GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL CURSO ACADÉMICO 2015/2016

Documentos relacionados
GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL CURSO ACADÉMICO 2016/2017 GUÍA do Traballo de Fin de Grao

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

REDE EUSUMO. información e comunicación

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

1.- Organización da Escola de Primavera:

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Normativa de Traballos Fin de Máster [TFM]

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Política e Obxectivos de Calidade

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

GRAO EN FILOSOFÍA GUÍA DOCENTE TRABALLO FIN DE GRAO

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Planificación do curso escolar

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

DOCUMENTO MARCO PARA A ELABORACIÓN DO TRABALLO FIN DE GRAO GRAO EN LOGOPEDIA

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Facultade de Ciencias da Educación DOCUMENTO MARCO PARA A ELABORACIÓN DO TRABALLO FIN DE GRAO. Grao en Logopedia

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

FCT con Erasmus+ Curso

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

(Modificacións aprobadas en Xunta de Facultade do 21 de xullo de 2016)

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

GUÍA DIDÁCTICA 1 TRABALLO FIN DE GRAO (TFG) 2 : ORIENTACIÓNS, PROCEDEMENTO E ANEXOS

Anatomía aplicada. Vicens Vives. Galicia

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

NORMATIVA DE MATRICULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO EN MATEMÁTICAS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

MANUAL DE USUARIO DE etrades

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

O CONTRATO DE TRABALLO

GUÍA DOCENTE MATERIA: TRABALLO DE FIN DE GRAO GRAOS EN ADE E EN ECONOMÍA DA FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS DA USC CURSO 2017/2018

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

NORMATIVA DE MATRICULA, ELABORACIÓN E DEFENSA DOS TRABALLOS FIN DE GRAO E FIN DE MASTER NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMARÍA A CORUÑA GRAO EN ENFERMARÍA REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

Edificio Reitoría Campus de Vigo Vigo España. Tel Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Transcrição:

GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL CURSO ACADÉMICO 2015/2016 Traballo de Fin de Grao Guía para a súa elaboración e defensa Materia: G3091425 Traballo Fin de Grao Créditos: 6 Período: Anual Normativa: Resolución Reitoral do 2/05/2013 e Regulamento do Traballo Fin de Grao aprobado pola Xunta da Facultade de Ciencias da Educación en data 18/12/2014. 1. Introdución A Guía que se presenta ten por obxecto orientar ao alumnado no reto á vez inquietante e estimulante que representa a elaboración, presentación e defensa do Traballo Fin de Grao. Coa súa realización culmina o proceso de formación inicial como Educador/a Social, pero tamén establece unha ponte cara á práctica profesional e/ou a ampliación de estudos noutros niveis académicos. Igualmente quere servir de referencia para as profesoras e profesores titores, no acompañamento educativo na planificación e desenvolvemento das tarefas conducentes á realización do TFG. Realizar un Traballo Fin de Grao supón desenvolver un proceso con, cando menos, catro fases fundamentais: pasos previos; deseño e planificación; elaboración e finalización; difusión e transferencia. Na primeira fase é importante revisar a normativa ao respecto, fundamentalmente a recollida nesta guía e no programa da materia. A segunda fase realizarase conxuntamente co titor/a unha vez seleccionada a temática, definíndose o tipo de traballo, as preguntas que se intenta responder, así como o proceso que se desenvolverá para a súa resolución. A terceira implica asumir o reto de ser autora ou autor, e con isto a responsabilidade de tomar decisións que permitan avanzar na abordaxe e comprensión da complexidade dos problemas socioeducativos contemporáneos. O punto catro, sen dúbida importante, require pensar en como se podería divulgar o traballo para que sexa unha achega coñecida e contribúa a mellorar a reflexión e acción neste ámbito de estudo e profesionalización. Socializar as achegas comprométenos como cidadáns responsables na sociedade do coñecemento. Cómpre lembrar neste punto que o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia ten creado o Concurso de Traballos de Fin de Grao (1ª edición en 2014) no que premia os traballos máis interesantes e innovadores que se produzan nas universidades galegas, facilitando a súa difusión. 1

