BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O INICIO DE ESTUDOS EN MÁSTER OFICIAL NO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

Documentos relacionados
ANEXO I BASES DA CONVOCATORIA AXUDAS PARA ESTUDANTES CON CIRCUNSTANCIAS ECONÓMICAS OU FAMILIARES ESPECIAIS NO CURSO 2017/2018

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

ANEXO I BASES DA CONVOCATORIA BOLSA DE FORMACIÓN PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES DE APOIO AOS PROGRAMAS DE INTERCAMBIO INTERNACIONAL

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no B.O.P. e rematará o día 23 de outubro de 2017.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO I 1º APELIDO 2º APELIDO NOME DNI/NIE ENDEREZO CÓDIGO POSTAL CENTRO ESCOLAR

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

1. Cando se publicou a orde de convocatoria? A Orde do 10 de decembro de 2014 publicouse no DOG número 5 do 9 de xaneiro de 2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. CURSO 2015/2016

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

NADAL Obxecto

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

Convocatoria ordinaria de 2012

O CONTRATO DE TRABALLO

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

9.172 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 96 Luns, 24 de maio de 2010

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE TEO 2017/2018

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA AS ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NO VERÁN DO CONCELLO DE CARBALLO ANO 2016

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCELLO DE CAMBADOS.- ANUNCIO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Consellería de Facenda

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

CONCELLO DA MOI HOSPITALARIA VILA DE MONDARIZ BALNEARIO

ESCOLAS DE VERÁN PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACION E CIDADANÍA. - PRAZOS DE INSCRICIÓN -

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

A concesión destas bolsas farase consonte as seguintes BASES REGULADORAS:

CONVOCATORIA DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS DE PREZOS PÚBLICOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) PARA O CURSO ACADÉMICO 2017/18

Transcrição:

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O INICIO DE ESTUDOS EN MÁSTER OFICIAL NO CURSO ACADÉMICO 2017/2018 1. OBXECTO Estas bolsas teñen por obxecto financiar os gastos derivados da matrícula, do alumnado que inicia estudos de máster oficial no curso 2017/2018 afectado polos cambios de requisitos académicos introducidos polo RD 1000/2012, do 29 de xuño (BOE do 5 de xullo). 2. REQUISITOS Poderá participar na presente convocatoria o estudantado que cumpra os seguintes requisitos: 2.1.Requisitos xerais a) Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea, ou de terceiros países cando se acredite a condición de residente en España. b) Non estar incluído nos casos de exención total de matrícula previstos no Decreto 65/2017, do 6 de xullo (DOG do 14 de xullo), polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional nas ensinanzas universitarias para o curso 2017/2018. c) Poderá obterse a condición de beneficiario destas axudas aínda que non se cumpran os requisitos establecidos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en consonancia co disposto no artigo 4.5 do Real Decreto 1721/2007, de 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas. 2.2. Requisitos académicos a) Estar matriculado/a por primeira vez nun máster no curso académico 2017/2018, dun mínimo de 60 créditos. b) Obter nos estudos previos que lles dean acceso ao máster unha nota media inferior a: - 6,5 no caso de estudos de máster que habiliten para o exercicio dunha profesión regulada. - 7 nos restantes estudos de máster. c) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda. 2.3. Requisitos económicos: Será de aplicación a efectos do cálculo da renda e do patrimonio, e da composición da unidade familiar o disposto na normativa de bolsas MECD de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2017/2018. a) Que a renda da unidade familiar calculada tal e como se establece na convocatoria xeral de bolsas MECD, non supere os seguintes limiares: Familias de 1 membro: 14.112,00 euros. Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.

Familias de 3 membros: 32.697,00 euros. Familias de 4 membros: 38.831,00 euros. Familias de 5 membros: 43.402,00 euros. Familias de 6 membros: 46.853,00 euros. Familias de 7 membros: 50.267,00 euros. Familias de 8 membros: 53.665,00 euros. A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable. b) Que o patrimonio familiar non supere os seguinte limiares: A suma de rendementos netos reducidos de capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais non poderá superar 1.700,00 A suma de valores catastrais das fincas urbanas pertencentes á unidade familiar, excluída a vivenda habitual, non poderá superar 42.900,00. Os valores catastrais pondéranse polos coeficientes establecidos na normativa de bolsas MECD de carácter xeral para estudantes universitarios para o curso 2017/2018 A unidade familiar estará formada polos seguintes membros, tendo en conta en todo caso a situación a 31 de decembro de 2016: o A persoa solicitante. o Os pais e nais non separados legalmente e, de ser o caso, o titor ou titora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor. o Os irmáns e irmás solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2017 ou os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade, así como os ascendentes dos pais e nais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal correspondente. o No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais non se considerará membro computable aquel deles que non conviva co/coa solicitante da axuda. o Terá, con todo, a consideración de membro computable a persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa nai ou co pai do/da solicitante. o No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar. o No caso de alegar independencia económica e familiar se os ingresos acreditados resultan inferiores aos gastos soportados considerados indispensables (vivenda, manutención, etc.), entenderase non probada a independencia, polo que para o cálculo da renda para os efectos desta axuda, computaranse os ingresos correspondentes aos membros computables da familia aos que se refire a composición da unidade familiar. Poderase obter a condición de beneficiario destas axudas aínda que non se cumpran os requisitos establecidos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de

Subvencións, en consonancia co disposto no artigo 4.5 do Real Decreto 1721/2007, de 21 de decembro, polo que se establece o réxime de bolsas e axudas ao estudo personalizadas. A presentación da solicitude implicará a autorización á Universidade para obter os datos necesarios para determinar a renda e o patrimonio de todos os membros da unidade familiar a través da AEAT e da Dirección Xeral do Catastro. 3. INCOMPATIBILIDADES As axudas que se establecen nesta convocatoria serán incompatibles con calquera outros beneficios da mesma natureza e finalidade. 4. DOTACIÓN, CONTÍA E PAGAMENTO 1. Os fondos destinados a esta axuda irán con cargo á aplicación orzamentaria 2018 0000 121D 482.99 e o importe do crédito orzamentario retido para esta convocatoria ascende a 125.000,00 para o que se achega o correspondente certificado de existencia de crédito. 2. A contía da bolsa será equivalente ao importe dos prezos públicos por servizos académicos no curso académico 2017/2018. So se percibirá o importe correspondente a unha titulación no caso de simultaneidade de estudos. 3. Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento dos prezos ás que teña dereito a persoa beneficiaria, e os importe do recargo por impago de ser o caso. 4. O pagamento da bolsa efectuarase no prazo de un mes desde a resolución, unha vez comprobado que as persoas beneficiarias están ao día no pago dos prezos correspondentes. Se existen cuotas de matrícula pendentes de aboar compénsanse co importe da bolsa e procédese a recalcular o importe da devolución. 5. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A solicitude realizarase a través do formulario dispoñible na web da universidade: http://seix.uvigo.es, na páxina de inicio prema en "SVE Secretaría Virtual Estudantes" e no menú da esquerda seleccione "bolsas propias / Inicio máster". Unha vez cuberta, deberá imprimir a solicitude e presentala coas sinaturas da persoa solicitante e demais membros computables da unidade familiar nos rexistros da universidade ou en calquera das dependencias previstas na lexislación sobre procedemento administrativo. O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 20 de abril de 2018. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación: Copia do NIF de todos os membros computables da unidade familiar. En caso de estudantes estranxeiros non comunitarios, será obrigatorio a presentación do NIE e os de todos os membros computables da unidade familiar que residan en España. Documentación acreditativa das distintas situacións que afecten á composición da unidade familiar (sentenza de divorcio, certificado de convivencia da unidade familiar, independencia económica e familiar...).

Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda (familia numerosa, orfandade, certificado de discapacidade, irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior...) Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar. No caso de que os estudos de acceso ao máster foran realizados nunha universidade distinta á de Vigo, copia da certificación académica persoal. Calquera outro documento que a comisión de selección estime necesario para a correcta resolución da solicitude e que lle sexa solicitado. A presentación da solicitude de bolsa implicará a autorización para obter os datos necesarios das administracións públicas para a verificación dos requisitos e para determinar a renda e o patrimonio da unidade familiar. No caso de que as administracións tributarias non dispoñan de datos ou existan dificultades técnicas que impidan a súa cesión, a persoa solicitante deberá presentar os documentos que acheguen información sobre a renda e patrimonio da unidade familiar. 6. SELECCIÓN E RESOLUCIÓN A Sección de Axudas e Bolsas rematado o prazo de presentación de solicitudes, e unha vez examinadas estas e a documentación presentada, publicará a Resolución Reitoral coa listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas, coa mención da causa de exclusión. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación para emendar os erros e a falta de documentación presentando o formulario de alegacións, dirixido á Sección de axudas e bolsas, nos rexistros da Universidade. Unha vez revisadas as alegacións a selección será efectuada polo Xurado de selección, conforme ao disposto no parágrafo seguinte. No suposto de que o orzamento dispoñible nesta convocatoria non fose suficiente para atender a todas as persoas con dereito a percibir esta axuda, terán prioridade as solicitudes que teñan a menor renda per cápita empezando polas rendas máis baixas, de acordo coa renda individual familiar resultante de dividir a renda da unidade familiar entre o número de membros. O Xurado destas bolsas estará composto por: Presidenta: Secretario: Vogais: A vicerreitora de estudantes A xefa da Sección de Axudas e Bolsas A xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Publicos Óscar Rubiños López. Profesor da Escola de Enx. de Telecomunicación Miguel Ángel Nombela Castaño. Profesor da Facultade de Ciencias do Mar Uxío Pérez Rodríguez. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Teresa Martínez Táboas. Profesora da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Beatriz Vaquero Díaz. Profesora da Facultade de Historia

Paula Rivera González. Alumna da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Bettiana Hidalgo Robatto. Alumna da Facultade de Bioloxía Óscar Moldes Pita. Alumno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Efectuada a selección polo Xurado, a Sección de Axudas e Bolsas publicará a Resolución Reitoral coa listaxe provisoria de bolsas concedidas e denegadas, coa mención da causa de denegación. Contra esta resolución poderán as persoas interesadas presentar as alegacións perante a Presidenta do xurado no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación, presentando o formulario de alegacións, dirixido á Sección de Axudas e Bolsas, nos rexistros da Universidade. Revisadas as alegacións polo Xurado, éste elevará a proposta de resolución definitiva de concedidas e denegadas á Vicerreitora de estudantes, para a súa publicación. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa publicación (ou dende o día seguinte de recibir esta notificación), de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (ou dende o día seguinte de recibir esta notificación), perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Todas as resolucións ás que se refire ente punto publicaranse nos rexistros da Universidade e no portal de bolsas da web da universidade. 7. OBRIGAS A persoa beneficiaria deberá: - estar matriculada na Universidade de Vigo durante todo o curso académico 2017/2018 para poder manter a súa condición de bolseira. - declarar todas as bolsas ou axudas concedidas ou solicitadas no curso 2017/2018. 8. REVISIÓN E REINTEGRO DAS AXUDAS Son causas de reintegro destas axudas: - Non cumprir os requisitos e obrigas recollidas na convocatoria. - A ocultación de datos, alteralos ou manipular a información solicitada. - Ser beneficiario/a doutra bolsa ou axuda incompatible. - A anulación de matrícula, arquivo da matrícula por falta de pagamento ou traslado de expediente a outra Universidade durante o curso académico 2017/2018.

A persoa beneficiaria que incorra nalgunha destas causas, está obrigada a reintegrar á Universidade a cantidade indebidamente percibida. 9. PROTECCIÓN DE DATOS Os datos persoais recollidos na solicitude teñen carácter obrigatorio e serán tratados pola Universidade de Vigo para a organización da docencia e o estudo, así como para o exercicio das demais funcións propias do servizo público de educación superior, reguladas na Lei Orgánica de Universidades e nos Estatutos da Universidade. A responsabilidade do tratamento destes datos é da Universidade de Vigo. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao seu tratamento exercitaranse ante a Universidade de Vigo no seguinte enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, campus universitario, s/n 36310 Vigo (Pontevedra), de acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.