TÍTULO I. Disposicións xerais. Artigo 1. Obxecto

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

V I C E P R E S I D E N C I A

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

O CONTRATO DE TRABALLO

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Guía de procedementos e servizos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

6.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 83 L Venres, 30 de abril de 2004 ANEXO XI

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

DISPOÑO: Artigo único. Aprobación do Regulamento único para a regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE)

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REDE EUSUMO. información e comunicación

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ARTIGO 2º. SUXEITOS PASIVOS

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

PROXECTO DE DECRETO /2015, do xxx de xxx polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.

N o 124 L Mércores, 29 de xuño de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

(+34)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2012 Páx. 3228

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.

DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

I. Disposicións xerais

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx

Convocatoria ordinaria de 2012

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Consellería de Economía e Industria

DECRETO 314/1986, DE 16 DE OUTUBRO, POLO QUE SE REGULA O SISTEMA PÚBLICO DE MUSEOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA (DOG de 7 de novembro de 1986).

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5350

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Planificación do curso escolar

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

Transcrição:

Decreto polo que se establece o procedemento para a obtención das autorizacións de proyectos de repotenciación ou modificación de parques eólicos existentes, así como de parques autorizados non construídos na Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 8/2009, de 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, refírese en varios dos seus artigos á repotenciación, definíndoa no artigo 2, e establecendo no artigo 27.3º a necesidade dun procedemento específico para as autorizacións derivadas dun proceso de repotenciación que se desenvolverá regulamentariamente pola consellería con competencias en materia de enerxía. O Decreto 138/2010, de 5 de agosto, estableceu o procedemento e as condiciones técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, o novo escenario regulatorio no que nos encontramos, que entre outras medidas supuxo a derrogación do Real Decreto 661/2007, de 25 de maio, que regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial e a aprobación da Lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, xunto á experiencia acumulada desde a aprobación do Decreto 138/2010, na tramitación das autorizacións necesarias para a repotenciación de parques eólicos, fai necesario revisar o procedemento alí establecido, co fin de simplificalo e favorecer a mellora das instalacións eólicas existentes, substituíndo aquelas por outras máis adecuadas desde o punto de vista das actuais exixencias tecnolóxicas, enerxéticas, medioambientais e de seguridade e minimizando os impactos que se derivan destas. A nova Lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico establece no seu artigo 53 que a Administración Pública competente poderá establecer que determinados tipos de modificacións non substanciais das instalacións de transporte, distribución e produción e liñas directas non queden sometidas ás autorizacións administrativas previas previstas nos apartados 1.a) e b). No caso dos parques eólicos considérase que a característica fundamental para considerar non substancial unha modificación será o número de aeroxeradores do parque eólico. No presente Decreto, as instalacións obxecto deste son modificacións de instalacións que non poden ter un maior número de aeroxeradores que a instalación orixinal, polo que se dá o suposto previsto no artigo 53.2 da Lei 24/2013, de 26 de decembro. Polo anterior, procede que as instalacións obxecto do presente Decreto non precisen autorización administrativa previa. O presente Decreto estrutúrase en dous títulos, quince artigos, unha disposición transitoria,, unha disposición adicional, unha disposición derrogatoria e dúas disposicions finais. Na súa virtude, e segundo o disposto no artigo artigo 4 da Lei de Galicia 11/1983, de 22 de febrero, de Normas Reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, a proposta do conselleiro de Economía e Industria,... co ditame do Consello Consultivo de Galicia e previa deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día..., dispoño: TÍTULO I. Disposicións xerais Artigo 1. Obxecto 1. Constitúe o obxecto deste Decreto o establecemento dun procedemento administrativo para obter as autorizacións de construción e de explotación derivada dun proceso de repotenciación ou modificación dos parques eólicos en explotación ou de parques eólicos autorizados en fase previa á súa construción. 1

