DECRETO 314/1986, DE 16 DE OUTUBRO, POLO QUE SE REGULA O SISTEMA PÚBLICO DE MUSEOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA (DOG de 7 de novembro de 1986).

Documentos relacionados
Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

REDE EUSUMO. información e comunicación

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

V I C E P R E S I D E N C I A

O CONTRATO DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Planificación do curso escolar

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

2.008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 25 L Luns, 7 de febreiro de 2005

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Convocatoria ordinaria de 2012

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Área de Ciencia Excelente: Oportunidades no H2020 e programas de apoio na UDC (berce e InTalent)

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Normativa xeral Páxina 1

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Guía de procedementos e servizos

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx DECRETO 38/2014, do 20 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Acción Voluntaria.

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

REGULAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda logo de deliberación do Con-

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

N o 116 L Xoves, 17 de xuño de 2004 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 8.643

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

DENEGACIÓNS TELETRABALLO (30 XUÑO 2017) Consellería Código posto Posto Ubicación Motivos de denegación

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

4 LEI 50/1997, do 27 de novembro (Xefatura

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2016 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

TÍTULO I. Disposicións xerais. Artigo 1. Obxecto

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

Transcrição:

DECRETO 314/1986, DE 16 DE OUTUBRO, POLO QUE SE REGULA O SISTEMA PÚBLICO DE MUSEOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA (DOG de 7 de novembro de 1986). O artigo 27.18 do Estatuto de Autonomía atribúelle à Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de museos que non sexan de titularidade estatal. Deste precepto derívase, evidentemente, a capacidade normativa da Comunidade Autónoma no tocante à regulamentación das institucións museísticas non estatais radicadas no ámbito territorial galego, que hai que entender referida a un sistema de accesamento ao patrocinio con fondos públicos dos museos que podan ser considerados integrantes do patrimonio cultural galego, sen prexuízo do respeito às instituciós museísticas promovidas tanto por iniciativa pública como privada, que desexen manterse à marxe do sistema público dos museos da Comunidade Autónoma de Galicia. Pero tamén cumpre deducir do preceito estatutario antes citado a induvidábel consecuencia de que con el se lle atribúe à Xunta de Galicia e, en xeral, aos poderes públicos da Comunidade Autónoma, o deber de fomentar e patrocinar unha rede de museos que constitúan un suporte cultural para o cumprimento das finalidades que lle son propias. Por todo iso, por proposta do Conselleiro de Cultura e Benestar Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día 16 de outubro de 1986, dispoño: Artigo 1. Considéranse museos de interese para Galicia aquelas institucións de carácter permanente destinadas, sen ánimo de lucro, á custodia, adquisición, conservación, documentación, estudo e exibición de bens móbeis e obxectos ou testemuños de valor histórico, arqueolóxico, artístico, etnográfico, científico ou técnico, integrantes do patrimonio cultural galego. Artigo 2. Para que os museos desempeñen os fins culturais que lle son propios, a súa organización e funcionamento garantirá que cumpran, entre outras, as seguintes funcións: a) A conservación, catalogación, restauración e exibición ordenada das pezas e coleccións. b) A organización periódica de exposicións científicas e divulgativas acordes coa natureza do museo. c) O desenvolvimento dunha actividade didáctica, pedagóxica e investigadora respecto aos seus contidos, así como a elaboración e publicación de catálogos e monografías dos seus fondos. Artigo 3. O sistema público de museos da Comunidade Autónoma estará integrado por: a) Museos propios, cuxa titularidade corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, e que serán financiados con cargo aos presupostos xerais da mesma. b) Museos concertados, integrados mediante convenio ao sistema público de museos da Xunta de Galicia, pero mantendo a súa titularidade específica e diferenciada do grupo anterior. A Xunta de Galicia contribuirá ao sustemento destes museos en rexime de subvención. Artigo 4. A Xunta de Galicia disporá de faculdades de regulación, ordenación, vixilancia e inspección da actuación de todas as institucións museísticas a que se refere o artigo anterior. Corresponderá, en todo caso, o exercicio de ditas faculdades á Consellería de Cultura e Benestar Social, a través dos servizos específicos do Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico. Artigo 5. A criación de museos propios farase por Decreto da Xunta de Galicia, por proposta do Conselleiro de Cultura e Bienestar Social. No Decreto de criación se enunciarán os criterios científicos que definen os seus obxectivos e as coleccións que constituirán os seus fondos iniciais; establecerase tamén a estrutura básica do museo e os servizos con que haberá de contar.

Os museos que son actualmente de titularidade estatal adquirirán a condición de museos propios da Xunta de Galicia cando sexan trasferidos á Comunidade Autónoma. A incorporación de calquera outro museo existinte como propio seguirá os mesmos trámites previstos para os de nova criación. A Consellería de Cultura e Bienestar Social poderá establecer convenios de xestión con museos de titularidade estatal requeríndose en tal caso tamén acordo do Consello da Xunta de Galicia. Artigo 6. Un caso de museo propio é o Museo Pedagóxico de Galicia, creado e regulado por Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria 268/2000, do 2 de novembro (DOG nº 219, do 13 de novembro). Poderán establecer concertos coa Consellería de Cultura e Bienestar Social os museos actualmente existentes ou que podan criarse no futuro, e cuxa titularidade corresponda a corporacións ou entidades provinciais ou locais de carácter público, institucións, funcións e entidades privadas ou eclesiásticas. Artigo 7. O titular ou promotor dunha institución museística que desexe establecer un rexime de concerto coa Consellería de Cultura e Bienestar Social haberá de acompañar á solicitude a documentación, acreditativa dos seguintes extremos: a) Memoria explicativa da necesidade da sua criación e, no seu caso, antecedentes do función sociocultural e actividades do museo xa existente. b) Escritura pública de constitución ou acta fundacional e regulamentos ou estatutos. c) Título, descrición e características do imóbel onde se pretende ubicar o museo, ou onde se atopa xa instalado. d) Descrición dos servizos museísticos. e) Proxecto técnico da instalación e dos meios de seguranza e conservación ou memoria daqueles dos que dispón o museo. f) Fondos con que conta, ou cos que pretende ser dotado e fontes de financiación previstas. g) Composición e funcionamento do Padroado. h) Rexime de acceso a investigadores e estudosos, horarios de apertura e peche e ordenación das visitas do público. Artigo 8. A solicitude de concerto dirixirase á Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico, a cuxa Subdirección Xeral do Patrimonio Histórico-Artístico corresponderá a verificación de canto se preceptúa no artigo anterior. Cumprido este trámite, o expediente será sometido a informe da Xunta Superior de Museos de Galicia. A proposta do concerto será elevada polo Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico ao Conselleiro de Cultura e Bienestar Social para a súa aprobación, se procede, mediante a correspondente Orde. Artigo 9. A Xunta Superior de Museos de Galicia integrada na Consellería de Cultura e Bienestar Social estará composta por: - O Director Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico, que a presidirá. - O Subdirector Xeral do Patrimonio Histórico-Artístico, que terá a condición de Vicepresidente. - Dous representantes dos museos propios. - Dous representantes dos museos concertados, designados polo Conselleiro de Cultura e Benestar Social. - Un representante do Consello da Cultura Galega. - Catro vocais designados polo Conselleiro entre persoas de recoñecido prestixio neste campo. - Actuará como secretario un funcionario da Dirección Xeral de Cultura e Patrimonio Histórico- Artístico con categoría mínima de xefe de sección. Artigo 10. Correspóndelle á Xunta Superior de Museos de Galicia:

a) Informar os proxectos de criazón de museos propios, así como o establecimento de museos concertados e as condicións dos concertos. b) Informar a distribución de subvencións aos museos concertados, con cargo á partida presupostaria que a tal efeito se consigna no programa de museos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. c) Informar proposta a desenvolver pola Consellería en materia museística, e impulsar o cumprimento das finalidades culturais propias dos museos, aos que se refere o artigo 2 deste Decreto. Artigo 11. Tanto os os museos propios como os concertados se rexerán por un Padroado, concebido como órgao colexiado con funcións reitoras, de xestión e de administración do museo. A composición e rexime de funcionamento se establecerá por Orde da Consellería de Cultura e Benestar Social cando se trate de museos propios da Xunta de Galicia e no correspondente convenio nos museos concertados. Artigo 12. Á fronte de cada museo haberá un director, cuxa selección e nomeamento corresponderá á Consellería de Cultura e Bienestar Social cando se trate de museos propios. Nos museos concertados estarase ao que dispoñan os estatutos e regulamentos do museo, así como ao contido do convenio neste ponto. Artigo 13. Serán atribucións do Director entre outras, as seguintes: a) Desempeñar a Dirección e xerencia do museo e xestionar a prestación de servizos do mesmo. b) Ordenar, impulsar e encauzar os traballos de conservación, investigación e difusión do museo. c) Ostentar a autoridade do Padroado en todos os asuntos de rexime interior e a súa representación no exercicio de todas as accións externas que afecten ao Museo. d) Propor ao Padroado a incorporación de novos fondos ao museo. Incumbe ao director a responsabilidade de que o museo cumpra as finalidades descritas no artigo 2 deste Decreto. Artigo 14. Será obrigado para todos os museos, tanto propios como concertados, a confección dun inventario e/ou un catálogo no que fiquen descritas e enumeradas todas as pezas e obxectos neles depositados. Unha copia desta documentación haberá de ser remitida á Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico Artístico da Consellería de Cultura e Bienestar Social. Artigo 15. En virtude do deber de tutela sobre o patrimonio histórico-artístico que corresponde á Consellería de Cultura e Benestar Social calquer outra instalación que pretenda ostentar a condición de Museo, deberá obter a autorización da Dirección Xeral previo o informe da Xunta Superior de Museos. A Dirección Xeral do Patrimonio Histórico-Artístico poderá recabar en todos os museos radicados en Galicia, ainda que non teña rexime de concerto, a información a que se refere o artigo anterior. Artigo 16. Corresponde á Consellería de Cultura e Benestar Social, a través da Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico-Artístico, prestar a autorización previa para as saídas temporais, dentro ou fóra do territorio da Comunidade Autónoma dos fondos depositados nos museos a que se refere o presente Decreto, e en todos os demáis, excepto as que sexan de titularidade estatal. Artigo 17. Créase o Rexisto Xeral de Museos, que terá carácter público e gratuito, adscrito á Consellería de Cultura. En dito rexisto inscreberanse todos os museos radicados en Galicia con descrición das súas características e dos fondos que albergan.

DISPOSICIÓNS FINAIS Primeira. Autorizase ao Conselleiro de Cultura e Bienestar Social a ditar as disposicións regulamentarias que sexan precisas para o desenvolvimento e execución deste Decreto. Segunda. O presente Decreto entrará en vigor a partir do dia 1 de xaneiro de 1987.

DECRETO 334/1994, DO 8 DE SETEMBRO, DA CONSELLERÍA DE CULTURA, POLO QUE SE CREA O REXISTO XERAL DE INICIATIVAS CULTURAIS (DOG nº 217, do 10 de novembro) Artigo 1. Criase o Rexisto Xeral de Iniciativas Culturais, no que se inscreberán as propostas de natureza esencialmente cultural que formulen os particulares, asociacións e institucións coa finalidade de prestar apoio económico e garantir a realización de aqueles proxectos que resulten preseleccionados pola Consellería de Cultura. Artigo 2. 1. O rexisto, que responde à finalidade de alentar e formalizar a creatividade e participación social no campo cultural, será aberto e permanente. 2. Funcionará nos servizos centrais da Consellería de Cultura, no centro administrativo de San Caetano, baixo a responsabilidade da secretaría xeral. 3. As propostas poderán presentarse calquer día hábil, en horas de oficina, no propio rexisto, ou en calquera das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, e tamén a través de algunha das formas previstas no artigo 38 da Lei de rexime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común. Artigo 3. Os asentos no rexisto efectuaranse respeitando a orde temporal de recepción das propostas e constarán de un número, hora e data de entrada, nome do presentante, nome do autor da proposta, referencia sintética do contido de ésta e incidencias posteriores da mesma. Artigo 4. As propostas serán remitidas á Comisión de Programación e Coordenación de Iniciativas Culturais, creada polo Decreto 365/1993, de 17 de decembro, que emitirá informe valorativo das mesmas, no que constarán os seguintes extremos, e cantos outros xulgue oportuno elevar á Consellería: a) Importancia e interese cultural da correspondente proposta. b) Novidade ou antecedentes da mesma. c) Ambito territorial e social da proposta, e posíbel repercusión na imaxe interior e exterior de Galicia ou da súa cultura. d) Valoración económica da proposta. e) Conveniencia de asumir a proposta, con indicación do sistema más axeitado para desenvolvela, ben directamente pola Administración ou ben polos propios autores da iniciativa, con ou sen colaboración de outros axentes culturais (asociacións e institucións). Artigo 5. Mediante resolucións motivadas, e de entre as propostas formuladas pola Comisión de Programación e Coordenación de Iniciativas Culturais, o conselleiro de Cultura seleccionará as que decida desenvolver, directamente pola consellería ou por outros axentes culturais. Artigo 6. As ordes de convocatoria de subvencións e axudas que dicte a Consellería de Cultura en desenvolvimento deste decreto, respeitarán os criterios establecidos no artigo 4.º As resolucións das convocatorias darán prioridade aos proxectos previamente seleccionados conforme ao disposto no presente Decreto. Artigo 7. A falta de resolución expresa por parte da Administración producirá efeitos desestimatorios transcorridos seis meses desde a presentación no Rexistro das Propostas de Iniciativas Culturais.

DISPOSICIÓNS FINAIS. Primeira. Facúltase ao Conselleiro de Cultura para dictar as disposicións necesarias para o desenvolvimento deste Decreto. Segunda. O presente Decreto entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».