Santiago de Compostela, 17 de marzo de dous mil catorce REUNIDOS

Documentos relacionados
Santiago de Compostela, tres de xullo de dous mil trece REUNIDOS

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

En Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil dezasete

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

O CONTRATO DE TRABALLO

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Política e Obxectivos de Calidade

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

Convocatoria ordinaria de 2012

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A Formación Profesional: vías para a cualificación. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

En Santiago de Compostela, REUNIDOS

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Planificación do curso escolar

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

A continuación expóñense de forma resumida as novidades máis significativas:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

Escala técnica superior

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

FCT con Erasmus+ Curso

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

- Língua Portuguesa na Galiza

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Anexo III. Modelo de programación de proba libre de módulos profesionais

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

6.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 83 L Venres, 30 de abril de 2004 ANEXO XI

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVENIO DE COLABORACIÓN EDUCATIVA ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

I. Disposicións xerais

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

PROXECTO MOBILIDADE ERASMUS Next Station: Improving Professional Skills in Galicia NÚM. PROXECTO: ES01-KA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

BELISARIo SIXTo SAN JoSé

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

Transcrição:

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as empresas Financiera maderera S.A. e Foresa Industrias químicas del noroeste S.A para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas Santiago de Compostela, 17 de marzo de dous mil catorce REUNIDOS Dunha parte, don Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en representación desta, e de conformidade coas atribucións conferidas no artigo 34.1 da Lei do Parlamento de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. E doutra, don José Carballo García, en nome e representación das empresas Financiera maderera S.A. e Foresa Industrias químicas del noroeste S.A (en adiante FINSA/FORESA), como representante legal desta, segundo consta no poder outorgado ante a notaría de don Ildefonso Sánchez Mera, con data 30 de maio de 1989 e número de protocolo 2200. Interveñen en función dos seus respectivos cargos e en exercicio das facultades que para convir, en nome das entidades que representan, teñen conferidas, EXPOÑEN 1º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 39 que a formación profesional no sistema educativo ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida.

2º. Que a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, determina no artigo 42 bis que a formación profesional dual do sistema educativo español é o conxunto de accións e iniciativas formativas que, en corresponsabilidade coas empresas, teñen por obxeto a cualificación profesional das persoas, harmonizando os procesos de ensino e aprendizaxe entre os centros educativos e os centros de traballo. 3º. Que a Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, especifica nos artigos 6 e 11.3 que a colaboración das empresas no desenvolvemento do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional se desenvolverá, entre outros ámbitos, mediante a súa participación na formación do alumnado nos centros de traballo, favorecendo a realización de prácticas profesionais dos alumnos e das alumnas nas empresas e noutras entidades, e deberán establecerse os mecanismos axeitados para que a formación que reciba financiamento público poida ofrecerse por centros ou directamente polas empresas, mediante concertos, convenios, subvencións ou outros procedementos. 4º. Que a disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e entidades empresarias e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir s profesionais incluídos en títulos de formación profesional nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos máis actuais, así como a actualización profesional. Esta colaboración formalizarase mediante convenio. 5º. Que o Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, pretende crear as bases para a implantación progresiva da formación profesional dual en España, entendida como o conxunto de accións e iniciativas formativas que teñen por obxecto a cualificación profesional das persoas, combinando os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación, propiciando unha participación máis activa da empresa no propio proceso formativo do alumnado e, daquela, permitir que estas coñezan de xeito máis próximo a formación que reciben, cada vez máis

