Regulamento do Traballo de Fin de Grao (T.F.G.) no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos de A Coruña

Documentos relacionados
CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

MESTRADO EN PROCESOS DE DESEÑO E FABRICACIÓN MECÁNICA

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

ESTA REITORÍA RESOLVE

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Programa para maiores

NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Proposta aprobada no Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

Publicar a convocatoria de matrícula para o curso académico 2016/2017, suxeita ás seguintes normas:

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

REGULAMENTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA SOBRE MOBILIDADE INTERNACIONAL DE ESTUDANTES

Regulamento de estudos de doutoramento. Exposición de motivos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2017/2018

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

MANUAL DE CALIDADE SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE ESAD DE GALICIA

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. CURSO 2015/2016

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2012/2013

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

5.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 58 Mércores, 26 de marzo de 2008

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2013/2014

Acceso ao sistema universitario de Galicia PAU e Preinscrición Instrucións para os estudantes

Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

CONTRATOS-PROGRAMA Información xeral sobre a convocatoria

NORMATIVA POLA QUE SE REGULAN AS ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO NA UDC

PRAZOS: Alumnado actual do centro

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2014/2015

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Convocatoria ordinaria de 2014

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Protocolo. Atención educativa domiciliaria

Proxecto de Decreto.../2016, do... de..., polo que se fixan os. prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de

PROGRAMA FORMATIVO Competencia Clave: Comunicación en lingua galega - N2

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

Borrador de DECRETO POLO QUE SE REGULA O SISTEMA DE CARREIRA PROFESIONAL NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA.

Vista a ordenanza xeral de subvencións do concello de Burela publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo n.º 236 de 15 de outubro de 2005.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ESTATUTOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

1.- Obxecto e finalidade:

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx

Avaliación ordinaria trimestral e de xuño

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

1.- Organización da Escola de Primavera:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLVO: Primeiro. Obxecto e persoas destinatarias

Convocatoria pública de pertenza e cesión de espazos para grupos de investigación da UDC no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)

DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

PLAN DE ESTUDOS DO 1 Ђы CURSO DO BACHAREL ATO LO E CURSO ACAD ЊБMICO

ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 30 de agosto de 2016 adoptou o seguinte acordo:

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Criterios de avaliación dos méritos para acceso ó corpo de mestres, establecidos pola Comisión de Baremación.

PROXECTO DE DECRETO /2015, do xxx de xxx polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

CONCELLO DA MOI HOSPITALARIA VILA DE MONDARIZ BALNEARIO

IES RAMÓN CABANILLAS - CAMBADOS

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

da Linguaxe e Estudos Literarios Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuadrimestre 6 OP 3 2c

Potencias e radicais

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Anteproxecto do Decreto _/2008, de _, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 239/2008, do 25 de setembro (DOG do 29 de setembro) establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas.

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios. Vigo

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Transcrição:

Regulamento do Traballo de Fin de Grao (T.F.G.) no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos de A Coruña Aprobado en Xunta de Centro do 22 de decembro de 2011 Modificado en Xunta de Centro do 5 de setembro de 2014 Modificado en Xunta de Centro do 1 de setembro de 2017 Exposición de motivos O Real decreto 1393/2007 1 establece no artigo 12.3, situado no capítulo 3, que se dedica ás ensinanzas oficiais de grao, que estas ensinanzas concluirán coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao. No artigo 12.7 engádese que o traballo de fin de grao terá entre 6 e 30 créditos, deberá realizarse na fase final do plan de estudos e estar orientado á avaliación de competencias asociadas ao título, sen se recoller ningunha outra disposición sobre o proceso de elaboración e avaliación que, en consecuencia e no exercicio da súa autonomía, deberá ser regulado por cada universidade. Para estes efectos, as Directrices para a elaboración de propostas de títulos de grao na UDC 2 especifican o seguinte sobre a fase final dos estudos na alínea 9 do artigo 3.2, que trata a organización das ensinanzas de grao: O Estatuto do estudante universitario 3 establece no artigo 27: Os proxectos de fin de carreira, traballos de fin de grao e mestrado, así como as teses de doutoramento, rexeranse pola súa normativa específica. Así mesmo, nas epígrafes g) e h) do artigo 8 sinálanse os dereitos específicos dos estudantes de grao en relación co traballo de fin de grao; e no artigo 30 o dereito á revisión das cualificacións. Os aspectos de matrícula e defensa do TFG regúlanse polo disposto na normativa aprobada polo Consello de Goberno da UDC. 4 Neste contexto, e coa finalidade de unificar os criterios e procedementos para garantir unha actuación homoxénea á hora de planificar e avaliar os traballos de fin de grao (en diante TFG) deste centro, resulta conveniente establecer as seguintes normas de carácter xeral. Isto, sen prexuízo das posibles particularidades de cada título do centro, que necesariamente deberán ser atendidas e convenientemente reguladas e publicadas como anexos a este regulamento. 1 Real decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (BOE n.º 260, de 30 de outubro de 2007). Modificado polo Real decreto 861/2010, de 2 de xullo (BOE n.º 161, de 3 de xullo de 2010) 2 Directrices para a elaboración de títulos de grao na UDC, aprobadas polo Consello de Goberno na súa sesión de 3 de abril de 2008 3 Real Decreto 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario (BOE n.º 318, de 31 de decembro de 2010) 4 Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG) e do Traballo de Fin de Mestrado Universitario (TFM) aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2014 e o 24 de xullo de 2014. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 1 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

