Guía de procedementos e servizos

Documentos relacionados
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

V I C E P R E S I D E N C I A

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

1.- Obxecto e finalidade:

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9841

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3532

Convocatoria ordinaria de 2012

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx

DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4582

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 8898

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Consellería de Traballo e Benestar

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

NADAL Obxecto

DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx

NOTA INFORMATIVA SOBRE A INSCRICIÓN NO REXISTRO DA TITULARIDADE COMPARTIDA DAS EXPLOTACIONES AGRARIAS DE GALICIA.

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Ordenanzas fiscais Páxina 1

DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8623

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

O CONTRATO DE TRABALLO

En Santiago de Compostela, REUNIDOS

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 105 Venres, 4 de xuño de 2010

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Consellería de Economía, Emprego e Industria

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

6.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 72 Luns, 19 de abril de 2010

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

9.172 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 96 Luns, 24 de maio de 2010

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

(+34)

Transcrição:

Guía de procedementos e servizos MR405A - Axudas para plan de mellora das explotacións agrarias para agricultores profesionais (Tipo B). Forma presentación Tramitación en liña Presencial Datos solicitude Prazo de presentación: 23/01/2014-22/02/2014. Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia. Prazo de resolución: Sete meses Sentido do silencio administrativo: Negativo Documentación a) Anexo I (plans de melloras B agricultores profesionais) b) Informe de vida laboral de cara a acreditar a condición de explotación agraria prioritaria. c) Xustificante da capacitación profesional; a dita capacitación xustificarase no momento de solicitar a axuda. d) Declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado (no caso de haber rendementos do traballo achegarase certificado de retencións). Así mesmo, todos aqueles interesados que xa presentaron a súa declaración da renda no período voluntario que estea aberto no momento da publicación desta orde poderán presentar esta última declaración, ou ben as declaracións de tres dos últimos cinco anos sempre que inclúa a do último exercicio, para a acreditación da condición de explotación agraria prioritaria. No caso de entidades xurídicas, os socios presentarán as súas declaracións individuais do IRPF ou ben a declaración do imposto de sociedades da entidade para xustificar que, polo menos, o 10 % da renda total da entidade se obtén de actividades agrarias ou complementarias. e) Estatutos ou regulamentos de réxime interno (se fose o caso). f) Certificado do número de socios e dos que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se fose o caso). g) Conformidade da entidade bancaria coa concesión do préstamo (se fose o caso). h) Documento de participación do mozo nos investimentos (se fose o caso). i) Memoria do plan de mellora, onde se xustificará a realización do plan. j) Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf). k) Facturas pro forma, nas que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita axuda (fabricante, características técnicas). l) As persoas xurídicas xustificarán que desenvolven a actividade agraria presentando os estatutos ou documento de constitución, e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas das orientacións produtivas e das actividades económicas da explotación. 1 de 6

m) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades, segundo sexan ou non profesionais. n) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo I ou II os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo presentarán o documento de nomeamento do seu representante ou apoderado único, e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda. Ademais da documentación establecida para cada axuda en concreto segundo os artigos anteriores, presentarase a seguinte documentación: a) Copia do NIF das persoas xurídicas solicitantes das axudas e copia do DNI do seu representante, e copia do DNI das persoas físicas. As copias do DNI deberanse achegar no caso de non autorizar a Consellería do Medio Rural e do Mar á consulta de datos do DNI no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. b) De cara á avaliación do cumprimento dos indicadores de resultados (R2 e R7) do PDR de Galicia 2007-2013, de acordo co establecido no Marco Común de Seguimento e Avaliación do Feader, o Regulamento (CE) nº 1974/2006 e o artigo 79 do Regulamento (CE) 1968/2005 do Consello, así como o artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os beneficiarios deberán presentar a declaración da renda (persoas físicas) ou imposto de sociedades (persoas xurídicas) correspondente ao exercicio en que se xustifica a subvención. As persoas beneficiarias quedan obrigadas á presentación da mesma documentación relativa aos dous exercicios posteriores a aquel exercicio en que se xustifica a subvención, no prazo dun mes desde que finalice a data de presentación destas declaracións. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria necesaria para cubrir os indicadores de resultados do PDR. c) Anexo V: declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos. Non obstante o disposto nos puntos e artigos anteriores, a presentación dentro do prazo establecido nesta orde da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes: - O anexo I, II, III ou IV segundo sexa o caso, completamente cubertos. - Memoria do plan de mellora e a descrición detallada dos investimentos que se van realizar. - Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf). - Facturas pro forma, en que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita (fabricante, características técnicas). A falta de calquera desta documentación determinará a inadmisibilidade da solicitude. Ademais, de acordo co artigo 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas que soliciten as axudas previstas nesta orde acreditarán, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, que se encontran ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por concepto ningún, coa Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión da axuda pola persoa interesada comportará, durante todo o período de compromisos, a autorización á Consellería do Medio Rural e do Mar para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios 2 de 6

establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, se entenderá prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, se entenderá que o prazo expira o último do mes. A onde acudir Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA SUBDIRECCIÓN XERAL DE APOIO ÁS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO, S/N 15771 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 981546959 Fax: 981546892 XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS R/ VICENTE FERRER, 2 15008 A CORUÑA Teléfono: 981184684 Fax: 981184774 XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS RONDA DA MURALLA,70 27071 3 de 6

LUGO Teléfono: 982889249 Fax: 982294808 XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE SERVIZO DE EXPLOTACIONS AGRARIAS R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6 BAIXO 32003 OURENSE Teléfono: 988386532 Fax: 988386482 XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA SERVIZO DE EXPLOTACIONS AGRARIAS R/FERNÁNDEZ LADREDA 43-2º 36003 PONTEVEDRA Teléfono: 886206543 Fax: 886206588 Obxecto Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2014 a seguinte liña de axuda en réxime de concorrencia competitiva: - Plans de mellora nas explotacións agrarias. Estas axudas teñen como finalidade: - Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización. As solicitudes destas axudas tramitaranse de acordo coa presente orde e coas bases reguladoras da Orde do 13 de xuño de 2013. Beneficiarios As persoas titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde. 4 de 6

Requisitos a) Ser titular dunha explotación agraria no momento da solicitude, agás que simultaneamente solicite unha axuda para a instalación de mozos ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións. b) Levar a cabo un plan de mellora da súa explotación. c) Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda. Este compromiso será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podéndoselle exixir, para eses anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao servizo territorial de Explotacións Agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral. d) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. e) Acreditar a súa viabilidade económica, mediante a presentación do correspondente plan de viabilidade. Neste plan deberán acadar, polo menos, unha UTA no momento da solicitude da axuda (situación inicial do plan), tendo en conta a definición de agricultor profesional establecida pola Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias. f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea. g) Posuír a capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúen a capacitación suficiente. h) Posuír a condición de agricultor/a profesional, segundo se establece na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, que se xustificará no momento da solicitude, agás no caso de agricultores non profesionais que tiveran recibido a explotación dun agricultor profesional, que se xustificará xunto coa solicitude de pagamento do expediente. i) Ter dezaoito anos feitos e non superar os sesenta anos. j) Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, esta deberá acreditar a súa constitución e que, polo menos, o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderá resultar beneficiaria da axuda coa condición de que cumpra as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. k) As persoas xurídicas deberán cumprir os requisitos establecidos nas letras a), b), c), d), e), f) e g), e ter a condición de explotación agraria prioritaria ou acadar tal condición coa aplicación destas axudas, o que se acreditará segundo se establece na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias. Normativa AUTONÓMICA Orde do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2013). 5 de 6

Normativa AUTONÓMICA Orde do 15 de outubro de 2013 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013 (DOG nº 204 do 24 de outubro de 2013). Normativa AUTONÓMICA Orde do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan para o ano 2014 as axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2014). Acceda a este e a outros procedementos relacionados a través da guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos 6 de 6