CAPÍTULO PRIMEIRO Disposicións xerais

Documentos relacionados
CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. CURSO 2015/2016

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

O CONTRATO DE TRABALLO

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

ANEXO I BASES DA CONVOCATORIA BOLSA DE FORMACIÓN PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES DE APOIO AOS PROGRAMAS DE INTERCAMBIO INTERNACIONAL

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

REDE EUSUMO. información e comunicación

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O INICIO DE ESTUDOS EN MÁSTER OFICIAL NO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

V I C E P R E S I D E N C I A

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

ESTA REITORÍA RESOLVE

2.2. XORNADA LABORAL.- A xornada laboral será de 30 horas semanais, de luns a venres.

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN/UNHA XERENTE PARA O CONSORCIO DE TURISMO E CONGRESOS DE A CORUÑA

9.172 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 96 Luns, 24 de maio de 2010

NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

CONDICIÓNS DE SOLICITUDE DE RESERVA RENOVADORES Curso completo

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

REGULAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

FCT con Erasmus+ Curso

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

En Santiago de Compostela, REUNIDOS

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

Planificación do curso escolar

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

ANUNCIO. a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 13 de abril do estatuto básico do empregado público.

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

Os horarios serán de luns a venres cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servizo.

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

(Modificacións aprobadas en Xunta de Facultade do 21 de xullo de 2016)

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

4. Feitos os trámites anteriores, enviaranse ao provedor os exemplares da folla de pedimento que corresponda.

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Transcrição:

REGULAMENTO DE BOLSAS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobado na sesión do Consello de Goberno do 27 de setembro de 2007 e modificado na sesión do 31 de outubro de 2007) Artigo 1. Obxecto CAPÍTULO PRIMEIRO Disposicións xerais 1. O presente regulamento ten por obxecto regular as bolsas de investigación e de colaboración na Universidade da Coruña, debéndose entender por tales as axudas á investigación e á formación que a Universidade da Coruña conceda ou xestione para a promoción educativa, cultural, profesional, científica e artística. 2. Para os efectos deste regulamento, as bolsas revisten tres modalidades: a) Bolsas de formación específica en investigación financiadas por Organismos Internacionais, polo Estado, polas Comunidades Autónomas, por Fundacións, pola propia Universidade da Coruña ou por calquera outra entidade pública. b) Bolsas adscritas a contratos, convenios ou proxectos de investigación, sempre e cando ou propio convenio, contrato ou proxecto permita a convocatoria de bolsas. c) Bolsas de colaboración en órganos e servizos da Universidade da Coruña. 3. Ás anteriores modalidades resultaralles de aplicación o réxime que neste regulamento se establece, sen prexuízo da aplicación da lexislación xeral vixente. 4. Quedan fóra do ámbito de regulación do presente regulamento as seguintes modalidades: a) Bolsas e axudas para sufragar os gastos de matrícula ou estudo, total ou parcialmente, calquera que sexa a entidade concédente. 1

b) Bolsas e axudas de comedores, transporte, aloxamento ou análogas. c) Bolsas e axudas ao estudo para programas de cooperación educativa ou programas de formación en alternancia. 5. Igualmente, exclúense da presente norma as relacións que sexan obxecto de regulación polo Dereito laboral e da Seguridade Social, coa única excepción do establecido no artigo 46.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades. Artigo 2. Rexistro público de bolsas 1. Establecerase un rexistro público, único e centralizado de bolsas, no que se tomará razón das altas (bolsas aceptadas), das baixas (bolsas finalizadas) e das renuncias, ordenadas conforme a cada modalidade, así como unha sucinta referencia ás características destas bolsas, en canto ao obxecto, duración e contía. Este rexistro, que se axustará en todo momento ao establecido para tales efectos na lexislación sobre protección de datos, dependerá da vicerreitoría que asuma as competencias nesta materia. 2. En ningún caso se formalizarán documentos contables de abono nin se efectuará ningún pago en concepto de bolsas, sen a previa e preceptiva inscrición no rexistro de bolsas. A persoa responsable deste rexistro verificará previamente se se cumpriron os trámites preceptuados por este regulamento. 3. Comprobada a aceptación e posterior inscrición no rexistro, expedirase unha credencial cos efectos, responsabilidades e limitacións contidas no presente regulamento. Esta credencial deberá facer constar a modalidade de bolsa e a referencia á normativa e convocatoria respectiva, así como a súa contía e duración. Artigo 3. Dos dereitos 1. As persoas beneficiarias dunha bolsa teñen dereito a percibir a axuda económica expresamente recollida na convocatoria correspondente e na súa concreta credencial. Esta axuda económica percibirase desde o comezo das 2

actividades obxecto da bolsa, facéndose efectivo o seu abono cunha periodicidade mensual. 2. Ademais as persoas beneficiarias dunha bolsa terán: a) Unha persoa responsable da súa titorización, que tamén o será da súa formación, coordinando e orientando a súa actividade, de que se respecten os seus dereitos e de que cumpra coas súas obrigas. b) O apoio necesario para o desenvolvemento das actividades obxecto da bolsa. c) Información de todas as cuestións relacionadas coa súa actividade, así como dos criterios obxectivos conforme aos que se avaliará a memoria que deberá presentar. d) Un contorno de realización das actividades no que estean protexidas a súa seguridade e saúde. e) Protección fronte accidentes e enfermidades padecidas durante o período de goce da bolsa. f) Un certificado acreditativo das tarefas desenvolvidas unha vez rematado o prazo de duración da bolsa. g) Gozaren de calquera outro dereito recollido expresamente na correspondente convocatoria pública da bolsa. Artigo 4. Das obrigas e das prohibicións 1. As persoas beneficiarias dunha bolsa teñen a obriga de: a) Asinar a aceptación e as condicións da bolsa. b) Incorporarse ao seu centro de destino na data indicada na convocatoria ou na concesión, salvo autorización expresa de quen convoque para facelo noutro momento. A falta de incorporación, ou a inasistencia ulterior inxustificada, interpretarase como renuncia á bolsa. c) Realizar as súas actividades con aproveitamento de acordo co obxecto da convocatoria pública da bolsa e seguindo as instrucións da persoa responsable da súa titorización. d) Informar e responder da súa actividade. Ao remate da bolsa deberán entregar unha memoria avalada pola persoa responsable da súa titorización, quedando condicionado o último pago da bolsa á entrega e aprobación da memoria. 3

e) A facer uso adecuado das instalacións e dependencias universitarias. f) Cumprir os deberes que podan vir establecidos na correspondente convocatoria pública da bolsa. 2. A persoa titular da bolsa en tanto ostente esta condición: a) Non poderá ocupar postos nin do persoal de administración e servizos nin do persoal docente e investigador ou que conleven a realización de labores propios deste persoal. b) Non gozará de exención dos prezos públicos universitarios, salvo que a convocatoria que orixine o nomeamento, ademais de proceder dun organismo público, inclúa expresamente esta previsión e reciba conformidade previa do/a reitor/a. c) Non poderá ocupar, nin sequera transitoriamente, cargo universitario algún, salvo que se trate de cargos para os que exista autorización expresa dos Estatutos da Universidade da Coruña, ben por tratarse de órganos abertos á provisión por calquera membro da comunidade universitaria, ou ben por ser cargos derivados da condición de representantes do estudantado. Artigo 5. Actividades a realizar 1. As persoas beneficiarias de bolsas realizarán todas aquelas actividades que se lles encomende de acordo co establecido en cada convocatoria. 2. Non realizaren actividades que non estean relacionadas especificamente co obxecto da bolsa. Artigo 6. Incompatibilidades 1. Durante o seu goce, a bolsa resultará incompatible con calquera outra axuda económica. Non serán incompatibles as bolsas reguladas neste regulamento coas bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral para titulacións universitarias outorgadas pola Administración Xeral do Estado e pola Administración Autonómica ou da propia Universidade da Coruña. 2. Todas as bolsas serán incompatibles con calquera actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. Para tales efectos, poderase 4

solicitar á persoa interesada certificación da Axencia Tributaria acreditativa do seu nivel de rendas. Artigo 7. Remate das bolsas As bolsas terminarán polas seguintes causas: a) Por finalización do prazo de duración fixado na correspondente convocatoria pública da bolsa, de acordo sempre co establecido neste regulamento. b) Por renuncia da persoa titular da bolsa. c) Por perda das condicións ou requisitos do nomeamento. d) Por revogación do nomeamento motivado no incumprimento das obrigas. e) Por outras causas que poida especificar a respectiva convocatoria. Artigo 8. Revisión e perda da bolsa 1. A adxudicación das bolsas concedidas pola Universidade da Coruña poderá ser revisada mediante expediente contraditorio, cuxa resolución poderá dar lugar á perda do dereito á mesma e á devolución das cantidades indebidamente percibidas, dentro do período legal de prescrición, nos supostos en que tivesen concorrido ocultación, falseamento de datos ou calquera outra infracción do ordenamento xurídico. 2. Así mesmo, poderá perderse a bolsa nos casos de inhibición manifesta ou neglixente cumprimento das actividades obxecto desta. Tales extremos deberán acreditarse no correspondente expediente contraditorio. 3. Corresponde ao/á reitor/a, ou persoa en quen delegue, a instrución e resolución do expediente ao que se alude nos apartados anteriores, quen poderá dispoñer a suspensión provisoria dos efectos económicos das bolsas. 4. As responsabilidades a que fai referencia o presente artigo enténdense sen prexuízo das de orde académica ou penal en que puideren ter incorrido. Artigo 9. Relación xurídica 5

As actividades que, por razón das bolsas concedidas pola Universidade da Coruña, realicen as persoas titulares das mesmas, verificaranse sempre como consecuencia e no contexto dunha relación xurídica de estrita natureza administrativa, quedando excluídas das normas do Dereito do Traballo e da Seguridade Social. CAPÍTULO SEGUNDO Das bolsas de formación específica en investigación Artigo 10. Modalidades de bolsas de investigación 1. As bolsas de investigación na Universidade da Coruña poden ser: a) Propias. Trátase das bolsas financiadas con cargo directo aos orzamentos e programas propios da Universidade da Coruña. b) Integradas. Trátase das bolsas dos Programas Estatais ou Autonómicos, ou liñas de axuda internacionais, dirixidas especificamente á formación do persoal investigador. c) Homologadas. Trátase das bolsas financiadas con cargo a programas e convocatorias de entidades públicas e privadas non incluídas no apartado anterior, e nos que participe a Universidade da Coruña, ben na valoración das propostas e adxudicación das bolsas ou ben no seguimento das actividades obxecto das mesmas. A homologación realizarase por solicitude da entidade concédente ou da persoa investigadora principal, logo da valoración favorable da Comisión de Investigación á vista das condicións das bolsas en canto a duración, dotación económica e aval investigador. d) Adscritas. Trátase das bolsas financiadas con cargo a programas, convocatorias ou liñas de financiamento público ou privado non universitario, que non estean homologadas. Artigo 11. Persoas bolseiras adscritas 1. Os Centros, Departamentos, Institutos, Centros Tecnolóxicos, Servizos ou outros órganos universitarios que adscriban persoas bolseiras de calquera convocatoria non homologada, incluídas aqueloutras bolsas en cuxa xestión económica non participe a Universidade da Coruña, deberán comunicar a súa condición á vicerreitoría correspondente, indicando os 6

datos identificativos da persoa beneficiaria, duración, obxecto e contía da bolsa. 2. A Vicerreitoría correspondente remitirá estes datos ao rexistro público de bolsas para a súa inscrición nun anexo especial reservado para os exclusivos efectos do seu control. Estas persoas, en tanto as súas respectivas bolsas non sexan homologadas expresamente, non terán a consideración de bolseiras de investigación de pleno dereito, e xa que logo, non poderán impartir docencia práctica. Artigo 12. Consignación orzamentaria para o financiamento de bolsas propias e convocatoria 1. Como trámite previo á publicación da convocatoria de bolsas con cargo aos orzamentos da Universidade da Coruña, incorporarase certificación da Xerencia na que se acredite a existencia de crédito dispoñible para tales efectos, así como a retención de crédito correspondente. 2. Como mínimo, a convocatoria expresará, sempre detalladamente e con precisión, os requisitos que se esixan para formalizar a solicitude, os criterios de valoración dos méritos, a comisión encargada de valorar as solicitudes e resolver as convocatorias, a súa duración, unha descrición das actividades formativas a desenvolver, así como a súa dotación. 3. Daráselle a esta convocatoria a máxima difusión posible mediante a súa publicación no apartado específico de bolsas da páxina web da Universidade da Coruña, concedendo un prazo mínimo de seis días hábiles para a presentación de solicitudes. Finalizado este prazo, publicárase unha listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas e habilitarase un prazo non inferior a corenta e oito horas para a presentación de reclamacións. Transcorrido este prazo, a comisión procederá á resolución da solicitude da bolsa e á súa publicación no lugar no que se divulgou a convocatoria nun tempo máximo de dez días hábiles. Contra esta resolución, poderán presentarse os recursos administrativos previstos na lexislación administrativa vixente. 4. A comisión encargada de valorar as solicitudes será a comisión delegada correspondente do Consello de Goberno. No caso de non existir comisión 7

delegada, excepcionalmente o Consello de Goberno creará unha comisión ad hoc, cuxa composición será elixida polo propio Consello de Goberno. CAPÍTULO TERCEIRO Das bolsas adscritas a contratos, convenios ou proxectos de investigación Artigo 13. Persoas beneficiarias 1. Nos contratos, convenios ou proxectos de investigación que se formalicen coa Universidade da Coruña poderán consignarse fondos para a contratación de persoal en formación, aínda que, con carácter excepcional, sexa posible tamén a formalización de bolsas. 2. A finalidade destas bolsas é proporcionar unha formación práctica ao estudantado universitario dos dous últimos cursos de titulacións oficias da Universidade da Coruña ou recentemente egresados de titulacións oficiais universitarias, mediante a súa participación ou colaboración en tarefas de investigación nun proxecto de investigación concreto, financiado por entidades públicas ou privadas, no marco dun convenio de colaboración ou dun contrato do artigo 83 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades. 3. Serán condicións xerais para ser beneficiario deste tipo de bolsas: a) Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o historial científico-técnico de quen presenta a súa solicitude. b) Ser estudante dos últimos cursos da Universidade da Coruña ou ter obtido un título oficial universitario dentro dos cinco anos inmediatamente anteriores á data de convocatoria pública da bolsa en cuestión. 4. Ademais, deberán cumprirse outros requisitos especificados na propia convocatoria pública correspondente. Artigo 14. Procedemento 1. Os/As investigadores/as principais do obxecto do convenio, contrato ou proxecto de investigación, remitirá ao Departamento correspondente a 8

convocatoria da bolsa, que deberá axustarse ao modelo que figura no ANEXO I. 2. O Departamento en cuestión daralle a esta convocatoria a máxima difusión posible mediante a súa publicación nos taboleiros de anuncios do Departamento e do Centro ao que estea adscrito e no apartado específico de bolsas da páxina web da Universidade da Coruña, concedendo un prazo mínimo de seis días hábiles para a presentación de solicitudes. Finalizado este prazo, publicárase unha listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas e habilitarase un prazo non inferior a corenta e oito horas para a presentación de reclamacións. Transcorrido este prazo, procedérase á resolución da solicitude da bolsa e á súa publicación nos mesmos lugares nos que se publicou a convocatoria nun tempo máximo de dez días hábiles. Contra esta resolución, poderán presentarse os recursos administrativos previstos na lexislación administrativa vixente. 3. A comisión encargada de valorar os méritos segundo o baremo que figura no ANEXO I estará formada cando menos polo investigador principal do proxecto de investigación e por un/ha profesor/a e por un/unha estudante do Consello de Departamento, elixidos/as polo Consello de Departamento. 4. Unha vez resolta a bolsa, esta comisión remitirá ao rexistro público de bolsas a convocatoria e a súa resolución. 5. O/A Reitor/a, a proposta do órgano correspondente nomeará ao bolseiro e dispoñerá que se lle estenda a credencial e se tome razón da súa inscrición no rexistro público de bolsas. Artigo 15. Duración 1. A duración máxima das bolsas será dun ano, que poderá ser prorrogado só por un ano máis. En ningún caso, poderanse convocar bolsas cuxa duración exceda da que corresponde ao contrato, ao convenio ou ao proxecto de investigación. 2. O tempo de duración da bolsa comeza a computarse a partir da data da súa aceptación por parte da persoa titular. O comezo da realización das 9

actividades formativas correspondentes en ningún poderá anticiparse a data de aceptación. 3. En calquera caso, entenderase automaticamente concluída a bolsa cando o faga o convenio, o contrato ou o proxecto de investigación do que traia causa, sen que se teña dereito a indemnización algunha. Artigo 16. Dedicación 1. No caso de estudantado recentemente egresado de titulacións oficiais universitarias, a dedicación nas bolsas con cargo a convenios, contratos ou proxectos de investigación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial. 2. Teñen a consideración de bolsas a tempo completo aquelas que esixan unha dedicación mínima semanal de quince horas e unha máxima de trinta e cinco horas. Teñen a consideración de bolsas a tempo parcial aquelas que esixan unha dedicación semanal inferior á requirida para as bolsas a tempo completo, sen que, en ningún caso, poida estar por debaixo das cinco horas tamén semanais. 3. No caso de estudantado universitario dos dous últimos cursos de titulacións oficiais da Universidade da Coruña, a dedicación ás bolsas con cargo a convenios, contratos ou proxectos de investigación só poderá ser a tempo parcial. Artigo 17. Contía das bolsas O Consello de Goberno determinará anualmente, con carácter xeral, as contías máxima e mínima das axudas por bolsas, atendendo sempre ao tempo de dedicación e ao nivel de titulación esixido en cada convocatoria. Artigo 18. Persoas beneficiarias CAPÍTULO CUARTO Das bolsas de colaboración 1. Serán condicións xerais para poder beneficiarse de bolsas de colaboración en servizos universitarios da Universidade da Coruña: 10

a) Estar cursando estudos oficiais na Universidade da Coruña. b) Non exceder de 28 anos de idade durante o período de goce da bolsa. c) Non percibir ningunha axuda económica incompatible. Tampouco poderá realizarse ningunha actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. d) Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico de quen presenta a súa solicitude. Artigo 19. Procedemento 1. A proposta do órgano do que dependa cada servizo, a Universidade da Coruña mediante resolución reitoral poderá convocar bolsas de colaboración. O órgano que propoña indicará por escrito, con precisión e baixo a súa responsabilidade, as actividades que se asignarán á persoa titular da bolsa de colaboración, que só poderán ser estritamente formativas e non consistentes en tarefas propias do persoal de administración e servizos e do persoal docente e investigador. 2. Como mínimo, a convocatoria expresará, sempre detalladamente e con precisión segundo o modelo que figura como ANEXO II, os requisitos que se esixan para formalizar a solicitude, os criterios de valoración dos méritos, a comisión encargada de valorar as solicitudes e resolver as convocatorias, a súa duración, unha descrición das actividades formativas a desenvolver, así como a súa dotación. 3. Daralle a esta convocatoria a máxima difusión posible mediante a súa publicación no apartado específico de bolsas da páxina web da Universidade da Coruña, concedendo un prazo mínimo de seis días hábiles para a presentación de solicitudes. Finalizado este prazo, publicárase unha listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas e habilitárase un prazo non inferior a corenta e oito horas para a presentación de reclamacións. Transcorrido este prazo, procederase á resolución da solicitude da bolsa e á súa publicación no lugar no que se publicou a convocatoria nun tempo máximo de dez días hábiles. Contra esta resolución, poderán presentarse os recursos administrativos previstos na lexislación administrativa vixente. 11

4. A comisión encargada de valorar as solicitudes será a comisión delegada correspondente do Consello de Goberno ou as comisións correspondentes dos centros. No caso de non existir comisión, excepcionalmente o Consello de Goberno nomeará unha comisión ad hoc, que estará formada, cando menos, polo/a vicerreitor/a correspondente, o/a secretario/a xeral, o/a xerente, ou persoas en quen deleguen, o/a director/a ou xefe/a do servizo, dous/dúas estudantes elixidos/as polo Consello de Goberno e un membro do persoal de administración e servizos tamén do servizo. 5. O/A Reitor/a, a proposta do órgano correspondente nomeará ao bolseiro e dispoñerá que se lle estenda a credencial e que se tome razón da súa inscrición no rexistro público de bolsas. Artigo 20. Principios de adxudicación As bolsas de colaboración serán convocadas baixo os seguintes principios: a) Concorrencia. Publicarase a convocatoria no apartado específico de bolsas da páxina web da Universidade da Coruña. b) Obxectividade. A adxudicación das bolsas de colaboración só atenderá a méritos obxectivos. c) Rotación. Só se poderá gozar da mesma bolsa de colaboración unha vez. d) Formación titorizada. En todas as bolsas se procederá ao nomeamento dunha persoa responsable da titorización, que velará pola adecuada formación da persoa titular da bolsa. Artigo 21. Duración e dedicación 1. A duración máxima das bolsas de colaboración será de doce meses. Finalizados os doces meses, as bolsas non poderán ser prorrogadas en ningún caso. 2. A dedicación nas bolsas de colaboración nunca poderá ser superior a quince horas semanais, sen que o tempo de dedicación diario poida exceder de catro horas. Artigo 22. Contía das bolsas 12

O Consello de Goberno determinará anualmente, con carácter xeral, as contías máxima e mínima das axudas por bolsas de colaboración, atendendo sempre ao tempo de dedicación esixido en cada convocatoria. Artigo 23. Consignación orzamentaria para o financiamento das bolsas Como trámite previo á publicación da convocatoria, incorporarase certificación da Xerencia na que se acredite a existencia de crédito dispoñible para tales efectos. Disposición Adicional primeira 1. O presente regulamento debe ser integrado e interpretado no marco do disposto nos Estatutos da Universidade da Coruña e das normas vixentes sobre o ensino universitario, así como do resto do ordenamento xurídico. En particular, para o que non estea disposto no presente regulamento nin nos Estatutos da Universidade, aplicarase o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 2. O Consello de Goberno está facultado para interpretar e desenvolver o presente regulamento, así como para resolver todas as incidencias que puideran xurdir na súa aplicación. Disposición Adicional segunda 1. Non poderán presentarse a convocatorias de bolsas de colaboración aquelas persoas que xa foran beneficiarias nalgunha ocasión de calquera bolsa de colaboración da Universidade da Coruña, sempre e cando o tempo conxunto exceda de doce meses. 2. En ningún caso a concesión dunha bolsa de colaboración implicará a incorporación da persoa interesada aos cadros de persoal da Universidade da Coruña. 3. Ter sido titular dunha bolsa nunca poderá implicar posuír un requisito exixible ou un mérito avaliable para optar a prazas de persoal de administración e servizos. 13

Disposición Adicional terceira Para os efectos de aplicación deste regulamento, a Universidade da Coruña habilitará un espazo específico na súa propia páxina web, no que se aloxarán todas as convocatorias de bolsas aquí reguladas. Disposición Adicional cuarta Decláranse nulas aquelas convocatorias de bolsas que non se axusten ao establecido no presente regulamento. Disposición Adicional quinta A modificación do presente regulamento compete ao Consello de Goberno da Universidade da Coruña. Disposición Transitoria Todas as bolsas ás que lles resulten de aplicación o presente regulamento e fosen convocadas con antelación á súa entrada en vigor, entenderanse a extinguir, séndolles de aplicación o réxime e condicións establecidos nas súas correspondentes convocatorias. Disposición Final O presente Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación polo Consello de Goberno. 14

ANEXO I MODELO DE CONVOCATORIA DE BOLSAS ADSCRITAS A CONTRATOS, CONVENIOS OU PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN A Universidade da Coruña fai pública esta convocatoria para estudantes dos últimos cursos da Universidade da Coruña ou para quen teña obtido un título oficial universitario con posterioridade a 30 de setembro de.... OBXECTO DA BOLSAS: O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de......... bolsa que facilite unha formación práctica ao estudantado universitario dos dous últimos cursos de titulacións oficias da Universidade da Coruña ou recentemente egresado de titulacións oficiais universitarias, mediante a súa participación ou colaboración en tarefas de investigación nun proxecto de investigación concreto, financiado por entidades públicas ou privadas, no marco dun convenio de colaboración ou dun contrato do artigo 83 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades. O importe total destas axudas ascende a......... con cargo a partida orzamentaria......... Esta convocatoria conta con dúas modalidades de bolsa: Modalidade A: Renovacións Modalidade B: Bolsas de nova adxudicación REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES A Universidade da Coruña convoca... bolsas adscritas ao contrato/convenio/proxecto... destinadas a aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos. Modalidade A: Renovacións -Ter sido beneficiario/a desta mesma bolsa na convocatoria anterior -Contar co informe favorable da persoa responsable da súa titorización. Modalidade B: Nova adxudicación - Ser estudante dos últimos cursos da Universidade da Coruña, ou ter obtido un título oficial universitario con posterioridade a 30 de setembro de.... -Non ter sido beneficiario/a de ningunha bolsa adscrita a contrato/convenio/proxecto durante un período superior a 24 meses FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES Modalidade A: Renovacións As solicitudes presentaranse por duplicado e acompañadas inescusablemente da seguinte documentación: - Formulario normalizado. 15

- Declaración xurada de non contar con ningunha axuda económica incompatible nin realizar ningunha actividade retribuída. No caso de realizarse unha actividade retribuída, certificación da Axencia Tributaria acreditativa do seu nivel de rendas, para os efectos de comprobar que non se obteñen ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. - Memoria do traballo realizado durante o período anterior, asinado pola persoa responsable da súa titorización. Modalidade B: Nova adxudicación As solicitudes presentaranse por duplicado e acompañadas inescusablemente da seguinte documentación: - Formulario normalizado - Curriculum vitae da persoa solicitante coa documentación que o acredite. -Certificación académica detallada, na que consten as cualificacións obtidas, as datas de obtención e o número de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada) - Declaración xurada de non contar con ningunha axuda económica incompatible nin realizar ningunha actividade retribuída. No caso de realizarse unha actividade retribuída, certificación da Axencia Tributaria acreditativa do seu nivel de rendas, para os efectos de comprobar que non se obteñen ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. CONTÍA E PERÍODO O importe bruto da axuda será de..., ao que se lle aplicarán, de for o caso, as retencións correspondentes. Os pagos faranse con cargo á partida orzamentaria... A duración destas bolsas é de... meses comprendidos entre o... e o... A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado pola bolseiro/a en que se compromete a cumprir todas as condicións recollidas nesta convocatoria. COMISIÓN DE SELECCIÓN E CRITERIOS DE AVALIACIÓN A Comisión de Selección estará constituída por : Presidente/a: Investigador/a principal Vogais: 1 profesor/a do Departamento 1 estudante do Consello de Departamento Criterios de avaliación: Modalidade A: Valoración de memoria do traballo realizado Modalidade B: Expediente académico:... puntos (65% da puntuación total). DEA:... puntos (10% da puntuación total). 16

Mestrado oficial:... (5% da puntuación total). Título de Doutoramento:.. puntos (20% da puntuación total). Outros méritos, que deben aparecer descritos na propia convocatoria,:...punto (10% da puntuación total). Coñecemento acreditado do galego:... (5% da puntuación total). Quen teña o título de doutoramento non poderá obter puntuación polo DEA. Só se valorarán os méritos que se acreditaren documentalmente referidos á data de finalización de presentación de solicitudes. Estas bolsas serán resoltas no prazo de..., contado a partir da data de finalización de presentación das solicitudes. Contra esta resolución, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de reposición perante o/a reitor/a no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da UDC. OBRIGAS DAS PERSOAS BOLSEIRAS Estas bolsas son incompatibles con calquera outra bolsa, salvo as axudas que se convocan para realizar actividades formativas dos/as bolseiros/as (bolsas de viaxe, estadías de investigación, etc.) ou de axudas ao estudo. Todas as bolsas serán incompatibles con calquera actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. Para tales efectos, poderase solicitar á persoa interesada certificación da Axencia Tributaria acreditativa do seu nivel de rendas. As persoas bolseiras comprométense a realizar a súa actividade seguindo as indicacións da persoa responsable da súa titorización. O incumprimento por parte da persoa bolseira dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e mesmo o reintegro das cantidades percibidas. Todas as baixas que se produciren, antes do..., serán substituídas por un suplente da relación que elaborará a comisión de selección. As persoas bolseiras comprométense a presentar unha memoria, antes do... das actividades realizadas. O incumprimento desta obriga suporá a devolución da contía recibida. A presente convocatoria debe ser integrada e interpretada ao abeiro do Regulamento de bolsas de Universidade da Coruña, aprobado na sesión do Consello de Goberno de... PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES (modalidade A e B) As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña) ou no Rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Rúa Dr. Vázquez Cabrera s/n. Esteiro. 15403 Ferrol) antes das 14h do día... A Coruña... 17

ANEXO II MODELO DE CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN A Universidade da Coruña fai pública esta convocatoria de bolsas de colaboración para estudantes Universidade da Coruña. OBXECTO DA BOLSAS: O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de......... bolsas que permitan a formación teórica e práctica mediante a realización de actividades de apoio aos servizos universitarios O importe total destas axudas ascende a......... con cargo a partida orzamentaria......... REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES A Universidade da Coruña convoca... bolsas de colaboración, destinadas a aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: - Estar cursando estudios oficiais na Universidade da Coruña. - Non exceder de 28 anos de idade durante o período de goce da bolsa. - Non percibir ningunha axuda económica incompatible. Tampouco poderá realizarse ningunha actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. - Non ter disfrutado de ningunha bolsa de colaboración por un período superior a 12 meses - Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico de quen presenta a súa solicitude. FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES As solicitudes presentaranse por duplicado e acompañadas inescusablemente da seguinte documentación: - Formulario normalizado - Curriculum vitae da persoa solicitante coa documentación que o acredite. - Certificación académica detallada, na que consten as cualificacións obtidas, as datas de obtención e o número de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). - Declaración xurada de non contar con ningunha axuda económica incompatible nin realizar ningunha actividade retribuída. No caso de realizarse unha actividade retribuída, certificación da Axencia Tributaria acreditativa do seu nivel de rendas, para 18

os efectos de comprobar que non se obteñen ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. CONTÍA E PERÍODO O importe bruto da axuda será de..., ao que se lle aplicarán, de for o caso, as retencións correspondentes. Os pagos faranse con cargo á partida orzamentaria... A duración destas bolsas é de... meses comprendidos entre o... e o... A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado pola persoa interesada en que se compromete a cumprir todas as condicións recollidas nesta convocatoria. COMISIÓN DE SELECCIÓN E CRITERIOS DE AVALIACIÓN A Comisión de Selección estará constituída por : Criterios de avaliación: Expediente académico:... puntos (un mínimo do 70% da puntuación total). Outros méritos, que deben aparecer descritos na propia convocatoria,:...punto (até un máximo do 25% da puntuación total). Coñecemento acreditado do galego:... (até un máximo do 5% da puntuación total). Só se valorarán os méritos que se acreditaren documentalmente referidos á data de finalización de presentación de solicitudes. Estas bolsas serán resoltas no prazo de..., contado a partir da data de finalización de presentación das solicitudes. Contra esta resolución, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de reposición perante o/a reitor/a no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da UDC. OBRIGAS DAS PERSOAS BOLSEIRAS Estas bolsas son incompatibles con calquera outra bolsa, salvo as que se convocan para a axudas ao estudo. Todas as bolsas serán incompatibles con calquera actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. Para tales efectos, poderase solicitar á persoa interesada certificación da Axencia Tributaria acreditativa do seu nivel de rendas As persoas bolseiras comprométense a realizar a súa actividade seguindo as indicacións do titor. O incumprimento por parte da persoa bolseira dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e mesmo o reintegro das cantidades percibidas. 19

Todas as baixas que se produciren, antes do..., serán substituídas pola seguinte persoa da relación que elaborará a comisión de selección. As persoas bolseiras comprométense a presentar unha memoria, antes do... das actividades realizadas. O incumprimento desta obriga suporá a devolución da contía recibida. A presente convocatoria debe ser integrada e interpretada ao abeiro do Regulamento de bolsas de Universidade da Coruña, aprobado na sesión do Consello de Goberno de... PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña) ou no Rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Rúa Dr. Vázquez Cabrera s/n. Esteiro. 15403 Ferrol) antes das 14h do día... A Coruña... 20