Normativa de xestión académica da Universidade da Coruña para o curso académico 2012/2013: MESTRADOS

Documentos relacionados
NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria ordinaria de 2012

Procedemento de Admisión

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVOCATORIA DE ADMISIÓN E MATRÍCULA NOS ESTUDOS DE DOUTORAMENTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC), CURSO 2015/2016

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Planificación do curso escolar

NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

O CONTRATO DE TRABALLO

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Política e Obxectivos de Calidade

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017

DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se convocan actividades

Proposta aprobada no Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

FCT con Erasmus+ Curso

ESTA REITORÍA RESOLVE

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2017/2018

Publicar a convocatoria de matrícula para o curso académico 2015/2016, suxeita ás seguintes normas:

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2012/2013

Acceso ao sistema universitario de Galicia PAU e Preinscrición Instrucións para os estudantes

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8431

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Modelo de regulamento dos TFG nos títulos de grao da Universidade da Coruña (aprobado polo Consello de Goberno do 22 de xullo de 2011)

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Edificio Reitoría Campus de Vigo Vigo España. Tel Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Dirixida a quen pretenda iniciar ou continuar estudos conducentes á obtención dalgunha das titulacións relacionadas no anexo IV e no anexo V.

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

REGULAMENTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA SOBRE MOBILIDADE INTERNACIONAL DE ESTUDANTES

RESOLUCIÓN REITORAL DO 27 DE ABRIL DE 2012, MEDIANTE A QUE SE APROBA O PROCEMENTO PARA A RECADACIÓN DE "IMPAGADOS" POR PREZOS PÚBLICOS DE MATRÍCULA.

I. NORMAS XERAIS 1 RÉXIMES DEMATRÍCULA CONVOCATORIA DE MATRÍCULA CURSO ACADÉMICO 2017/18

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Os horarios serán de luns a venres cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servizo.

Publicar a convocatoria de matrícula para o curso académico 2016/2017, suxeita ás seguintes normas:

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. CURSO 2015/2016

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

. u G COMISI N INTERUNIVERSl]ARIA

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

Transcrição:

Normativa de xestión académica da Universidade da Coruña para o curso académico 2012/2013: MESTRADOS Título VI. Inscrición e matrícula nas ensinanzas oficiais de mestrado ARTIGO 25. ÁMBITO DE APLICACIÓN O alumnado que desexe iniciar ou continuar os estudos que conduzan á obtención dun título oficial de mestrado da UDC. ARTIGO 26. ACCESO E ADMISIÓN 26.1. Acceso 26.1.1. Para acceder ás ensinanzas oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado. 26.1.2. Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao espazo europeo de educación superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, logo de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar as ensinanzas de mestrado. 26.2. Admisión 26.2.1. Os estudantes poderán ser admitidos nun mestrado de acordo cos requisitos específicos e os criterios de valoración de méritos que, de ser o caso, foren propios de cada título de mestrado universitario ou que establecer a Universidade da Coruña. 26.2.2. A Universidade da Coruña incluirá os procedementos e os requisitos de admisión, entre os que poderán figurar requisitos de formación previa específica nalgunhas disciplinas, no plan de estudos. 26.2.3. Estes sistemas e procedementos deberán incluír, para o caso de estudantes con necesidades educativas específicas derivadas de discapacidade, os servizos de apoio e asesoramento adecuados que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos. A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar ensinanzas de mestrado. ARTIGO 27. SOLICITUDE DE PRAZA 27.1. Os estudantes poderán presentar a súa solicitude de admisión e matrícula no curso completo ou en disciplinas, materias ou módulos específicos nas administracións dos centros responsables dos mestrados ou a través da internet. Para o curso 2012/2013 esta última modalidade só poderá empregarse no caso de Páx. 1 de 6

solicitude de admisión nun curso completo. Calquera que for a modalidade de matrícula elixida polo/a alumno/a, dará dereito a que as cualificacións obtidas consten nas actas oficiais. 27.2. Para formalizar a admisión, os estudantes cubrirán un formulario por curso completo ou ben un formulario en que soliciten a admisión nunha/s disciplinas, materia/s ou módulo/s. A matrícula por módulos, materias ou disciplinas esixe marcar aquelas en que se solicita a admisión. Nas dúas modalidades, os estudantes deberán facer chegar dentro do prazo de admisión establecido a documentación que se esixa no programa oficial de mestrado. Coa finalidade de facilitar o cálculo da media do expediente académico, as persoas solicitantes proporcionarán estes datos no formulario de admisión. A comisión de selección do mestrado correspondente calculará a media de acordo co establecido no artigo 20.2. 27.3. Terán prioridade para seren admitidos os alumnos que soliciten a matrícula por curso completo. Aqueles outros que a soliciten por módulos, materias ou disciplinas soltas poderán matricularse sempre de non se cubrir a totalidade das prazas ofrecidas para o curso completo e cando, segundo o criterio da correspondente comisión de selección do mestrado, a súa admisión non supuxer un incremento de profesorado e/ou de infraestruturas. Os alumnos matriculados en módulos, materias ou disciplinas soltos terán dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible solicitando dos Profesores-Coordinadores dos Mestrados unha dispensa académica especial que lles exima da asistencia a clase daquelas materias ou disciplinas, ou partes delas, nas que se admita esta posiblidade na respectiva guía docente, en tanto que non afecte negativamente ao proceso de avaliación do estudante, que se realizará polo sistema aprobado. A este efecto as Comisións Coordinadoras de cada Mestrado concretarán o alcance da citada dispensa nas súas respectivas titulacións. 27.4. Cando a solicitude de admisión se realice nos centros responsables dos mestrados, ao estudante entregaráselle un resgardo da súa solicitude. O coordinador do mestrado revisará e estudará a documentación coa finalidade de proceder no seo da correspondente comisión de selección á escolma dos estudantes. Os centros publicarán as listaxes de persoas admitidas, así como os prazos de admisión e matrícula que deben ter en conta. ARTIGO 28. COORDINACIÓN DOS MESTRADOS E COMISIÓN DE SELECCIÓN 28.1. Cada mestrado universitario estará coordinado por un/ha profesor/a doutor/a con dedicación a tempo completo na universidade, que o reitor nomeará tras a proposta da xunta de facultade ou escola en que se imparta o mestrado. 28.1.1. Para a selección dos estudantes, a dirección do centro nomeará unha comisión que estará presidida polo coordinador do mestrado e da cal formarán parte tres profesores con docencia nel e a persoa responsable da administración do centro, que custodiará a documentación recibida. A devandita comisión elixirá, entre os seus membros, un/ha secretario/a, que redactará as actas das reunións e que certificará os seus acordos. A composición desta comisión farase pública no taboleiro da facultade ou escola e no web destas, no caso de existir. 28.1.2. Cada comisión de selección deberá constituírse antes do inicio do proceso de admisión de alumnos. Antes da apertura deste prazo de admisión, as comisións elaborarán e publicarán, no taboleiro de anuncios e no web do centro, o baremo que Páx. 2 de 6

empregarán para valorar as solicitudes presentadas para cada mestrado. Finalizada a baremación, as comisións de selección elaborarán dúas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas en que se especificará o motivo da exclusión, de ser o caso. Unha listaxe estará referida ás solicitudes de admisión no curso completo e outra ás solicitudes de admisión por módulos ou por materias. Estableceranse en ambos os casos as correspondentes listaxes de agarda. Tras o prazo de reclamacións ás listaxes provisionais e unha vez que estas se resolvan pola comisión, o secretario desta entregará na administración do centro as listaxes definitivas, que conterán a puntuación concedida a cada solicitante. A administración do centro será a encargada de introducir os datos na aplicación informática elaborada para o proceso de admisión. As comisións de selección dos mestrados interuniversitarios seguirán os procedementos establecidos nos respectivos convenios. 28.1.3. Para acceder aos estudos de mestrado, o alumnado con títulos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES, sen homologar, que faculten no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao, tamén deberá presentar na administración do centro correspondente, xunto coa solicitude de acceso, unha solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros aos estudos oficiais españois, dirixida ao reitor, pola que aboará as taxas correspondentes en todo caso antes de formalizar a súa matrícula. Unha vez que a comisión de selección pertinente comprobe que os solicitantes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos españois de grao, e que no país expedidor do título este faculta para o acceso a estudos de posgrao, remitiralle a través da administración do centro a súa proposta ao reitor, que resolverá de acordo coa proposta realizada. 28.1.4. Todas as solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na Universidade da Coruña: a) Título que dá acceso ao mestrado b) Certificación académica Non obstante, a comisión de cada mestrado poderá requirir, de o considerar preciso, a entrega doutra documentación. A citada documentación deberá presentarse polos interesados convenientemente legalizada, ou coa Apostila da Haia (no caso de títulos obtidos en universidades pertencentes a países que subscribisen o correspondente convenio) na administración do centro en que se imparte o mestrado, en todo caso antes de formalizaren a súa matrícula. ARTIGO 29. RECLAMACIÓNS E RECURSOS 29.1. Os estudantes que non foren admitidos poderán presentar unha reclamación ante a comisión de selección correspondente, mediante unha instancia motivada dirixida a quen a presidir que entregará na administración do centro nos dous días hábiles seguintes á data de publicación das listaxes provisionais. A devandita comisión resolverá as reclamacións, e publicará no taboleiro de anuncios Páx. 3 de 6

do centro a relación definitiva de persoas admitidas. Contra esta resolución cabe interpoñer un recurso de alzada perante o reitor. ARTIGO 30. SIMULTANEIDADE 30.1. Os alumnos que desexaren simultanear estudos deste nivel no mesmo ano académico deberán facer a súa solicitude ante o/a presidente/a de cada comisión a través das administracións dos centros en que se imparten os correspondentes mestrados. Cumprirá que sinale cal é o seu título preferente de entre aqueles que pretende simultanear. As solicitudes de simultaneidade resolveraas a comisión de selección correspondente, que respectará no posible a prelación indicada polo/a estudante. Contra esta resolución cabe recurso de alzada perante o reitor. 30.2. Non poderán simultanearse dúas titulacións agás se ao rematar o proceso de admisión resultasen prazas vacantes na segunda titulación ou titulación nonpreferente. En calquera caso, a concesión da simultaneidade determinarase pola cualificación pola que se accedeu á universidade. 30.3. O alumnado que posúa a condición de solicitante de simultaneidade de estudos aprazará o pagamento do prezo da matrícula ao presentar o xustificante que acredite a solicitude da simultaneidade de estudos até que se ditar a súa resolución positiva. ARTIGO 31. PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA 31.1. O calendario de preinscrición e de matrícula, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de abril de 2011, será o que figura no Anexo I. 31.2. Publicada a relación definitiva de persoas admitidas, estas matricularanse pola internet. 31.3. As disposicións previstas no artigo 11 para as titulacións de grao, serán de aplicación subsidiaria, de ser necesaria, ás ensinanzas oficiais de mestrado. ARTIGO 32. PREZOS DE MATRÍCULA Os estudos conducentes á obtención dun título oficial de mestrado xerarán os prezos públicos que determinar a Comunidade Autónoma de Galicia. A xestión dos prezos públicos dos mestrados realizarase de acordo coas normas de aplicación que no ámbito das súas competencias poida ditar esta universidade. Estarán exentos total ou parcialmente do pagamento dos prezos públicos os alumnos que se atopen nalgunha das situacións reguladas na lexislación vixente, segundo se establece no artigo 13 destas normas. Título VII. Procedemento de matrícula e documentación para entregar ARTIGO 33. MATRÍCULA POLA INTERNET Normas xerais Os alumnos de estudos oficiais de calquera nivel da Universidade da Coruña matricularanse pola internet, agás naqueles casos que esta norma sinale de forma Páx. 4 de 6

expresa. 33.1. Procedemento Os alumnos de estudos oficiais desta universidade matricularanse a través do web da UDC, nas ligazóns habilitadas para tal efecto, seguindo as pautas que corresponderen. No caso de ser preciso, os alumnos poderán facer a súa matrícula pola internet nos distintos centros da universidade, e para estes efectos terán á súa disposición o equipamento informático necesario e poderán solicitar a información precisa. De optaren por realizar a súa matrícula de forma presencial a través da administración deses centros, aboarán a taxa correspondente por esa xestión. Despois de confirmar a súa matrícula, os alumnos que efectúen o pagamento da matrícula en efectivo imprimirán unha copia para entregar na entidade financeira en que realice o pagamento da súa matrícula. 33.2. Documentación Deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación: a) A solicitude de bolsa debidamente cuberta, se for o caso. b) O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula, se for o caso. De non se entregar esta documentación no prazo sinalado, entenderase que o/a alumno/a desiste da súa solicitude de matrícula e esta arquivarase de acordo co disposto no apartado b) do artigo 13.3 desta Normativa. ARTIGO 34. EFECTOS DA MATRÍCULA A matrícula realizada de acordo coas normas apuntadas supón: a) O dereito e o deber de asistencia ás clases teóricas e ás prácticas das materias en que así se establecese, así como a realización dos traballos complementarios adecuados e precisos para a avaliación da materia segundo a súa guía docente. Quedan exceptuadas destas obrigas de asistencia as materias de cursos extinguidos, así como tamén as optativas que se ofrecesen no curso anterior, de que estivesen matriculados os alumnos e non superasen, e que non se impartan no curso 2012/2013; a matrícula nestas materias é, xa que logo, sen dereito a docencia. b) O dereito a ser cualificado nas convocatorias que regulamentariamente se efectuaren durante o curso académico, sen prexuízo das incompatibilidades académicas derivadas dos programas de estudos. ARTIGO 35. SEGUROS Será obrigatorio o pagamento do seguro escolar para os alumnos españois, para os alumnos nacionais dos estados membros do EEES e para o resto dos estudantes estranxeiros residentes que formalicen a súa matrícula en estudos oficiais e sexan menores de 28 anos. Para os alumnos maiores de 28 anos a UDC ten subscrita unha póliza de seguro que Páx. 5 de 6

garante a cobertura duns mínimos. Con todo, ofreceráselles a formalización dunha ampliación do seguro que cubra idénticos riscos ou similares aos do seguro escolar a todos aqueles estudantes que queden fóra do ámbito de aplicación deste. ARTIGO 36. EXECUCIÓN DESTA NORMATIVA A programación e o desenvolvemento normal das actividades docentes, así como o cumprimento dos prazos que se indican, vinculan do mesmo xeito tanto o alumnado destinatario como a propia universidade a través de todos os seus órganos, polo que se solicita o cumprimento rigoroso de todas as prescricións contidas nesta normativa. ARTIGO 37. RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS E DOS RECURSOS As resolucións reitorais que atendan as reclamacións ou os recursos interpostos polo alumnado desta universidade, en materias que se formulen sobre a matrícula do curso académico 2012/2013, ditaranse ao abeiro do contido nesta resolución, sen prexuízo das disposicións legais e regulamentarias que foren de aplicación en cada caso. ARTIGO 38. DESENVOLVEMENTO DA NORMATIVA Ao abeiro do disposto no artigo 5 da Resolución do 16 de xaneiro de 2012, pola que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais da UDC e as competencias dos seus órganos directivos, facúltase ao Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías para ditar as resolucións e as instrucións precisas que aclararen, interpretaren ou desenvolveren esta normativa académica, á que se lle dará a publicidade necesaria nos taboleiros de anuncios dos centros universitarios, no web da Universidade da Coruña e naqueles outros lugares ou medios que se consideren pertinentes. Páx. 6 de 6