Tamén que a propia facultade prevé promover a difusión dos TFG de maior calidade, como se recolle no apartado 12 desta Guía. 2. Obxectivo e organización dos Traballos Fin de Grao Os Traballos Fin de Grao consistirán na elaboración, por parte do/a estudante, dun traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudios de Educación Social, como se especifica no programa da materia. O Traballo de Fin de Grao realizarase individualmente, baixo a supervisión dun titor ou titora que orientará e asistirá ao/á estudante. Exercerá a función de titoría o profesorado con docencia na titulación ou que a impartira nos dous cursos anteriores. Varios estudantes titorizados polo mesmo docente poderán traballar unha mesma liña ou temática, pero tanto a redacción e elaboración como a defensa do TFG será sempre individual. Ademais a defensa será xulgada polo mesmo tribunal. 3. Contido Tal como se establece no programa da materia, o Traballo Fin de Grao versará -en calquera das modalidades que se establecen-, sobre contidos relacionados coas funcións profesionais nalgún dos seguintes ámbitos da Educación Social: - Educación en contextos familiares e en procesos de desenvolvemento comunitario. - Educación para a mediación, a inclusión social e a diversidade. - Educación do lecer; a animación e a xestión sociocultural. - Acción socioeducativa en infancia e mocidade. - Acción socioeducativa con persoas adultas e maiores. - Educación para a cidadanía e a cultura da sustentabilidade. 4. Modalidades Todas as opcións para realizar o Traballo de Fin de Grao pretenden o desenvolvemento das competencias do título, procurando a súa proxección na práctica profesional. Neste sentido, ofrécense tres modalidades xerais de traballo como referencia. a/ Traballo de iniciación á investigación documental O/a estudante realiza unha investigación que adopta como base a busca, selección e análise de fontes documentais arredor dunha temática específica. Analiza con estas fontes o estado da cuestión dun problema ou realidade socioeducativa, presentando un informe onde se describen os resultados do proceso desenvolvido, así como a análise e interpretación do obxecto de estudo. b/ Traballo de iniciación á investigación de campo O/a estudante deseña e leva a cabo unha investigación na que, tomando como base a revisión da literatura básica sobre o tema ou realidade socioeducativa obxecto de análise, desenvolve un traballo de campo que complemente a perspectiva teórica cos 2

datos empíricos. Presenta o proceso e resultados atendendo aos elementos habituais nos informes de investigación. Dado que é unha iniciación á investigación na realización terase en conta unha limitación na dimensión e tarefas de investigación p.e.: definindo obxectivos máis específicos, formulando uns límites na busca de información científica ou deseñando instrumentos de investigación cunha experimentación piloto, etc. c/ Deseño dun proxecto de intervención ou innovación socioeducativa O/a estudante realiza a planificación dunha intervención no ámbito socioeducativo, e/ou deseña estratexias e recursos innovadores para a acción socioeducativa (metodolóxicas, avaliativas, materiais, persoais, comunitarias ), na que se integran aspectos das diversas áreas de coñecemento. As modalidades presentadas son orientativas e cabe conxugalas de modo coherente e estruturado. 5. Estrutura do traballo Os TFG presentarán unha estrutura común e outra diferenciada en función do tipo de traballo escollido, atendendo de modo orientativo aos seguintes aspectos: Aspectos comúns - Portada exterior, na que figuren: Universidade, Facultade, denominación do Grao, título do traballo, nome completo do autor/a e do titor/a, curso académico e data. - Portada interior: título do traballo en galego, castelán e inglés. - Autorización do titor/a da defensa do TFG. - Índice paxinado. - Resumo (máx. 200 palabras) e palabras chave (5) en galego, castelán e inglés. - Introdución (centrada en ofrecer unha visión panorámica do traballo, dos obxectivos que pretende, das metodoloxías seguidas, así como das competencias ás que responde). Aspectos diferenciados en función da modalidade Traballo de iniciación á investigación documental - Identificación dun obxecto de estudo relevante para a práctica profesional. - Obxectivos - Metodoloxía: estratexias de procura documental, bases de datos científicas especializadas en educación consultadas, selección e localización de fontes documentais relevantes sobre o obxecto de estudo, descritores. Entre as estratexias destacan: 1. Revisión das obras máis importantes que recollen a información sobre o obxecto de estudo, establecendo os enfoques e as achegas ao coñecemento desde un período de tempo que permita analizar a súa evolución. 2. Selección de resultados de investigacións para fundamentar o obxecto de estudo 3

