5.- Postos de venda de artigos no Mercado Medieval da Festa da Arribada:

Documentos relacionados
UBICACIÓN Nº DE POSTOS

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

V I C E P R E S I D E N C I A

Feira Franca. Bestiario

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

A N U N C I O ORDENANZA REGULADORA DO ESTACIONAMENTO DE HORARIO LIMITADO

REDE EUSUMO. información e comunicación

PREZO PÚBLICO Núm. 5 ORDENANZA REGULADORA DE PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS E INSTALACIÓNS CULTURAIS.

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

O CONTRATO DE TRABALLO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

ANEXO I. 4.-Acreditación da capacidade dos solicitantes.

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Convocatoria ordinaria de 2012

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

2.2. XORNADA LABORAL.- A xornada laboral será de 30 horas semanais, de luns a venres.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

SOLICITUDE DE USO DA SALA XIMNASIO/MUSCULACIÓN DO ESTADIO DE SAN LÁZARO Tempada 2016/2017

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

A tarifa á que se refire o artigo anterior estrutúrase nos seguintes epígrafes:

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

A empresa adxudicataria deberá desenvolver as seguintes accións:

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

BASES DO SERVIZO CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

REGULAMENTO MUNICIPAL DE VENDA AMBULANTE

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

1.- Obxecto e finalidade:

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

NADAL Obxecto

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

Apelidos:... Nome:... DNI:... Enderezo:... Localidade:...Concello:...Teléfono/s...

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

CARREIRA CALVARIO 5+5

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA DE ALCANTARILLADO

IX CARREIRA POPULAR DE CHANTADA 10 km no corazón REGULAMETO

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

ANEXO I 1º APELIDO 2º APELIDO NOME DNI/NIE ENDEREZO CÓDIGO POSTAL CENTRO ESCOLAR

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

Transcrição:

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A AUTORIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE POSTOS DE VENDA AMBULANTE NA FESTA DA ARRIBADA DA CARABELA PINTA Á BAIONA PARA O ANO 2018. PRIMEIRO: ÁMBITO DE APLICACIÓN. As presentes bases teñen por obxecto fixar os criterios que rexen a autorización e instalación dos postos temporais de venda en espazos de uso público municipais destinados a venda de produtos autorizados para a Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona e que se rexen pola lei 13/2010 de 17 de decembro, de Comercio Interior de Galicia e pola ordenanza fiscal nº 17, reguladora da taxa por ocupación de dominio público para a Festa da Arribada no concello de Baiona. Para establecer a taxa a liquidar se aplicará a ordenanza fiscal nº 17 do Concello de Baiona que especificamos no seguinte cadro: 5.- Postos de venda de artigos no Mercado Medieval da Festa da Arribada: DESCRICIÓN DOS POSTOS Nº DE POSTOS TIPO DE POSTO / PREZO TAXA UBICACIÓN (3 e 4 de marzo de 2018) Venda de artesanía: cerámica, repuxado de coiro, cestería, barro, xoguetes artesáns, marionetas, feltro, bixutería, xabóns e produtos de cosmética natural, antigallas, libros usados, elaboracións en calceta, ganchillo, lá e tela, coroas florais e abelorios, etc 70 tenderetes do Concello TENDERETE DO CONCELLO: Son os tenderetes propiedade do Concello que se asignaran por sorteo público mediante solicitude presentada por rexistro ou a través da sede electrónica dentro do prazo establecido. Estes postos non poderán alugarse nin cedelos a terceiros. Só poderán vender artesanía. Entre todas as solicitudes presentadas, sortearanse publicamente os 70 tenderetes (capacidade máxima que ten o casco antigo), así como o lugar da rúa onde se situará o mesmo. Colocaranse por todo o recinto do Real Mercado Medieval da Arribada (casco antigo), excepto a zona do Bo Xantar (Santa Liberata) destinada a comida. 1

