumno sexa o menor posible. Para facilitar este desprazamento unha vez finalizado o prazo de reclamacións, abrirase un prazo para permitir que un alumno se poida intercambiar con outro ben dentro do mesmo Grupo de Rotación o con un alumno doutro Grupo de Rotación. Este intercambio será comunicado a Coordinación de Estancias Clínicas no que se fará constar o consentimento dos alumnos que se intercambian para proceder a publicación da lista definitiva e remitir o listado dos alumnos aos Centros conveniados. Excepcionalmente o alumno poderá cursar a materia Estancias Clínicas en dous cursos académicos para isto deberá solicitalo expoñendo os motivos a Comisión de Organización Académica e Valoración da Facultade a cal deberá emitir un informe razoado unha vez valorados os motivos alegados, se o informe é favorable deberán constar os Rotatorios, sesións clínicas e seminarios que debe facer en cada curso para acadar as competencias. b) Procedemento de adxudicación do profesorado titor académico de prácticas. A adxudicación ao Grupo de Rotación conleva a adxudicación do profesor/titor do Centro. Sendo os Coordinadores das Estancias Clínicas os que asumen a titorización académica do alumnado. c) Responsabilidades na realización e aprobación do proxecto formativo de cada práctica a que se refire o artigo 6 do RD 1707/2011. Encóntranse recollidas na guía docente da materia Estancias Clínicas d) Proceso para a realización e entrega dos informes e memoria final a que se refiren os artigos 13 e 14 do RD 1707/2011. Os informes parciais realizaranse a través do Portafolio, nel o alumno debe reflexionar sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe, e para elo debe incluír información sobre o tipo de pacientes, avaliación, métodos e técnicas empregadas, informes realizados, etc. así como as competencias que considera que acadou nese rotatorio. 3

Ao finalizar as Estancias Clínicas deberá realizar un Informe final que será un compendio dos informes parciais. A entrega desta documentación realizarase nas datas indicadas ao inicio do curso académico aos Coordinadores da materia que serán os encargados da súa xestión. e) Proceso para a avaliación e cualificación das Estancias clínicas. A nota final da materia Estancias clínicas estará formada por un 70% de prácticum clínico, un 20% de sesións clínicas e un 10% de seminarios e portafolio. Prácticum clínico: realizarase unha valoración sistemática do alumno onde o profesor recollerá datos sobre a participación deste, tendo en conta as actitudes e aptitudes adquiridas, tendo un valor do 70% da nota do practicum clínico (49% do total). Ademais realizarase unha proba práctica ao final de cada rotatorio na que debe realizar a valoración, marcar os obxectivos, establecer o plan de tratamento e executalo, tendo un valor do 30% da nota do practicum clínico (21% do total). O profesor indicará ao alumno ao final do rotatorio a súa avaliación continua e do exame, incidindo sobre os puntos fortes e débiles desta valoración co propósito de que o alumno reflexione e nos seguintes rotatorios poida mellorar os seus puntos débiles. Sesións clínicas: valorase por unha parte a exposición dos casos clínicos tendo en conta a valoración diagnóstica, obxectivos e plan de tratamento, claridade expositiva e a utilización de medios audiovisuais, e por outra banda a participación no debate dos casos clínicos de seus compañeiros. Ten un valor do 20 % das Estancias Clínicas. Seminarios e portafolio: realízase una valoración sistemática sobre a participación e interese do alumno no desenvolvemento do seminario e a realización do portafolio. Ten un valor do 10% das Estancias Clínicas. Na Guía docente de cada ano académico establécense os requisitos que o alumno debe cumprir para superar a Materia de Estancias clínicas. Artigo 5. Prácticas Externas Extracurriculares As prácticas Externas Extracurriculares regularanse tendo en conta a resolución reitoral do 21 de febreiro de 2013. 1. A organización das prácticas extracurriculares farase no sistema ECTS, de cara ao seu reflexo nos expedientes académicos, no Suplemento Europeo ao Título, e en calquera outro documento acreditativo, e para facilitar o seu posible recoñecemento e/ou transferencia. O crédito ECTS terá unha presencialidade de 20 horas. 2. As prácticas extracurriculares terán preferentemente unha duración non superior ao cincuenta por cento do curso académico. A súa duración e horario estableceranse procurando garantir o correcto desenvolvemento e seguimento polo alumnado do resto da súa actividade académica. 3. O Centro nomeará un responsable das prácticas externas que se encargará de asinar as titorías ao alumno que realice prácticas externas. 4. O alumnado que realice as practicas externas contará cunha persoa titora na entidade colaboradora e con un titor académico que formará parte do profesorado da Facultade de Fisioterapia. 4

