VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Documentos relacionados
TÁBOA ORIENTATIVA DE INGRESOS MÁXIMOS PONDERADOS SEGUNDO OS TRAMOS DE REFERENCIA

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

DETALLE DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

V I C E P R E S I D E N C I A

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

Ordenanzas fiscais Páxina 1

A CORUÑA DATA LUGAR FESTA GASTRONÓMICA

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Indicadores de poboación: decrecemento e envellecemento poboacional en Galicia

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

de toda Galicia A CORUÑA LUGAR FESTA GASTRONOMICA DATA

Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia

2013 AE401 Anuario de Estatística Agraria

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Iinforme climatolóxico primavera 2016 INFORME CLIMATOLÓXICO PRIMAVERA 2016

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Guía de procedementos e servizos

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA. X lexislatura Número de febreiro de 2018

anticipo do profundo proceso modernizador que persegue a reforma organizativa denominada nova oficina xudicial.

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx

DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx

ACTIVIDADES DE COORDINACIÓN DAS POLICÍAS LOCAIS DE GALICIA

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

1 " XUNTA DE GALlCIA. Rural~ s. yallcla. Gallera InVIste no RURal

DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

Os Grupos de Acción Costeira (GAC) no marco do eixe 4 do FEP Santiago de Compostela,15 de xullo de 2008

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A GANDERÍA EXTENSIVA E A NOVA PAC

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DO DELF SCOLAIRE CURSO

PREZO PÚBLICO Núm. 5 ORDENANZA REGULADORA DE PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS E INSTALACIÓNS CULTURAIS.

ARTIGO 2º. SUXEITOS PASIVOS

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Transcrição:

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39301 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA DECRETO 120/2016, do 1 de setembro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de agosto do ano 2016. Durante o mes de agosto de 2016 unha vaga de incendios forestais ameazou o territorio da nosa comunidade autónoma, nunha situación de extrema dificultade derivada da combinación de altas temperaturas, unha seca prolongada, vento e incendiarios, que causaron graves danos en diversos bens de titularidade pública e privada. A existencia deste tipo de situacións de emerxencia de natureza catastrófica trouxo consigo danos con repercusión no ámbito económico e social, o que fai necesario articular mecanismos de colaboración e cooperación entre todas as administracións implicadas, en concreto, mediante o establecemento dun sistema de axudas que palíen os danos causados polos incendios, que atendan as situacións de necesidade en que se puidesen atopar os colectivos directamente afectados, e mesmo contribúan a restaurar os valores naturais e a reactivar a actividade económica das zonas afectadas. Xa o propio ditame do Comité das Rexións (2010/C 79/04) establece a necesidade dunha resposta inmediata e directa ante a existencia de calquera situación de natureza catastrófica. O artigo 38 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, prevé a actuación das administracións públicas, dentro das súas respectivas competencias, para o restablecemento dos servizos esenciais para a comunidade afectada pola situación de emerxencia, así como o establecemento de axudas en atención ás necesidades derivadas das ditas situacións cando teñan natureza catastrófica. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 31 de marzo de 2010, adoptou o acordo polo que se establecen as directrices básicas de actuación coa finalidade de restablecer os servizos esenciais afectados como consecuencia dunha catástrofe ou calamidade, así como de protexer a integridade das persoas e bens de titularidade pública ou privada e mais os danos provocados por estas situacións.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39302 Deste xeito, establécese un protocolo de actuación que deberá ser seguido nestas situacións, de modo que, mediante decreto, se acorde a oportunidade de outorgar axudas destinadas á reparación dos danos e perdas causados. Logo de informe da Axencia Galega de Emerxencias, o episodio dos incendios que asolaron o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o mes de agosto de 2016 declárase como de natureza catastrófica. Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tras o informe da Axencia Galega de Emerxencias do 18 de agosto de 2016, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de setembro de dous mil dezaseis DISPOÑO: Artigo 1. Ámbito de aplicación As axudas previstas neste decreto aplicaranse á reparación dos danos orixinados polos incendios acontecidos durante o mes de agosto de 2016 no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos e nas contías máximas que se establezan nel, así como nas correspondentes convocatorias que o apliquen, e preferentemente nos termos municipais e núcleos de poboación indicados no anexo deste decreto. Artigo 2. Natureza das axudas 1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados. 2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39303 Artigo 3. Réxime xurídico 1. O procedemento de concesión rexerase polo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento. 2. As axudas poderanse outorgar en réxime de concesión directa por mor do interese público, social, económico e humanitario derivado das excepcionais circunstancias que concorren neste caso, e concederanse nos termos e condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras. Artigo 4. Réxime de contratación 1. Para os efectos previstos no artigo 113 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, terán a consideración de obras, servizos, adquisicións ou subministracións de emerxencia os de reparación ou mantemento do servizo de infraestruturas ou equipamentos, así como as obras de reposición de bens prexudicados polos incendios. 2. Para estes efectos, inclúense entre as infraestruturas as estradas, as de transportes, as eléctricas, as hidráulicas e as forestais. 3. Declararase urxente a ocupación dos bens afectados polas expropiacións derivadas da realización das obras a que se refire este artigo, para os efectos establecidos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954. Artigo 5. Beneficiarios 1. Poderán solicitar as axudas, nos termos que se establezan neste decreto e nas convocatorias que se aproben, os seguintes beneficiarios: a) As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto o inmoble como o enxoval. b) Os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen danos derivados directamente dos incendios.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39304 c) Os titulares de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, polos danos e perdas derivados directamente dos incendios, así como os titulares de maquinaria afectada por incendios forestais. d) As entidades locais, para facer fronte aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e aos danos causados nos bens e dereitos de titularidade municipal polos incendios. 2. Os prazos para a presentación de solicitudes determinaranse nas disposicións que se diten en desenvolvemento deste decreto. Artigo 6. Axudas por danos persoais As axudas por danos persoais concederanse por falecemento, por incapacidade absoluta permanente e por lesións que causasen a hospitalización da persoa ferida cando o feito causante teña a súa orixe nos acontecementos obxecto de regulación neste decreto. O importe desta axuda será para o caso de falecemento e incapacidade permanente absoluta de 18.000 euros, e de entre 60 e 103 euros por día de hospitalización, sen que en ningún caso se poidan superar as contías que resultan de aplicar o sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación, recollido no texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro. Artigo 7. Axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados 1. Será obxecto de axuda a reparación dos danos causados polos incendios nas seguintes infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais: a) Pistas forestais. b) Captacións de auga. c) Cerramentos e os seus complementos. d) Bebedoiros. e) Comedeiros.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39305 2. Así mesmo, será obxecto de axuda a reparación dos danos causados na maquinaria e equipamento agrícola ou forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción de incendios forestais, na medida en que non fose cuberta pola Administración xeral do Estado. 3. Poderán ser obxecto tamén de axuda aquelas plantacións privadas nas condicións que se establezan, así como aqueles amoreamentos de madeira cortada afectada polos incendios forestais. Artigo 8. Axudas por danos causados en vivendas e enxoval doméstico 1. Serán obxecto de axuda os danos causados polos incendios sinalados anteriormente na vivenda que constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores e nas súas instalacións complementarias, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarios os afectados, e polo importe correspondente ata cubrir como máximo o 100 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda, en conxunto, poida superar o límite do 75 % do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade. 2. Serán obxecto de axuda os danos causados no resto das vivendas ata acadar o 40 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda poida superar o 40 % do 75 % do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade. As vivendas deberán dedicarse, polo menos, a vivenda ocasional, e quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas e as que estean en manifesto abandono. 3. Para os efectos deste artigo entenderase por vivenda as construcións anexas e instalacións complementarias e elementos comúns no caso de comunidades de propietarios. Como instalacións complementarias entenderanse as construcións e equipamentos de apoio á economía e vida familiar tales como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalacións de telecomunicacións etc., sempre e cando estean situadas no mesmo predio da vivenda. No mesmo sentido entenderase como construción ou instalación complementaria o cerramento preexistente do predio en que está a vivenda. En calquera caso, o importe máximo de axudas polo concepto de danos en instalacións complementarias non poderá ser superior a 3.000 euros.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39306 4. Serán igualmente obxecto de axudas os danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade cando non estivesen incluídos nas axudas que para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións. O importe da axuda será de ata o 100 % ou de ata o 40 % dos gastos de reparación ou reposición en función de que o enxoval sexa o da vivenda habitual e permanente ou o da vivenda ocasional, respectivamente. Artigo 9. Axudas por danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís 1. Serán obxecto de axuda os danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís como consecuencia dos estragos ocasionados polos incendios nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías nelas depositadas, así coma nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades. 2. Quedarán excluídas da percepción destas axudas as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. Artigo 10. Axudas por danos nas explotacións agrícolas ou gandeiras Respectando os criterios establecidos pola Unión Europea nas Directrices comunitarias sobre axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais de 2014 a 2020, os titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras que sufrisen perdas da súa produción por mor dos incendios poderán ser beneficiarios das axudas polos danos sufridos nas explotacións que estean situadas no ámbito xeográfico sinalado no artigo 1. Artigo 11. Axudas ás entidades locais 1. Serán obxecto de axudas os gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e os danos causados nos bens de titularidade municipal prexudicados polos incendios. Estas axudas terán, en todo caso, carácter complementario ás que sexan aprobadas por outras administracións. 2. Quedarán excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39307 Artigo 12. Convenios con outras administracións públicas e entidades colaboradoras 1. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia propiciará a subscrición co resto das administracións públicas e coas entidades colaboradoras dos convenios de colaboración que exixa a aplicación deste decreto con vistas ao cofinanciamento das actuacións. 2. Nos convenios de colaboración deberase fixar a forma en que se librarán os fondos ás entidades locais para proceder á reparación dos danos causados nas infraestruturas públicas e o restablecemento dos servizos públicos e nos subscritos coas entidades colaboradoras as condicións e obrigas asumidas por estas consonte o disposto no artigo 13 da Lei 9/2007, de subvencións en Galicia. Artigo 13. Financiamento 1. As axudas públicas reguladas neste decreto financiaranse con cargo aos orzamentos das respectivas consellerías afectadas. Para estes efectos realizaranse, de ser o caso, as modificacións de crédito que sexan necesarias. 2. En todo caso a concesión das axudas estará subordinada á existencia de crédito adecuado e suficiente. Disposición adicional primeira O pagamento das axudas establecidas nos artigos 7, 9 e 10 estará en todo caso condicionado a que exista normativa comunitaria que habilite as ditas axudas ou a que, de ser o caso, os órganos competentes da Unión Europea adopten unha decisión de non formular obxeccións ou declaren a subvención compatible co mercado común e nos termos en que a dita declaración se realice, aspecto este que deberá constar no acto administrativo de concesión. Disposición adicional segunda Facúltase a Consellería do Medio Rural para que no ámbito das súas competencias poida realizar directamente actuacións de reparación, restauración ou mitigacións dos danos e efectos causados polos incendios forestais, en montes veciñais, montes de varas ou Sofor. As ditas actuacións tamén se poderán realizar en terreos particulares cando a súa eficacia exceda os límites das parcelas.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39308 As ditas actuacións, entre outras, poderanse referir á mellora de pistas e outras infraestruturas forestais de transporte, captacións de auga e evacuación de augas de escorremento. Así mesmo, en actuacións de reparación e reposición de peches gandeiros e as súas instalacións complementarias afectadas por incendios, así como a realización daqueles peches alternativos para soster as cabanas afectadas, e a subministración de balas de palla para o mantemento de cabanas afectadas. Son tamén actuacións elixibles aquelas orientadas á restauración do potencial forestal, incluíndo as sementeiras rexenerativas, accións de consolidacións de solos queimados, eliminación de madeira queimada non comercial ou novas plantacións substitutorias. Disposición derradeira primeira Impulsarase a creación dunha comisión coa Administración do Estado, coas deputacións provinciais e coas administracións locais afectadas, co fin de determinar, no seu seo, as cantidades que achegará cada unha delas para a asunción dos danos e, de ser o caso, o sinalamento e identificación dos que serán reparados ou sufragados por cada Administración. Disposición derradeira segunda Facúltanse os distintos titulares das consellerías e das entidades do sector público para que, no ámbito das súas competencias, diten as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto, adoptando as medidas necesarias para a súa aplicación. Para os ditos efectos entenderanse competentes para a concesión das axudas previstas neste decreto as seguintes consellerías: Axudas por danos persoais, a Consellería de Facenda. Axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados, a Consellería do Medio Rural. Axudas por danos causados en vivendas e instalacións complementarias, o Instituto Galego de Vivenda e Solo. Axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no seu ámbito competencial, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ou a Axencia Turismo de Galicia.

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39309 Axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, a Consellería do Medio Rural. Axudas ás entidades locais ou actuacións directas sobre os seus bens, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Consellería do Medio Rural, no ámbito das súas respectivas competencias e funcións. Disposición derradeira terceira Facúltase a Consellería de Facenda para adoptar as medidas financeiras e orzamentarias consecuentes para facer fronte ás situacións de carácter extraordinario, derivadas dos incendios acontecidos durante o mes de agosto de 2016, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, que adopte a Xunta de Galicia para a reparación dos danos causados. Disposición derradeira cuarta Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, un de setembro de dous mil dezaseis Alberto Núñez Feijóo Presidente Alfonso Rueda Valenzuela Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ANEXO Termos municipais e núcleos de poboación afectados aos cales serán de aplicación as axudas Provincia Zona Concello A Coruña Interior da Coruña Ames A Coruña Interior da Coruña Aranga A Coruña Interior da Coruña Brión A Coruña Interior da Coruña Curtis

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39310 Provincia Zona Concello A Coruña Interior da Coruña Frades A Coruña Interior da Coruña Mesía A Coruña Interior da Coruña Monfero A Coruña Interior da Coruña Negreira A Coruña Interior da Coruña Ordes A Coruña Interior da Coruña Oroso A Coruña Interior da Coruña Pino (O) A Coruña Interior da Coruña Pontes de García Rodríguez (As) A Coruña Interior da Coruña Santa Comba A Coruña Interior da Coruña Santiago de Compostela A Coruña Interior da Coruña Santiso A Coruña Interior da Coruña Teo A Coruña Interior da Coruña Toques A Coruña Interior da Coruña Tordoia A Coruña Interior da Coruña Touro A Coruña Interior da Coruña Val do Dubra A Coruña Interior da Coruña Valdoviño A Coruña Interior da Coruña Vedra A Coruña Noroeste da Coruña Ares A Coruña Noroeste da Coruña Arteixo A Coruña Noroeste da Coruña Betanzos A Coruña Noroeste da Coruña Carballo A Coruña Noroeste da Coruña Cerceda A Coruña Noroeste da Coruña Cesuras A Coruña Noroeste da Coruña Coristanco A Coruña Noroeste da Coruña Ferrol A Coruña Noroeste da Coruña Laracha (A) A Coruña Noroeste da Coruña Mañón A Coruña Noroeste da Coruña Miño A Coruña Noroeste da Coruña Narón A Coruña Noroeste da Coruña Ortigueira A Coruña Noroeste da Coruña Oza dos Ríos A Coruña Noroeste da Coruña Paderne A Coruña Noroeste da Coruña Pontedeume

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39311 Provincia Zona Concello A Coruña Noroeste da Coruña Sada A Coruña Oeste da Coruña Camariñas A Coruña Oeste da Coruña Carnota A Coruña Oeste da Coruña Cee A Coruña Oeste da Coruña Fisterra A Coruña Oeste da Coruña Mazaricos A Coruña Oeste da Coruña Muxía A Coruña Oeste da Coruña Vimianzo A Coruña Oeste da Coruña Zas A Coruña Suroeste da Coruña Boiro A Coruña Suroeste da Coruña Dodro A Coruña Suroeste da Coruña Lousame A Coruña Suroeste da Coruña Muros A Coruña Suroeste da Coruña Padrón A Coruña Suroeste da Coruña Pobra do Caramiñal (A) A Coruña Suroeste da Coruña Porto do Son A Coruña Suroeste da Coruña Rianxo A Coruña Suroeste da Coruña Ribeira A Coruña Suroeste da Coruña Rois Lugo A Mariña Cervo Lugo A Mariña Ribadeo Lugo A Mariña Valadouro (O) Lugo Centro de Lugo Abadín Lugo Centro de Lugo Antas de Ulla Lugo Centro de Lugo Castroverde Lugo Centro de Lugo Corgo (O) Lugo Centro de Lugo Cospeito Lugo Centro de Lugo Friol Lugo Centro de Lugo Guitiriz Lugo Centro de Lugo Guntín Lugo Centro de Lugo Láncara Lugo Centro de Lugo Lugo Lugo Centro de Lugo Monterroso Lugo Centro de Lugo Outeiro de Rei

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39312 Provincia Zona Concello Lugo Centro de Lugo Palas de Rei Lugo Centro de Lugo Paradela Lugo Centro de Lugo Portomarín Lugo Centro de Lugo Sarria Lugo Centro de Lugo Vilalba Lugo Montaña de Lugo Baleira Lugo Montaña de Lugo Baralla Lugo Montaña de Lugo Becerreá Lugo Montaña de Lugo Cervantes Lugo Montaña de Lugo Folgoso do Courel Lugo Montaña de Lugo Fonsagrada (A) Lugo Montaña de Lugo Negueira de Muñiz Lugo Montaña de Lugo Pedrafita do Cebreiro Lugo Montaña de Lugo Samos Lugo Montaña de Lugo Triacastela Lugo Sur de Lugo Bóveda Lugo Sur de Lugo Carballedo Lugo Sur de Lugo Monforte de Lemos Lugo Sur de Lugo Pantón Lugo Sur de Lugo Quiroga Lugo Sur de Lugo Ribas de Sil Lugo Sur de Lugo Saviñao (O) Lugo Sur de Lugo Sober Ourense Miño de Ourense Cartelle Ourense Miño de Ourense Cenlle Ourense Miño de Ourense Cortegada Ourense Miño de Ourense Melón Ourense Miño de Ourense Ourense Ourense Miño de Ourense Padrenda Ourense Miño de Ourense Pereiro de Aguiar (O) Ourense Miño de Ourense Ribadavia Ourense Miño de Ourense San Cibrao das Viñas Ourense Miño de Ourense Toén Ourense Montaña de Ourense Carballeda de Valdeorras

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39313 Provincia Zona Concello Ourense Montaña de Ourense Castro Caldelas Ourense Montaña de Ourense Gudiña (A) Ourense Montaña de Ourense Mezquita (A) Ourense Montaña de Ourense Montederramo Ourense Montaña de Ourense Pobra de Trives (A) Ourense Montaña de Ourense Riós Ourense Montaña de Ourense San Xoán de Río Ourense Montaña de Ourense Viana do Bolo Ourense Montaña de Ourense Vilariño de Conso Ourense Noroeste de Ourense Amoeiro Ourense Noroeste de Ourense Avión Ourense Noroeste de Ourense Boborás Ourense Noroeste de Ourense Coles Ourense Noroeste de Ourense Irixo (O) Ourense Noroeste de Ourense Maside Ourense Noroeste de Ourense San Cristovo de Cea Ourense Noroeste de Ourense Vilamarín Ourense Sur de Ourense Baltar Ourense Sur de Ourense Baños de Molgas Ourense Sur de Ourense Celanova Ourense Sur de Ourense Cualedro Ourense Sur de Ourense Entrimo Ourense Sur de Ourense Gomesende Ourense Sur de Ourense Laza Ourense Sur de Ourense Lobeira Ourense Sur de Ourense Lobios Ourense Sur de Ourense Monterrei Ourense Sur de Ourense Muíños Ourense Sur de Ourense Oímbra Ourense Sur de Ourense Quintela de Leirado Ourense Sur de Ourense Rairiz de Veiga Ourense Sur de Ourense Sandiás Ourense Sur de Ourense Sarreaus Ourense Sur de Ourense Trasmiras

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39314 Provincia Zona Concello Ourense Sur de Ourense Verea Ourense Sur de Ourense Verín Ourense Sur de Ourense Vilar de Barrio Ourense Sur de Ourense Vilardevós Ourense Sur de Ourense Xinzo de Limia Ourense Sur de Ourense Xunqueira de Ambía Ourense Valdeorras Barco de Valdeorras (O) Ourense Valdeorras Larouco Ourense Valdeorras Petín Ourense Valdeorras Rubiá Ourense Valdeorras Vilamartín de Valdeorras Pontevedra Interior de Pontevedra Campo Lameiro Pontevedra Interior de Pontevedra Cañiza (A) Pontevedra Interior de Pontevedra Cerdedo Pontevedra Interior de Pontevedra Cotobade Pontevedra Interior de Pontevedra Covelo Pontevedra Interior de Pontevedra Cuntis Pontevedra Interior de Pontevedra Dozón Pontevedra Interior de Pontevedra Estrada (A) Pontevedra Interior de Pontevedra Forcarei Pontevedra Interior de Pontevedra Fornelos de Montes Pontevedra Interior de Pontevedra Lalín Pontevedra Interior de Pontevedra Moraña Pontevedra Interior de Pontevedra Rodeiro Pontevedra Interior de Pontevedra Vila de Cruces Pontevedra Miño de Pontevedra Arbo Pontevedra Miño de Pontevedra Crecente Pontevedra Miño de Pontevedra Mondariz Pontevedra Miño de Pontevedra Neves (As) Pontevedra Miño de Pontevedra Ponteareas Pontevedra Miño de Pontevedra Porriño (O) Pontevedra Miño de Pontevedra Rosal (O) Pontevedra Miño de Pontevedra Salceda de Caselas Pontevedra Miño de Pontevedra Salvaterra de Miño

DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39315 Provincia Zona Concello Pontevedra Miño de Pontevedra Tomiño Pontevedra Miño de Pontevedra Tui Pontevedra Rías Baixas Barro Pontevedra Rías Baixas Bueu Pontevedra Rías Baixas Caldas de Reis Pontevedra Rías Baixas Cambados Pontevedra Rías Baixas Cangas Pontevedra Rías Baixas Catoira Pontevedra Rías Baixas Gondomar Pontevedra Rías Baixas Grove (O) Pontevedra Rías Baixas Meaño Pontevedra Rías Baixas Meis Pontevedra Rías Baixas Moaña Pontevedra Rías Baixas Mos Pontevedra Rías Baixas Nigrán Pontevedra Rías Baixas Oia Pontevedra Rías Baixas Pazos de Borbén Pontevedra Rías Baixas Poio Pontevedra Rías Baixas Ponte Caldelas Pontevedra Rías Baixas Pontecesures Pontevedra Rías Baixas Pontevedra Pontevedra Rías Baixas Redondela Pontevedra Rías Baixas Ribadumia Pontevedra Rías Baixas Sanxenxo Pontevedra Rías Baixas Soutomaior Pontevedra Rías Baixas Valga Pontevedra Rías Baixas Vigo Pontevedra Rías Baixas Vilaboa Pontevedra Rías Baixas Vilagarcía de Arousa Pontevedra Rías Baixas Vilanova de Arousa