Tamaño do tenderete: 2 x 1,5 metros lineais. Taxa: 100.- Estes postos terán unha bonificación do 75% da taxa mediante declaración xurada de que realizarán durante a venda dos seus produtos unha demostración en vivo e en directo no propio posto de venda. Venda de postos de comida salgada e doce: Pan, empanadas, empanadillas, filloas, queixos, embutidos, croquetas, tortillas, chourizos, lacón, callos, polbo, xamón asado, aceitunas, froitos secos, froita, doces caseiros, magdalenas, cañitas,rosquillas, leite frita, gofres, bica, ñoclos de Pinzón, tortas de Sarmiento, mel, chocolate, amendoados, etc. Nº Postos de Establecementos que o soliciten POSTOS DE ESTABLECEMENTOS DE BAIONA: Son aqueles postos dos establecementos: bares, tabernas, bodegas, restaurantes, e negocios de venda de produtos con sede social en Baiona e en pleno funcionamento durante os 2 últimos anos, na que os donos soliciten asentarse na vía pública, fronte a súa propiedade para atendelos eles mesmos no seu beneficio. Estes postos solo serán autorizados no caso de que a organización non necesite dito espazo e sempre que as condicións da rúa o permita. Montarán o seu propio posto con supervisión da organización en canto a metros cadrados e ubicación. Colocaranse nas fachadas dos establecementos con licenza en vigor no recinto do Real Mercado Medieval. NOTA: estes postos teñen obrigatoriamente que adquirir os vasos conmemorativos da Festa. (Ver táboa de prezos e tamaños). 2

Taxa: Mínimo 2 metros lineais: 100.- Exceso sobre 2 metros lineais, cada metro lineal ou fracción: 50.- Venda de artesanía: cerámica, repuxado de coiro, cestería, barro, xoguetes artesáns, marionetas, feltro, bixutería, xabóns e produtos de cosmética natural, antigallas, libros usados, elaboracións en calceta, ganchillo, lá e tela, coroas florais e abelorios, etc. Nº Postos de Establecementos que o soliciten POSTOS DE ESTABLECEMENTOS DE BAIONA: Son aqueles postos dos establecementos de venda de artesanía dos negocios con sede social en Baiona e en pleno funcionamento durante os 2 últimos anos, na que os donos soliciten asentarse na vía pública, fronte a súa propiedade para atendelos eles mesmos no seu beneficio. Estes postos solo serán autorizados no caso de que a organización non necesite dito espazo e sempre que as condicións da rúa o permita. Colocaranse nas fachadas dos establecementos con licenza en vigor no recinto do Real Mercado Medieval. Montarán o seu propio posto con supervisión da organización en canto a metros cadrados e ubicación. Taxa: Mínimo 2 metros lineais: 100.- Exceso sobre 2 metros lineais, cada metro lineal ou fracción: 50.- Estes postos terán unha bonificación do 75% da taxa mediante declaración xurada de que realizarán durante a venda dos seus produtos unha demostración en vivo e en directo no propio posto de venda. 3

Venda de postos de comida salgada ou doce: Pan, empanadas, empanadillas, filloas, queixos, embutidos, croquetas, tortillas, chourizos, lacón, callos, polbo, xamón asado, aceitunas, froitos secos, froita, doces caseiros, magdalenas, cañitas,rosquillas, leite frita, gofres, filloas, bica, ñoclos de Pinzón, tortas de Sarmiento, mel, chocolate, amendoados, etc. 50 Postos Propios POSTOS PROPIOS: Son aqueles postos de empresas ou autónomos que polas súas características e produtos de venda sexan autorizados pola organización da festa. Estes postos se adxudicarán tendo en conta o tamaño do posto, os metros dispoñibles na rúa, a ambientación medieval do posto, as características dos produtos á venda e a mellor circulación e seguridade das persoas dentro do recinto do Mercado Medieval. NOTA: estes postos teñen obrigatoriamente que adquirir os vasos conmemorativos da Festa. (Ver táboa de prezos e tamaños). Taxa: mínimo 2 metros lineais: 100.- Colocaranse no recinto do Real Mercado Medieval. (Marqués de Quintanar, Santa Liberata, Praza Pedro de Castro e Alameda Carabela Pinta). Exceso sobre 2 metros lineais, cada metro lineal ou fracción: 50.- Venda de artesanía: cerámica, repuxado de coiro, cestería, barro, xoguetes artesáns, marionetas, feltro, bixutería, xabóns e produtos de cosmética natural, antigallas, libros usados, elaboracións en calceta, ganchillo, lá e tela, coroas florais e abelorios, POSTOS PROPIOS: Son aqueles postos de empresas ou autónomos que polas súas características e produtos de venda sexan autorizados pola organización da festa. Estes postos se adxudicarán tendo en conta o tamaño do posto, os metros dispoñibles na rúa, a ambientación medieval do posto, as características dos produtos á venda e a mellor circulación e seguridade das persoas dentro do recinto do Mercado Medieval. 4

