29-30 de novembro Campus de Elviña DOSSIER. Boletín Final

Documentos relacionados
X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

BRAGA 2016 XXX JOGOS GALAICO DURIENSES DOSSIER

Dossier. XXVII Jogos Galaico Durienses. Concelho de Tomiño e Vila Nova de Cerveira 2013

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO DE INVERNO OPEN

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

CTO. GALEGO DE NATACIÓN INFANTIL, JUNIOR E ABSOLUTO DE VERAN

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

BRAGA Novembro Universidade do Minho. facebook.com/galaicodurienses XXXII JOGOS GALAICO DURIENSES. España - Portugal

O BARCO DE VALDEORRAS

Art.2. O circuíto constará de 10 km. Nesta 5ª edición a saída será de TUI pasando pola PONTE

REDE EUSUMO. información e comunicación

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO OPEN, JÚNIOR E INFANTIL DE VERÁN

VII Eurocidade

Desde o día que cumpran 50 anos en adiante

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO OPEN E JÚNIOR DE VERÁN

CARREIRA CALVARIO 5+5

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

V TRAIL DE VILATUXE 2017

Art.6.- Poderán participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade e de acordo cas normas RFEA e/ou IAAF.

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA - SERIES MUNICIPAIS

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

BRAGA 2016 XXX JOGOS GALAICO DURIENSES DOSSIER

IX CARREIRA POPULAR DE CHANTADA 10 km no corazón REGULAMETO

BENQUERENCIA TERRA - MAR

INSCRICIÓNS: 150 prazas en cada modalidade

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

III Eurocidade

XXXI CAMPIONATO DE GALICIA DE VETERÁNS DE CAMPO A TRAVÉS A Rúa, 15 de Xaneiro do 2017

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de setembro as 10:00. Piscina Carballo Calero e Praia de Razo. Carballo.

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

CONDICIÓNS PARA ACOLLERSE AOS SERVIZOS OFERTADOS POLA FGA.

PIALE Integración en lingua portuguesa

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

O CONTRATO DE TRABALLO

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

AREEIRAS DA LIMIA PROBA DA LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN EN BICICLETA DE MONTAÑA 17 DE XUÑO 2018 ORGANIZACIÓN DATOS DO MAPA E TERREO

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

XVI PADRÓN 10K REGULAMENTO

V I C E P R E S I D E N C I A

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS TEMPORADA 2016/2017

OFICINA DE CURSOS ABRIL 2015

NORMATIVA LIGA LOCAL DE TENIS DE SOUTOMAIOR.

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

LICENZAS Prezos aprobados na Asemblea Xeral da F.G.E. de 24 de setembro de 2011 Resumo de prezos Versión do documento: 19 de Xanerio de 2012

Federación Galega Piragüismo

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

VIII TORNEO INTERNACIONAL CONCELLO DE RIANXO FESTIVAL ABERTO DE XADREZ Rianxo, 27 de agosto de 2016

POIO. Directorio. Concello de Poio Praza do Mosteiro, Poio, Pontevedra

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

Convocatoria ordinaria de 2012

IX OLIMPÍADA GALEGA DE ECONOMÍA Bases

clases sen fume CUESTIONARIO ESCOLARES

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

Plan de Evacuación. CIFP Carlos Oroza. Curso 2017/18

ÁREA DE BENESTAR, SAÚDE E DEPORTE: PREZOS PÚBLICOS 2017/2018

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

PROXECTO MOBILIDADE ERASMUS Next Station: Improving Professional Skills in Galicia NÚM. PROXECTO: ES01-KA

Recoñecida entidade de utilidade pública, Lei 71 de 2012 Xeral do Deporte de Galicia COMITÉ GALEGO DE XUÍCES CIRCULAR Nº 10/2016

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

Política e Obxectivos de Calidade

REGULAMENTO XVIICARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN SÁBADO 15 DE SETEMBRO 2018

Transcrição:

29-30 de novembro Campus de Elviña DOSSIER Boletín Final

INTRODUCCIÓN Os Xogos Deportivos Universitarios Galaico - Durienses son organizados dende 1993 en diferentes localidades da Eurorrexión Galiza - Norte de Portugal. Disputados polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Porto, abranguen competicións mixtas de diferentes deportes. Con case 30 anos de experiencia, teñen mobilizado a máis de 8.000 estudantes, e teñen dado lugar á "Declaración de Vila Nova de Cerveira/Tomiño. Deporte Universitario na Eurorrexión. Orientacións e principais desafíos en torno da Estratexia Europa 2020", asinada polas seis Universidade participantes. Estes xogos concíbense coma unha sorte de vehículo que permite o coñecemento mutuo, a convivencia e o traballo colaborativo entre as Universidades e organismos públicos integrantes da Eurorrexión. Ao tempo que son o aliciente para que as equipas universitarias adestren con intensidade e adicación ao longo do ano para tentar mellorar as posicións de edicións anteriores, co espírito de entrega e superación que caracteriza a estas competicións. Tralo éxito de organización e convocatoria da pasada edición dos xogos, organizada pola Universidade de Minho e celebrada na cidade de Braga, este ano colle a remuda a Universidade da Coruña, Campus de Elviña, que acollerá a celebración da XXXI edición dos Xogos Galaico- Durienses os días 29 e 30 de novembro do 2017. Historia dos Xogos Galaico-Durienses A principios dos anos 90, a Universidade do Porto e a Universidade de Vigo, a través dos Profesores José Pedro Sarmento e Patrício Sanches Bello, inician unha de contactos e reunións co obxectivo de promover encontros deportivos regulares entre as Universidades do Norte de Portugal e de Galicia. En 1991 comezan a realizarse algúns eventos deportivos de carácter competitivo e recreativo entre estas dúas universidades, aos que se irían integrando as Universidades do Minho, Trás-os- Montes e Alto Douro, Santiago de Compostela e Vigo. En 1992, na Pousada de Valença, convocase primeira reunión formal entre os responsables deportivos das seis universidades para formalizar a realización dun evento deportivo regular entre as seis institucións, o que foi bautizados como Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses. Estes Xogos foron creados cos os seguintes obxectivos: - Crear un evento regular e de mobilidade transfronteiriza entre as seis universidades do Norte Portugal e de Galicia no ámbito do deporte. - Aumentar a oferta deportiva de eventos internacionais para as universidades envolvidas. - Mellorar o coñecemento sobre a organización deportiva das universidades participantes e intercambiar boas prácticas e experiencias. - Dar unha experiencia internacional aos estudantes, docentes e persoal de administración e servizos das Universidades no ámbito deportivo, social e de promoción do deporte e da amizade entre os participantes. Os Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses tiveron a súa primeira edición en novembro de 1993 e, dende entón, foron organizadas 30 edicións, nas diferentes universidades que os acollen. En 1993 e 1994 realizouse unha edición en cada ano, tendo os Xogos unha duración de 2 días. A partir de 1995 e ata 2001 os Xogos pasarán a ter dúas edicións anuais nos meses de marzo e novembro. 1

Xa polo ano 2002, os responsables das universidades deciden reducir as edicións a unha anual, aumentando o número de días de 2 a 3. En 2010 os Xogos sufriron a primeira interrupción da súa historia e non se convocaron, como estaba inicialmente previsto, na UTAD, dado que nesas datas coincidiron cunha convocatoria de folga xeral en Portugal. Entre 2011 e 2013 as seis universidades deciden iniciar un novo ciclo, relanzando estes Xogos nun local fora das súas sedes, nas cidades de Valença e Tui, Melgaço, e, Tomiño e Vila Nova de Cerveira, cun programa reducido a dúas/tres modalidades deportivas, pero mantendo o carácter das últimas edicións nas que as competicións se disputan no sentido de manter a equidade entre xéneros. Os Xogos Galaico Durienses e as súas particularidades Este evento multideportivo, ademais da súa antigüidade, é exemplo de cooperación transfronteiriza e de creador de lazos e relacións institucionais verdadeiramente exemplares, ten dende o seu inicio, algunhas particulares no ámbito da súa organización como son: - Participan 6 universidades, 3 de Galicia, 3 do norte de Portugal. - Cada edición está aberta á participación de estudantes, profesores e persoal de administración e servizos. - O evento, ata 2009, era organizado de forma rotativa entre as tres universidades do Norte de Portugal e a tres universidades de Galicia, alternando obrigatoriamente de país en cada ano. - Todos os anos realizase unha xuntanza entre as seis institucións, onde a universidade que acolle o evento propón o programa deportivo coa aprobación das restantes participantes. - As modalidades organizadas nestes Xogos van dende os tradicionais deportes de equipo (baloncesto, balonmán, fútbol, rugbi,...), deportes individuais (atletismo, bádminton, canoas, escalada, judo, tenis de mesa, xadrez,...), e realizándose puntualmente actividades relacionadas cos Xogos Populares, Deporte Adaptado, concursos de forza (Supino) ou demostracións de modalidades pouco practicadas (bolos, Kayak Polo, ou Court Soccer). -A composición das delegacións e dos deportes de competición teñen en conta a equidade entre xéneros, cada delegación esta composta por homes e mulleres en igualdade de número de compoñentes. Dende 2007 as competicións deportivas son sempre disputadas por equipos mixtos. - No pasado, cada delegación apenas se responsabilizaba polo pagamento do seu transporte e aloxamento, sendo a universidade anfitrioa a que se encargaba de toda a organización, incluída a responsabilidade do pagamento das reservas de instalacións, manutención, arbitraxes, promoción, etc.). É dende 2011, cando as universidades deciden compartir todos estes gastos xerados pola organización da competición. Os Xogos Deportivos Galaico Durienses, dende o seu inicio, xa reuniron a preto de 8500 participantes) nunha actividade regular que expresa de forma inequívoca os lazos de cooperación e convivencia entre as Universidades do Porto, Minho, Trás-os-Montes e Alto 2

Douro, Vigo, Santiago de Compostela e Coruña. Mais a cooperación entre as seis universidades a nivel deportivo non se esgota nestes Xogos, e ao longo dos últimos 24 anos fóronse realizando varios acontecementos deportivos en variadísimas modalidades en épocas e datas especiais para estas institucións. Outros proxectos vanse desenvolvendo e reforzado unha cooperación exemplar no Norte de Portugal e Galicia, servindo de exemplo mais recente a realización, nos anos 2010 e 2011 en Tui, do I Trofeo Inter-rexional de Barcos Dragón e a I Regata de Canoas en K4. INFORMACIÓN XERAL SECRETARÍA DE ORGANIZACIÓN Universidade da Coruña Área de Deportes Pavillón de Deportes de Elviña Campus de Elviña s/n 15071 A Coruña +34 881011904 infodeportes@udc.es DATAS DE CELEBRACIÓN 29 e 30 de novembro 2017 MODALIDADES: As modalidades que integran o programa da 31 edición dos XGD son: - Fútbol 7 mixto - Baloncesto mixto - Pádel mixto Modalidades de ámbito social fora de competición: - Orientación urbana 3

COMITÉ ORGANIZADOR O Comité Organizador (CO) estará composto por un membro de cada universidade, un representante da Fundación CEER e un representante da Agrupación Europea de Cooperación Territorio Galicia Norte de Portugal. Eva Domínguez Secretaria Xeral dos XDG 2017 Universidade da Coruña eva.dominguez@udc.es Fernando Parente Universidade do Minho parente@sas.uminho.pt Miguel Magán Universidade de Santiago de Compostela miguel.magan@si.usc.es João Ribeiro Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro joaoribeiro@utad.pt Javier Rial Universidade de Vigo rial@uvigo.es María Rodríguez Fundação CEER santiagotec@fceer.org Bruno Almeida Universidade do Porto bruno.almeida@cdup.up.pt Borja Navarro AECT Galiza Norte de Portugal gnpaect@gnpaect.eu Jorge Rivas Universidade da Coruña jrivas@udc.es 4

DELEGACIÓNS Comporanse de: - 44 persoas por cada delegación ( 40 deportistas, 2 entrenadores/as ou delegados/as, 1 Xefe de delegación e 1 chofer) MODALIDADES DEPORTISTAS Masc Fem. Entr./Del. TOTAL FÚTBOL 7 10 10 1 21 BALONCESTO 8 8 1 17 PÁDEL 2 2-4 ORIENTACIÓN JEFE DE EXP. 1 CHOFER 1 TOTAL DELEGACIÓN 44 INSTALACIÓNS DEPORTIVAS Os XGD A Coruña 2017 desenvolveranse nas seguintes instalacións da Universidade da Coruña no campus de Elviña - PAVILLÓN DE DEPORTES ou Pavillón Municipal de Deportes (Baloncesto, pavimento sintético) - CAMPO VÍCTOR FERNÁNDEZ ALONSO (Fútbol 7, herba artificial) - PISTAS PADEL UDC (Pádel) C o o r coordenadas GPS: 43 20' 6.1434'' N 8 24' 52.4154'' W 5

ALOXAMENTO As delegacións quedarán aloxadas entre o Hotel Hesperia Coruña, o Hotel Zenit, e Hotel NH Atlántico ambos situados no centro da cidade, preto de María Pita onde se realizará a proba de Orientación Urbana. https://goo.gl/maps/kfbatxsj7ky https://goo.gl/maps/bf2gcfqm3uj2 6

https://goo.gl/re1kg6 DISTRIBUCIÓN DAS DELEGACIÓNS POR HOTEIS Hotel Zenit Hotel Hesperia Hotel NH Atlántico UMinho UPorto UTAD UVigo USC 7

COMEDORES As comidas durante o campionato terán lugar nos seguintes comedores universitarios do campus de Elviña (os dous situados xusto diante do Estadio Universitario) - Facultade de CC. da Educación - Facultade de Dereito ACREDITACIÓN Todas as universidades deberán de enviar as fichas de inscrición das diferentes modalidades antes das 14 horas do mércores 22 de novembro aos correos electrónicos eva.dominguez@udc.es ou infodeportes@udc.es Os equipos deberán acreditarse ante o árbitro no momento inmediatamente anterior á celebración do partido. Para iso presentarán o DNI, o pasaporte ou o carné de conducir. A folla de Inscrición do equipo, estará en poder dos árbitros de cada unha das modalidades, xa que unha vez enviada por correo electrónico, a Universidade da Coruña fará entrega desta inscrición aos árbitros. Os delegados dos equipos poderán solicitar revisión de fichas e o árbitro deberá dar cumprimento a tal solicitude, ben antes de comezar o partido ou ben durante o primeiro descanso do mesmo. Os xogadores que non estivesen presentes ao remate do primeiro descanso xa non poderán participar no partido. Calquera negativa por parte dalgún dos dous equipos a someterse á revisión deberá ser reflectida na acta. Esta negativa será considerada como aliñación indebida. É obrigatoria a sinatura dos delegados nas actas dos partidos 8

SISTEMA DE COMPETICIÓN As seis universidades participantes formarán dous (2) grupos de tres (3) equipos cada un, da seguinte maneira: BALONCESTO Grupo A Grupo B Universidade Tras os Montes Alto Douro (UTAD) Universidade do Porto (UPorto) Universidade de Minho (UMinho) Universidade de Vigo (UVI) Universidade da Coruña (UDC) Universidade de Santiago de Compostela (USC) FUTBOL 7 Grupo A Grupo B Universidade do Porto (UPorto) Universidade da Coruña (UDC) Universidade de Minho (UMinho) Universidade de Vigo (UVI) Universidade de Santiago de Compostela (USC) Universidade Tras os Montes Alto Douro (UTAD) PADEL Grupo A Grupo B Universidade de Santiago de Compostela (USC) Universidade de Vigo (UVI) Universidade do Porto (UPorto) Universidade da Coruña (UDC) Universidade Tras os Montes Alto Douro (UTAD) Universidade de Minho (UMinho) Fase de grupos (mércores 29 de novembro): O sistema de enfrontamentos será co formato de liga entre os equipos de cada grupo a unha única volta. Fase final (xoves 30 de novembro): 5º-6º posto: o xogarán os terceiros clasificados de cada grupo 3º-4º posto: o xogarán os segundos clasificados de cada grupo 1º-2º posto: o xogarán os primeiros clasificados de cada grupo O sistema de puntuación clasificará cada universidade que participa nunha modalidade integrada no programa dos Xogos nunha posición do 1º ao 6º lugar. Estas posicións en cada modalidade contarán para a clasificación xeral por Universidades. Cada modalidade puntuará para a clasificación xeral da seguinte forma: 1º Lugar 6 puntos 2º Lugar 5 puntos 3º Lugar 4 puntos 4º Lugar 3 puntos 5º Lugar 2 puntos 6º Lugar 1 punto 9

ASISTENCIA SANITARIA Cada universidade será responsable de que todos os participantes que a representen nos Xogos Galaico Durienses 2017 conten coa cobertura dos riscos derivados da práctica deportiva nestes campionatos, debendo presentar durante o período de acreditación un certificado oficial da universidade acreditando a cobertura dos seus participantes. Os coidados de atención primaria durante a competición estarán xestionados pola Universidade da Coruña. As instalacións constaran con ambulancia no horario correspondente as competicións. Mércores 29 de novembro 9:30 h. Chegada das delegacións e acreditación 10:30 h. Inicio das competicións, fase de grupos 12:00 h. Recepción na Alcaldía aos responsables das Universidades 14:00 a 16:00 h. Xantar nos comedores universitarios 17:00 h. Orientación urbana 19:00 h. Remate do primeiro día de competicións 20:30 h. Cea das delegacións PROGRAMA XERAL Xoves 30 de novembro 10:00 h. Comezo da fase final da competición 13:30 h. Remate das competicións 14:00 h. Clausura e entrega de trofeos 14:30 h. Xantar 10

REGULAMENTOS TÉCNICOS FÚTBOL 7 1.Participantes Cada universidade deberá presentar un equipo constituído por un máximo de vinte (20) deportistas, dos cales serán dez (10) masc. e dez (10) fem. e un adestrador/a ou delegado/a. 2. Instalación Campo Víctor Fernández Alonso (herba artificial). 3. Formación de equipos e duración dos partidos - Os 1º e 3º períodos: xogaranse entre os homes. - Os 2º e 4º períodos: xogaranse entre as mulleres. A duración de cada partido, será de 60 minutos distribuídos en catro (4) tempos de 15 minutos. Haberá descanso de 5 minutos. Cando remate o partido, e independentemente do resultado acadado, os xogadores (irán alternándose home e muller) tirarán unha rolda de 3 penaltis para evitar posibles empates na clasificación final. Se persiste o empate seguiranse lanzando polo sistema de morte súpeta. 4. Regulamento xeral A competición rexerase segundo as Regras de Fútbol 7 da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) 5. Modelo da competición 5.1 Puntuación 3 puntos por partido ganado. 2 puntos por partido empatado. 1 punto por partido perdido. 0 puntos por partido no presentado. 5.2 Desempates En caso de empate en número de puntos na clasificación da 1ª fase (grupos), serán utilizados para o desempate, na orde abaixo indicada, os seguintes criterios: - Mellor coeficiente de goles marcados e recibidos. - Equipo con maior número de goles marcados. -Equipo con menor número de goles marcados. - Sorteo. 11

6. Equipaxe de xogo Os xogadores dos equipos participantes no campionato estarán obrigados a saír ó terreo de xogo debidamente uniformados cos colores distintivos da súa Universidade e ostentando na súa equipación de forma regulamentaria o número correspondente. Os equipos participantes deberán acudir provistos de dous xogos de camisetas, un en ton claro e outro en ton escuro, para utilizalo no caso de coincidir ambos equipos con colores similares. No caso de coincidencia, o equipo indicado no calendario en primeiro lugar deberá de cambiar o seu equipaxe. 7. Clasificación e puntuación final Nos Galaico-Durienses os puntos son atribuídos do seguinte modo: 1º clasificado: 6 puntos 2º clasificado: 5 puntos 3º clasificado: 4 puntos 4º clasificado: 3 puntos 5º clasificado: 2 puntos 6º clasificado: 1 punto 8. Varios Todos os aspectos non previstos neste regulamento serán decididos polo Comité Organizador dos XGD 2017. BALONCESTO 1. Participantes Cada universidade deberá presentar un equipo constituído por un máximo de dezaseis (16) deportistas, dos cales serán oito (8) masc. e oito (8) fem. e un adestrador/a ou delegado/a. 2. Instalación Pavillón de Deportes UDC, campus de Elviña (pavimento sintético) 3. Formación de equipos e duración dos partidos. - Os 1º e 3º períodos: xogaranse entre os homes. - Os 2º e 4º períodos: xogaranse entre as mulleres. A duración de cada partido, será de 40 minutos distribuídos en catro (4) tempos de 10 minutos. Haberá descanso de 5 minutos. - Os 1º e 2º períodos terán unha duración de 10 minutos, xogados a tempo corrido. 12

- Os 3º e 4º períodos terán unha duración de 8 minutos a tempo corrido e os 2 últimos minutos serán a reloxo parado. - Durante os tiros libres o reloxo permanecerá parado - Cada equipo poderá solicitar un tempo morto por período. Neste tempo o reloxo permanecerá parado. - Tempos de descaso - Entre o 1º e o 2º períodos, repouso de 1 minuto. - Entre o 2º e o 3º períodos, repouso de 3 minutos. - Entre o 3º e o 4º períodos, repouso de 1 minutos. 4. Regulamento xeral A competición xogarase segundo o disposto no regulamento oficial da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). 5. Modelo da competición Puntuación: - Victoria: 2 puntos - Derrota: 1 punto - Falta de asistencia: 0 puntos Desempates No caso de empate ao final do tempo regulamentado, xogaranse prorrogas de 5 min. da seguinte forma (3 minutos tempo corrido + 2 minutos a tempo de xogo) ata atopar un vencedor. No caso de empate en número de puntos na clasificación da fase de grupos, serán utilizados para desempate, e no seguinte orde, os seguintes criterios: - Mellor basket average (diferenza entre puntos anotados e puntos encaixados) - O equipo con maior número de puntos anotados. - O equipo con menor puntos encaixados. - Sorteo. 13

6. Equipaxe de xogo Os xogadores dos equipos participantes no campionato estarán obrigados a saír ao terreo de xogo debidamente uniformados cos colores distintivos da súa Universidade e ostentando na súa equipación de forma regulamentaria o número correspondente. Os equipos participantes deberán acudir provistos de dous xogos de camisetas, un en ton claro e outro en ton escuro, para utilizalo no caso de coincidir ambos equipos con colores similares. No caso de coincidencia, o equipo indicado no calendario en primeiro lugar deberá de cambiar o seu equipaxe. 7. Clasificación e puntuación final Nos Galaico-Durienses os puntos son atribuídos do seguinte modo: 1º clasificado: 6 puntos 2º clasificado: 5 puntos 3º clasificado: 4 puntos 4º clasificado: 3 puntos 5º clasificado: 2 puntos 6º clasificado: 1 punto 8. Varios Todos os aspectos no previstos neste regulamento serán decididos polo Comité Organizador dos XGD 2017. 14

PÁDEL 1. Participantes Cada universidade deberá presentar un equipo constituído por un máximo de catro (4) deportistas, dos cales serán dous (2) masc. e dous (2) fem. 2. Instalación Pistas de pádel do campus da Zapateira. 3. Formación de equipos e duración dos partidos. - Os partidos se xogarán ao mellor de cinco sets. - Alternaranse homes/mulleres nos sets iniciando o primeiro partido homes no primeiro set, no segundo partido inician mulleres. - A duración de cada partido, será de máx. 1,30 horas. Non haberá descanso entre sets. 4. Regulamento xeral A competición xogarase segundo o disposto no regulamento oficial da Federación Internacional de Pádel (FIP). 5. Modelo da competición Puntuación: - Victoria: 2 puntos - Derrota: 1 punto - Falta de asistencia: 0 puntos - Desempates Criterios de desempate na clasificación: Entre dúas parellas: 1.º Número de sets en enfrontamento particular (cara a cara).. 2.º Equipo sen sancións 3.º Menor número de xogos recibidos en todos os enfrontamentos. 4.º Maior diferenza de xogos en todos os enfrontamentos. 5.º Maior número de xogos marcados en todos os enfrontamentos. 6.º Sorteo. 15

Entre máis de dúas parellas: 1.º Maior diferenza de xogos en todos os enfrontamentos entre os equipos empatados a puntos. 2.º Equipo sen sancións. 3.º Maior número de xogos en todos os enfrontamentos entre as parellas empatadas a puntos. 4.º Sorteo. 6. Equipaxe de xogo Os xogadores dos equipos participantes no campionato estarán obrigados a saír ao terreo de xogo debidamente uniformados cos colores distintivos da súa Universidade. 7. Clasificación e puntuación final Nos Galaico-Durienses os puntos son atribuídos do seguinte modo: 1º clasificado: 6 puntos 2º clasificado: 5 puntos 3º clasificado: 4 puntos 4º clasificado: 3 puntos 5º clasificado: 2 puntos 6º clasificado: 1 punto 8. Varios Todos os aspectos no previstos neste regulamento serán decididos polo Comité Organizador dos XGD 2017. 16

ORIENTACIÓN URBANA 1. Participantes Faranse equipos de seis participantes que pertencerán a cada una das universidades participantes, é dicir, 1 participante de UTAD, UMinho, UPorto, USC, UVigo e UDC. Haberá un máximo de 40 equipos. 2. Acreditación Praza de María Pita 3. Formación de equipos e duración da proba. - Os equipos serán formados pola Universidade organizadora, dándose a coñecer no lugar de competición (Praza de María Pita), ás 16.30horas. - Cada un dos integrantes do equipo portará un dorsal en lugar visible, co número do equipo ao que pertence.. A duración da proba será apropiadamente de 1 hora. 4. Regulamento xeral - Na saída entregarase o mapa de orientación, e xunto con el, un test cultural/recreativo/social/turístico/deportivo de respostas múltiples (en diante, TEST), sendo responsabilidade de cada equipo comprobar que están en perfectas condicións. - A saída será a intervalos de 1 minuto, a partir das 17.00 horas, en que tomará a saída o primeiro equipo, sendo o tempo de saída preasignado pola organización. - A hora de saída asignada será válida, aínda que o equipo a tome con retraso. - Fíxase un tempo máximo de 1 hora para todos os equipos. Transcorrido ese tempo, o equipo, o equipo quedará descualificado, debendo regresar inmediatamente á meta. - O percorrido será realizado obrigatoriamente na orde indicada, tendo en conta que os integrantes do equipo teñen que permanecer sempre xuntos. - Cada equipo portará unha tarxeta electrónica, que proporcionará a organización, para o control dos tempos. - En cada punto de control, cada equipo terá que contestar unha pregunta do TEST, anotando a resposta correcta no mesmo. - O TEST deberá entregarse aos xuíces da proba na meta, xunto coa tarxeta electrónica. - Está prohibido pisar as zonas axardinadas da cidade, así como as zonas marcadas como prohibidas. - Se un participante non está en condicións de continuar, terá que abandonar a competición todo o equipo, que deberá dirixirse de inmediato á meta para rexistrar a súa chegada. 17

- Serán descualificados os equipos que cometan irregularidades antes, durante ou despois da proba. 5. Percorrido 6. Modelo da competición Haberá un único percorrido, de distancia media, para todos os participantes. Carreira de orientación a pé, por equipos diúrna e lineal, de distancia media, con saída por equipos. 7. Equipación Todos os participantes deberán de levar posto a camiseta da Área de Deportes que se lles regalará o primeiro día da competición. 8. Clasificación e puntuación final - Existirá unha única clasificación na que se integrarán todos os equipos participantes. - Aparecerá na primeira posición o equipo que acade un maior número de respostas acertadas no TEST, ordenándose os demais equipos, a continuación, segundo o número de respostas acertadas. - En caso de empate, decidirá o tempo invertido en completar o percorrido na súa orde, 9. Mapa e terreo Cidade Vella e Parrote 10. Normas de prevención de riscos e seguridade - Os orientadores participan na proba baixo a súa propia responsabilidade, asumindo os riscos inherentes ás carreiras de orientación a pe. - Lémbrase especialmente que os corredores deben respectar en todo momento as normas de circulación relativas os peóns, debendo transitar obrigatoriamente polas beirarrúas e cruzar as estradas polos pasos de peóns. - Efectuada a avaliación dos riscos específicos para esta proba, infórmase especialmente sobre o seguinte: ATENCIÓN: ZONAS URBANIZADAS CON ESTRADAS! A carreira realizarase na cidade de A Coruña. Os participantes deben atender e respectar o paso dos posibles vehículos en todo momento, transitar sempre polas beirarrúas e cruzar polos pasos de peóns. ATENCIÓN: ZONAS CULTIVADAS! Aparecen perfectamente identificadas no mapa coa simboloxía correspondente, quedando prohibido cruzar por elas. ATENCIÓN: ZONAS MARCADAS NO MAPA COMO PROHIBIDAS! Trátase de zonas concretas, de tránsito absolutamente prohibido, perfectamente identificadas no mapa, e facilmente salvables no terreo por medio de camiños. 18

HORARIOS DE COMPETICIÓN Mércores 29 de novembro (fase de grupos) Hora Gr. A Gr. B Instalación Baloncesto 10:30 UDC-UMinho USC-UVigo 11:45 UTAD-UDC UPorto-USC Pavillón de Deportes UDC 13:00 UMinho-UTAD UVigo-UPorto Fútbol 10:30 UMinho-USC UDC-UVigo 11:45 UPorto-USC UTAD-UVigo Campo Victor Fdez. Alonso 13:00 UMinho-UPorto UDC-UTAD Pádel 10.30 USC-UPorto UVigo-UDC 12.00 UTAD-USC UMinho-UVigo Pistas Pádel UDC 13:30 UPorto-UTAD UDC-UMinho Orientación urbana 17.00 Todas as universidades Praza María Pita Xoves 30 de novembro (fase final) Hora Partido Instalación Baloncesto 10:00 3º Gr.A - 3º Gr.B (5º-6º posto) 11:15 2º Gr.A - 2º Gr.B (3º-4º posto) Pavillón de Deportes UDC 12:30 1º Gr.A - 1º Gr.B (1º-2º posto) Fútbol 10:00 3º Gr.A - 3º Gr.B (5º-6º posto) 11:15 2º Gr.A - 2º Gr.B (3º-4º posto) Campo Victor Fdez. Alonso 12:30 1º Gr.A - 1º Gr.B (1º-2º posto) Pádel 10:00 3º Gr.A - 3º Gr.B (5º-6º posto) 10:00 2º Gr.A - 2º Gr.B (3º-4º posto) Pistas Pádel UDC 11:30 1º Gr.A - 1º Gr.B (1º-2º posto) 19

HORARIOS DE COMEDOR Comedor de Facultade de Dereito Hora 13:45 14:45 Mércores 29 de novembro Baloncesto: UDC / USC Padel: USC/UVigo Baloncesto: UMinho/UTAD/Porto/Vigo Padel: UMinho/ UDC/ UTAD/ UPorto Hora Xoves 30 de novembro 13:00 5º e 6º posto 14:45 1º e 2º posto Comedor da Facultade de Ciencias de la Educación Hora 13:45 14:45 Mércores 29 de novembro Fútbol: UVigo / USC Fútbol: UMinho/UDC/UTAD/UPorto Hora Xoves 30 de novembro 13:00 3º e 4º posto 20

FOLLA DE INSCRICIÓN UNIVERSIDADE: XEFE DE DELEGACIÓN: BALONCESTO Feminino Masculino 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Entr./Del. NOME E APELIDOS D.N.I Nota: presentar esta folla co selo da universidade xunto cos DNI dos xogadores/as 21

FOLLA DE INSCRICIÓN Masculino Feminino UNIVERSIDADE: FÚTBOL 7 XEFE DE DELEGACIÓN: NOME E APELIDOS D.N.I 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Entr./Del. Nota: presentar esta folla co selo da universidade xunto cos DNI dos xogadores/as 22

FOLLA DE INSCRICIÓN UNIVERSIDADE: XEFE DE DELEGACIÓN: PADEL Masculino Feminino 1 2 3 4 Entr./Del NOME E APELIDOS DNI Nota: presentar esta folla co selo da universidade xunto cos DNI dos xogadores/as 23