adaptada ás demandas dos sectores produtivos e ás necesidades específicas das empresas. Neste sentido, a empresa e o centro de formación profesional estreitan os seus vínculos, unen esforzos e favorecen unha maior inserción do alumnado no mundo laboral durante o período de formación. Así mesmo, establece que terán a consideración de formación profesional dual os proxectos desenvolvidos no ámbito do sistema educativo, coa coparticipación dos centros educativos e das empresas, cando non medie un contrato para a formación e a aprendizaxe. Estes proxectos formalizaranse a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a empresa colaboradora, e empregarase un réxime de bolsas. 6º. Que as empresas FINSA / FORESA están dispostas a participar no proxecto de implantación da formación profesional dual en Galicia, acolléndose á modalidade de formación coa participación da empresa, na que esta facilita aos centros de formación os espazos, as instalacións ou as persoas expertas para impartir total ou parcialmente determinados s profesionais ou s formativos. O alumnado non terá en ningún caso vinculación laboral coas empresas, e non pode establecerse entre este e aquelas ningunha relación contractual, nin sequera baixo as modalidades de contrato en prácticas ou para a formación, previstos nos artigos 11 e 12 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, polo que o alumnado acollido a este réxime de bolsas queda absolutamente excluído da lexislación laboral. 7º. Que o obxecto do presente convenio é establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as empresas FINSA / FORESA para a implantación dun proxecto experimental de formación profesional dual na nosa comunidade autónoma. Esta formación profesional dual combinará os procesos de ensino e aprendizaxe nas instalacións das empresas FINSA / FORESA e no CIFP Politécnico de Santiago. En consecuencia, estes organismos acordan subscribir este convenio, con base nas seguintes, CLÁUSULAS Primeira. Este proxecto de formación profesional dual ten carácter experimental e ten as seguintes características:

a. Toma como referencia os currículos oficiais implantados na comunidade autónoma de Galicia, neste caso concreto o establecido no Decreto 109/2013, do 4 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Mecatrónica Industrial. b. Terá unha duración desde 15 setembro de 2014 ata o 15 setembro de 2017. c. A formación impartirase compartidamente entre o centro educativo e as empresas, que garante a adquisición dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo de "Mecatrónica Industrial", e a obtención do título de "técnico superior en Mecatrónica Industrial". d. Ademais, atendendo ás características das empresas, incorpórase formación complementaria á establecida no currículo do ciclo formativo correspondente, para reforzar a formación do alumnado e mellorar a súa empregabilidade. Segunda. As concrecións deste proxecto experimental de formación profesional dual para o ciclo formativo de Mecatrónica Industrial (distribución da formación curricular do ciclo formativo, distribución global do proxecto, temporalización dos s profesionais e adquisición, por parte do alumnado, de cualificacións e unidades de competencia) están recollidas no anexo a este convenio. A programación de cada un dos s profesionais para cada curso académico nos que se desenvolve o proxecto, á que se refire o artigo 30 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, incorporarase como addenda a este convenio con carácter previo ao inicio do curso correspondente. Terceira. As empresas FINSA / FORESA comprométense a acoller nas súas instalacións a un mínimo de 15 alumnos para este proxecto experimental de formación profesional dual. Este alumnado deberá cumprir os requisitos de admisión establecidos na orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que autorice este proxecto experimental de formación profesional dual. As empresas FINSA / FORESA realizarán a selección do alumnado admitido a partir das solicitudes presentadas polas persoas que cumpran os requisitos de admisión. Para tal fin, as empresas poderán realizar entrevistas psicoprofesionais e probas de coñecementos, para seleccionar as persoas que mellor se axusten ao perfil do traballo que desempeñará o alumnado nas empresas durante a duración do proxecto.

