Lei 3/1994, do 18 de xullo, para a modificación da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo

Documentos relacionados
Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

2.008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 25 L Luns, 7 de febreiro de 2005

V I C E P R E S I D E N C I A

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

O CONTRATO DE TRABALLO

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

4 LEI 50/1997, do 27 de novembro (Xefatura

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas

REDE EUSUMO. información e comunicación

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx Exposición de motivos

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

N o 116 L Xoves, 17 de xuño de 2004 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 8.643

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

9448 ORDE PRE/1114/2003, do 30 de abril, pola

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Acordos interpretativos e normas complementarias do Regulamento do Parlamento de Galicia

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Normativa xeral Páxina 1

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

DECRETO LEXISLATIVO 1/1999, DO 7 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DE RÉXIME FINANCEIRO E ORZAMENTARIO DE GALICIA

DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda logo de deliberación do Con-

REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO

6.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 83 L Venres, 30 de abril de 2004 ANEXO XI

DISPOÑO: Artigo único. Aprobación do Regulamento único para a regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE)

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

ESTATUTOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

3. O orzamento xeral incluirá a totalidade dos gastos e dos ingresos do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo.

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CONSELLO GALEGO DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO (CONGACODE)

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Transcrição:

Lei 3/1994, do 18 de xullo, para a modificación da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo Tramitación parlamentaria: Proposición de lei, BOPG núm. 63, do 4.5.1994. Debate e toma en consideración polo Pleno, DSPG núm. 22, do 24.5.1994. Dictame da Comisión, BOPG núm. 85, do 15.6.1994. Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 26, do 28.6.1994. Publicación: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 96, do 2.7.1994. Diario Oficial de Galicia núm. 147, do 1.8.1994. Boletín Oficial del Estado núm. 249, do 18.10.1994.

Lei 3/1994, do 18 de xullo, para a modificación da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo A institución do Valedor do Pobo, creada e organizada pola Lei 6/1984, do 5 de xuño, entrou en funcionamento no segundo trimestre do ano 1990, durante a III lexislatura. O Valedor do Pobo, no seu informe anual correspondente ó ano 1991, fixo consta-la necesidade de acomete-la modificación da lei facendo uso das facultades que ten atribuídas na súa disposición final. Este é un dos motivos da presente modificación. Pero existen outros. Entre eles pódese citar: A necesidade de adecua-la súa organización e funcionamento á Lei 36/1985, do 6 de novembro, que regula as prerrogativas e garantías de figuras semellantes ó Defensor do Pobo e o réxime de colaboración e coordinación delas, e á sentencia do Tribunal Constitucional número 157/1988, do 15 de setembro. A aprobación do Estatuto do Defensor do Pobo europeo, por decisión do Consello o día 6 de febreiro de 1994. E, por último, o propósito de corrixi-las disfuncións postas de manifesto pola interpretación e aplicación das normas vixentes nos últimos anos de funcionamento da institución. Cada un destes motivos xustifica as modificacións propostas: A nova redacción dos artigos 1.3, 8, 9, 13, 16.1, 16.3, 16.4, 34 e 37.2, así como a creación do título V e dos artigos 38, 39 e 40, dan resposta á petición do Valedor do Pobo, feita no seu informe anual, ó contido da Lei estatal 36/1985 e á sentencia do Tribunal Constitucional 157/1988. As adicións incorporadas ós artigos 18, 22.2 e 29.2 recollen algunhas novidades establecidas no Estatuto do Defensor do Pobo europeo. E os restantes artigos que se modifican supoñen a translación de solucións axeitadas a cuestións suscitadas na interpretación e aplicación das normas vixentes que se estimen merecentes da súa regulación legal. Con este texto dáse cumprimento ó mandato da Cámara, que estimou oportuno utiliza-la canle do artigo 126 do Regulamento do Parlamento para exerce-la iniciati-

va lexislativa tendente á modificación da Lei autonómica 6/1984, do 5 de xuño. Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo, en nome de El- -Rei, a Lei para a modificación da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo. Artigo primeiro Modifícanse os artigos 1.1 e 1.3, 5.3 e 5.4, 8 in fine, 9.1 e 9.3, 10, 12, 13, 16.1, 16.3 e 16.4, 18.1, 22.2, 29, 34 e 37.2 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, que quedan redactados nos seguintes termos: «Artigo 1.1 O Valedor do Pobo é o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma, dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas recoñecidos na Constitución e para o exercicio das demais funcións que esta lei lle atribúe.» «Artigo 1.3 Para estes fins, e en exercicio das funcións que lle encomendan o Estatuto de autonomía e a presente lei, o Valedor do Pobo poderá supervisa-la actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes, así como a da Administración local naquelas materias que son competencia da nosa Comunidade.» «Artigo 5.3 Vacante o cargo, iniciarase, no prazo non superior a un mes, o procedemento para a elección dun novo Valedor do Pobo. Se a causa do cesamento fose a expiración do seu nomeamento, o Valedor do Pobo seguirá no desempeño do seu cargo con prórroga de funcións ata que se produza a nova elección.» «Artigo 5.4 Nos demais supostos, a Comisión de Peticións poderá acordar por maioría simple, mentres non se cubra a vacante, o desempeño das funcións do Valedor do Pobo polos vicevaledores, interinamente, na súa propia orde.» «Artigo 8 O Valedor do Pobo estará auxiliado por dous vicevaledores, primeiro e segundo, nos que poderá delega-las súas funcións, e que o substituirán pola súa orde, no exercicio destas, segundo o disposto no artigo 5.4 da presente lei.» «Artigo 9.1 A Comisión de Peticións, por iniciativa dos grupos parlamentarios, propoñeralle ó Valedor do Pobo o nomeamento dos dous vicevaledores. Correspóndelle ó

Valedor do Pobo o seu nomeamento e mailo seu cesamento.» «Artigo 9.3 Os vicevaledores deberán reuni- -las condicións establecidas no artigo 3.1, gozarán durante o exercicio das súas funcións de tódalas prerrogativas e garantías recoñecidas no artigo 6 e estarán sometidos ó réxime de incompatibilidades preceptuado no artigo 7 da presente lei.» «Artigo 10 1. O persoal ó servicio do Valedor do Pobo considerarase persoal ó servicio do Parlamento mentres permaneza no exercicio das súas funcións. Dependerá orgánica, funcional e disciplinariamente do Valedor do Pobo e rexerase polas normas de réxime interior previstas na disposición adicional e, con carácter supletorio, polo Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia. 2. O cadro de persoal será aprobado pola Mesa do Parlamento por proposta do Valedor do Pobo. Dentro do dito cadro o valedor poderá designar libremente os asesores necesarios para o exercicio das súas funcións e con suxeición ós límites presupostarios. O demais persoal deberá reuni-la condición previa de funcionario de calquera das administracións públicas e poderá ser adscrito á súa oficina por libre designación ou por concurso público segundo a relación de postos de traballo. 3. Os funcionarios provenientes das administracións públicas galegas, parlamentaria, local e da Comunidade Autónoma, adscritos á oficina do Valedor do Pobo, terán dereito a ser declarados na situación administrativa de servicios especiais na súa Administración de orixe, agás os que se incorporen por concurso público, que pasaran á situación prevista no artigo 54 da Lei da función pública de Galicia.» «Artigo 12 1. A dotación económica necesaria para o funcionamento da institución constituirá unha partida do presuposto do Parlamento de Galicia e a súa elaboración correspóndelle ó Valedor do Pobo. Remitiráselle á Mesa do Parlamento para a súa aprobación e integración no presuposto do Parlamento. 2. A autorización dos gastos e a ordenación dos pagamentos corresponderanlle ó Valedor do Pobo, e poderá delegalas nun vicevaledor, e os réximes de contabilidade, intervención, contratación e adquisición de bens e dereitos serán os que rexan no Parlamento de Galicia.» «Artigo 13 O Valedor do Pobo, de oficio ou a instancia de parte, poderá iniciar e proseguir calquera investigación sobre: a) Os actos e as resolucións da Administración pública da Comunidade Autónoma e dos seus axentes.

b) Os actos e as resolucións da Administración local, incluídos os seus organismos autónomos, así como as empresas e entes públicos ou participados que dela dependan, no ámbito das competencias que lle correspondan á Comunidade Autónoma, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa lexislación vixente. c) Os servicios xestionados por persoas físicas ou xurídicas mediante concesión administrativa e, en xeral, calquera organismo ou entidade pública ou privada que realice funcións de servicio público e se atope suxeita a calquera tipo de tutela naquilo que afecte ás materias integradas nas competencias da Comunidade Autónoma, de conformidade co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e na lexislación vixente. d) Se é o caso, as materias que sexan obxecto de transferencia ou delegación, ó abeiro do que dispoñen os apartados primeiro e segundo do artigo 150 da Constitución, tanto no caso de que a Comunidade Autónoma as administre como asunto propio coma no suposto de administración comisionada.» «Artigo 16 1. O Valedor do Pobo, de oficio ou a instancia de parte, poderá supervisa-la actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega para garanti-lo respecto dos dereitos comprendidos no título I da Constitución e o seu sometemento pleno á lei e ó dereito. Con este mesmo fin poderá asemade supervisa-la actividade da Administración local no ámbito das competencias que o Estatuto de autonomía e a lexislación vixente lle confiren á Comunidade Autónoma. 3. Respecto das demais administracións públicas exercerá as funcións que lle correspondan dentro dos principios de coordinación, cooperación e colaboración establecidos no artigo 12 da Lei orgánica 3/1981, do 6 de abril, e na Lei 36/1985, do 6 de novembro. 4. Suprimido.» «Artigo 18.1 Toda queixa dirixida ó Valedor do Pobo deberá ser formulada por escrito no que conste a identificación, o domicilio ou o enderezo do peticionario e se relate o feito que a motiva. Irá subscrita ou asinada polo solicitante, que pode pedir que a súa solicitude sexa confidencial.» «Artigo 22.2 A negativa ou neglixencia de calquera organismo, funcionario ou dos seus superiores responsables ó envío dos informes solicitados poderá ser considerada polo Valedor do Pobo de Galicia como hostil e entorpecedora das súas funcións, facéndoa pública de inmediato e destacando tal cualificación no seu informe anual ou especial, se é o caso, ó Parlamento. Tamén poñerá os ditos feitos en

coñecemento do seu superior xerárquico, informando sobre o seu comportamento por se fose susceptible de corrección disciplinaria.» «Artigo 29 1. O Valedor do Pobo poderá suxerirlle á Administración pública a modificación dos criterios utilizados na producción dos seus actos e resolucións. 2. Esta actuación de mediación, así como a tramitación dunha reclamación, non interromperán os prazos establecidos para os diferentes procedementos administrativos.» «Artigo 34 O Valedor do Pobo informará ó interesado ou, se é o caso, ó deputado ou ás comisións a que se refire o artigo 14 desta lei do resultado das súas investigacións, así como da resposta que lle dese a Administración ou os funcionarios implicados, agás que pola súa natureza aqueles fosen consideradas, de acordo coa lei, de carácter reservado ou declaradas secretas. Así mesmo, cando acorde non intervir, informará razoando a súa decisión.» «Artigo 37.2 No informe non constarán datos persoais que permitan a pública identificación dos interesados no procedemento investigador, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da presente lei.» Artigo segundo Modifícanse os enunciados do título I e do capítulo I, do capítulo I do título II, e do título IV, e créase un novo título V coa adición dos artigos 38, 39 e 40, nos termos seguintes: «Título I. Status da institución. Capítulo I. Carácter, elección, nomeamento e cesamento.» «Título II Capítulo I. Vicevaledores e persoal.» «Título IV. Dos informes ó Parlamento.» «Título V. Das relacións co Defensor do Pobo e cos comisionados de parlamentos ou de asembleas lexislativas autonómicas.» «Artigo 38 1. Correspóndelle ó Valedor do Pobo o exercicio das facultades de investigación en relación coas institucións e cos organismos referidos no artigo 13, sen prexuízo das que lle poidan corresponder ó Defensor do Pobo en virtude do artigo 12 da Lei orgánica 3/1981, do 6 de abril, e do artigo 2 da Lei 36/1985, do 6 de novembro. 2. O Valedor do Pobo poderá concertar co Defensor do Pobo acordos de coordinación e colabo-

ración entrámbalas dúas institucións, segundo o previsto nas mencionadas leis. Para a validez e vixencia de tales acordos, será preceptiva a súa ratificación pola Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia. Estes acordos publicaranse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no Diario Oficial de Galicia. 3. Cando o valedor reciba queixas ou denuncias referentes a ámbitos das administracións públicas que non son competencia da Comunidade Autónoma galega, daralle conta delas ó Defensor do Pobo. Notificaralle igualmente de oficio aquelas infraccións ou irregularidades que el observase.» «Artigo 39 O Valedor do Pobo, de oficio ou a instancia de parte, poderá dirixirse motivadamente ó Defensor do Pobo solicitándolle que este, en defensa de lexítimos intereses dos cidadáns e sempre que o considere oportuno: a) Interpoña ou exercite o recurso de inconstitucionalidade ou o de amparo. b) Dirixa recomendacións ós órganos xerais do Estado cando as deficiencias no funcionamento dos órganos ou das entidades a que se refire o artigo 13 desta lei deriven de normas de competencia estatal ou sexan orixinadas polo deficiente funcionamento da Administración central do Estado.» «Artigo 40 O Valedor do Pobo poderá dirixirse ós comisionados parlamentarios doutras comunidades autónomas cando necesite a súa colaboración para o exercicio das súas funcións. Así mesmo, para coordinar actuacións conxuntas que excedan do ámbito territorial.» Disposición derradeira A modificación da Lei 6/1984, do 5 de xuño, aprobada pola presente lei, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1994 Manuel Fraga Iribarne Presidente