2. Para estes efectos, terá a consideración de repotenciación aquela autorización administrativa de modificación dun parque eólico preexistente en explotación que mantendo a potencia evacuable, supoña a substitución total dos aeroxeradores en funcionamento por outros de maior potencia unitaria e que dean lugar a unha redución do número de aeroxeradores do parque, co fin de optimizar as áreas territorialmente aptas para admitir parques eólicos e adaptar as tecnoloxías instaladas aos requisitos técnicos do operador do sistema. A potencia instalada poderá ser ata un 20% superior á autorizada previamente, co obxecto de posibilitar ao promotor a configuración dun novo parque con aeroxeradores de maior potencia unitaria e que non lle penalicen cunha menor potencia total. 3. No caso de optar pola modificación parcial do parque eólico substituíndo parte dos aeroxeradores do parque orixinal, deberá igualmente manterse a potencia evacuable, substituíndo os aeroxeradores en funcionamento por outros e que non supoñan un aumento do número de aeroxeradores do parque. A potencia instalada poderá ser ata un 10% superior á autorizada previamente dos aeroxeradores substituídos, co obxecto de posibilitar ao promotor a configuración dun novo parque con aeroxeradores de maior potencia unitaria e que non lle penalicen cunha menor potencia total. 4. De igual modo, a estes efectos, terá a consideración de parque eólico en explotación aquel que dispoña da correspondente acta de posta en servizo outorgada polo organismo administrativo competente. 5. No caso da modificación dos parques eólicos autorizados en fase previa á súa construción deberá manterse a potencia evacuable e a instalada, substituíndo os aeroxeradores por outros e que non supoñan un aumento do número de aeroxeradores do parque. En caso de aumentar o número de aeroxeradores do parque eólico deberá tramitarse de acordo co procedemento de autorización previsto na Lei 8/2009, de 22 de decembro. Artigo 2. Ámbito de aplicación Poderán acollerse ao procedemento de repotenciación ou modificación de parque eólico regulado no presente Decreto os titulares de parques eólicos en explotación, instalados en Galicia, cuxa tramitación e autorización corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do réxime competencial establecido no artigo 27.13º do seu Estatuto de Autonomía. Así mesmo, poderán acollerse os titulares de parques eólicos autorizados en fase previa a súa construción, que non supoñan un aumento do número de aeroxeradores do parque. En caso de aumentar o número de aeroxeradores do parque eólico deberá tramitarse de acordo co procedemento de autorización previsto na Lei 8/2009, de 22 de decembro. Tramitaranse polas disposicións deste Decreto as repotenciaciones que se inclúan dentro das resolucións de selección das ordes de convocatoria reguladas no artigo 28 da Lei 8/2009, de 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Artigo 3. Redución do número de aeroxeradores No suposto de que a repotenciación ou modificación se efectúe nun parque eólico situado en terreos afectados por Rede Natura, a redución de aeroxeradores deberá alcanzar unha porcentaxe de polo menos o 50% daqueles aeroxeradores instalados na dita zona de Rede Natura. 2