Cuarta. As empresas FINSA / FORESA incluirán, para o alumnado seleccionado, un réxime de bolsas de formación profesional de estudantes de FEUGA, consonte o establecido na cláusula cuarta do protocolo de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e FEUGA. Este réxime de bolsas estará suxeito ás seguintes especificidades: a. As empresas FINSA / FORESA, en virtude deste convenio, adquiren o estatus de entidades colaboradoras do Programa de Bolsas Formación Profesional Dual (PBFPd). A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informará a FEUGA da sinatura deste convenio para desenvolver un proxecto de formación profesional dual no réxime de bolsas. b. Para a efectividade da bolsa, as empresas FINSA / FORESA doarán a FEUGA, por cada alumno ou alumna do proxecto, en períodos mensuais con carácter irrevogable, salvo polas causas legalmente previstas no artigo 648 do Código Civil, un importe mínimo que se fixará tomando como base o soldo mínimo interprofesional publicado para cada ano de duración do proxecto en proporción ao tempo de traballo efectivo do alumnado durante a súa estadía nas empresas. O importe da doazón inclúe as bolsas do alumno ou da alumna, a cotización ao réxime xeral da Seguridade Social, as retencións tributarias exixibles e os gastos de xestión de FEUGA. Os ingresos deberán facerse efectivos nun número de conta da que é titular FEUGA e do que serán informadas as empresas. c. Para os efectos do disposto na Lei 49/2002, do 23 de decembro, do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, FEUGA expediralle ás empresas FINSA / FORESA a certificación da doazón á que alude o artigo 24 da lei, no momento en que esta se fixer efectiva. d. Para a efectividade do réxime de bolsas, as empresas colaboradoras e as persoas bolseiras deberán, en todo momento, cumprir os requisitos establecidos na normativa que regula os proxectos de formación profesional dual e neste convenio. Quinta. Durante o primeiro trimestre de cada un dos cursos, o alumnado adquirirá formación no centro educativo, no horario lectivo que este estableza. Sexta. A estadía do alumnado nas empresas iniciarase, por cada ano de duración do proxecto, no mes de xaneiro, e rematará co inicio do seguinte curso. Durante este período, o alumnado deberá cumprir co horario laboral da empresa.

Sétima. O alumnado deste proxecto disporá dun mínimo de trinta días naturais de vacacións por curso. Para estes efectos computaranse, por unha parte, as vacacións escolares, establecidas para cada curso no correspondente calendario escolar, das que o alumnado se beneficie durante a súa estadía no centro educativo, e, por outra parte, os días restantes ata completar, cando menos, o mínimo establecido, que determinarán as empresas no período de estadía do alumnado na empresa. Oitava. Consonte o artigo 20 do citado Real decreto 1592/2012, do 8 de novembro, sobre as titorías vinculadas ao contrato, as empresas FINSA / FORESA nomearán unha persoa como titor ou titora do alumno ou da alumna, que será responsable do seguimento do acordo para a actividade formativa anexo ao contrato, da coordinación da actividade laboral coa actividade formativa e da comunicación co centro de formación. Ademais, deberá elaborar, ao finalizar a actividade laboral da persoa traballadora, un informe sobre o desempeño do posto de traballo. Así mesmo, o centro formativo designará un profesor ou profesora, ou formador ou formadora, como titor ou titora responsable da programación e do seguimento da formación, así como da coordinación da avaliación co profesorado e/ou os titores e as titoras que interveñen. Así mesmo, esta persoa será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento da actividade formativa e laboral establecida no contrato. Novena. Establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión, que se reunirá cando se considere oportuno por calquera das partes asinantes. Esta comisión estará constituída por: En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: - A persoa titular da subdirección xeral de formación profesional ou persoa en quen delegue. - A persoa titular da dirección do CIFP Politécnico de Santiago. - O profesor titor ou a profesora titora do centro educativo. Tres representantes das empresas FINSA / FORESA En representación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) - A persoa titular da subdirección xeral de FEUGA ou persoa en quen delegue. Un funcionario ou unha funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actuará como secretario ou secretaria.