5. Xestión das prácticas externas extracurriculares. A tramitación e xestión das prácticas extracurriculares realizarase pola Fundación Universitaria de Vigo (FUVI). A vicerreitoría con competencias en relacións internacionais, poderá tramitar e xestionar prácticas extracurriculares no estranxeiro. 6. O procedemento xestión e adxudicación de prácticas extracurriculares: a) As prácticas xestionaranse baixo o convenio de cooperación educativa para a realización de practicas externas asinado entre a Universidade de Vigo e as entidades colaboradoras. b) A FUVI, e/o Universidade realizarán convocatorias públicas nas que se indicarán as ofertas de prácticas realizadas polas entidades colaboradoras. c) A preselección dos estudantes en prácticas será realizada pola FUVI. d) No caso de existir mais solicitantes de prácticas que prazas ofertadas, terán prioridade na preselección aqueles alumnos ou alumnas que non tiveran realizado prácticas externas anteriormente. e) A selección final do/a candidato/a elixido para a realización da práctica corresponderalle a entidade colaboradora. f) Co obxectivo de favorecer a realización de prácticas e de xeito excepcional o alumnado poderá promover a súa propia práctica en unha empresa o entidade. As prácticas ofertadas por entidades o empresas cubriranse en tódolos casos a través de convocatoria pública. g) O proxecto formativo de cada práctica será realizado polo coordinador das prácticas externas da Facultade. h) O titor da entidade realizará o informe de prácticas. O alumno realizará os informes parciais e memoria final de prácticas. f) A avaliación e cualificación das prácticas realizarase polo titor da entidade e o titor académico. A nota final das practicas estará formada por un 70% de avaliación continua e 30% o exame. 7. Requisitos do alumnado: estar matriculado na titulación de Fisioterapia e ter superado ao menos o 50% dos créditos necesarios para obter a Titulación. 8. A xornada diaria aconsellable será de 4 horas, poderá ser superior nos seguintes casos: a) Durante os períodos non lectivos ou cando se xustifique a non existencia de carga lectiva durante o período de prácticas. b) Se o estudante seleccionado soamente lle quedan por superar 15 Créditos. c) No caso de prácticas extracurriculares internacionais a xornada diaria establecerase de acordo cos usos e costumes para prácticas de formación en dito pais. d) A duración será dun máximo de 6 meses por curso académico, e poderán realizarse ao longo de todo o ano. e) No caso de prácticas extracurriculares internacionais atenderase ao disposto na convocatoria correspondente. 5

9. A Universidade establecerá as condicións para o recoñecemento ao seu profesorado das tarefas de titorización académica de Prácticas Externas. 10. A Universidade de Vigo establecerá a forma de recoñecemento as persoas encargadas nas entidades colaboradoras das tarefas de titorización do alumnado, nos termos que, no seu caso, se estableza en cada Convenio de Cooperación Educativa. Artigo 6. Recoñecemento académico e acreditación. 1. As Prácticas Externas, xa sexan curriculares ou extracurriculares, recibirán o mesmo tratamento que calquera materia no que se refire o seu reflexo no expediente académico da persoa que a realizou e no Suplemento Europeo ao Título. 2. As Prácticas Externas poderán ser obxecto de recoñecemento e transferencia o mesmo que calquera outra materia. 3. Rematadas as prácticas externas, a Universidade emitirá un documento acreditativo das mesmas que conterá: a) Titular do documento b) Entidade colaboradora onde se realizaron as prácticas. c) Breve descrición da práctica coa súa duración e datas de realización. d) Actividades realizadas. e) Avaliación. 6