1. Obxecto e ámbito de aplicación 1.1. Este regulamento contén as directrices relativas á definición, realización, defensa, cualificación e tramitación administrativa do TFG marcado no plan de estudos do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, de acordo coas Directrices para a elaboración de regulamentos relativos ao traballo de fin de grao nos graos da UDC, aprobadas polo Consello de Goberno de 22 de xullo de 2011. Será publicado no web do centro. 1.2. O contido deste regulamento complétase co resto de regulamentacións e procedementos da UDC que se atoparen en vigor e que se referiren, entre outros aspectos, ao sistema de avaliación, ao recoñecemento e á transferencia de créditos, así como á mobilidade de estudantes. 1.3. Correspóndelle á Comisión de Organización Académica (COA), delegada da Comisión Permanente, de Estratexia e Calidade do centro, a xestión dos TFG e asegurar a aplicación deste regulamento que estará integrada polo director/decano e a subdirectora/vicedecana de ordenación académica do centro. 2. Natureza e características do TFG 2.1. O TFG supón a realización, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. O TFG pode ser individual ou en grupo, baixo a supervisión dun ou varios titores. No caso de ser un traballo grupal será preciso delimitar as tarefas desenvolvidas por cada un dos membros do grupo, de xeito que sexa perfectamente avaliable a participación de cada estudante no resultado global. A cualificación e o título do traballo será sempre individual para cada estudante. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao. 2.2. O TFG deberá estar orientado a se aplicaren as competencias xerais asociadas ao título. En concreto, a capacitar para a busca, xestión, organización e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. 2.3. O estudantado poderase matricular segundo a Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG) vixente. 5 2.4. O TFG non ten a natureza dun traballo investigador. Con todo, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se for o caso, corresponderá a quen o realizar segundo queda recollido no apartado h) do artigo 8 do RD 1791/2010 do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario salvo que se establecer doutra maneira no documento de asignación do TFG que cada estudante debe asinar, nos termos e coas condicións previstas na lexislación vixente. 2.5. O tema de que for obxecto o TFG, tanto no seu nivel como na súa extensión e os seus obxectivos, deberá posibilitar que o/a estudante o realice en 150 horas equivalentes aos 6 créditos ETCS asignados a 5 Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG) e do Traballo de Fin de Mestrado Universitario (TFM) aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2014 e o 24 de xullo de 2014. Vid. artículo 4 y 6 del presente reglamento. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 2 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

este traballo no plan de estudos, e coa duración que alí se establece. O centro velará mediante os mecanismos de coordinación existentes no grao e a COA por que isto se cumpra e, en consecuencia, poidan alcanzarse as taxas de eficiencia, éxito e graduación a que fai referencia a memoria do grao. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 3 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

3. Dirección académica do TFG 3.1. O TFG será dirixido por un membro do profesorado do centro con docencia no plan de estudos do título de grao. Tal profesor/a será responsable de: a) expoñerlle ao estudantado cuxa titoría exerza as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento; b) realizar un seguimento da elaboración do TFG e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados; c) autorizar a presentación e defensa do TFG. d) elaborar un informe razoado de avaliación conforme ao modelo proposto pola COA que se atopa na secretaría virtual do profesorado. 3.2. O TFG poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, cando menos unha delas deberá ser un membro do profesorado pertencente ao centro que imparten docencia no título de grao en que estiver matriculado o/a estudante. Por outra parte, se no marco dun convenio de prácticas o/a estudante ten que desenvolver parte do TFG ou a súa totalidade noutro organismo distinto á UDC, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFG. 4. Matrícula, calendario académico e actas 4.1. A matrícula dos TFG realizarase dentro do prazo xeral de matrícula establecido pola UDC, ou no período de ampliación da matrícula se o/a alumno/a reúne os requisitos para poder realizar esta modalidade de matrícula, mediante o aboamento dos prezos públicos que corresponderen de acordo co número de créditos asignados ao TFG. 4.2. Poderán matricularse no TFG o estudantado que se matricule tamén en todas as demais materias que lle restan para obter o título e teñan superadas todas as materias correspondentes a primeira metade do plan de estudos. Para formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes como máximo 78 créditos para completar os estudos, incluídos os correspondentes ao TFG, e ter superados todos os da primeira metade do grao. Non obstante poderá matricularse do TFG, sen ter superadas todas as materias da primeira metade, cando o número total de créditos pendentes sexa igual ou inferior a 30 créditos, sen contar os que correspondan ao TFG, segundo o establecido na Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG) vixente. Aqueles alumnos que estean en posesión dun título universitario oficial correspondente á ordenación académica anterior e accedan ao Grao equivalente ou que proveña da súa titulación, poderán realizar a matrícula do TFG sempre que se matriculen de todos os créditos que lles restan para finalizar os seus estudos, ate o máximo sinalado no parágrafo anterior, con independencia do curso das materias matriculadas. Poderán realizar a mesma matrícula aqueles alumnos que iniciaron os estudos universitarios oficiais conforme a anterior ordenación académica e se incorporan ao Grao, así como os alumnos procedentes doutra universidade e/ou titulación. 6 6 Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG) e do Traballo de Fin de Mestrado Universitario (TFM) aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2014 e o 24 de xullo de 2014. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 4 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

4.3. Os estudantes que participen en programas de mobilidade ou dobres titulacións poderán matricularse do TFG mentras realizan o programa de mobilidade. O seu réxime será establecido regulamentariamente. 4.4. A matrícula dará dereito á defensa do TFG en dúas oportunidades no curso no que estea matriculado o alumno, e sempre que cumpra os requisitos para a súa avaliación. 4.5. No caso de que o/a estudante non obteña avaliación positiva, non concorra a ningunha das oportunidades da convocatoria ou non reúna os requisitos para presentar o traballo, por ter materias pendentes, deberá formalizar unha nova matrícula noutro curso académico e aboar os prezos públicos e das taxas propias do centro correspondentes aos créditos do TFG para poder dispor dunha nova convocatoria. Unha vez formalizada a matrícula do TFG non procederá a devolución dos prezos nin das taxas propias do centro aboados por ningunha das causas sinaladas anteriormente. 4.6 O centro, atendendo a criterios de programación docente, establecerá a realización das defensas dos TFG dentro dos prazos marcados no calendario académico que aprobar o Consello de Goberno. 4.7. O peche e entrega das actas de avaliación dos TFG aterase ao previsto no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. 5. Oferta de temas dos TFG e asignación de titores/as 5.1. Os temas ou as liñas dos TFG e os titores correspondentes proporanse de xeito razoado. Tal proposta será remitida á COA desde o profesorado do centro a que este lles fixer o encargo dos TFG. Os estudantes poderán propoñerlle ao profesorado do centro temas ou liñas para que sexan incorporados na súa oferta. Cada proposta irá acompañada da seguinte información: a) Título do tema ou liña do traballo b) Titor/a do traballo c) Breve descrición do contido: obxectivos e métodos d) Programa do traballo e) Recomendacións (materias aprobadas, ter cursado materias determinadas...) f) Posibilidade de realizar o traballo en inglés (si/non) 5.2. A COA aprobará e fará pública unha listaxe cos temas así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os criterios de asignación. A devandita listaxe garantirá un número de direccións suficiente para a totalidade dos estudantes matriculados no TFG. 5.3. Unha vez finalizados os pasos anteriores, o estudantado, no prazo establecido e co modelo de impreso que o centro establecer e publicado na web do centro, solicitará a asignación por orde de preferencia dun número de mínimo de tres temas ou liñas. A comisión preparará unha proposta de asignación provisoria, na que intentará respectar as opcións manifestadas polo estudantado e o profesorado implicado, baixo o principio de igualdade, mérito e capacidade. Para dirimir as prioridades na elección de tema ou titor/a valorarase como criterio o expediente académico. 5.4. Coa publicación da proposta provisoria establecerase un período de reclamacións. Resoltas estas, a COA publicará unha listaxe definitiva. Calquera modificación posterior terá que efectuarse de común acordo entre o alumnado e o profesorado afectado, e en calquera caso sempre que a comisión informe favorablemente. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 5 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

5.5. O estudantado poderá asímesmo desenvolver un proxecto sobre un tema específico do seu interese, debendo contactar directamente cun/cunha profesor/a que puidese estar interesado para que actúe como titor/a. Neste caso deberá solicitalo por escrito á COA no prazo que se estableza e no formulario correspondente, que terá que ir asinado polo titor/titora, e será a COA quen resolva. Os traballos asignados por este medio figurarán na listaxe a que fai referencia o punto anterior, se ben non computarán a efectos do reparto establecido anteriormente descrito. 5.6. O TFG do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos está asignado no plan de estudos ao segundo cuadrimestre. Se ben, no caso de que a superación deste traballo supoña o remate dos estudos, o alumnado poderá defendelo no período establecido a tal efecto no punto 2.3. da Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG) vixente 7. Para isto o alumnado deberá facer a correspondente solicitude de asignación, avalada polo/a titor/a ante a COA que será quen resolva 5.7. Para o alumnado que se matricula no período de ampliación da matrícula, deberá abrirse un novo prazo de asignación de traballo e titor/a que deberá estar rematado a principios do segundo cuadrimestre. 5.8. Con antelación suficiente a COA establecerá un calendario para as diferentes fases deste procedemento da asignación. 5.9. Unha vez publicada a listaxe definitiva, o/a estudante e o/os directores cubrirán o modelo de impreso que o centro establecer e publicado na web do centro. 6. Presentación e defensa dos TFG 6.1 O TFG só poderá ser defendido e avaliado unha vez que se teña constancia de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de Grao, agás os correspondentes aos propios TFG. No caso dos programas de mobilidade ou de dobre titulación estarase ao previsto regulamentariamente. 6.2. Para súa defensa e avaliación, o estudante disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades en cada curso académico, tendo en conta que a consideración de Non presentado (NP) non esgota oportunidades, agás no caso de adianto de oportunidades previsto no apartado 5 do artigo 19.º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario 8. Nas titulacións de Grao a primeira oportunidade de defensa e avaliación dos TFG realizarase nos meses de maio/xuño/xullo. A segunda oportunidade de defensa e avaliación dos TFG realizarase nos meses de xullo/setembro. nas datas que estableza cada centro respectando en todo caso as datas límite que, para a sinatura e entrega de actas, consten no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. 6.3. De forma excepcional e sempre que o estudante non teña pendente máis que a superación do TFG ou do TFM para rematar os seus estudos de Grao, poderá defendelo naquelas datas que estableza o centro, desde o inicio do curso académico ate a data límite de sinatura e entrega de actas de segunda oportunidade que conste no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno; pero respectando sempre o número máximo de dúas oportunidades do que poderá facer uso en cada curso académico. 7 Normativa reguladora da matrícula e a defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG) e do Traballo de Fin de Mestrado Universitario (TFM) aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2014 e o 24 de xullo de 2014. 8 Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 e do 24 de xullo de 2014. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 6 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

6.4. A COA aprobará e publicará, xunto coas datas oficiais de exames de cada curso académico, os períodos de presentación dos TFG. 6.5. Na oportunidade pertinente o/a estudante presentará unha solicitude de defensa e avaliación do TFG, segundo o modelo establecido na secretaría virtual do estudante, no prazo que se fará público para estes efectos. Achegando a administración do centro: - Un exemplar encadernado en tapa dura e cor verde obscuro onde aparecerá o logotipo da UDC, o título do traballo e o nome do alumno. - Tres exemplares do traballo encadernados en espiral. - Un exemplar en formato electrónico en pdf (soporte CD ou DVD) que irá anexado ao interior do exemplar de tapa dura. - Autorización do titor/a para que o TFG poida ser defendido (a través da secretaría virtual de profesorado) - Cantos documentos estimar necesarios a COA. Rematado o prazo de solicitudes, a Administración do Centro entregará a documentación que proceda ao secretario/a do tribunal de avaliación quen deberá facer chegar unha copia do traballo, a cada un dos membros deste. 6.6. O estudantado defenderá os seus TFG pública e presencialmente. No caso de que o/a estudante solicite de forma motivada e acreditada defender o TFG de forma non presencial, cumprirá que o faga ante a Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno, para que a autorice ou non. Isto sempre de se daren as condicións legais, técnicas, administrativas e económicas que o permitiren. 6.7. A realización, presentación e defensa dos TFG poderán efectuarse en calquera dos idiomas empregados na impartición do grao, de acordo co disposto na memoria de verificación do título. 6.8. Cada estudante disporá dun tempo máximo para a defensa do TFG, (10 min. no caso de traballo individual e 15 min. se o traballo e grupal), en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación. 6.9. A COA publicará a través da páxina web do centro as intruccións relativas á forma de presentación dos TFG e da súa defensa pública. 6.10.O número de convocatorias e oportunidades para os TFG determinanse no artigo 20 da Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario aprobada polo Consello de Goberno 9. 6.11. O traballo presentado amosará as tarefas desenvolvidas polo estudante. A COA poderá establecer unha extensión e un formato común para todos ou algúns dos elementos do traballo, particularmente, portada e primeira folla. 6.12. A COA establecerá a través do Manual do TFG as instruccións relativas á forma de presentación dos TFG e da súa defensa pública os apartados que deberán incorporar os traballos e os formatos que se utilizarán. 9 Normas de avaliación, revisión e reclamacións das cualificacións dos estudios de Grao e Mestrado Universitario. Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 7 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

7. Tribunais de avaliación 7.1. Os tribunais de avaliación configuraranse da forma que establecer a COA, segundo o número de alumnos matriculados e a temática dos diferentes TFG que se presentaren. 7.2. Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e os correspondentes suplentes. Todas elas deberán ser membros do profesorado do centro que imparte o título de grao. O/a director/a do TFG non poderá formar parte do tribunal. 7.3. Cada tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretaria. Utilizaranse como criterios a categoría docente e dentro da mesma a antigüidade para nomear o/a presidente/a e o/a secretaria/o, que exercerán como tales en todas as actuacións do tribunal. Presidirá o/a profesor/a de maior categoría académica e antigüidade e actuará como secretario o de menor categoría académica e antigüidade. 7.4. Unha vez constituídos os tribunais de avaliación, estes, de acordo co centro, establecerán a orde de exposición dos estudantes no caso de seren varios, así como o día, a hora e o lugar de realización das defensas dos TFG. Realizarase a adecuada comunicación destes datos a todo o estudantado e profesorado afectado. 8. Avaliación e cualificación 8.1. Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde, tendo en conta o informe do titor/a e os criterios de avaliación recollidos no Manual do TFG publicado na web do centro. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. O Secretario do Tribunal será o encargado de recoller no modelo de acta que o centro establecer e publicado na web do centro, a cualificación final e de entregala na Administración do centro. 8.2. A Cualificación final outorgada por cada membro do tribunal ao TFG obterase de acordo coa seguinte ponderación: a) Valoración do TFG (VT) - Memoria: 70% (el 30% será valorado polo titor do TFG e o 40% por lo tribunal de avaliación) b) Exposición : 20% c) Defensa: 10% 8.3. A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003, de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa: a) 0-4,9 suspenso b) 5,0-6,9 aprobado c) 7,0-8,9 notable d) 9,0-10 sobresaliente 8.4. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, e sexa merecedor/a de tal mención, segundo o criterio unánime do tribunal avaliador. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 8 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

8.5. No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG. 8.6. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto no artigo 31 da normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario aprobada polo Consello de Goberno 10 9. Consulta e publicación dos TFG 9.1. A COA seleccionará os traballos que serán publicados no Repositorio Institucional da UDC (RUC). Para isto, a administración do centro enviará unha copia en formato electrónico ao Servizo de Biblioteca. 9.2. En caso de que o(s) autor(es) do TFG non autorice(n) o depósito e a publicación deste no RUC, por razóns de confidencialidade entre outras, deberá(n) solicitalo previamente ante a COA, que resolverá en cada caso. 10 Normas de avaliación, revisión e reclamacións das cualificacións dos estudios de Grao e Mestrado Universitario. Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013. Regulamento do Traballo de Fin de Grao Páxina 9 Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos