REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE QUÍMICA ORGÁNICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Documentos relacionados
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA E ANTROPOLOXÍA DA USC TÍTULO PRELIMINAR

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

Planificación do curso escolar

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

REGULAMENTO DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

REGULAMENTO DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

O CONTRATO DE TRABALLO

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

TITULO I DO OBXECTIVO, COMPOSICIÓN E FUNCIÓN DA FACULTADE

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo (aprobado na Xunta de Facultade o 5 de outubro de 2015)

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA (CAMPUS VIGO- PONTEVEDRA) DA UNIVERSIDADE DE VIGO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO COMITE DE EMPRESA

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

REDE EUSUMO. información e comunicación

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Edificio Reitoría Campus de Vigo Vigo España. Tel Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

Política e Obxectivos de Calidade

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

Estatutos Aprobados por Decreto 101/2004 do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados por Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro)

REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CONSELLO GALEGO DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO (CONGACODE)

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx DECRETO 38/2014, do 20 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Acción Voluntaria.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

ESTATUTOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

PROCEDEMENTO PARA A ELECCIÓN DE MEMBROS DO

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ESCOLA INTERNACIONAL DE DOUTORAMENTO DA UNIVERSIDADE DA VIGO (EIDO DA UVIGO)

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

1.268 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 21 Martes, 2 de febreiro de 2010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

REGULAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

NORMATIVA DE MATRICULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO EN MATEMÁTICAS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

2.008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 25 L Luns, 7 de febreiro de 2005

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

ESTATUTOS ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS IES PLURILINGÜE DE AMES

Convocatoria ordinaria de 2012

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

CONCELLO DE POL (LUGO) C.I.F. P B R.E.L

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

REGULAMENTO DE PROFESORADO

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Transcrição:

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE QUÍMICA ORGÁNICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO ÍNDICE PÁXINA CAPÍTULO PRELIMINAR... 1 CAPÍTULO I: Dos órganos de goberno... 1-9 CAPÍTULO II: Da organización docente... 10 CAPÍTULO III: Da investigación... 11 CAPÍTULO IV: Do persoal docente e investigador... 11-12 CAPÍTULO V: Do réxime económico... 12-13 CAPÍTULO VI: Da reforma do presente regulamento... 13 DISPOSICIÓN DERRADEIRA... 13 0

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE QUÍMICA ORGÁNICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO ARTIGO 1.- CAPÍTULO PRELIMINAR O Departamento de Química Orgánica da Universidade de Vigo rexerase, no marco sinalado na lei Orgánica 6/2001 do 21 de Decembro, na lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril pola que se modifica a lei de Universidades, na lei 30/1992 do 26 de novembro, do Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, polo disposto nos Estatutos da Universidade de Vigo e demais regulamentos vixentes na Universidade de Vigo e no presente Regulamento. ARTIGO 2.- 1.- O departamento agrupa a todo o persoal docente e investigador pertencente á Área de Coñecemento de Química Orgánica 2.- O departamento é o órgano encargado, en tódolos centros da Universidade de Vigo, da organización e desenvolvemento do ensino e da investigación na devandita área de coñecemento. ARTIGO 3.- En relación co artigo anterior consideraranse investigadoras e investigadores do departamento aquelas doutoras e doutores que teñan relación contractual co mesmo como tales. ARTIGO 4.- A sede do departamento estará localizada no lugar que decida o consello de departamento. Por un período mínimo de 3 anos non poderá modificarse a sede do departamento. CAPÍTULO I.- Dos órganos de goberno ARTIGO 5.- Son órganos de dirección ou xestión do departamento os seguintes: 1

2 O consello de departamento A comisión permanente O/A director/a O/A secretario/a ARTIGO 6.- 1. O consello de departamento é o órgano colexiado de representación e decisión do departamento. Estará integrado por: a. Todas as persoas doutoras membros do departamento. b. Todo o resto do persoal docente e investigador a tempo completo. c. Un 20% do persoal docente e investigador a tempo parcial non doutor, que en ningún caso superará o 10% do total do órgano. d. Unha representación do estudantado que constituirá o 25% do total de membros do consello de departamento, sendo a metade estudantes do terceiro ciclo. En todo caso, de haber candidaturas, cubriranse todos os postos garantindo unha representación de polo menos unha alumna ou alumno de cada un dos centros onde imparte docencia o departamento. e. Unha representación do persoal investigador en formación, que constituirá como máximo o 2% do consello de departamento. f. Unha representación do persoal de administración e servizos que constituirá o 9% do total de membros do consello de departamento. As persoas electas como membros do consello de departamento serán renovadas cada dous anos. Coa aprobación do consello de departamento, poderán ser convidadas ás súas reunións, con voz pero sen voto, persoas que non pertenzan ao mesmo e teñan algunha relación cos temas a tratar. ARTIGO 7.- Corresponderá ao consello de departamento:

a) Elaboración, aprobación e modificación da proposta do seu regulamento de réxime interno. b) Elección e revogación da directora ou director. c) Elección, se é o caso, das persoas representantes do departamento en todos aqueles órganos en que estea representado. d) Aprobación, se procede, das propostas de creación de seccións departamentais. e) Presentación da petición á Universidade de Vigo do seu persoal docente e investigador, así como dos recursos económicos e materiais necesarios para a execución do seu plan de actividades docentes e investigadoras. f) Aprobación da distribución do orzamento anual do departamento e da súa execución. g) Revisión da avaliación do estudantado, se é o caso. h) Intervención nos procedementos de selección do persoal académico segundo dispoñan os Estatutos da Universidade de Vigo e os regulamentos que os desenvolvan. i) Elaboración e aprobación das propostas de programas das materias das que teñan encargo de docencia e daqueles cursos que dean dereito a títulos propios. j) Calquera outra atribuida polos Estatutos da Universidade de Vigo. ARTIGO 8.- 1. O consello de departamento reunirase por iniciativa da dirección ou previo pedimento de, alomenos, un tercio de membros que o compoñen. En todo caso celebrará, alomenos, unha reunión ordinaria cada trimestre. 2. O pedimento dunha reunión de carácter extraordinario do consello farase por escrito e deberase acompañar das sinaturas de alomenos un tercio de membros que compoñen o consello de departamento. Nel fárese constar, no seu caso, o carácter de urxencia da mesma, así como o tema que se solicita tratar. 3. Unha vez recibida a petición de reunión con carácter extraordinario, a dirección de departamento disporá dun prazo máximo de oito días para a súa convocatoria e celebración. Se a petición incluíse o 3

carácter de urxencia, deberáse convocar e celebrar nun prazo de catro días. 4. Para a válida constitución do consello, a efectos de celebración de sesión, deliberacións e toma de acordos, requerirase, en primeira convocatoria, a maioría absoluta de membros, incluídas as persoas que exercen a dirección e a secretaría ou quen legalmente as sustitúan.na segunda convocatoria, vinte minutos máis tarde, constituirase válidamente cun tercio de membros, incluídas as persoas que exercen a dirección e a secretaría ou quen legalmente as sustitúan. 5. As reunións do consello de departamento convocaranse, alomenos, con cinco días de antelación, salvo as extraordinarias con carácter de urxencia que poderán convocarse con alomenos 2 días de antelación. A tódolos efectos só contabilizaranse os días hábiles. 6. A convocatoria achegarase a cada membro do consello onde realice normalmente o seu traballo. 7. A orde do día será fixada pola dirección, tendo en conta no seu caso, as peticións de calquera membro formuladas coa suficiente antelación. 8. A documentación referente aos asuntos incluídos na orde do día das sesións ordinarias estará a disposición das persoas que compoñen o consello na sede do mesmo e nos centros nos que teña actividade docente, con alomenos dous días de antelación. ARTIGO 9.- 1. Os acordos do consello de departamento adoptaranse por maioría simple de votos das persoas asistentes naqueles casos determinados regulamentariamente. 2. As votacións serán a man alzada, salvo cando alomenos un ou unha membro do consello de departamento solicite que sexa secreta. 3. A participación nas deliberacións e votacións é persoal e indelegable, quedando excluído o voto por correo e o voto por anticipado. 4. Non poderá ser obxecto de deliberación nin de acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día salvo que se atopen 4