- Resultados obtidos, destacando tanto os avances no coñecemento como as liñas de investigación e as demandas desde a práctica profesional. - Discusión e conclusións - Referencias documentais (libros, artigos, páxinas web...) - Anexos (só os pertinentes) Traballo de iniciación á investigación de campo - Identificación dun obxecto de estudo relevante para a práctica profesional. - Marco teórico e xustificación do proxecto de investigación. - Obxectivos a acadar - Metodoloxía: método/s utilizado/s, poboación e mostra, contextos e participantes, técnicas e instrumentos de recollida e análise de datos. - Resultados obtidos. - Discusión e conclusións finais. - Recomendacións e posibles liñas de acción. - Referencias documentais (libros, artigos, páxinas web...) - Anexos (só os pertinentes: instrumentos utilizados, etc.) Deseño dun proxecto de intervención ou innovación socioeducativa - Xustificación teórica do proxecto e/ou da innovación presentada, utilizando argumentos que entronquen coas materias cursadas na titulación. - Delimitación, contextualización e análise da realidade e problema obxecto de intervención socioeducativa e/ou de proposta de innovación. - Concreción da proposta que corresponda: 2.1. Concreción das propostas de acción identificando obxectivos, actividades, recursos e avaliación. Asemade, concretaranse as principais funcións profesionais a desenvolver polas educadoras e educadores sociais no proxecto de intervención que se propón, poñendo en relación os seus cometidos cos de outros profesionais do ámbito social. 2.2. Concreción das estratexias e/ou recursos innovadores describindo as súas características e posibilidades de desenvolvemento; identificando os contextos, equipamentos, accións, axentes beneficiarios da súa aplicación. Principais funcións profesionais a desenvolver polas educadoras e educadores sociais no proceso de innovación socioeducativa, poñendo en relación os seus cometidos cos de outros profesionais do ámbito social. - Conclusións. - Referencias documentais (libros, artigos, páxinas web...) - Anexos (só os pertinentes) 6. Aspectos formais A extensión do informe axustarase a un máximo de 30 páxinas computables desde a introdución ata as referencias documentais, ambas incluídas. Os anexos poderán 4

incluírse á marxe desta extensión e noutro tipo de formato. Deberá presentarse en DIN A4, tipo de letra Arial (11pts) ou Calibri (12pts), interliñado 1,5. As marxes serán de 2,5 cm por cada lado. A impresión será a dobre cara. Presentaranse tres exemplares encadernados encadernados con lomera, encolados ou en espiral e unha copia en formato PDF ou outro tipo de arquivo, se é necesario, en soporte CD. O documento en PDF deberá ter o seguinte título TFG1415_Apelido1_Apelido2_Nome. Todas as copias deberán ser depositadas na secretaría da Facultade. Para as citas bibliográficas e a bibliografía, seguiranse a normativa APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA 2012- accesible no enlace: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/guiarevmarzo2012apa6taed.pdf Asemade, teranse en conta as seguintes indicacións atendendo á responsabilidade ambiental no emprego de recursos: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Imprimir a dúas caras en calidade aforro de tinta. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos. 7. Requisitos Para a presentación e defensa pública dos Traballos Fin de Grao será requisito necesario ter superados todos os demais créditos do Grao. O alumnado dispoñerá de dúas oportunidades de presentación do TFG que poderá exercer en calquera das oportunidades oficiais da convocatoria de cada curso académico. O alumnado que presente o seu traballo na oportunidade de febreiro tomará como referencia para a súa elaboración a Guía correspondente ó curso académico anterior se xa estivo matriculado/a e desenvolvendo o TFG en cursos anteriores. 8. Titorización do Traballo Fin de Grao Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun titor ou titora que orientará e asistirá ao/á estudante, establecendo a programación das tarefas a realizar. A tal fin convocará un mínimo de tres sesións de titoría (inicial, seguimento e final) nas que desenvolverá as seguintes funcións: - Acordar o tema e a estrutura do traballo co/a estudante - Asinar o Compromiso de Inicio do Traballo (Anexo Doc.3), que deberá remitirse á Comisión de Traballo Fin de Grao a través da Secretaría da Facultade como data límite un mes despois da publicación da asignación definitiva de titores/as - Orientar o desenvolvemento do TFG proporcionando asesoramento bibliográfico e metodolóxico atendendo ao respecto das normas de estilo, e realizando un seguimento periódico do proceso de elaboración. 5

- Realizar a revisión final do traballo e asinar, de ser o caso, a autorización para a presentación e defensa do traballo.(anexo Doc.4). - Elaborar un informe sobre o traballo desenvolvido pola alumna/o na elaboración do TFG, axustándose aos criterios de avaliación establecidos no artigo 14 do Regulamento de Traballos Fin de Grao da Facultade (data de aprobación 18/12/2014). O informe, deberá depositarse en sobre pechado, na Secretaría de Facultade nos prazos establecidos para cada convocatoria de acordo co calendario de depósito e defensa dos TFG aprobado para cada curso académico.(anexo Doc.1). 9. Responsabilidades do/a alumno/a As alumnas e alumnos matriculados na materia TFG, asumen as seguintes responsabilidades: - Asistir ás sesións presenciais que se planifiquen para o desenvolvemento dos TFG. - Elaborar e asinar, xunto co titor/a o Compromiso de Inicio do Traballo, que deberá remitir á Comisión de Traballo Fin de Grao a través da Secretaría da Facultade como data límite un mes despois da publicación da asignación definitiva de titores/as. - Asistir ás tres titorías obrigatorias co profesor/a titor e ás actividades académicas que se organicen no marco desta materia. - Cumprir coas pautas proporcionadas polo profesorado titor e os prazos que se establezan para a realización das diferentes tarefas. - Entregar a proposta final do traballo cunha antelación mínima de sete días lectivos respecto da data de titoría final, para a súa revisión. - Depositar os exemplares de TFG nos prazos e formatos previstos na secretaría da Facultade. - Solicitar a defensa do TFG no formato e prazos aprobados para cada curso académico (Anexo Doc. 4). 10. Entrega e defensa Para concorrer en calquera das tres oportunidades establecidas para cada curso académico, o/a estudante debe depositar na secretaría da Facultade a solicitude de defensa e os exemplares do traballo nos prazos e formatos establecidos para cada curso académico (Anexo Doc. 4). O centro determinará a composición do/s tribunais encargado/s da avaliación dos traballos. Estarán integrados por tres membros titulares designados de entre o profesorado con docencia na titulación, non podendo figurar o director/a do traballo. En caso de ausencia xustificada, de forma extraordinaria os tribunais poderán actuar con dous membros. O alumno/a deberá realizar unha exposición e defensa pública do seu TFG ante o tribunal designado a tal efecto. A exposición será sintética e fundamentada, empregándose estratexias de expresión oral adecuadas. No acto desenvolveranse os seguintes aspectos do traballo: - Xustificación da relevancia do obxecto de estudo seleccionado para a profesión, tanto a nivel de coñecemento científico como de achega á práctica profesional. - Descrición de proceso de elaboración do TFG destacando a toma de decisións. 6

- Principais conclusións. A exposición e defensa do TFG terá unha duración máxima de 30 minutos. En concreto, a alumna ou alumno deberá facer unha exposición dunha duración aproximada de 10 minutos, intervindo a continuación o tribunal por un tempo máximo de 10 minutos; finalmente o alumno contestará ás cuestións formuladas nun tempo máximo de 10 minutos. Cando un mesmo tribunal convoque a varios alumnos/as de forma sucesiva, e o tempo de exposición e defensa sexa menor do previsto, poderá chamar ó alumno/a seguinte para que inicie a súa exposición antes da hora inicialmente indicada. Presentación e defensa en formato póster: Os estudantes que o desexen, previo acordo co titor/a, poderán facer a presentación do traballo en formato póster. O póster consistirá nunha única páxina deseña en Power Point, PDF ou programas semellantes. Debe ter unha calidade suficiente para que poida ser impreso en tamaño A2 (420 x 594 mm), e conterá os seguintes aspectos: Título, nome e apelidos do autor/a, nome e apelidos do titor/a, palabras clave, obxectivos, materiais e metodoloxía, resultados. O póster deberá estar organizado gráfica e visualmente de forma eficaz. Unha copia en soporte informático deberá entregarse aos membros do tribunal de avaliación xuntamente coa copia impresa do traballo. O/a estudante expoñerá publicamente o seu póster ante o tribunal proxectándoo nunha pantalla (non é necesario que achegue copia impresa) O tribunal dispoñerá dun máximo de 10 minutos para facer observacións ou pedir aclaracións. O/a estudante dispoñerá a continuación doutros 10 minutos para responder á intervención do tribunal. 11. Avaliación O tribunal nomeado polo Centro é o responsable da avaliación e cualificación final dos traballos. A tal fin contará cun instrumento específico que contemplará aspectos relativos á delimitación e relevancia do obxecto de estudo, fontes consultadas, metodoloxía utilizada, resultados acadados, presentación e defensa. Disporá tamén do informe escrito confidencial do titor/a (Anexo Doc. 6) sobre os aspectos máis destacados do proceso de elaboración, do traballo persoal do/a estudante e do resultado final. A cualificación final seguirá a formulación numérica establecida para todas as materias, e obterase da suma das seguintes valoracións parciais: - TFG escrito (máximo 7 puntos) - Exposición e defensa do TFG (máximo 3 puntos) Os tribunais emitirán a cualificación unha vez finalizado o acto de presentación e defensa, podendo comunicarlla oralmente ao estudante. Deixarán constancia escrita da mesma no modelo de acta dixital establecido pola USC. A cualificación final farase pública no taboleiro de anuncios do decanato da Facultade ou notificarese polos medios electrónicos habituais de comunicación de cualificación da USC nun prazo non superior a sete días dende a súa defensa. As alumnas e alumnos teñen dereito á revisión da cualificación nas datas e lugares que se fixen no momento de facer públicos os resultados provisorios e dentro dos dez días seguintes á publicación. A revisión será persoal e presencial, e poderán realizala un ou varios membros do tribunal. Os tribunais poderán propoñer para Matrícula de Honra traballos avaliados cunha cualificación igual ou superior a 9 puntos. A concesión desa mención farase ao rematar todas as oportunidades da convocatoria, atendendo ao número de MH 7

posibles (5% do número dos alumnos matriculados) e aos criterios que estableza a CTFG. Os TFG deberán ser orixinais e non poderán reproducir outros traballos sen citalos adecuadamente. O uso fraudulento de información implicará a cualificación de Suspenso na oportunidade correspondente. 12. Custodia e difusión dos TFG A copia electrónica en PDF dos traballos superados quedará depositada para o seu arquivo e consulta na Facultade. Estas copias poderán ser utilizadas na USC con fins académicos e de investigación, sempre coa mención específica aos seus autores, que conservarán a propiedade intelectual dos traballos. A CTFG, a proposta dos tribunais, poderá promover a difusión dos TFG de maior calidade, en especial aqueles que acaden a mención de Matrícula de Honra. As/os autores dos traballos propostos, co visto e prace do titor, deberán asinar o correspondente documento para autorizar a súa difusión no repositorio institucional da USC (Minerva), no que declaren que se trata dun traballo orixinal e que non está suxeito a restricións. 13. Calendario As sesións interactivas e titorías que o/a profesor/a programe son obrigatorias para todo o alumnado. O calendario de depósito e defensa en cada convocatoria será aprobado pola CTFG para cada curso académico. Bibliografía Ferrer, v.; Carmona, M.; Soria, V. (Eds) (2013). El trabajo fin de grado. Barcelona: McGraw Hill. Estas pautas poderán ser modificadas no caso en que tamén o sexa a normativa que regula os Traballos Fin de Grao na Universidade, a fin de adaptarse a ela. 8

ANEXOS 1. Calendario de depósito e defensa do TFG para o curso académico 2015/2016 (Doc.1) 2. Solicitude de titor/a e liñas de traballo para o curso académico 2015/2016 (Doc. 2) 3. Compromiso de inicio do TFG(Doc.3) 4. Solicitude de defensa do TFG (Doc.4) 5. Visto e Prace do titor/a para incorporar ao TFG (Doc.5) 6. Informe do titor/a para o tribunal avaliador (Doc. 6) 7. Criterios de avaliación do tribunal (Doc.7) 9