etc Taxa: Mínimo 2 metros lineais: 100.- Exceso sobre 2 metros lineais, cada metro lineal ou fracción: 50.- Estes postos terán unha bonificación do 75% da taxa mediante declaración xurada de que realizarán durante a venda dos seus produtos unha demostración en vivo e en directo no propio posto de venda. Venda de postos de comida doce e salgada: pan, empanadas, empanadillas, filloas, queixos, embutidos, croquetas, tortillas, chourizos, lacón, callos, polbo, xamón asado, aceitunas, froitos secos, froita, doces caseiros, magdalenas, cañitas,rosquillas, leite frita, gofres, filloas, bica, ñoclos de Pinzón, tartas de Sarmiento, mel, chocolate, almendrados, etc. 20 Postos Gremiais POSTOS GREMIAIS: Son aqueles establecidos para colectivos ou institucións con sede social en Baiona en pleno funcionamento con anterioridade á aprobación das bases da arribada. Estes postos se adxudicarán tendo en conta o tamaño do posto, os metros dispoñibles na rúa, a ambientación medieval do posto, as características dos produtos á venda e a mellor circulación e seguridade das persoas dentro do recinto do Mercado Medieval. NOTA: estes postos teñen obrigatoriamente que adquirir os vasos conmemorativos da Festa.(Ver táboas de prezos e tamaños). Entorno de Santa Liberata TAXA: exentos ata os 14 metros lineais e o exceso por cada metro lineal ou fracción: 50.- 5

SEGUNDO: EMPRAZAMENTO E AMBIENTACIÓN DO REAL MERCADO: En canto ao EMPRAZAMENTO: os postos de venda situaranse dentro do recinto do Real Mercado Medieval da Arribada que comprende as seguintes rúas e prazas do casco histórico de Baiona: Praza do Pai Fernando, Ventura Misa, Praza Pedro de Castro, Conde, Fonte de Ceta, Lorenzo de la Carrera, Praza do Concello, Xogo da Bola, O Reloxo, Diego Carmona, A Laxe, San Lorenzo, Manuel Valverde, San Xoán, Praza de Santa Liberata, Marqués de Quintanar, Alameda Carabela Pinta, paseo Ribeira e parque da Palma. Fora do recinto establecido non se permitirá o asentamento de ningún posto na rúa, nin a venta ambulante de ningún produto. A policía Local incautará toda aquela mercancía que non estea autorizada pola organización e que non este dentro do Recinto do Real Mercado Medieval. En canto a AMBIENTACIÓN: os solicitantes deberán adaptarse ao espazo asignado pola organización e deberá ter unha ambientación acorde coa festa, tanto no interior como no exterior: o mobiliario e estruturas deberán ser de madeira, arpilleira e palla. Calquera material deberá estar recuberto con tecidos rústicos (liño, tela de saco, sedas,..) Todas as persoas que estean ao fronte do posto deberán ataviarse con traxes adecuados á época e a historia na que se ambienta a festa (século XV). Todos os menús deberan ser acordes co espírito da festa, mantendo unha boa relación calidade/prezo. A listaxe de prezos deberá estar en lugar visible e o seu cartel será aportado pola organización e deberán ter follas de reclamación a disposición do público. Nos postos de comida a louza e vaixela empregada deberá ser de barro, cristal ou cartón biodegradábel e está prohibido a utilización de envases de plástico, PVC ou similares. A organización porá a disposición dos postos de comida un vaso conmemorativo co logo de festa que será requisito imprescindible adquirilos á organización. DISPENSARIO DE VASOS CONMEMORATIVOS SERIGRAFIADOS OS POSTOS GREMIAIS, OS POSTOS DE ESTABLECEMENTOS E OS POSTOS PROPIOS DE VENDA DE ALIMENTOS, obrigatoriamente deberán adquirir un mínimo de 1.000 vasos conmemorativos serigrafiados cos logos da Festa da Arribada que serán facilitados pola organización. As medidas e os prezos son: VASO CONMEMORATIVO VASO VASO GRANDE PRECIO PEQUEÑO 1.000 u. 2,70 ml 3,60 ml 60.- 9 oz 12 oz 60.- 6