presentes tódalas persoas que compoñen o consello e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría. 5. Na acta figurará, a solicitude das e dos membros do consello de departamento, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abstención e os motivos que a xustifiquen ou o sentido do seu voto favorable. Asimesmo, calquera membro do consello terá dereito a solicita-la transcripción íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que se aporte no acto, ou nun prazo non superior a tres días, o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así constar na acta ou achegando copia á mesma. 6. Calquera membro que discrepe do acordo maioritario poderá formular voto particular por escrito no prazo de 48 horas, que será incorporado ao texto aprobado. 7. Calquera membro do consello que vote en contra ou se absteña, quedará exento/a da responsabilidade que, no seu caso, poidese derivarse dos acordos. ARTIGO 10.- 1. A secretaría levantará acta de cada sesión do consello de departamento, que especificará necesariamente: as persoas asistentes, a orde do día da reunión, as circunstancias de lugar e tempo nas que se celebrou, os puntos principais das deliberacións, así como o contido dos acordos adoptados. 2. A acta autorizada polo/a secretario/a, co visto e prace do/a director/a, será sometida á consideración do consello de departamento para a súa aprobación na mesma sesión ou nunha sesión ordinaria inmediatamente posterior. Nembargantes, quen ocupe a secretaría poderá emitir certificacións sobre os acordos específicos que se adoptasen, sen prexuízo da posterior aprobación da acta. Nas certificación de acordos adoptados emitidas con anterioridade á aprobación da acta farase constar expresamente esta circunstancia. 3. Ao libro de actas terá acceso para a súa consulta, en presenza do secretario ou secretaria, calquera membro do consello de 5

departamento ou persoa titular dun interese lexítimo que o demande. 4. A secretaría expedirá certificación de cada acta ou dunha parte da mesma a calquera membro do consello de departamento ou persoa titular dun interese lexítimo que a demande por escrito. ARTIGO 11.- 1. A comisión permanente é o órgano de goberno ordinario por delegación do consello de departamento. 2. A comisión permanente estará composta por: O/A director/a do departamento que a convocará e presidirá O/A secretario/a do departamento que tamén o será da mesma Una representación dos distintos sectores do consello de departamento distribuída da forma seguinte: i. 2 docentes ou axudantes ii. 1 bolseiro/a iii. 1 alumno/a iv. 1 P.A.S. ARTIGO 12.- 1. As persoas electas como membros da comisión permanente serán elixidas anualmente por e de entre as e os membros do consello de departamento. 2. Os e as membros da comisión permanente cesarán a petición propia ou por revogación do sector do consello de departamento que representen. 3. En caso de cese dunha ou dun membro da comisión permanente, sustituirase na próxima sesión ordinaria do consello de departamento. ARTIGO 13.- 1. Son competencias da comisión permanente: a. Asesorar á dirección en tódolos asuntos da súa competencia que esta someta a súa consideración. 6

7 b. Decidir sobre aqueles asuntos que lle sexan encomendados ou delegados expresamente polo consello de departamento despois da adopción por este das directrices correspondentes. c. A delegación será revogable en calquera momento polo consello de departamento. Tódolos asuntos delegados polo consello de departamento deberanse renovar anualmente. 2. Nas decisións referidas a competencias delegadas que requiran un quorum especial no seu exercicio ordinario deberá observarse, en todo caso, ese quorum. ARTIGO 14.- 1. A comisión permanente reunirase por iniciativa da dirección do departamento, ou dun 40% das persoas que a compoñen. 2. A comisión permanente constituirase válidamente coa metade de membros, incluíndo as persoas que exercen a dirección e a secretaría. 3. A secretaría da comisión permanente levantará acta das súas reunións e informará de tódalas súas actuacións na primeira reunión ordinaria do consello de departamento que se celebre con posterioridade á mesma. 4. As convocatorias da comisión permanente realizaranse con catro días de antelación, salvo as extraordinarias. 5. O réxime de votacións e acordos será o mesmo que no consello de departamento. ARTIGO 15.- O departamento terá unha directora ou director que se elixirá polo consello de departamento segundo o procedemento recollido nos Estatutos da Universidade de Vigo. ARTIGO 16.- 1. En caso de vacante, ausencia, enfermidade, ou outra causa legal, a persoa que ocupe a dirección do departamento, será sustituída como directora ou director accidental polo/a docente de maior xerarquía, antigüidade e idade, por esta orde, con réxime de dedicación a tempo completo que non incurra en

incompatibilidade. No caso de que este situación mantivérase por máis de tres meses, procederíase á convocatoria de novas eleccións. 2. En caso de cese ou dimisión, e unha vez aceptada esta pola reitoría, a directora ou director en funcións convocará novas eleccións nun prazo non superior a un mes. ARTIGO 17.- A presentación da moción de censura requerirá a sinatura dun tercio de membros e a proposta dunha persoa como candidata á dirección de departamento que deberá acadar o maioría absoluta. Neste caso o mandato do novo director ou directora extenderase ata o remate do antigo mandato. ARTIGO 18.- Son funcións da dirección do departamento tódalas recollidas nos Estatutos da Universidade de Vigo e demáis regulamentos vixentes da Universidade de Vigo e ademáis: a) Modera-lo desenvolvemento dos debates e suspendelos por causa xustificada. b) Dirimir co seu voto os empates, aos efectos de adoptar acordos. c) Asegura-lo cumprimento das leis. d) Visa-las actas e as certificacións dos acordos do consello de departamento. e) Cantas outras funcións sexan inherentes a súa condición de presidente dun órgano colexiado. ARTIGO 19.- 1.- A directora ou director do departamento proporá, para o seu nomeamento polo reitor ou reitora, unha persoa como secretaria entre os e as membros do consello de departamento. 2.- Son funcións da secretaría de departamento ademáis das recollidas nos Estatutos e demáis Regulamentos vixentes da Universidade de Vigo as seguintes: a) Asisti-las reunión da comisión permanente con voz e voto. 8

b) Efectua-la convocatoria das sesións do consello de departamento e da comisión permanente por orde do/a director/a, así como as citacións a membros de ámbolos dous órganos. c) Recibi-los actos de comunicación de membros do departamento e, polo tanto, as notificacións, peticións de datos e rectificacións ou calquera outra clase de escritos dos que deba ter coñecemento. d) Prepara-lo despacho dos asuntos, redactar e autoriza-las actas das sesións do consello de departamento e da comisión permanente. e) Expedir certificación das consultas, dictames e acordos aprobados, e todas aquelas que lle correspondan. f) Cantas outras funcións sexan inherentes a súa condición de secretario ou secretaria. g) Calquera outra misión que lle encomende ou delegue a dirección do departamento, facendo constar explícitamente a súa autorización. 3.- En casos de vacantes, ausencia, enfermidade, ou outra causa legal que impida a presenza da secretaria ou secretario, quen exerza a dirección nomeará a un/unha secretario/a accidental de entre os e as membros do consello de departamento. 4.- A secretaria ou secretario do departamento cesará por decisión da reitoría, por proposta da dirección de departamento, cando cese o/a director/a que o propuxo ou por pedimento propio. ARTIGO 20.- En cada un dos centros nos que o departamento dispensa docencia, agás aquel no que esté radicada a sede do mesmo, poderá existir unha persoa coordinadora de centro, designada polo consello de departamento, que desempeñará funcións de enlace entre o profesorado do departamento destinado no centro e a dirección do departamento. 9

CAPÍTULO II.- Da organización docente ARTIGO 21.- No relativo á organización e control da docencia o departamento rexerase polo recollido nos Estatutos da Universidade de Vigo e o regulamento do profesorado ou regulamento que o sustitúa. ARTIGO 22.- 1.- Respectando os criterios de prelación do corpo e antigüidade, o reparto da carga docente farase de xeito equitativo entre tódolo profesorado, tendo en conta o disposto no artigo 88.1 1 dos Estatutos da Universidade de Vigo. 2. A distribución das obrigas docentes deberá contemplar no posible a necesidade de cubrir tódalas ausencias que, por motivos xustificados, poidan producirse por parte de calquera membro do departamento ao longo do curso académico. 3.- Aos bolseiros e bolseiras non se lles poderá obrigar a realizar tarefa docente algunha, salvo que esta figure expresamente na convocatoria da bolsa e no P.O.D. ARTIGO 23.- O departamento poderá organizar seminarios, conferencias, cursos ou congresos durante o curso académico. Correspóndelle ao consello de departamento aprobar esta programación así como o seu orzamento. 1 A Universidade de Vigo, levará a cabo a elaboración e actualización, en cada novo curso académico, dos cadros de profesorado por áreas de coñecemento e por campus, segundo a docencia que as áreas teñan asignadas nas titulacións impartidas na universidade, e nos programas de doutoramento, así como exencións ou reduccións que lle poidan corresponder ao seu profesorado. Na cuantificación da docencia que se imparte en cada titulación, procurarase que os grupos docentes de teoría e práctica teñan un tamaño que facilite a aprendizaxe do estudantado. 10

CAPÍTULO III.- Da investigación ARTIGO 24.- No relativo a organización e desenvolvemento da investigación, o departamento rexerase polo recollido nos Estatutos da Universidade de Vigo e demáis regulamentos vixentes. ARTIGO 25.- A contratación con entidades públicas e privadas ou con persoas físicas da realización de traballos de carácter científico, tecnolóxico ou artístico así como o desenvolvemento de cursos de especialización rexerase polo recollido nos Estatutos da Universidade de Vigo e no regulamento de cursos de especialización e convenios ou regulamentos que o sustitúa. ARTIGO 26.- O profesorado e persoal investigador do departamento remitirá, a efectos estadísticos, anualmente á secretaría do mesmo información sobre os seguintes asuntos: a) Liñas de investigación que desenvolvan, así coma, se procede, persoal dependente deles ou adscritos ás liñas de investigación das que son responsables. b) Datos para a actualización do seu currículo científico académico. c) Axudas percibidas para o desenvolvemento de proxectos de investigación: contía, equipos ou aparatos adquiridos, etc. CAPÍTULO IV.- Do persoal docente e investigador ARTIGO 27.- O persoal docente e investigador do departamento rexerase polo recollido nos Estatutos da Universidade de Vigo e demáis regulamentos vixentes. ARTIGO 28.- As propostas de membros titulares e suplentes, das comisións ou tribunais, efectuaranse de acordo cos criterios que, con carácter xeral, fixe o consello de departamento. 11

ARTIGO 29.- 1.- As propostas de nomeamentos de bolseiras e bolseiros, e mailos de contratación do persoal con cargo a créditos xerais do departamento serán presentadas ao consello de departamento para a súa aprobación e tramitación ao reitorado, no seu caso. 2.- As propostas de nomeamentos de bolseiros e bolseiras e mailas de contratación de persoal con cargo a fondos dun proxecto de investigación serán postas en coñecemento do consello de departamento polo/a investigador/a responsable do devandito proxecto. ARTIGO 30.- O consello de departamento aprobará os criterios de admisión de persoas para utilizaren regularmente as instalacións do departamento. A admisión de persoas para utilizaren regularmente as instalación do departamento porase en coñecemento do consello de departamento polo profesorado responsable das mesmas e precisará a autorización da Xerencia dacordo co artigo 74 dos Estatutos da Universidade de Vigo. ARTIGO 31.- Todo o persoal docente ou investigador vinculado ao departamento estará suxeito ao seu regulamento. CAPÍTULO V.- Do réxime económico ARTIGO 32.- Para atende-las súas necesidades, o departamento contará cos seguintes recursos: a) Os créditos que se lle concedan nos orzamentos da universidade b) As imposicións procedentes dos contratos aos que se refire o artigo 25 do presente regulamento. c) Calquera outro ingreso que se lle poida atribuír. 12

ARTIGO 33.- 1.- De acordo coas previsións de gasto, a dirección do departamento elaborará e presentará ao consello de departamento o orzamento anual de gastos e ingresos para a súa aprobación. 2.- No orzamento figurarán dous grandes grupos de gastos: os de funcionamento e mailos de apoio á investigación. ARTIGO 34.- 1.- Os créditos procedentes dos orzamentos da Universidade de Vigo distribuiranse de acordo cos criterios xerais aprobados polo Consello de Goberno para a súa distribución entre os departamentos, reservando a parte do orzamento ordinario que determine o consello de departamento para gastos de funcionamento. 2.- A distribución das partidas orzamentarias de investigación farase, entre os diferentes equipos de investigación tomando como base os criterios aprobados polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. CAPÍTULO VI.- Da reforma do presente regulamento ARTIGO 35.- 1.- A reforma do presente regulamento deberase suscribir, alomenos, por un tercio de membros do consello de departamento. Así mesmo deberá conte-lo texto articulado que se propón introducir e a motivación que o fundamenta. 2.- A proposta será avaliada polo consello de departamento. Para a súa aprobación requerirá o voto afirmativo da maioría absoluta de membros. DISPOSICIÓN DERRADEIRA Este regulamento entrará en vigor provisioriamente, inmediatamente despois da súa aprobación polo consello de departamento, e de forma definitiva tra-la súa aprobación polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. 13

DILIXENCIA. Para facer constar que o presente regulamento foi aprobado na sesión extraordinaria do consello de departamento celebrado en Vigo o día 25 de setembro de 2013. Vigo, 17 de setembro de 2013 O secretario Asdo: Pedro Besada Pereira 14