CURSO ACADÉMICO 2015/2016 TRABALLOS FIN DE GRAO CALENDARIO DE DEPÓSITO E DEFENSA DEPÓSITO DEFENSA FEBREIRO 2016 XULLO 2016 SETEMBRO 2016* 8 ao 12 de Febreiro de 2016 27 a 29 de xuño de 2016 21 a 27 de xullo de 2016 22 ao 26 de Febreiro de 2016 De 11 a 15 de xullo de 2016 7 ao 13 setembro de 2016 * As datas de depósito e defensa da convocatoria de setembro de 2016 poderán modificarse en función do Calendario Oficial do curso académico 2016/2017 que se aprobe polo Consello de Goberno. 10

SOLICITUDE DE TITOR TRABALLO FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO 2015/2016 APELIDOS E NOME DNI DATOS DO/A ALUMNO/A Solicito a asignación de titor/a do TFG para o curso académico 2015/2015 de acordo coa orde de preferencia que se indica: RELACIÓN TITORES/AS E LIÑAS DE TRABALLO PARA O CURSO ACADÉMICO 2015/2016 Nº DE ORDE DEPTO TITOR/A TEMÁTICA Nº PRAZAS Santiago de Compostela a.. O/a Alumno/a 11

CURSO ACADÉMICO 2015-2016 COMPROMISO DE INICIO DO TFG DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO DATOS DO/A ALUMNO/A APELIDOS E NOME DNI Domicilio Localidade Código postal Teléfono Título do TFG Mail Titor/a Área Data prevista de defensa: febreiro 2016 ( ) xullo 2016 ( ) setembro 2016 ( ) Descrición do TFG (máx. 200 palabras): Temática, obxectivos e metodoloxía de traballo. Os abaixo asinantes manifestan a súa conformidade e aceptan a realización e titorización respectivamente do TFG que se detalla Santiago de Compostela, de de 20 O/A estudante O/A titor/a Asdo. Asdo. 12

SOLICITUDE DE DEFENSA TRABALLO FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO DATOS DO/A ALUMNO/A APELIDOS E NOME DNI (9 caracteres) DATOS DO/A TITOR/A APELIDOS E NOME DEPARTAMENTO SOLICITA Ser admitido para a defensa do seu TFG na convocatoria de, co título: TÍTULO DEFINITIVO DO TRABALLO EN GALEGO EN CASTELÁN EN INGLÉS Santiago de Compostela,.. de. de 20. O/a Alumno/a 13

TRABALLO FIN DE GRAO CURSO 2015/16 CONVOCATORIA de..2016 Adianto do Formulario de solicitude de defensa: do.. ao... Período de depósito:. Período de defensa: Documentación a entregar nas Secretarías da Facultade (CAMPUS NORTE E CAMPUS VIDA): 1.- Adianto do FORMULARIO DE SOLICITUDE DE DEFENSA por correo electrónico: ata o día. ás 14:00 horas. Remitirase unha copia por correo electrónico, sen sinaturas, (que se entregará despois en papel) aos seguintes enderezos: o GRAO EN MESTRE/A EN EDUCACIÓN INFANTIL: tfg.infantil@usc.es o GRAO EN MESTRE/A EN EDUCACIÓN PRIMARIA: tfg.primaria@usc.es o GRAO EN PEDAGOXÍA: zedudeca@usc.es o GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL: zedudeca@usc.es Instruccións para cubrir o formulario: 1. Descarga o documento no teu equipo. 2. Unha vez cubertos os datos, garda unha copia e ponlle como nome ao documento SOLICITUDE TFG_TITULACIÓN_Apelidos, Nome. 3. Envíanos esa copia que gardaches ao correo electrónico indicado arriba. 4. Revisa na carpeta de correos enviados que o formulario gardara os datos correctamente. 2.- DEPÓSITO DO TRABALLO FIN DE GRAO: Documentación a entregar nas Secretarías da Facultade (CAMPUS NORTE E CAMPUS VIDA), do. ao.de.. de as 14:00 horas. o O FORMULARIO DE SOLICITUDE DE DEFENSA asinado e que previamente se enviou por correo electrónico. o Tres exemplares impresos do TFG. o Copia do TFG en formato PDF en CD (un único documento, que deberá ter o seguinte título TFG1415_Apelido1 Apelido2, Nome ). o AUTORIZACIÓN DO TITOR/A do TFG asinada (irá incorporada nos exemplares do TFG e na copia en formato pdf). A composición dos tribunais e as datas, lugares e horas de defensa expoñeranse nos taboleiros e comunicaránse por correo electrónico. 14

VISTO E PRACE DO TITOR/A PARA A DEFENSA DO TFG DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO CONVOCATORIA DATOS DO/A ALUMNO/A APELIDOS E NOME DNI TITULO DO TFG DATOS DO/A TITOR/A APELIDOS E NOME DEPARTAMENTO como titor/a do TFG que figura máis arriba, declara que o traballo reúne os requisitos académicos suficientes e da o seu visto e prace a súa defensa pública ante o tribunal correspondente na convocatoria de referencia, de acordo coa normativa de TFG e TFM aprobada polo Consello de Goberno do 2 de maio de 2013 e o Regulamento de TFG da Facultade de Ciencias da Educación aprobado polo Consello de Goberno de 21 de maio de 2014 que establece no artigo 11 o dereito do alumnado á propiedade intelectual do traballo. Santiago de Compostela a de de 20 (sinatura do titor/a) 15

INFORME DO TITOR/A DO TFG PARA O TRIBUNAL AVALIADOR DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN CURSO ACADÉMICO DATOS DO/A ALUMNO/A APELIDOS E NOME DNI TITULO DO TFG APELIDOS E NOME DEPARTAMENTO DATOS DO/A TITOR/A como titor/a do TFG que figura máis arriba, emite o seguinte INFORME: Asistencia e participación do/a estudante nas reunións de deseño e seguimento Suficiente Ben Moi ben Busca, tratamento da información e elaboración de informes de progreso Suficiente Ben Moi ben Atención do/a estudante ás revisións e correccións propostas Suficiente Ben Moi ben Aspectos formais e cumprimento das normas de estilo Suficiente Ben Moi ben Adecuación do traballo do/a estudante á carga de traballo do TFG Suficiente Ben Moi ben OBSERVACIÓNS... Santiago de Compostela, de de 2 (sinatura) 16

AVALIACION DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN TITULACIÓN GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL CURSO ACADÉMICO DATOS DO/A ALUMNO/A APELIDOS E NOME DNI TITULO DO TFG 1. TRABALLO ESCRITO (70%). Apartados 1,2,3,4 e 5 do ANEXO I Cualificación.... 2. PRESENTACIÓN E DEFENSA (30%). Apartados 6, 7 e 8 do ANEXO I Cualificación.... 3. CUALIFICACIÓN GLOBAL. Proposto para a mención matrícula de honra (cualificación superior a 9) SI NON Proposto para a súa inclusión no repositorio MINERVA SI NON Santiago de Compostela, de. de 20 Presidente/a Vogal Secretario/a 17

TFG ESCRITO 1. Obxecto de estudio CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TFG DO GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL ASPECTOS E CRITERIOS - Delimitación, relevancia e pertinencia no ámbito da E. Social 2. Fontes consultadas - Diversidade, actualidade e calidade das fontes 3. Metodoloxía - Xustificación, rigor, adecuación ao propósito do traballo 4. Resultados e conclusións - Capacidade de análise, calidade do discurso e da argumentación, interrelación e coherencia co conxunto do traballo, capacidade crítica e integración de ideas propias Valoración de 0 a 10 puntos 5. Presentación formal - Estrutura do traballo, corrección na redacción e adecuación lingüística, rigor na utilización dos formalismos dun texto académico, cumprimento dos apartados e características formais sinaladas. Puntuación Ponderación 70% X : 5 = PRESENTACIÓN E DEFENSA 6. Exposición oral - Capacidade, calidade e claridade da expresión, emprego de vocabulario técnico, capacidade de síntese, adecuación ao tempo 7. Presentación visual - Claridade, concisión, estética; manexo adecuado das TIC 8. Defensa - Capacidade e calidade de argumentación, resolución das preguntas Puntuación Ponderación 30% X : 3 = PUNTUACIÓN FINAL 18