TERCEIRO: DATAS, UBICACIÓN E HORARIO DE OCUPACIÓN. As datas da celebración do Real Mercado Medieval da Arribada serán o sábado 3 e o domingo 4 de marzo de 2018. O horario autorizado será o seguinte: Sábado 3 de marzo: dende as 10:00h-00:00h. Domingo 4 de marzo: dende as 10:00h-22:00h. A Concellería de Cultura no uso das facultades atribuídas nas disposicións aplicable na materia e cando concorran circunstancias de interese público debidamente motivadas que o fagan aconsellable, poderá tanto ampliar como limitar o período de ocupación indicado nas presentes bases. CUARTO: REQUISITOS DOS SOLICITANTES. Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Estar dado de alta no epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas e estar ao corrente do pago da tarifa e no caso de estar exentos, estar dados de alta no censo de obrigados tributarios. Así mesmo, deberá acreditar estar ao corrente coas obrigacións tributarias da AET e coa Facenda Pública. b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente do pago das cotizacións. c) Cumprir coas condicións e requisitos esixidos pola normativa reguladora dos produtos que sexan obxecto de venda e no seu caso estar en posesión da carta de artesán. d) Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de formación en materia de manipulación de alimentos (carné de manipulador de alimentos). e) Satisfacer as taxas e os tributos fixados na correspondente ordenanza municipal. f) Dispor dos permisos de residencia e traballo que en cada caso, foxen esixibles, si se tratase de persoas estranxeiras. g) Dispor dun Seguro de Responsabilidade Civil en vigor. QUINTO.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1.- O prazo para presentar as solicitudes de postos de venda no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada estará aberto dende o luns 15 de xaneiro ata o venres 2 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos. 2.- Todas as persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda no Real Mercado Medieval da Arribada, deberán cubrir a solicitude oficial (Anexo I) e Declaración Responsable (Anexo II) e presentalas no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica http://baiona.sedelectronica.gal/legal. 7

Tamén poderá presentarse nas formas previstas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común. No obstante, no caso de presentarse fora do Concello, o/a solicitante deberá dirixir por Fax, ao nº 986/357474 unha copia da instancia debidamente presentada con anterioridade ao remate do prazo a efectos de que poida ser incluída na relación de solicitantes. En caso contrario inadmitirase dita solicitude. A solicitude deberá acompañar a seguinte documentación: Fotocopia do DNI/NIF do solicitante ou documento acreditativo análogo expedido no Estado membro da UE ou permiso de traballo e residencia en vigor na data da solicitude. Se o solicitante actuase mediante representante, este deberá aportar copia do D.N.I. ou documentación equivalente do representante, así como a acreditación do poder de representación có que actúa. No caso de empresas ou asociacións fotocopia do CIF. Declaración responsable segundo o modelo Anexo II. Nos casos de solicitudes de postos de atraccións de feira medieval, estes deberá aportar a maiores: o Informe técnico acreditativo de que a instalación ou estrutura móbil cumpre as condicións de seguridade para o desenvolvemento da actividade consonte a normativa aplicable ou copia da documentación ITV ou documento análogo do estado de idoneidade. o Póliza de seguro de responsabilidade civil e xustificante do pago da mesma polos riscos derivados das actividades a realizar por posibles danos a terceiros e ao persoal que preste os seus servizos, así como ao público asistente no seu caso. 3.- Só admitirase unha solicitude por persoa. SEXTO: ADXUDICACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS DOS POSTOS DE VENDA. TENDERETES DO CONCELLO: De entre todas as solicitudes presentadas por rexistro, sortearanse 70 tenderetes do Concello, que é a capacidade máxima que ten o recinto do casco antigo onde se ubican estes postos. Dita adxudicación se realizará mediante sorteo público que terá lugar o sábado 10 de febreiro ás 11:00h no Salón de Plenos do Concello de Baiona. Esgotados os 70 tenderetes, continuará o sorteo a fin de elaborar unha listaxe de reservas. O solicitante ou representante non terá por que asistir obrigatoriamente ao sorteo. O resultado do sorteo coa listado provisional de admitidos publicarase na páxina web do concello debendo o suxeitos pasivos ingresar o importe da taxa dentro do prazo establecido e de conformidade co apartado sétimo das presentes bases. 8

POSTOS DE ESTABLEMENTOS, POSTOS PROPIOS E POSTOS GREMIAIS: Estes postos se adxudicarán tendo en conta o tamaño do posto, os metros dispoñibles na rúa, a ambientación medieval do posto, as características dos produtos á venda e a mellor circulación e seguridade das persoas dentro do recinto do Mercado Medieval. As adxudicacións provisionais publicaranse na páxina web do concello debendo o suxeitos pasivos ingresar o importe da taxa dentro do prazo establecido e de conformidade co apartado sétimo das presentes bases. SÉTIMO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL E PAGO DA TAXA. A relación de solicitudes admitidas provisionalmente publicarase na páxina web do Concello o luns 12 de febreiro de 2018, debendo realizar o pago da taxa correspondente dende o luns 12 ata o 16 de febreiro mediante transferencia bancaria no número de conta corrente ES23 2080 5015 6131 1002 4243 de Abanca. O xustificante bancario deberá ser enviado ao correo electrónico arribada@baiona.org dentro do prazo establecido. O solicitante que non realice o pago das taxas no prazo establecido, será rexeitado, sendo chamado, no caso dos tenderetes, o seguinte na listaxe de reservas. OCTAVO: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA. Elaborada a listaxe definitiva, a organización procederá á publicación da resolución de alcaldía que outorga as autorizacións para todos os postos de venda no Real Mercado Medieval da Arribada na páxina web do Concello a partir do 23 de febreiro de 2018. Unha vez adxudicado o tenderete, se o solicitante non o utiliza, non terá dereito a devolución da taxa. Todos os postos do Real Mercado Medieval serán numerados e plasmados nun plano que se publicará na páxina web do concello, non pudendo ser cambiados de sitio baixo ningún concepto. NOVENO: PRODUTOS AUTORIZADOS PARA A VENDA E EXHIBICIÓN: Os produtos de venda e exhibición autorizados no Real Mercado Medieval deberán ser naturais, autóctonos, feitos a man e elaborados na casa, de características artesás e ancestrais, e sempre que encaixen na seguinte clasificación e grupos: a) Alimentación: pan, empanadas, empanadillas, filloas, queixos, embutidos, croquetas, tortillas, chourizos, lacón, callos, polbo, xamón asado, aceitunas, froitos secos, froita, doces caseiros, bicas, magdalenas, cañitas,rosquillas, leite frita, gofres, filloas, ñoclos de Pinzón, tortas de Sarmiento, mel, chocolate, amendoados, etc. b) Bebidas: viño (prohíbense as mesturas que conteñan viño, como sangría ou calimocho), cervexa, auga, leite, zumes e refrescos, etc. Estas bebidas autorizaranse só nos postos de comida. 9

c) Artesanía: todos os produtos feitos a man e cunhas características determinadas onde se empreguen materiais como corda, mimbre, barro, madeira, ferro, tecidos, prata, ouro, bronce, pedra, pizarra, coiro, gomaeva, metal, etc. d) Demostración de oficios artesanais: alfareiros, ferreiros, canteiros, carpinteiros, cesteiros, telleiros, repuxado de coiro, encaixes de bolillos, calceta, orfebrería, redeiros, etc. e) Antigallas: venda de antigallas como apeiros de labranza, chaves de ferro, utensilios e pezas cunha antigüidade superiores a 50 anos. f) Animais: exhibición de aves de cetrería e animais domésticos en catividade que teñan toda a documentación e os permisos legais esixibles para a súa exhibición ao público. DÉCIMO: REQUISITOS DOS POSTOS DE VENDA: Os postos se axustarán ao disposto nas regulamentacións técnico sanitarias específicas e demais normativa reguladora aplicable en cada sector. Todos os postos deberán reunir as debidas condicións de estabilidade e seguridade sen que polas súas características ou modo de instalación poidan supor un risco para os usuarios, os viandantes e para os bens públicos ou privados. O solicitante responderá de calquera desperfecto que se orixine na zona autorizada e de calquera anomalía que se produza no exercicio da súa actividade. A persoa titular da autorización deberá ter exposta ao público e as autoridades que realicen actuacións inspectoras os seguintes documentos: -A autorización do posto de venda que lle facilitará a organización. -Follas de reclamación e unha dirección para a recepción das mesmas. -Listaxe coas mercadorías e os prezos que teñan a venda. UNDÉCIMO: CONDICIÓNS PARA A INSTALACIÓN DE POSTOS. As autorizacións concédense para os días 3 e 4 de marzo de 2018. Sobre a montaxe e desmontaxe: -Montaxe: Os postos montaranse entre as 7 e as 10 horas da maña do día 3 de marzo, salvo autorización expresa do Departamento de cultura de Baiona para efectualo na véspera pola tarde. -Desmontaxe: realizarase unha vez rematado o Mercado a partir das 22:00h do día 4 de marzo e como prazo máximo deberá estar todo recollido o martes 6 de marzo pola mañá. A limpeza do espazo ocupado, así como a recollida de residuos que se xeren como consecuencia do uso que se solicita, deberá ser asumida pola persoa titular da autorización e o lugar utilizado deberá quedar nas mesmas condicións de uso e limpeza nas que os atopou. Esta limpeza realizarase cada día ao finalizar o 10

remate da actividade autorizada. A persoa titular da autorización está obrigada a atender persoalmente o posto sen que poda cedelo ou alugalo a terceiros. A persoa titular da autorización será responsable de todos os danos e prexuízos ocasionados como consecuencia do exercicio da actividade obxecto da autorización e deberá contar cun seguro de responsabilidade civil que cubra a actividade a realizar. Non se utilizará ningún anclaxe sobre o pavimento, e no caso do uso de parrillas estes postos deberán protexer o pavimento para evitar manchalo con graxas, aceites e carbón. No se permitirá a reprodución de música nin o uso de aparellos de megafonía salvo os autorizados pola organización. Non se permitirá publicidade distinta que non sexa a oficial da Festa da Arribada en calquera medio gráfico, escrito ou dixital. As persoas adxudicatarias dos postos e as persoas que estean atendendo o posto con eles, deberán obrigatoriamente estar ataviados de época. O Concello de Baiona poderá comprobar en calquera momento o cumprimento das condicións recollidas nas presentes bases, mediante a correspondente inspección. O incumprimento de calquera das cláusulas das presentes bases implicará a retirada ou precinto do posto e a prohibición de participar nas edicións posteriores da festa, sen prexuízo da incoación do expediente sancionador que no seu caso proceda. DUODÉCIMO: NORMAS PARA O USO DE PARRILLAS: Nos postos de comidas que utilicen parrillas deberán de cumprir coas seguintes medidas de seguridade: Todos os postos de comida que teñan parrillas e pretendan facer lume deberán dispor dun extintor de 6 kg EFICACIA 21 A-113 B ou dous de 3 kilos. A delimitación do espazo do lume, a protección e os extintores deberán estar listos para a revisión antes da festa por parte dos servizos de seguridade da organización. O lume farase nun espazo acotado para tal fin, non permitindo o acceso as persoas alleas a actividade. Non se pode facer lume debaixo de toldos, instalacións eléctricas ou outros elementos susceptíbeis de arder. O zona debe estar illada con pranchas metálicas en tres das catro caras do soporte e o chan protexido para evitar queimalo ou manchalo con graxas, aceites e carbón. 11

Todo tipo de lume deberá estar apagado antes das 24 horas da noite de cada día. O incumprimento desta normativa de lumes será motivo para o precinto inmediato do espazo autorizado. TRECEAVO: MOTIVOS DE PRECINTADO E EXPULSIÓN DO MERCADO: A presentación de documentación falsa ou irregular será motivo de expulsión. As solicitudes que non veñan acompañadas por algún dos documentos esixidos ou as que non veñan asinadas polo solicitante non será admitidas. O incumprimento de calquera norma das presentes bases dará por revocada a actividade pola cal solicitou autorización. CATORCEAVO: Ordear a súa publicación na páxina web do concello de Baiona. PARA MÁIS INFORMACIÓN E DÚBIDAS DA FESTA POÑERSE EN CONTACTO CON: Páxina web do concello: www.baiona.org arribada@baiona.org Teléfono de consultas 986356282. HORARIO DE LUNS A VENRES de 17:00.19:00H 12