PROXECTO BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AO ESTUDO CURSO 2017/2018

Documentos relacionados
EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA AS ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NO VERÁN DO CONCELLO DE CARBALLO ANO 2016

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE TEO 2017/2018

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

NADAL Obxecto

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

CONCELLO DE CAMBADOS.- ANUNCIO

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

ANEXO I 1º APELIDO 2º APELIDO NOME DNI/NIE ENDEREZO CÓDIGO POSTAL CENTRO ESCOLAR

de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no B.O.P. e rematará o día 23 de outubro de 2017.

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

REDE EUSUMO. información e comunicación

CONCELLO DE POL (LUGO) C.I.F. P B R.E.L

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O INICIO DE ESTUDOS EN MÁSTER OFICIAL NO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

CONCELLO DA MOI HOSPITALARIA VILA DE MONDARIZ BALNEARIO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FILLAS DE MARÍA INMACULADA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

ANEXO I BASES DA CONVOCATORIA AXUDAS PARA ESTUDANTES CON CIRCUNSTANCIAS ECONÓMICAS OU FAMILIARES ESPECIAIS NO CURSO 2017/2018

V I C E P R E S I D E N C I A

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

3. PUBLICIDADE Esta convocatoria publicarase na páxina web do Concello e nun dos xornais de mais tirada na comarca.

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Solicitude do bono social

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

A través da presente convocatoria, a Concellaría de Educación proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

DECRETO NÚMERO do 21/10/2014. Excmo. Sr. Don JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo.

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

A concesión destas bolsas farase consonte as seguintes BASES REGULADORAS:

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx

BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATAR UN CAPATAZ, UN PEÓN CONDUTOR E TRES PEÓNS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA O LUME FORESTAL.

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

2.2. XORNADA LABORAL.- A xornada laboral será de 30 horas semanais, de luns a venres.

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

O CONTRATO DE TRABALLO

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ANUNCIO. Faise público para xerar coñecemento que por Resolución da Alcaldía, de data 31 de xullo, aprobáronse as bases para:

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

DECRETO NÚMERO DO 25/04/2014. Excmo. Sr. Don JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello.

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Trátase de minimizar o impacto económico que supón o desprazamento deses estudantes aos seus centros de ensino.

Aprobadas por Decreto de Alcaldía 7/06/2018

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Artigo 3. Dereito a percibir A obriga de contribuír nacerá desde que a utilización se inicie mediante a entrada ao recinto, tralo pagamento da taxa.

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

Transcrição:

PROXECTO BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AO ESTUDO CURSO 2017/2018 PRIMEIRA: Constitúe o obxecto das presentes bases o regulamento do procedemento para a concesión de axudas ao estudo para o curso 2017/2018, coa finalidade de compensar ás familias deste municipio para afrontaren os gastos derivados da realización de estudos dos seus fillos e fillas, entendendo por tales: libros, material escolar e para actividades, roupa, calzado, gastos de transporte e similares. SEGUNDA: O crédito que se destina a este programa, que se financiará con cargo á partida 2017.0.326.00.48200, é de 7.000,00. TERCEIRA: Poderán solicitar estas axudas todos os estudantes que reúnan os seguintes requisitos: - Estar empadroado no Concello de Monfero e ser fillo/a de pais que tamén o estean (alomenos un deles). - Ter menos de 24 anos de idade e non exercer ocupación ou traballo remunerado. - Cursar estudos de Educación Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO, Bacharelato, Formación Profesional, ciclos formativos ou estudos universitarios. - Pertencer a unha unidade familiar (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado) cuxos rendementos de traballo, actividades e capital, nos termos do modelo de declaración do IRPF correspondente ao ano 2016 (suma das casiñas 392 Base liquidable xeral e 405 Base liquidable do aforro ), non superen a cantidade de 18.000,00, mais 900,00 por cada membro que a integre, ou ben que non tiveran formulado tal declaración por non acadar os seus ingresos o mínimo esixido para presentala con carácter obrigatorio. CUARTA: As solicitudes presentaranse, no rexistro de entrada do concello, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no modelo oficial que se xunta como anexo e que se facilitará nas oficinas municipais. Tamén poderán presentarse mediante as formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. No caso de presentaren a solicitude nun lugar distinto do Rexistro do Concello de Monfero, deberán as persoas interesadas remitir por fax unha copia da instancia ao número 981 793804 ou ben ao enderezo electrónico correo@monfero.es nas 24 horas seguintes ao día da súa presentación e sempre que sexa dentro do prazo de presentación de instancias. Sen a concorrencia de ámbolos requisitos non será admitida a solicitude. 1

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación (orixinais ou fotocopias compulsadas): - Fotocopia do DNI do/a solicitante ( menor ou maior de idade) e do pai, nai ou titor cando aquel sexa menor de idade. - Fotocopia do resgardo da matrícula do curso 2017/2018. - Fotocopia da declaración da renda do ano 2016 de todos os membros computables da unidade familiar. No caso de exención legal de presentar a Declaración da renda, presentarase certificado de estar exento de facela, no que tamén consten os datos sobre os ingresos que posúe e Axencia Tributaria ( AEAT) e declaración xurada dos ingresos obtidos pola unidade familiar no ano 2016, achegando fotocopia compulsada de todos e cada un dos documentos acreditativos correspondentes. - Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terán que presentarse os documentos que acrediten os membros da unidade familiar. - Documento acreditativo das cualificacións académicas obtidas no curso 2016/2017. - Certificación do número de conta bancaria ou fotocopia da libreta bancaria do solicitante, ou representante, á que se lle transferirá a cantidade que se conceda. O número de conta bancaria debe conter o código IBAN. - Certificado de minusvalía, se fora o caso. - Certificado INEM que acredite a situación de desemprego durante máis de 6 meses durante o ano 2017. - Declaración de outras axudas para a adquisición de libros de texto. De se presentaren varias solicitudes por unha mesma familia, a documentación común se acompañará soamente á solicitude do fillo/a maior, facéndoo constar nas demais. De conformidade co art.53 d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, se os documentos solicitados nos apartados anteriores estiveran en poder deste Concello, o solicitante non terá que achegalos de novo, debendo indicalo na súa solicitude. No caso de solicitudes defectuosas, concederase un prazo de 10 días para emendar deficiencias, arquivándose sen máis trámites cando non se emenden os erros ou omisións. QUINTA: As axudas serán concedidas por acordo da Xunta de Goberno Local, previo informe-proposta non vinculante da traballadora social, en función dos criterios que se especifican no baremo que aparece a continuación, distribuíndose o crédito en 2

proporción á puntuación obtida por cada solicitante, cun máximo de 200,00 por cada estudante de primaria e secundaria, e con 300,00 para os demais. - Capacidade económica da familia nuclear en renda per cápita, ata 10 puntos: Para determinar a capacidade económica calcularase a renda per cápita da familia (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado), en función dos rendementos de traballo, actividades e capital, nos termos que figuran na declaración do IRPF do ano 2016 e que se valorará coa suma das casiñas 392 e 405 desta. Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar (pai, nai, alumno e irmáns cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grave invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Concederanse 10 puntos ás familias que non pasen de 1000,00 en renda per cápita anual e un punto menos por cada 700,00 máis de renda. MEMBROS COMPUTABLES 1.-Considerarase membro computable da unidade familiar os pais non separados legalmente e, no seu caso, o titor/a ou a persoa encargada da garda e protección do/a menor, o/a solicitante, os irmáns ou irmás con discapacidade física, psíquica ou sensorial que convivan no domicilio familiar ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada, e os irmáns ou irmás menores de idade, con excepción dos emancipados, e os irmáns solteiros/as menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar. 2.- Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos citados anteriormente. No caso de que non exista convivencia deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente certificado de convivencia ou volante de empadroamento colectivo ou outros documentos que acrediten suficientemente tal extremo. 3.- No caso de familias monoparentais en que conviva un só proxenitor ou titor/a co alumno/a, deberá acreditarse documentalmente esta circunstancia. No caso de divorcio ou separación legal dos pais non se considerará membro computable aquel que non conviva co alumno/a. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar. 3

4.- No caso de falecemento dalgún dos proxenitores do alumno/a que convivisen con el, acreditarase mediante certificado de defunción ou fotocopia do libro de familia onde figura esta circunstancia. 5.- A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que a determine ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. 6.- No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos incluiranse dentro do cómputo da renda familiar. 7.- En casos especiais en que a unidade familiar non estea conformada do xeito establecido no punto 4.1. destas bases, deberá achegarse certificado ou volante de convivencia colectivo en que figure o alumno/a polo cal se solicita a axuda e todos os familiares que convivan con el, así como certificado dos servizos sociais do municipio que acredite tal extremo. 8.- Nos supostos en que o solicitante da axuda sexa un menor en situación de acollemento, será de aplicación á familia de acollida o disposto nos parágrafos anteriores. 9.- Nos casos de violencia de xénero, no ámbito familiar quedarán excluídos no cómputo das rendas os ingresos do agresor, considerándose a familia como monoparental. - Número de membros, ata 5 puntos: Outorgarase da seguinte forma: 2 puntos: 3 puntos: 4 puntos: 5 puntos: familias de 2 ou 3 membros familias de 4 membros familias de 5 membros familias de 6 ou máis membros - Distancia ata o centro de estudos (excepto nos casos de transporte escolar gratuíto e primaria), ata 10 puntos: Puntuarase cun máximo de 10 puntos a todos os estudantes que carecen de transporte escolar gratuíto, e con 0 puntos a aqueles que estudan ensinanzas obrigatorias. - Número de fillos/as estudando, ata 3 puntos: 4

A puntuación asignarase da seguinte forma: 1 punto por fillo, 2 puntos para familias con 2 fillos (ambos cursando estudos), e coa máxima de 3 puntos ás familias que teñan 3 ou máis fillos estudando. - Cualificación académica, ata 3 puntos: O baremo da cualificación académica será o seguinte: 3 puntos: Alumnos con notas de sobresaínte ou notable. 2 puntos: Alumnos con notas de ben, P.A. e acada os obxectivos. Igualmente aqueles que se incorporaran este curso ao centro escolar público. 1 puntos: Alumnos con notas de suficiente. 0 puntos: Resto de alumnos e aqueles que non presentaran xustificantes. - Circunstancias especiais, ata 2 puntos: Se algún membro da unidade familiar (pais e fillos) ten unha minusvalía igual ou superior ao 33% puntuarase con 2 puntos adicionais, igualmente nos casos daquelas familias en situación ou risco de exclusión social. - Situación laboral, ata 2 puntos: Cando o pai/nai ou titor/a acredite a situación de desemprego durante máis de 6 meses no ano 2017, incrementarase a valoración con 2 puntos adicionais. O acordo de concesión se publicará no taboleiro de anuncios municipal a efectos de notificación das axudas concedidas a todos os beneficiarios e demais interesados, e de presentación de reclamacións, no seu caso, polos que o consideren conveniente durante o prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte á devandita publicación. Estas haberán de ser resoltas pola propia Xunta de Goberno Local. A partir desta publicación comezará a contar o prazo de presentación no Rexistro de Entrada do Concello dos xustificantes (facturas, preferentemente, ou tickets), das axudas concedidas, que rematará no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte a aquel no que se publique o acordo de concesión na forma que se indica no parágrafo anterior. Esta data poderíase prorrogar un máximo de tres meses, por acordo da Xunta de Goberno Local, nos casos en que se solicite e conste xustificación no expediente. Aqueles solicitantes que declararon ter percibido outras axudas para a adquisición de libros de texto, non poderán presentar facturas dos mesmos para a xustificación das axudas ao estudo municipais. 5

As xustificacións serán aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local, previo informe da traballadora social. Os que non presenten a xustificación ou desistan de forma motivada e por escrito, dentro do prazo establecido nestas bases, entenderase que desisten da súa solicitude, que quedará, así mesmo, anulada. SEXTA: As presentes bases publicaranse integramente no taboleiro de anuncios do Concello xunto co anuncio de convocatoria, inmediatamente despois de seren aprobadas polo Pleno, a efectos de apertura da mesma coas salvedades da base cuarta e para que todos os interesados poidan examinalas e, no seu caso, presentar as súas reclamacións no prazo máximo de oito días hábiles. Así mesmo publicarase no B.O.P. un anuncio de exposición pública das bases, a partir do cal se iniciará o cómputo do prazo para a presentación de reclamacións. SÉPTIMA: O incumprimento do disposto nas presentes bases, a falsidade ou ocultación de datos, ou non cursar os estudos para os que se lle concedeu a axuda, determinará a revogación e reintegro da subvención, sen prexuízo de que polo Concello se exerciten as accións oportunas contra os responsables. OITAVA.- De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos Persoais (en diante LOPD), infórmase o usuario, dos seguintes puntos: - O Concello de Monfero é a efectos da LOPD, Responsable do Ficheiro, no que se incluirán os datos persoais que vostede nos facilite. A dirección do Responsable do Ficheiro é Rebordelo núm. 1, 15619 - Monfero - Os datos facilitados ao Concello de Monfero formarán parte dun ficheiro automatizado responsabilidade do mesmo. O ficheiro atópase debidamente inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia a Española de Protección de Datos e todo o proceso de tratamento, almacenamento e mantemento atópase sometido aos controis e normas establecidos no Regulamento de Medidas de Seguridade. - A finalidade para a que se solicitan os datos será a de cada caso concreto, pero sempre terá como obxecto xestionar o servizo prestado polo Concello aos usuarios, dentro do marco da relación que os une, enviarlle información e publicidade. - De todos os datos solicitados, indicarase polo persoal do Concello, cales deles son de carácter obrigatorio e cales de carácter facultativo, atendendo ao servizo solicitado. Os datos considerados polo persoal do Concello como de carácter obrigatorio serán os estritamente necesarios para levar a bo fin a relación existente entre o Concello e o usuario, polo que en caso de non ser fornecidos non podería desenvolver dita relación. Os datos persoais que se soliciten atenderán en todo momento ao principio de calidade 6

dos datos establecido no artigo 4 da LOPD, é dicir serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e a finalidade para a que se obteñen. - O usuario poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos que establece a LOPD, dirixíndose a Rebordelo núm. 1, 15619 - Monfero (A Coruña). O incumprimento das ditas medidas de seguridade constitúe para o responsable do ficheiro unha infracción grave sancionable con multa de até 300.506,05, polo que cando devandito incumprimento asóciese a un individuo concreto será sancionado a nivel interno disciplinariamente segundo se acorde polo Responsable de Seguridade. Monfero, 15 de decembro de 2017 O alcalde, Andrés Feal Varela 7

SOLICITUDE DE CONCESIÓN AXUDAS AO ESTUDO 2017 2018 D/Dª...con DNI...e domicilio en..., parroquia de...teléfono..., en nome propio ou en representación de...con DNI... EXPÓN: Que tivo coñecemento da convocatoria de Axudas ao Estudo do Concello de Monfero para o curso 2017-2018 e que reúne os requisitos esixidos na mesma polo que, SOLICITA: A concesión dos beneficios que se establecen na citada convocatoria, facendo constar. - Que ten menos de 24 anos e non exerce ocupación nin traballo remunerado. - Que está empadroado/a, coma os seus pais (alomenos un deles), no Concello de Monfero, e que ten residencia efectiva neste concello - Que a súa familia está composta por... membros (pais e fillos que non exerzan traballo remunerado) - Que cursa estudios de...en... - Que sí non usa transporte escolar gratuíto( Marcar o que proceda) - A distancia dende o seu domicilio ata o centro de estudos é de...km ( Especificar só no caso de que non se use transporte escolar gratuíto) - Que na súa unidade familiar atópanse estudando... fillos. - Que declara que os datos facilitados son certos e sométese ás actuacións de comprobación e verificación de datos que considere oportunas o Concello. - Que achega a documentación acreditativa do exposto e a restante esixida nas bases da convocatoria. - Que sí non percibiu outras axudas para a adquisición de libros de texto. 8

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, mediante a sinatura desta solicitude, consinto expresamente que os datos persoais que constan nela sexan incluídos nun ficheiro automatizado, propiedade do Concello de Monfero, e poidan ser tratados no uso das funcións propias que ten atribuídas e utilizados coa finalidade das xestións que sexan precisas e demais tramitacións destes, e declaro estar informado dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na Lei, que poderei exercitar no domicilio do Concello de Monfero, no seguinte enderezo: Rebordelo s/n, 15618 Monfero, A Coruña. Monfero,...de...de 20 O/A solicitante SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFERO Monfero, 15 de decembro de 2017 O alcalde, ANDRÉS FEAL VARELA 9