Décima. O convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata a finalización do proxecto. Décimo primeira. Este convenio extinguirase por finalización do tempo convido e poderase rescindir por calquera das partes, mediante denuncia dalgunha delas, que se lle deberá comunicar á outra cunha antelación mínima de quince días, baseada nalgunha das seguintes causas: a. Cesamento das actividades do centro docente ou da empresa. b. Forza maior que imposibilite o desenvolvemento das actividades programadas. c. Incumprimento das cláusulas establecidas neste convenio. d. Mutuo acordo entre o centro docente e a empresa. Décimo segunda. Carácter administrativo do convenio. Este convenio de colaboración posúe carácter administrativo por razón do contido e das materias sobre as que versa, as cales, ao abeiro do disposto no artigo 4.1 e 2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público, o exclúen do seu ámbito de aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios desta para resolver as lagoas ou dúbidas que a súa aplicación suscite. Dada a natureza administrativa deste instrumento xurídico, as controversias ou cuestións litixiosas que xurdisen na súa aplicación e non puidesen ser solucionadas no seo da comisión de seguimento serán resoltas pola xurisdición contencioso-administrativa. Lido o presente convenio, atópano conforme e asínano no lugar e na data indicados. O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria O/A representante das empresas FINSA / FORESA Asdo.: Jesús Vázquez Abad Asdo.: José Carballo García

1. ANEXO 1.1 Distribución da formación curricular do ciclo formativo Duración proxecto: 3 anos (1.590 h) FCT + Proxecto 410 h CF 2000 h FCCE CF: ciclo formativo. FCT: formación en centros de traballo. FCCE: formación curricular centro/empresa. : formación en empresa. : formación en centro educativo. 545 h (34%) 1.590 h 1045 h (66%) Formación curricular FP dual Curso 14-15 Curso 15-16 Curso 16-17 TOTAL Centro educativo Formación centro educativo () (66%) 290 370 385 1045 Empresa Formación en empresa () (34%) 243 160 142 545 Total 533 530 527 1590

1.2 Distribución global do proxecto Curso 2014-2015 290 h (18%) 243 h (16%) T 777 h (50%) FCO 244 h (16%) Curso 2015-2016 370 h (23%) 160 h (10%) T 980 (60%) FCO 124 h (8%) Curso 2016-2017 385 h (23%) 142 h (9%) T 1122 h (68%) : formación en centro educativo. : formación na empresa. FCO: formación complementaria. T: traballo. FP dual Curso 14-15 Curso 15-16 Curso 16-17 Total Formación curricular Centro educativo Formación centro educativo () (18%) (23%) (23%) 290 h 370 h 385 h 1045 h Formación en empresa () (16%) (10%) (9%) 243 h 160 h 142 h 545 h Traballo/ formación en empresa (TFE) Empresa Traballo/formación complementaria (TFC) Traballo (50%) (60%) (68%) 777 h 980 h 1122 h 2879 h Formación complementaria (16%) (8%) 244 h 124 h - 358 h Total 1554 h 1634 h 1649 h 4827 h Formación curricular. Traballo/formación complementaria.

1.3 Temporalización dos s profesionais 1.3.1 Curso 2014-2015 1.3.1.1 Planificación Curso 2014-2015 Set. Out. Nov. Dec. Xan. Feb. Mar. Abr. Mai. Xuñ. Xull. Ago. Set. Formación no centro educativo () (290 h) Traballo / formación na empresa (TFE) (1264 h) 1.3.1.2 Organización dos s profesionais Período setembro - decembro Ano Código Nome Horas totais Trimestre Réx. ord. Horas período Horas semana período 1 MP0935 Sistemas mecánicos. 187 1º, 2º e 3º 75 6,3 0 1 MP0937 Sistemas eléctricos e electrónicos. 213 1º, 2º e 3º 95 7,9 0 1 MP0940 Representación gráfica de sistemas mecatrónicos. 133 1º, 2º e 3º 120 10 0 TOTAL 533 290 24,2 0 Período xaneiro - xuño Ano Código Nome Horas totais Trimestre Réx. ord. Horas período Horas semana período 1 MP0935 Sistemas mecánicos. 187 1º, 2º e 3º 0 0 112 1 MP0937 Sistemas eléctricos e electrónicos. 213 1º, 2º e 3º 0 0 118 1 MP0940 Representación gráfica de sistemas mecatrónicos. 133 1º, 2º e 3º 0 0 13 TOTAL 533 0 0 243