Artigo 4. Aeroxeradores Os aeroxeradores que sexan obxecto de autorización deberán ser novos, entendendo por novo aquel que non se instalara e puxera en explotación previamente. Os aeroxeradores que sexan obxecto de substitución como consecuencia da repotenciación regulada neste Decreto non poderán volver a instalarse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 5. Localización da nova instalación 1. O parque eólico xa repotenciado ou modificado e todos os seus novos elementos deberán instalarse na área de desenvolvemento eólico (ADE) do Plan sectorial de Galicia onde se situaba o parque eólico preexistente. 2. En todo caso, se por circunstancias técnicas de localización dos aeroxeradores ou de calquera outro elemento do parque eólico repotenciado resultase preciso, poderá situarse nunha franxa de 500 metros paralela e colindante coa delimitación da dita ADE, tal e como sinala o Plan sectorial eólico de Galicia. 3. No caso de que o parque eólico preexistente estivera instalado en terreos afectados por Rede Natura e a ampliación do emprazamento primitivo se situase fóra dunha ADE nos termos sinalados no punto anterior, se esta ampliación tamén afectase a terreos incluídos na mencionada Rede Natura, será requisito indispensable para autorizar a repotenciación, que a superficie de afección a terreos incluídos na Rede Natura do novo parque eólico repotenciado sexa inferior á afección previa do parque eólico preexistente, polo menos nun 25% da superficie. TÍTULO II. Réxime de autorizacións para a repotenciación ou modificación dun parque eólico CAPÍTULO I. Disposicións xerais Artigo 6. Necesidade de autorización administrativa de construción e explotación 1. A repotenciación ou modificación dos parques eólicos en explotación ou de parques eólicos autorizados en fase previa á súa construción sometidas ao presente Decreto requirirá a aprobación das resolucións administrativas seguintes: a) Autorización administrativa de construción, que permite ao titular realizar a construción da instalación cumprindo os requisitos técnicos exixibles. b) Autorización de explotación, que permite, unha vez executado o proxecto, poñer en tensión as instalacións e proceder á súa explotación. 3. As autorizacións a que se refire o presente título serán outorgadas, sen prexuízo de calquera outra autorización, permiso ou licenza que sexa precisa, de acordo con outras disposicións legais que puidesen resultar de aplicación. 3

Artigo 7. Solicitantes Os solicitantes das autorizacións a que se refire o presente Decreto deberán figurar como titulares do parque eólico que pretenden repotenciar no Rexistro de Instalacións de Produción da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de enerxía. CAPÍTULO II. Procedemento para a autorización administrativa de construción Artigo 8. Solicitude 1. A solicitude de autorización administrativa de modificación dun parque eólico preexistente, que deberá formularse conforme aos criterios establecidos no artigo 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, dirixirase á dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de enerxía e tramitarase por esta como órgano substantivo no procedemento. A solicitude deberá estar acompañada dun proxecto de execución, redactado polo técnico competente, da modificación do parque eólico, que deberá dispor de: a) Unha memoria técnica que conterá, polo menos: 1) Definición, descrición e características do parque eólico. 2) Unha descrición polo miúdo da modificación que se pretende executar, incluído o plan de desmantelamento dos aeroxeradores substituídos que deberá incluír medidas de revexetación e restauración, como eliminación de equipos, máquinas, construcións realizadas, cobertura de cimentacións, tratamento de chans, estradas o calquera outro que se considere adecuado. 3) Planos do parque eólico da súa situación actual e unha vez modificado a escala mínima 1:50.000. 4) Orzamento global estimado e completo da modificación pretendida, incluída a fase de desmantelamento. 5) A solución de evacuación da electricidade xerada pola nova instalación. b) Unha declaración responsable que acredite o cumprimento da normativa que lle sexa de aplicación asinada polo técnico competente. c) Nos supostos establecidos pola lexislación ambiental, deberá presentarse unha solicitude de inicio da avaliación de impacto ambiental simplificada, acompañada do documento ambiental previsto no artigo 45 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental. d) Unha separata para cada unha daquelas Administracións Públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, unicamente no relativo a bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación.. 4

Artigo 9. Tramitación administrativa 1. A dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de enerxía, unha vez recibida toda a documentación indicada, incluída a documentación ambiental derivada da valoración ambiental previa a que se refire o artigo anterior, procederá a súa tramitación administrativa nos termos establecidos por este Decreto. 2. Para o recoñecemento da utilidade pública das instalacións de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica seguiranse os trámites establecidos no capítulo V do título VII do Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro. 3. A solicitude de declaración de utilidade pública poderá efectuarse de maneira simultánea á solicitude de autorización administrativa de construción, ou ben con posterioridade á obtención da autorización, e deberá dirixirse á Dirección Xeral competente en materia de enerxía. Artigo 10. Administracións públicas e organismos afectados 1. A Dirección Xeral competente en materia de enerxía con competencias en materia de enerxía dará traslado dunha separata do proxecto de modificación a cada unha das distintas Administracións Públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, unicamente no relativo a bens e dereitos da súa propiedade. 2. Cada unha das administracións, organismos e entidades consultadas, nun prazo de vinte días emitirán un informe prestando a súa conformidade ou oposición á autorización solicitada, así como o condicionado exclusivamente técnico que consideren conveniente introducir ao proxecto. Pasado o prazo sen producirse a contestación das administracións, organismos e entidades consultadas, entenderase producida a conformidade coa autorización da instalación. 3. O órgano substantivo dará traslado ao solicitante dos informes recibidos e das conformidades presuntas obtidas, para que no prazo de dez días preste a súa conformidade ou formule os reparos que estime procedentes a estes. 4. En caso de reparos do solicitante, o órgano substantivo novamente dará traslado dos ditos reparos á administración, organismo ou entidade que informara nese sentido, para que nun prazo de dez días informe sobre a contestación recibida. Transcorrido o dito prazo sen que as Administracións Públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral citados emitiran un novo escrito de reparos, entenderase a conformidade coa contestación efectuada polo peticionario. 5. Concluídos todos os trámites referidos e, no seu caso, finalizado positivamente o procedemento ambiental, así como o resto de informe que a normativa puidera fixar como preceptivos e previos á autorización de construción, a dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de enerxía emitirá resolución. Artigo 11. Resolución 1. No suposto de que se manteña a discrepancia do solicitante en canto aos condicionados técnicos emitidos por calquera das Administracións Públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral consultadas, a dirección xeral da Xunta con competencias en materia de enerxía poderá emitir unha resolución que recolla as condicións técnicas establecidas ou, en caso de que discrepe do condicionado exposto, remitir a proposta de resolución ao conselleiro con competencias en materia de enerxía, para a súa elevación ao Consello da Xunta para os efectos da resolución definitiva. 5

2. Tanto a dirección xeral con competencias en materia de enerxía como, no seu caso, o Consello da Xunta, deberán emitir a resolución nun prazo non superior a seis meses desde a presentación da solicitude. A falta de resolución expresa no prazo indicado terá efectos desestimatorios, pudendo interporse, no seu caso, recurso administrativo ante a autoridade correspondente. 3. A resolución deberá publicarse no «Diario Oficial de Galicia» e deberá notificarse ao solicitante, e a todas as Administracións Públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral que interviron ou puideron intervir no expediente, así como a calquera terceiro que xustificase a súa condición de interesado. 4. A resolución establecerá o prazo máximo para o inicio das obras de execución do parque eólico repotenciado, contado sempre a partir do momento no que o solicitante dispoña da totalidade dos terreos onde se sitúe este. 5. Así mesmo, a resolución establecerá a obriga do titular do parque eólico de desmantelar a instalación preexistente a súa costa. O dito desmantelamento poderá realizarse de forma coetánea á instalación dos novos aeroxeradores. Artigo 12 Concorrencia de utilidades públicas, trámite de compatibilidade e declaración de prevalencia 1. No suposto de que no emprazamento do parque eólico existise outro dereito ou interese público sobre o que xa se declarara a compatibilidade ou prevalencia do parque eólico, os terreos afectados variasen respecto do parque inicial e non existise acordo cos titulares dos ditos aproveitamentos, procederase a iniciar un trámite de compatibilidade ou prevalencia simplicado no que se dará audiencia ao titular do dereito ou interese afectado para que nun prazo de quince días se exprese exclusivamente sobre as novas afeccións. As ditas alegacións remitiranse ao promotor do parque eólico para que exprese a súa conformidade ou discrepancia con estas. 2. En caso de discrepancia entre os titulares solicitarase informe ao órgano competente de emitir as resolucións da declaración pública enfrontadas ao parque eólico, para que se pronuncie exclusivamente sobre se, á vista das modificacións presentadas, existen novas afeccións. Se considerase que existen novas afeccións, emitirá informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos enfrontados, e no segundo caso cal deles considera prevalente. 3. Cando a compatibilidade ou prevalencia se suscitara entre aproveitamentos nos que sexa competente para a súa autorización a consellería con competencias en materia de enerxía, a resolución do procedemento de compatibilidade ou prevalencia realizarase polo conselleiro competente en materia de enerxía. No suposto de que as autorizacións ou títulos habilitantes para os aproveitamentos sexan competencia de máis dunha consellería, a eventual resolución do procedemento de compatibilidade ou prevalencia realizarase polo Consello da Xunta, ao que se remitirá o expediente co informe das consellerías afectadas. 4. A resolución da compatibilidade ou prevalencia do proxecto do parque eólico sobre outros aproveitamentos ou infraestruturas declarados de utilidade pública será requisito indispensable para proceder á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo dito proxecto. 6

Artigo 13. Fianza 1. Co obxecto de garantir o estrito cumprimento do contido da resolución da autorización administrativa de construción do parque eólico, o solicitante constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza por un importe equivalente ao dous por cento do orzamento de execución. 2. A citada fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de depósitos e fianzas e devolverase ao solicitante unha vez que se outorgue a acta de posta en servizo do parque eólico. CAPÍTULO III. Autorización de explotación Artigo 14. Acta de posta en servizo 1. Unha vez executado o parque eólico, o titular deste solicitará da Dirección xeral da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de enerxía o outorgamento da acta de posta en servizo. 2. A solicitude deberá estar acompañada dun certificado de fin de obra subscrito por un técnico facultativo no que conste que o parque eólico se executou de acordo coas especificacións técnicas do proxecto de execución previamente presentado e que se atopa totalmente cumprido o proxecto de desmantelamento. 3. A acta de posta en servizo será outorgada pola Dirección xeral da consellería de a Xunta de Galicia con competencias en materia de enerxía, no prazo de 20 días contado desde a formulación da solicitude, podendo, no seu caso, a petición do solicitante, estender a acta de psota en servizo para probas da instalación. CAPÍTULO IV. Rexistro de instalacións de produción Artigo 15. Inscrición 1. Os parques eólicos repotenciados ou modificados de acordo co disposto no presente Decreto manterán a todos os efectos a mesma inscrición e o mesmo número de identificación no Rexistro de instalacións de produción que o establecido para o parque eólico preexistente. 2. Unha vez emitida a acta de posta en servizo definitiva, o titular do parque eólico comunicaralle ao rexistro as modificacións acontecidas na instalación. 3. Unha vez inscrita a modificación autorizada, a dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de enerxía, no prazo máximo de 15 días, deberá dar traslado á dirección xeral do Estado con competencias en materia de enerxía, da modificación da inscrición da instalación no rexistro autonómico para a toma de razón da citada modificación no rexistro administrativo central. Disposición transitoria primeira.-especial referencia ao Decreto 138/2010, de 5 de agosto. Os promotores dos parques eólicos que solicitasen a autorización correspondente de acordo co Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, poderán continuar coa mesma ou desistir do procedemento e solicitar a tramitación da repotenciación de acordo co previsto no presente Decreto. 7

Disposicións adicional Primeira. En todo o non previsto no presente Decreto será de aplicación o disposto na Lei 8/2009, de 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Disposición derrogatoria. Única.-Especial referencia ao Decreto 138/2010, de 5 de agosto. Queda derrogado o Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.. Quedan derrogadas as demais disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste Decreto. Disposicións finais Primeira. Facúltase ao conselleiro competente en materia de enerxía para ditar cantas disposicións foran necesarias para o desenvolvemento do presente Decreto. Segunda. O presente Decreto entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia». 8