MINISTERIO DE FOMENTO

Documentos relacionados
O CONTRATO DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

4. Feitos os trámites anteriores, enviaranse ao provedor os exemplares da folla de pedimento que corresponda.

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

V I C E P R E S I D E N C I A

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

San Caetano Santiago de Compostela

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Planificación do curso escolar

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

MANUAL DE USUARIO DE etrades

Convocatoria ordinaria de 2012

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

LICENZAS Prezos aprobados na Asemblea Xeral da F.G.E. de 24 de setembro de 2011 Resumo de prezos Versión do documento: 19 de Xanerio de 2012

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

Transcrição:

Suplemento núm. 13 Luns 2 outubro 2006 1851 «Cando existisen acordos que regulen a readmisión das persoas en situación irregular subscritos por España, os funcionarios responsables do control, tras facilitar a información a que se refire o artigo 26.2 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, denegarán, nos termos previstos nos citados acordos, a entrada das persoas ás cales lles sexan de aplicación, sempre que a denegación se produza dentro do prazo previsto neles.» Disposición derradeira única. Entrada en vigor. O presente real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Dado en Madrid o 8 de setembro de 2006. JUAN CARLOS R. A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, MARÍA TERESA FERNÁNDEZ DE LA VEGA SANZ MINISTERIO DE FOMENTO 16784 ORDE FOM/2924/2006, do 19 de setembro, pola que se regula o contido mínimo do informe anual para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable. («BOE» 230, do 26-9-2006.) O Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro, sobre os conselleiros de seguranza para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable, incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 96/35/CE, do Consello, do 3 de xuño, relativa á designación e cualificación profesional dos conselleiros de seguranza para o transporte de mercadorías perigosas. O artigo 7 do citado real decreto obriga os conselleiros de seguranza a redactar un informe anual destinado á dirección da empresa sobre as súas actividades relativas ao transporte de mercadorías perigosas e faculta o ministro de Fomento para determinar o seu contido mínimo. En uso desta facultade, por Orde do 11 de xaneiro de 2001, regulouse o contido mínimo do indicado informe anual. A experiencia na aplicación desta orde aconsella modificar algúns dos puntos en que se desagregaba o modelo que se incluía como anexo, así como as instrucións para ser cuberto. Aínda que as modificacións que se introducen son escasas, razóns de claridade aconsellan substituír integramente a citada Orde do 11 de xaneiro de 2001 e os seus anexos. Na súa virtude, logo de informe da Comisión para a Coordinación do Transporte de Mercadorías Perigosas, dispoño: Primeiro. Contido do informe anual. Apróbase o contido mínimo do informe anual que han de redactar os conselleiros de seguranza para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable. Co fin de lles facilitar ás empresas o envío da documentación relativa ao informe anual, as direccións xerais de Transportes por Estrada e de Ferrocarrís, facilitarán, a través da páxina web do Ministerio de Fomento (www.fomento.es), o modelo informático para a realización e remisión do citado informe por este sistema. Segundo. Competencia para a redacción do informe anual. Os informes anuais redactaranos os conselleiros de seguranza. As empresas baixo a responsabilidade das cales se efectúen as operacións de transporte, carga ou descarga, independentemente de quen realice fisicamente tales manobras, remitiranlles estes informes ás autoridades competentes. O modelo do devandito informe inclúese como anexo I desta orde. O anexo II recolle as instrucións para ser cuberto. Terceiro. Derrogación normativa. Queda derrogada a Orde do Ministerio de Fomento do 11 de xaneiro de 2001 pola que se regula o contido mínimo do informe anual para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable. Cuarto. Entrada en vigor. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación, no «Boletín Oficial del Estado». Madrid, 19 de setembro de 2006. A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez Arza.

1852 Luns 2 outubro 2006 Suplemento núm. 13 Ano do informe:... ANEXO I Informe anual do conselleiro de seguranza 1. Identificación do conselleiro de seguranza e da empresa. 1.1. Identificación do conselleiro de seguranza: Apelidos do conselleiro de seguranza:... Nome do conselleiro de seguranza:... NIF:... Especialidade:... Modo de transporte:... Área de actividade:... Teléfonos de contacto:... 1.2. Identificación da empresa: Denominación:... CIF/NIF:... Domicilio social:... Localidade:... Provincia:... Código postal:... Teléfonos:... Fax:... Correo electrónico:... Domicilio da actividade implicada (se for diferente):... Localidade:... Provincia:... Código postal:... Teléfonos:... Fax:... Correo electrónico:... 2. Descrición da actividade da empresa implicada e dos modos de transporte: Operación carga Estrada Operación descarga Ferrocarril Transporte 3. Ámbito territorial das actividades da empresa cargadora: Comunidade Autónoma % Nacional % Unión Europea % Outros %

Suplemento núm. 13 Luns 2 outubro 2006 1853 4. Datos das mercadorías e das operacións implicadas: Clase Carga Cantidade Localización por código postal Total Clase Descarga Cantidade Localización por código postal Total Clase Transporte Cantidade 5. Relación de vehículos de transporte por estrada utilizados: Matrícula Frota propia ou allea Tipo de vehículo Tara MMA Designación segundo o ADR 6. Modo de transporte utilizado: Estrada % Ferrocarril % Outros % 7. Tipo de equipamentos de transporte utilizados polas empresas cargadoras: Contedores Recipientes (clase 2) Contedores cisterna Vagón cisterna Envase/Embalaxe Cisternas desmontables GRG Outros Cisternas

1854 Luns 2 outubro 2006 Suplemento núm. 13 8. Relación de accidentes notificados, ocorridos durante o ano, xa sexa durante o transporte ou durante as operacións de carga ou descarga: Data Lugar do accidente 9. Información xeral sobre as obrigas do conselleiro de seguranza. 9.1. Formación: Número de empregados no centro de traballo onde se realizan actividades implicadas:... Número de empregados relacionados coa actividade:... O persoal implicado da empresa recibiu unha formación adecuada? Si Non Figura a formación recibida no expediente do persoal? Si Non En caso negativo explicar motivos e medidas emprendidas pola empresa para emendar esta deficiencia:... Descrición, se é o caso, dos cursos de formación impartidos... 9.2. Comprobacións en relación coas actividades implicadas: 1. Comprobáronse os procedementos encamiñados á observancia das regras sobre identificación das mercadorías perigosas transportadas? Si Non Non procede 2. Comprobouse a valoración das necesidades específicas relativas ás mercadorías perigosas, na adquisición de medios de transporte? 3. Comprobáronse os procedementos que permitan comprobar o material utilizado para o transporte ou para as operacións de carga ou descarga de mercadorías perigosas?

Suplemento núm. 13 Luns 2 outubro 2006 1855 4. Comprobouse a aplicación de procedementos de urxencia en caso de accidentes ou incidentes que poden afectar a seguranza durante o transporte de mercadorías perigosas ou durante as operacións de carga ou descarga? Si Non Non procede 5. Comprobouse a observancia das disposicións legais e a consideración das necesidades específicas relativas ao transporte de mercadorías perigosas no referente á elección e utilización de subcontratistas ou terceiros intervenientes? 6. Comprobouse que o persoal encargado do transporte de mercadorías perigosas ou da carga ou descarga das devanditas mercadorías dispón de procedementos de execución e de consignas detalladas? 7. Comprobouse a realización de accións de sensibilización acerca dos riscos ligados ao transporte de mercadorías perigosas ou ás operacións de carga ou descarga das devanditas mercadorías? 8. Comprobáronse a aplicación de procedementos de comprobación co obxecto de garantir a presenza, a bordo dos medios de transporte, dos documentos e dos equipamentos de seguranza que deban acompañar os transportes e a conformidade dos ditos documentos e equipamentos coa normativa? 9. Comprobouse a aplicación de procedementos de comprobación, con obxecto de garantir a observancia das regras relativas ás operacións de carga e descarga? 10. Aplicáronse os medios adecuados para evitar a repetición de accidentes, incidentes ou infraccións graves?

1856 Luns 2 outubro 2006 Suplemento núm. 13 ANEXO II Instrucións para cubrir o informe 1. Identificación do conselleiro de seguranza e da empresa 1.1 Identificación do conselleiro de seguranza: consignaranse os datos identificativos do/s conselleiro/s de seguranza e expresarase, se é o caso, a especialidade (explosivos, radioactivos, etc.) e o modo de transporte para o cal obtivo a titulación, así como no caso de que o conselleiro de seguranza teña encomendada unha área concreta de actuación (manobras de carga, descarga, etiquetaxe, etc.) a área de actividade da cal é responsable e os seus teléfonos de contacto. 1.2 Identificación da empresa: consignarase o nome ou razón social da empresa así como o seu CIF ou NIF, domicilio, provincia, poboación, código postal, teléfonos, fax, correo electrónico, e tamén se poderá indicar calquera outro medio de comunicación existente, tanto da sede social como dos centros de traballo para os que se fai o informe. O informe anual será único por empresa, isto é, por número de identificación fiscal. Nel deberanse incluír todas as actividades executadas por unha determinada empresa, independentemente da sucursal ou sede que as realice. Soamente se admitirá un informe anual por empresa e número de identificación fiscal. A adscrición do conselleiro de seguranza no informe anual non exime a empresa do cumprimento da obriga da comunicación que se recolle no punto A) do artigo 9 do Real decreto 1566/1999. 2. Descrición da actividade implicada e dos modos de transporte Indicaranse a/s actividade/es desenvolvidas pola empresa para a que se fai o informe e o/s modo/s de transporte en que se transporta a mercadoría. Para estes efectos, as empresas transportistas de carga fraccionada ou axencias de transporte, se é o caso, considerarase, en principio, que realizan o transporte e a carga e a descarga nas instalacións onde se produce a grupaxe de mercadoría. 3. Ámbito territorial da actividade da empresa cargadora Este punto só será cuberto cando se trate de empresas que realicen a carga das mercadorías perigosas. Deberase especificar a cantidade de mercadoría, en porcentaxe do total anual, e o ámbito territorial en que se realizase o transporte. Cando o informe afecte distintos centros de traballo da mesma empresa, situados en diferentes comunidades autónomas, deberanse confeccionar tantos cadros como centros de carga por Comunidade Autónoma dispoña a empresa. 4. Datos das mercadorías e das operacións implicadas En relación coas mercadorías cargadas polas empresas cargadoras, descargadas polas empresas descargadoras ou transportadas polas empresas transportistas, indicarase a súa clase, de acordo coas clasificacións que figuran no ADR e no RID e a cantidade, utilizándose como unidade de medida a tonelada, redondeándose por exceso ou por defecto ao céntimo máis próximo. Igualmente, indicarase o código postal do lugar onde se produza a operación de carga ou descarga, entendéndose por localización da descarga o punto de entrega da mercadoría, e as cantidades totais de mercadoría cargada ou descargada. No caso de reparticións múltiples ou venda en ruta, abondará coa indicación dos códigos postais provinciais. As operacións de carga ou descarga realizadas fóra do territorio nacional non se deberán incluír. As empresas transportistas de carga fraccionada ou axencias de transporte, se é o caso, deberán cubrir estes cadros coas indicacións sobre as materias e a localización dos establecementos onde se produzan manobras de grupaxe ou fraccionamento da carga. Igualmente, as empresas de carga ou descarga relacionarán as operacións realizadas por códigos postais, cantidade e clase, en cada un dos centros afectados. No caso de empresas transportistas só se relacionarán as cantidades transportadas polos vehículos propiedade das ditas empresas, entendéndose como tal o vehículo que dispón de autorización de transporte (tarxeta de transporte). No caso de que só se teña a propiedade dos remolques ou semirremolques e a tracción sexa achegada por unha segunda empresa non se deberá relacionar a cantidade transportada polo remolque ou semirremolque propiedade da empresa transportista que realiza o informe, nese caso estas cantidades deberán estar relacionadas no informe correspondente á empresa que achega a tracción. No caso de empresas que só realicen o transporte, as indicacións limitaranse á clase da mercadoría e á cantidade transportada e non se cubrirán as epígrafes de carga ou descarga, aínda que tales manobras as realice o condutor. No caso de existir pacto expreso sobre a realización da carga ou descarga, a empresa que, en virtude do dito pacto, asuma estas obrigas relacionará nos cadros correspondentes estas operacións. 5. Relación de vehículos de transporte por estrada utilizados Esta epígrafe só afecta as empresas que realicen o transporte de mercadorías perigosas por estrada e as empresas cargadoras ou descargadoras que dispoñan de frota propia. Indicaranse os vehículos de transporte utilizados indicándose as matrículas, se son de propiedade ou non da empresa, independentemente de que as cantidades transportadas fosen relacionadas no cadro correspondente ao punto anterior, o tipo (entoldado, caixa, descuberto, cuberto, semirremolque, semirremolque cisterna, remolque, ríxido, camión, tractora, tractocamión, furgón, camión mixto, portacontedores, depósito, silo, basculante, capitoné, góndola ou turismo) ou calquera particularidade que sexa necesario resaltar. Igualmente indicaranse a tara e a masa máxima autorizada dos vehículos. Por último, se se trata dun vehículo catalogado con certificado de aprobación segundo o apéndice B do ADR, indicarase a categoría de que se trate (AT, FL, OX, EX/II ou EX/III). 6. Modo de transporte utilizado Esta epígrafe só será cuberta polas empresas cargadoras. Indicarase a porcentaxe de cantidade de mercadoría, correspondente a cada modo, sobre o total anual das mercadorías perigosas cargadas pola empresa. 7. Tipos de equipamentos de transporte utilizados polas empresas cargadoras Esta epígrafe só se lles aplicará ás empresas que realicen a carga das mercadorías perigosas e nela indicaranse os distintos tipos de envases ou embalaxes, contedores caixa, contedores cisterna, cisterna fixa ou desmontable, grandes recipientes para granel, recipientes para gases, vagóns cisterna ou calquera outro tipo de

Suplemento núm. 13 Luns 2 outubro 2006 1857 recipiente utilizado para conter a mercadoría. Exclúense os vehículos de tracción propia. 8. Relación de accidentes notificados Indicarase a data e o lugar do suceso dos accidentes ocorridos durante o ano en relación cos cales se emitiu o correspondente parte segundo se estipula no artigo 8 do Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro. 9. Información xeral sobre as obrigas do conselleiro de seguranza 9.1 Formación: nesta epígrafe indicarase o número de empregados pertencente ao cadro de persoal da empresa independentemente das súas funcións, o número de empregados directamente relacionados coas actividades de carga, transporte ou descarga de mercadorías perigosas, se o dito persoal recibiu a formación adecuada e se esta formación figura no seu expediente persoal. Se non figurase, deberanse indicar as razóns e as medidas que, se é o caso, se tomaron para a súa emenda. Igualmente, farase unha breve descrición dos cursos impartidos con indicación, en todo caso, do persoal docente, datas dos cursos, horas lectivas, número de alumnos por curso, temario e calquera outra circunstancia salientable. 9.2 Comprobación de actividades: nesta epígrafe, o conselleiro de seguranza indicará, en relación coas obrigas que lle encomenda o artigo 7 do Real decreto 1566/ 1999, se se realizaron ou non as comprobacións e os procedementos e prácticas correspondentes en relación coas actividades implicadas ou ben se non era procedente realizalas. A resposta afirmativa deberase salientar cando se comprobase a totalidade das accións, no caso dalgún tipo de fallo ou non comprobación deberase salientar a resposta negativa. A información das distintas epígrafes poderase completar con calquera outro tipo de indicación que o conselleiro de seguranza coide oportuno incluír. Na epígrafe observacións deberá expresar as que coide procedentes e, como mínimo, as razóns polas que non se realizasen as comprobacións MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS 16931 RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2006, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se aproba o deseño de rexistros e o formato técnico dos ficheiros informáticos para a remisión dos datos polos servizos de saúde das comunidades autónomas para o pagamento do custo da asistencia sanitaria derivada de continxencias profesionais. («BOE» 232, do 28-9-2006.) A Orde TAS/131/2006, do 26 de xaneiro, en relación coa transferencia ás comunidades autónomas do importe correspondente á prestación de asistencia sanitaria ao abeiro da normativa internacional e o pagamento aos servizos públicos de saúde do custo da asistencia sanitaria derivada de continxencias profesionais, regula no seu capítulo II o procedemento para o pagamento ás comunidades autónomas do custo das prestacións sanitarias, farmacéuticas e recuperadoras dispensadas polos correspondentes servizos públicos de saúde como consecuencia de continxencias profesionais, cando a protección dos beneficiarios, respecto das ditas continxencias, se formalizase coas entidades xestoras da Seguridade Social. O artigo 8 da citada orde establece que o deseño de rexistro e o formato técnico de remisión dos datos que avalarán as certificacións emitidas polos servizos públicos de saúde se determinará, por proposta do Instituto Nacional da Seguridade Social e do Instituto Social da Mariña, mediante resolución do secretario de Estado da Seguridade Social, que lles será comunicada ás comunidades autónomas. Daquela, co fin de homoxeneizar e facilitar o intercambio de información entre os respectivos servizos públicos de saúde e as entidades xestoras da Seguridade Social, apróbanse a estrutura, contido e formato dos ficheiros informáticos de remisión de datos relativos aos centros de asistencia dos servizos públicos de saúde, ás tarifas oficiais aplicables en cada comunidade autónoma e á emisión de facturas polas prestacións dispensadas. O sistema de envío e recepción de ficheiros efectuarase a través da ferramenta IFI, que é un sistema universal de intercambio de ficheiros institucionais, vía internet, que deberá cumprir os requisitos establecidos no punto terceiro desta disposición. Esta resolución establece, así mesmo, que o procedemento de remisión de datos relativos aos gastos facturados polos servizos públicos de saúde se efectuará, de forma centralizada, a través do Centro Informático do Instituto Nacional da Seguridade Social, o cal desagregará a información recibida e llela remitirá, para a súa xestión e verificación, ás direccións provinciais do Instituto Nacional da Seguridade Social e á Dirección Xeral do Instituto Social da Mariña, segundo proceda, para efectos da súa conformidade e emisión da oportuna certificación do custo das prestacións dispensadas, de acordo co previsto no artigo 5 da orde citada. O mencionado procedemento será de aplicación con carácter inmediato, prevéndose que nunha fase posterior os servizos públicos de saúde dispoñan dun servizo web que permitirá que estes poidan introducir directamente na aplicación os datos correspondentes aos centros de asistencia, as tarifas aplicables e os gastos facturados, que se validarán automaticamente. Desta forma suprimiríase a validación manual dos ficheiros polas entidades xestoras da Seguridade Social. En consecuencia, de acordo coas previsións contidas no artigo 8 da Orde TAS/131/2006, do 26 de xaneiro, e de conformidade coas facultades conferidas polo artigo 2 do Real decreto 1600/2004, do 2 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, por proposta do Instituto Nacional da Seguridade Social e do Instituto Social da Mariña, dispoño: Primeiro. Aprobación da estrutura, contido e formato dos ficheiros informáticos de remisión de datos. 1. Apróbanse, conforme figuran, respectivamente, nos anexos I, II e III desta resolución, a estrutura, contido e formato dos ficheiros informáticos relativos aos centros de asistencia dos servizos públicos de saúde, ás tarifas oficiais aprobadas e publicadas por cada comunidade autónoma e á emisión, polos respectivos servizos públicos de saúde, das facturas correspondentes ás prestacións médicas, farmacéuticas e recuperadoras dispensadas aos traballadores cuxa protección, respecto ás continxencias profesionais, se formalizase co Instituto Nacional da Seguridade Social ou co Instituto Social da Mariña. 2. A remisión de datos polos servizos públicos de saúde para efectos da certificación do custo da atención sanitaria dispensada nos supostos mencionados no punto anterior, deberase efectuar, en todo caso, conforme