1.3.2 Curso 2015-2016 1.3.2.1 Planificación Curso 2015-2016 Set. Out. Nov. Dec. Xan. Feb. Mar. Abr. Mai. Xuñ. Xull. Ago. Set. Formación no centro educativo () (370 h) Traballo / formación na empresa (TFE) (1264 h) 1.3.2.2 Organización dos s profesionais Período setembro - decembro Ano Código Nome Horas totais Trimestre Réx. ord. Horas período Horas semana período 2 MP0936 Sistemas hidráulicos e pneumáticos. 105 4º e 5º 70 5,8 0 2 MP0938 Elementos de máquinas. 107 1º, 2º e 3º 107 8,9 0 2 MP0939 Procesos de fabricación. 213 1º, 2º e 3º 123 10,3 0 2 MP0942 Procesos e xestión de mantemento e calidade. 105 4º e 5º 70 5,8 0 TOTAL 530 370 30,8 0 Período xaneiro - xuño Ano Código Nome Horas totais Trimestre Réx. ord. Horas período Horas semana período 2 MP0936 Sistemas hidráulicos e pneumáticos. 105 4º e 5º 0 0 35 2 MP0938 Elementos de máquinas. 107 1º, 2º e 3º 0 0 0 2 MP0939 Procesos de fabricación. 213 1º, 2º e 3º 0 0 90 2 MP0942 Procesos e xestión de mantemento e calidade. 105 4º e 5º 0 0 35 TOTAL 530 0 0 160

1.3.3 Curso 2016-2017 1.3.3.1 Planificación Curso 2016-2017 Set. Out. Nov. Dec. Xan. Feb. Mar. Abr. Mai. Xuñ. Xull. Ago. Set. Formación no centro educativo () (385 h) Traballo / formación na empresa (TFE) (1264 h) 1.3.3.2 Organización dos s profesionais Período setembro - decembro Ano Código Nome Horas totais Trimestre Réx. ord. Horas período Horas semana período 3 MP0941 Configuración de sistemas mecatrónicos. 140 4º e 5º 140 11,7 0 3 MP0943 Integración de sistemas. 157 4º e 5º 70 5,8 0 3 MP0944 Simulación de sistemas mecatrónicos. 70 4º e 5º 70 5,8 0 3 MP0947 Empresa e iniciativa emprendedora. 53 4º e 5º 43 3,6 0 3 MP0946 Formación e orientación laboral. 107 1º, 2º e 3º 62 5,2 0 TOTAL 527 385 32,1 0 Período xaneiro - xuño Ano Código Nome Horas totais Trimestre Réx. ord. Horas período Horas semana período 3 MP0941 Configuración de sistemas mecatrónicos. 140 4º e 5º 0 0 0 3 MP0943 Integración de sistemas. 157 4º e 5º 0 0 87 3 MP0944 Simulación de sistemas mecatrónicos. 70 4º e 5º 0 0 0 3 MP0947 Empresa e iniciativa emprendedora. 53 4º e 5º 0 0 10 3 MP0946 Formación e orientación laboral. 107 1º, 2º e 3º 0 0 45 TOTAL 527 0 0 142

1.4 Adquisición, por parte do alumnado, de cualificacións e unidades de competencia 1.4.1 Curso 2015 2016 Cualificación profesional incompleta a) Deseño de produtos de fabricación mecánica, FME037_3 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro): UC0106_3: automatizar os produtos de fabricación mecánica. 1.4.2 Curso 2016 2017 Cualificacións profesionais completas Planificación, xestión e realización do mantemento e a supervisión da montaxe de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, IMA377_3 (Real decreto 182/2008, do 8 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia: UC1282_3: planificar e supervisar a instalación en planta de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas. UC1283_3: planificar o mantemento de instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas. UC1284_3: supervisar e realizar o mantemento de instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas. UC1285_3: controlar as probas e realizar a posta en marcha de instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas.