DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28294



Documentos relacionados
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1768

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Concello de Ames Anuncio

O CONTRATO DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DECRETO LEXISLATIVO 1/1999, DO 7 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DE RÉXIME FINANCEIRO E ORZAMENTARIO DE GALICIA

DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

V I C E P R E S I D E N C I A

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

TR348 A/B- CONTRATACION INDEFINIDA INICIAL E CONVERSION TEMPORAL A INDEFINIDO (FSE)

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

XEFATURA DO ESTADO Corrección de erros da Orde SCO/3664/2004, LEI ORGÁNICA 1/2004, do 28 de decembro, de

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx

CIRCULAR 14/2016 (modificada a 25/02/2016)

PRIMEIRA. OBXETO DA CONVOCATORIA E CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS.

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

I. Disposicións xerais

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

6.970 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 79 Mércores, 28 de abril de 2010

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

LIÑA EMPRENDE MODELO DE PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2015/2016

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO SECCIÓN 07. Memoria II

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

1. TÍTULO DO PROGRAMA/ AXUDA PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (LEXISLACIÓN)

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

Convocatoria ordinaria de 2012

REDE EUSUMO. información e comunicación

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

1. Introdución Estrutura do Plan Galego de Formación Profesional...7

DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx

DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx

Ordenanza municipal de posesión e custodia de animais potencialmente perigosos

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

CONCELLO DE POL (LUGO) C.I.F. P B R.E.L

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

Consellería de Economía, Emprego e Industria

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

Decreto 231/2012 Técnico en peiteado e cosmética capilar

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2016 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Guía de procedementos e servizos

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Transcrição:

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28294 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ORDE do 12 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. As transformacións que están experimentando a economía, a sociedade, os continuos avances tecnolóxicos e os cambios nos hábitos laborais e nos sistemas de organización do traballo, acompañado da perda de lazos sociais e familiares, configuran algunhas das múltiples causas de exclusión social. O actual contesto de crise económica e de alta taxa de desemprego incrementan o número de persoas en situación ou risco de exclusión social. Un trazo común a case todas as situacións de exclusión social é a dificultade para participar nos mecanismos habituais de formación e inserción laboral. Para paliar e erradicar estas situacións de desarraigamento e exclusión social, xorden as empresas de inserción laboral, cuxa finalidade primordial é a incorporación ao mercado laboral das persoas en risco ou en situación de exclusión social, que lles proporcionan un traballo remunerado e a formación e o acompañamento necesarios para mellorar as súas condicións de empregabilidade e facilitarlles o acceso ao mercado laboral ordinario. As empresas de inserción, reguladas a nivel estatal na Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, constitúen unha tipoloxía especial dentro das empresas de carácter social e confirman que o emprego é para as persoas máis desfavorecidas e excluídas un dos principais factores de inserción social e unha forma de participación na actividade da sociedade. No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia regula as empresas de inserción no capítulo II do seu título IV e destaca que os itinerarios de inserción laboral son o marco de estímulo e promoción do emprego con colectivos de inserción laboral que se desenvolve desde a Administración laboral galega, como políticas de acción positiva, sobre todo as empresas de inserción e os estímulos á creación de emprego destes colectivos. O Decreto 156/2007, do 19 de xullo, regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, crea o seu rexistro administrativo e establece as medidas para o fomento da inserción sociolaboral. No seu capítulo V enúncianse as medidas de fomento que a Xunta de Galicia poderá destinar ás empresas de inserción laboral. En desenvolvemento deste capítulo, nesta orde establécense as axudas destinadas ao fomento e

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28295 ao sostemento das empresas de inserción laboral, coa finalidade de promover a inserción laboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social. De acordo co disposto no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, correspóndelle a esta a xestión administrativa do rexistro de empresas de inserción laboral, así como a xestión dos programas de apoio ás empresas de inserción laboral. As bases reguladoras do programa regulado nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que de acordo coa finalidade e o obxecto do programa non resulta necesario realizar, nun único procedemento, a comparación e a prelación das solicitudes presentadas, senón que a concesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia na entidade solicitante dos requisitos establecidos, e así ata o esgotamento do crédito orzamentario. Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 %, no eixe 2, tema prioritario 71, de acordo co obxectivo de fomentar a integración social e laboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social, a través do programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea C (2007) 6733, do 18 de decembro de 2007. Consecuentemente con todo o anterior, unha vez consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, autorizada polo Consello da Xunta de Galicia a exención da obriga de constituír garantías para os pagamentos á conta así como a modificación da porcentaxe máxima destes, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, DISPOÑO: CAPÍTULO I Finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación Artigo 1. Finalidade e principios de xestión 1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convo-

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28296 catoria para o ano 2014, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social. 2. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios: a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación. b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Benestar. c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos. Artigo 2. Normativa aplicable As solicitudes, a tramitación e a concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño); no Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro); no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG núm. 214, do 5 de novembro); na Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 (DOG núm. 249, do 31 de decembro) e, no que resulte de aplicación, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18 de novembro) e ao seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (BOE núm. 176, do 25 de xullo), e esta orde. Por tratarse de subvencións cofinanciables polo Fondo Social Europeo serán de aplicación: o Regulamento (CE) 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo (DOUE L 210, do 31 de xullo de 2006); o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 210, do 31 de xullo de 2006); o Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28297 Cohesión e o Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007); e a Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE (BOE núm. 252, do 18 de outubro), modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (BOE núm. 79, do 1 de abril) e pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE núm. 167, do 13 de xullo). Artigo 3. Entidades beneficiarias 1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas. 2. Poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral. Non obstante, non se poderá proceder ao pagamento da axuda en canto non obteñan esa cualificación. 3. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. 5. A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable. Artigo 4. Suxeitos e persoas beneficiarias da inserción sociolaboral por medio de empresas de inserción laboral 1. A inserción sociolaboral por medio de empresas de inserción laboral vai dirixida a persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social nas cales concorran un ou varios factores de exclusión relacionados neste artigo.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28298 A situación e as circunstancias de risco ou exclusión social que determinen a cualificación dunha persoa como posible traballador ou traballadora en proceso de inserción nunha empresa de inserción laboral serán acreditadas polo Sistema Galego de Servizos Sociais. Para a valoración técnica da situación ou risco de exclusión social verificarase polos servizos sociais comunitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, ademais da situación de desemprego, a ausencia ou déficit grave de recursos económicos, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, cando esta condición supoña especiais dificultades de integración social ou laboral: a) Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas. b) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica. c) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante. d) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero. e) Ter a condición de persoa con discapacidade. f) Ser inmigrante ou emigrante retornado. g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores. h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria. i) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda. j) Pertencer a unha minoría étnica. k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas. l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28299 m) Calquera outro factor non previsto expresamente no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. 2. Para os efectos das axudas previstas nesta orde, entenderase por: I. Persoas con discapacidade, aquelas que teñan recoñecida, pola Administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %. A comprobación da condición de persoas con discapacidade realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co disposto no artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, consideraranse que presentan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Nestes supostos a acreditación do grao de discapacidade realizarase conforme o previsto no Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE núm. 300, do 16 de decembro). II. Persoas desempregadas, aquelas que figuren inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e que carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da súa alta na Seguridade Social. A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego, na data de alta na Seguridade Social será realizada directamente polo órgano xestor das axudas, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28300 O órgano xestor comprobará directamente que a persoa traballadora pola que se solicita subvención careza de ocupación, segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na data da súa alta na Seguridade Social. III. Persoas emigrantes retornadas, aquelas que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de dous anos entre a data do retorno e a data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social. Artigo 5. Contratos de traballo subvencionables 1. Os contratos de traballo subscritos entre as persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social e as empresas de inserción laboral terán que reunir as seguintes características para ser subvencionables: a) Deberán formalizarse por escrito, axustándose ás modalidades de contratación previstas na lexislación laboral. b) A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses. c) A xornada de traballo non poderá ser inferior ao 50 % da establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legalmente establecida. d) Con carácter previo á formalización do contrato, a persoa seleccionada, a empresa de inserción laboral e os servizos sociais deberán subscribir o convenio de inserción, co contido sinalado no artigo 13 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción laboral. 2. Non poderán ser contratadas as persoas traballadoras que nos dous anos inmediatamente anteriores prestasen servizos mediante un contrato de traballo, incluído o contrato temporal de fomento do emprego, nesta ou en distinta empresa de inserción laboral, salvo que, no suposto de fracaso nun proceso previo de inserción ou no de recaída en situacións de exclusión, o servizo social público competente considere o contrario á vista das circunstancias persoais da persoa traballadora.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28301 CAPÍTULO II Actuacións subvencionables Artigo 6. Tipos de axuda 1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda: a) A contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social. b) A contratación de xerentes ou persoas técnicas necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral. c) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción. d) A realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario. e) A formalización de préstamos con entidades financeiras. f) A creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral. g) O inicio e posta en marcha da actividade. h) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica. 2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias dos seguintes tipos de axuda: a) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción. b) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral. Artigo 7. Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social 1. Subvencionaranse parcialmente as empresas de inserción laboral os custos dos contratos de traballo subscritos con persoas en situación ou en risco de exclusión social incluídas no artigo 4 desta orde.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28302 2. A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos meses de decembro e xuño. Esta contía será proporcional á duración da xornada de traballo. 3. Ao abeiro desta axuda subvencionaranse as mensualidades de outubro de 2013 ata setembro de 2014, ambas inclusive, correspondentes aos contratos de traballo formalizados con persoas traballadoras en proceso de inserción. 4. Para a subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social deberá presentarse unha única solicitude que comprenderá as mensualidades de outubro, novembro e decembro do ano 2013 e as de xaneiro a setembro de 2014. Artigo 8. Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas 1. Para facilitar a contratación de xerentes ou persoas técnicas que sexan necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira das empresas de inserción laboral, poderá concederse, por unha soa vez, unha subvención equivalente ao 50 % dos custos laborais totais, incluído o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos a cargo da empresa. O importe da subvención será de ata 8.000 euros, sempre que a contratación teña unha duración inicial mínima de 12 meses, e de ata 24.000 euros se a duración inicial da contratación é de 36 ou máis meses, ou o importe proporcional se é dunha duración maior de 12 meses e menor de 36. Non poderá concederse esta subvención a aquelas empresas de inserción laboral que foran beneficiarias desta liña de axudas anteriormente. 2. Esta subvención estará condicionada á xustificación pola empresa de inserción laboral de que coas contratacións obxecto de subvención se suplan carencias para o desenvolvemento da actividade empresarial e o seu bo fin. 3. Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía máxima que se percibirá será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28303 4. Serán subvencionables, ao abeiro deste programa, as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014 que teñan unha duración inicial mínima de 12 meses e cunha xornada de traballo non inferior ao 50 %. 5. As empresas de inserción laboral deberán manter no seu cadro de persoal as persoas xerentes ou técnicas durante o período subvencionado, e no suposto de extinción da relación laboral da persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, as empresas de inserción laboral están obrigadas á cobertura do posto por unha nova persoa traballadora, que deberá reunir as mesmas condicións de contratación que a persoa traballadora substituída, e terá que se realizar nos dous meses seguintes ao da baixa. Esta nova incorporación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a subvención e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda. No suposto de non manter os postos de traballo subvencionados, ou de non realizar a substitución no prazo establecido, procederá o reintegro parcial da subvención concedida. Artigo 9. Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción 1. As empresas de inserción laboral e as entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán acceder a unha subvención para a contratación de persoal técnico de inserción, coa finalidade de desenvolver accións de orientación e acompañamento das persoas traballadoras en proceso de inserción e facilitar a súa plena integración laboral en empresas normalizadas. 2. A contía desta subvención será equivalente ao 50 % dos custos laborais totais, incluído o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos a cargo da empresa ou da entidade promotora, calculados sobre 12 mensualidades, e terá como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción, sen que, en ningún caso, o importe da subvención poida superar os 12.000 euros. Cando a contratación sexa a tempo parcial, a contía da subvención será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal. 3. As empresas de inserción laboral e as entidades promotoras que se subvencionasen pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción ao abeiro deste programa, poderán solicitar esta axuda unha vez transcorrido o período subvencionado.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28304 4. O persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción contratado deberá posuír unha titulación universitaria oficial de grao adecuada ás funcións que vai desenvolver, ou ben, tendo unha titulación universitaria oficial de grao, acredite unha experiencia de dous anos en programas de orientación e acompañamento de persoas desfavorecidas desde a perspectiva laboral e social. Consideraranse titulacións universitarias adecuadas aquelas que acrediten coñecementos no ámbito educativo, asistencial, pedagóxico, psicosocial, terapéutico e sociolaboral. 5. Se a subvención a solicitasen as entidades promotoras, non poderán solicitala a empresa ou as empresas de inserción laboral que promovan. 6. Serán subvencionables, ao abeiro deste programa, as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014. 7. As empresas de inserción laboral ou as entidades promotoras deberán manter no seu cadro de persoal o persoal técnico en inserción durante o período subvencionado, e no suposto de extinción da relación laboral da persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, as empresas de inserción laboral ou as entidades promotoras están obrigadas á cobertura do posto por unha nova persoa traballadora, que deberá reunir as mesmas condicións de contratación que a persoa traballadora substituída, e terá que realizarse nos dous meses seguintes ao da baixa. Esta nova incorporación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a subvención e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda. No suposto de non manter os postos de traballo subvencionados, ou de non realizar a substitución no prazo establecido, procederá o reintegro parcial da subvención concedida. Artigo 10. Subvención pola realización de labores de mediación laboral 1. Coa finalidade de fomentar os labores de mediación laboral, subvencionaranse as empresas de inserción laboral cunha axuda de 6.000 euros pola incorporación indefinida e a xornada completa á empresa ordinaria dunha persoa traballadora en proceso de inserción xestionada pola empresa de inserción laboral. Se o contrato subscrito é de carácter temporal e ten unha duración de 24 meses, a subvención será de 3.000 euros e se é inferior a 24 meses e igual ou superior a 6 meses, o incentivo será proporcional á duración do contrato. No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral pactada.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28305 O prazo entre a baixa na empresa de inserción laboral e a data de alta na empresa ordinaria non poderá ser superior a un mes. 2. Subvencionarase cunha axuda de 6.000 euros á empresa de inserción laboral que asesore, apoie e acompañe unha persoa traballadora en proceso de inserción na súa iniciativa de autoemprego. 3. Estas actuacións de mediación laboral serán subvencionables unha vez transcorridos 6 meses desde a formalización do contrato coa empresa ordinaria ou desde a alta no réxime especial de traballadores autónomos, e sempre que o remate deste prazo se producise entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014. 4. O importe desta subvención terá como límite os custos salariais totais, pola contratación da persoa en proceso de inserción na empresa ordinaria durante 6 meses. No suposto de apoio a unha persoa en proceso de inserción para a súa constitución como traballador ou traballadora autónoma o límite desta subvención será o importe das cotizacións á Seguridade Social durante 12 meses no réxime especial dos traballadores autónomos ou por conta propia. 5. As empresas de inserción laboral beneficiarias desta subvención asumen a obriga de realizar o seguimento laboral das persoas inseridas no mercado ordinario durante un período mínimo de doce meses; para tal efecto deberán achegar ante o órgano concedente unha memoria do seguimento realizado. Procederá o reintegro total da subvención concedida no suposto de non xustificar o seguimento realizado e procederá o reintegro parcial no suposto de que non se manteña o emprego das persoas inseridas, agás por causas debidamente xustificadas. Artigo 11. Subvención financeira 1. A subvención financeira ten por finalidade favorecer a creación de postos de traballo mediante a redución dos xuros dos préstamos para financiar os investimentos que sexan necesarios para a creación e posta en marcha das empresas de inserción laboral, tendo en conta que, como mínimo, o 75 % do importe do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Para os efectos desta orde, entenderase por inmobilizado material ou intanxible aquel definido como tal no Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade, e no Real decreto 1515/2007, do 16 de novembro, polo que

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28306 se aproba o Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas, e incluídos nos subgrupos 20, 21 e 23 do cadro de contas dos citados plans, excluídos os anticipos. Os investimentos poderán ser computados sempre que as facturas estean estendidas a nome da entidade solicitante, e non sexan emitidas por algunha das entidades promotoras das empresas de inserción laboral. No suposto de elementos de transporte, soamente se computarán os vehículos comerciais ou industriais que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais polas persoas representantes ou axentes comerciais, os empregados na venda a domicilio, na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores e os empregados en servizos de vixilancia, ao 100 % do seu prezo de adquisición, excluído o imposto sobre o valor engadido. Non obstante, para as empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non poderá concederse a subvención financeira para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada. En ningún caso para a acreditación do inmobilizado material ou intanxible se terán en conta os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non concedan á entidade solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento. 2. Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos por entidades financeiras que teñan subscrito un convenio, para tal fin, coa Consellería de Traballo e Benestar, e deberán formalizarse no período comprendido entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014, ou, de ser o caso, no prazo específico establecido na resolución de concesión. Para os efectos da xustificación desta subvención teranse en conta os investimentos en inmobilizado material ou intanxible, sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, realizados entre o 1 de outubro de 2013 e o 31 de outubro de 2014 e xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2014.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28307 Non se admitirá, para os efectos da súa xustificación, a adquisición de bens usados con cargo aos préstamos obxecto da axuda, agás no suposto de traspaso de negocios. 3. Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia deste. A contía calcularase como se a subvención se devindicase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia. O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable, tomando como referencia para o cálculo da subvención o tipo de xuro vixente na data da resolución da subvención, ou o vixente na data da sinatura do contrato de préstamo, se esta é anterior. A entidade beneficiaria, no prazo de 30 días desde a data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar unha certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada. 4. Esta subvención terá como límite a contía máxima de 3.000 euros por emprego creado para os colectivos de persoas desempregadas definidos no artigo 4 desta orde durante o primeiro ano desde o inicio da actividade. Artigo 12. Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral 1. Poderá concederse unha subvención pola creación de emprego ás empresas de inserción laboral de nova creación ou ás que amplíen o seu cadro de persoal creando novos empregos para persoas en proceso de inserción. O importe máximo desta subvención determinarase en atención ao número de novos postos de traballo creados e ocupados por persoas en procesos de inserción, ata un máximo de 12.000 euros por cada posto de traballo a xornada completa, ou a parte proporcional se o contrato é a tempo parcial. Serán subvencionables aqueles novos postos de traballo que, cubertos por persoas en proceso de inserción, supoñan un incremento de persoal respecto das persoas en situación ou en risco de exclusión social que tivese a empresa de inserción laboral no último expediente de axudas á creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28308 O importe desta subvención, en concorrencia coa subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social, prevista no artigo 7 desta orde, non poderá superar o importe máximo de 12.000 euros por cada posto de traballo a xornada completa, ou a parte proporcional se o contrato é a tempo parcial. 2. A concesión da subvención pola creación de novos postos de traballo para persoas en proceso de inserción requirirá acreditar a realización pola empresa de inserción laboral do investimento que sexa necesario para a creación do posto de traballo. O importe da subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral non superará o 60 % do custo total do investimento en inmobilizado material ou intanxible directamente relacionado coa actividade principal desenvolvida pola empresa de inserción laboral. Para os efectos do cálculo deste límite, entenderase por inmobilizado material ou intanxible aquel definido como tal no Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade (BOE núm. 278, do 20 de novembro), no Real decreto 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas (BOE núm. 279, do 21 de novembro), no Plan de contabilidade de pequenas e medianas entidades sen fines lucrativos, aprobado por Resolución do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas do 26 de marzo de 2013 (BOE núm. 85, do 9 de abril) e incluídos nos subgrupos 20, 21 e 23 do cadro de contas dos citados plans, excluídos os anticipos. Os investimentos poderán ser computados para o cálculo do límite da subvención sempre que as facturas estean estendidas a nome da entidade solicitante, e non sexan emitidas por algún dos promotores da empresa. No suposto de elementos de transporte, soamente se computarán os vehículos comerciais ou industriais que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais polos representantes ou axentes comerciais, os empregados na venda a domicilio, na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensinanza de condutores e os empregados en servizos de vixilancia, ao 100 % do seu prezo de adquisición, excluído o imposto sobre o valor engadido.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28309 En ningún caso para a acreditación do inmobilizado material ou intanxible, se terán en conta os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non concedan á entidade solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento. 3. Para os efectos da xustificación desta subvención, teranse en conta as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014. Para o cálculo do límite da subvención terase en conta a acreditación dos investimentos en inmobilizado material ou intanxible, sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, realizados entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014 e xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2014. Artigo 13. Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade 1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción da empresa de inserción laboral e ata un máximo de 12.000 euros. 2. A través desta subvención, que se concederá por unha soa vez, serán subvencionables os gastos realizados con posterioridade ao inicio da actividade empresarial e efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión, ou de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2014. 3. A subvención destinarase a sufragar os gastos necesarios derivados da posta en marcha da actividade realizados entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014 nos seguintes conceptos: Compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos. Gastos de arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos. Gastos de seguro do local, publicidade e subministracións.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28310 Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Os gastos poderán ser computados sempre que as facturas estean expedidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas a nome da entidade promotora. 4. Poderán solicitar esta subvención as empresas de inserción laboral que inicien a súa actividade a partir do 1 de outubro de 2013. 5. Enténdese que unha empresa inicia a súa actividade empresarial desde a data de alta no imposto de actividades económicas, ou ben desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Artigo 14. Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica 1. Esta axuda está destinada a financiar parcialmente ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción laboral e ás empresas de inserción laboral a asistencia técnica dirixida á reorientación da actividade empresarial. 2. Serán subvencionables ao abeiro desta axuda os estudos de mercado, os estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e os labores de asesoramento e consultoría que teñan por obxecto a constitución dunha empresa de inserción laboral. Na asistencia técnica das empresas de inserción laboral serán subvencionables os custos para a realización de estudos de mercado para a apertura de novos mercados ou para a reorientación da actividade empresarial. 3. A contía desta subvención será equivalente ao 50 % do custo total dos servizos, cun límite máximo de 6.000 euros. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. 4. A concesión da subvención obriga as entidades promotoras a realizar o proceso de creación dentro do exercicio orzamentario no que se concede a axuda e a crear a empresa de inserción laboral no prazo que se estableza na resolución de concesión da subvención.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28311 CAPÍTULO III Competencia e procedemento Artigo 15. Competencia A competencia para coñecer e resolver as solicitudes das subvencións presentadas ao abeiro desta orde, correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, á persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. Artigo 16. Solicitudes e prazo de presentación 1. As solicitudes dirixiranse ao órgano competente para resolver e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, da persoa representante que actúe con poder suficiente. Tamén poderán presentarse as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e das formas previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Se a solicitude se envía por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria. 2. O prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 30 de setembro de 2014. 3. As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar na ligazón http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28312 Artigo 17. Autorizacións 1. A presentación da solicitude de subvención pola entidade interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; daquela deberá achegar coa solicitude a certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Non obstante, conforme o establecido no artigo 11.h) do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no caso das entidades promotoras de empresas de inserción laboral, as certificacións previstas no parágrafo anterior poderán ser substituídas pola declaración responsable da entidade solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. 2. Mediante a presentación da solicitude de subvención, a entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo e Benestar para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 (DOG núm. 153, do 9 de agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o Cixtec, como responsable dos ficheiros; con domicilio na rúa Domingo Fontán, 9, 15702 Santiago de Compostela, de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. 3. Coa presentación da solicitude de subvención, a persoa interesada pode autorizar expresamente a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a con-

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28313 sulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade. No caso de non prestar a autorización, deberá presentar a fotocopia do documento acreditativo da identidade da persoa interesada. 4. Coa presentación da solicitude de subvención, a entidade interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo e Benestar para que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia, e na súa páxina web oficial, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputan, a entidade beneficiaria, a contía concedida e a finalidade da subvención. 5. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais recollidos na solicitude se incorporarán ao ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, para o seu tratamento, coa finalidade de xestión, avaliación, seguimento e estatística deste programa. A presentación da solicitude supón a cesión de datos persoais á Consellería de Traballo e Benestar por parte da entidade solicitante, polo que esta é responsable de informar as persoas traballadoras sobre a existencia e finalidade da cesión, así como da obtención do seu consentimento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, pódense exercer dirixindo un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, como responsable do ficheiro, no enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou no seguinte enderezo electrónico: lopd.traballo@xunta.es Artigo 18. Documentación 1. As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e deberán ir acompañadas, do orixinal ou copia compulsada ou cotexada, da documentación común e específica que se relaciona: A) Documentación común para todos os tipos de axuda: a) Solicitude no modelo do anexo I desta orde, que incluirá a declaración comprensiva do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28314 ou subvencións, así como unha declaración das axudas de minimis obtidas no exercicio fiscal actual e nos dous exercicios anteriores. b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade en caso de non prestar a autorización na solicitude á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade, así como poder suficiente para actuar en nome da entidade. c) Tarxeta de identificación fiscal, escritura ou acordo de constitución e inscrición no rexistro correspondente á forma xurídica da entidade solicitante. d) Alta no IAE ou, de ser o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. e) Memoria descritiva da entidade solicitante en que se recollan as actividades de inserción realizadas durante o último ano natural e o cumprimento dos seus obxectivos económicos e de inserción. A memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas, os recursos aplicados e as súas fontes. B) Documentación específica para cada tipo de axuda: a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II. Contratos de traballo e convenios de inserción das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención. Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude. Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude. Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características técnicas.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28315 b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas: Relación nominal dos xerentes ou persoas técnicas da empresa de inserción laboral polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II, no que se indicarán os custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral, dos xerentes ou persoas técnicas, correspondentes ao período polo que se solicita subvención. Memoria explicativa da necesidade da contratación de xerentes ou persoas técnicas para o desenvolvemento da actividade empresarial, na cal conste o número e os perfís profesionais e os servizos que van prestar. Contratos de traballo das persoas xerentes ou técnicas polas que se solicita subvención. Recibo de salarios da mensualidade en que se realiza a contratación e documento bancario de transferencia acreditativo do seu pagamento. Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente á mensualidade en que se realiza a contratación. c) Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción: Relación nominal do persoal técnico da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora polo que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II, no que se indicarán os custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora, calculados sobre 12 mensualidades, do persoal técnico polo que se solicita subvención. Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción, na cal conste o número e os perfís profesionais, as funcións que van realizar, así como o número de persoas traballadoras en proceso de inserción que van orientar e a porcentaxe da xornada de traballo que lle van dedicar. Contratos de traballo do persoal técnico polo que se solicita subvención. Curriculum vitae do persoal técnico, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28316 Recibo de salarios da mensualidade na que se realiza a contratación e documento bancario de transferencia acreditativo do seu pagamento. Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente á mensualidade na que se realiza a contratación. d) Subvención pola realización de labores de mediación laboral: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II. Contrato de traballo formalizado entre a persoa traballadora da empresa de inserción laboral e a empresa ordinaria á cal se incorpora ou, documentación acreditativa da alta da persoa traballadora en proceso de inserción en calquera réxime especial da Seguridade Social por conta propia. Se é o caso, declaración da empresa contratante de que a incorporación da persoa traballadora á empresa ordinaria se realizou por mediación da empresa de inserción laboral, xunto coas nóminas aboadas á persoa traballadora correspondentes aos 6 primeiros meses desde o inicio da contratación. Se é o caso, declaración do traballador ou da traballadora autónoma de que a súa iniciativa de autoemprego individual se realizou mediante o asesoramento, apoio e acompañamento da empresa de inserción laboral, xunto cos xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde o alta no réxime especial da Seguridade Social por conta propia. e) Subvención financeira: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II. Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimentos e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da subvención e xustificación da súa necesidade. Contrato de préstamo ou, no seu defecto, compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, en que figuren as características e se faga constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin, segundo o modelo do anexo III.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28317 Plan de investimentos xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos activos que se vaian ter en conta para acreditar o requisito do investimento en inmobilizado material ou intanxible que se vaia realizar e o destino do préstamo. f) Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II. Contratos de traballo das persoas traballadoras en proceso de inserción polas que se solicita a subvención. Memoria ampliada do proxecto. Estudo económico-financeiro da viabilidade do proxecto. Detalle do plan de investimentos en inmobilizado material ou intanxible e calendario para a súa execución, xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras. g) Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II. Orzamento dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, con indicación daqueles aos que se vai destinar a subvención. Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28318 h) Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica: Memoria da entidade ou curriculum vitae da persoa que elaborará o estudo ou o asesoramento, que deberá incluír a actividade a desenvolver pola empresa de inserción laboral que se pretende crear e unha previsión económica-financeira para os dous exercicios iniciais. No caso das subvencións para a realización de estudos de mercado, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a estudo. Orzamento detallado do estudo ou asesoramento. 2. As solicitudes irán acompañadas dos documentos relacionados no número anterior, salvo que os documentos exixidos xa estean en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución. 3. A documentación poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. 4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante da entidade solicitante, de forma electrónica, superase os tama-

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28319 ños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento. Artigo 19. Procedemento de concesión, instrución e tramitación 1. O procedemento de concesión das subvencións previstas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e pola finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento. 2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Integración Laboral das Persoas con Discapacidade e Empresas de Inserción da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, que realizará as actuacións necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución. 3. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se achega a documentación exixida, o Servizo de Integración Laboral das Persoas con Discapacidade e Empresas de Inserción requirirá á entidade interesada, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará por desistida da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei. Artigo 20. Resolución e recursos 1. Logo da fiscalización pola Intervención das propostas emitidas polo Servizo de Integración Laboral das Persoas con Discapacidade e Empresas de Inserción, as resolucións serán ditadas polo órgano competente para resolver, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar e deberán serlles notificadas ás entidades interesadas. As resolucións, concesorias ou denegatorias, deberán ser sempre motivadas.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28320 2. O prazo para resolver e notificar a resolución será de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 3. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada. 4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Con anterioridade á interposición do dito recurso, poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redación dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da anterior. 5. Dado que as axudas do programa regulado nesta orde están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, na resolución de concesión informarase a entidade beneficiaria de que a aceptación do financiamento comunitario implicará a súa aparición na lista pública de entidades beneficiarias, cos nomes das operacións e da cantidade de fondos públicos asignada ás operacións que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme co previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007). Artigo 21. Xustificación e pagamento 1. O pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión da documentación, en

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28321 orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a seguinte: A. Documentación común para todos os tipos de axuda: a) Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda. b) Declaración comprensiva do conxunto de todas as axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, así como unha declaración das axudas de minimis obtidas no exercicio corrente e nos dous anos anteriores, segundo o modelo do anexo IV. c) Se é o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números dos asentos contables, e a indicación específica do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. Estes documentos contables poden ir acompañados dunha breve explicación sobre a sistemática de contabilización dos gastos. B. Documentación específica para cada tipo de axuda: a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social: Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión. Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión. Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario na subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo V.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28322 b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas: Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión. Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión. Informe da actuación desenvolvida polas persoas xerentes ou técnicas. Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario na subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo V. c) Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción: Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión. Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión. Informe da actuación de apoio desenvolvida polo persoal técnico e os resultados obtidos en materia de inserción, debidamente cuantificados e documentados. Declaración do cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario na subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo V. d) Subvención pola realización de labores de mediación laboral: De ser o caso, xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde a alta no réxime especial da Seguridade Social por conta propia, non achegados coa solicitude. e) Subvención financeira: Contrato de préstamo, no caso de non se xuntar coa solicitude. Listaxe asinada coa relación dos investimentos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas xustificativas do gasto realizado.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28323 Facturas e demais documentos xustificativos da realización do investimento en inmobilizado material ou intanxible e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento de data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2014. f) Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral: Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación clasificada dos investimentos realizados tidos en conta para o cálculo da contía da subvención, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento. Documentación xustificativa da realización dos investimentos tidos en conta para o cálculo da contía da subvención: facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento de data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2014. g) Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade: Certificación expedida pola persoa representante da entidade que inclúa unha relación clasificada dos gastos realizados, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento de data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2014. Documentación xustificativa da realización dos gastos imputados á subvención: facturas e documentos bancarios acreditativos do seu efectivo pagamento. h) Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica: Copia do estudo ou asesoramento realizado. Facturas e documentos bancarios acreditativos do pagamento do estudo ou asesoramento de data igual ou inferior ao 20 de decembro de 2014. 2. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 3. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada. En todo caso, respectaranse as condicións da

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28324 Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE durante o período de programación 2007-2013 (BOE núm. 252, do 18 de outubro), modificada pola Orde TIN/788/2009 do 25 de marzo (BOE núm. 79, do 1 de abril) e pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE núm. 167, do 13 de xullo). 4. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. Só se admitirá como documentación xustificativa do pagamento dos gastos a transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a persoa receptora e a persoa emisora do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria. 5. As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión e, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2014. 6. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para o pagamento quedase xustificada unha contía inferior da subvención inicialmente concedida, emitirase a correspondente resolución revogatoria. 7. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución declarativa de procedencia de reintegro. Artigo 22. Pagamentos á conta 1. Poderán realizarse pagamentos á conta para as subvencións pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social nas empresas de inserción laboral. 2. O importe dos pagamentos á conta que, de ser o caso, se concedesen non poderá ser superior ao 90 % da subvención concedida. 3. De conformidade co establecido no artigo 67.4 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 11 de xaneiro, as entidades beneficiarias quedan eximidas da obriga de constituír garantías.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28325 CAPÍTULO IV Incompatibilidades e obrigas Artigo 23. Incompatibilidades e concorrencia 1. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, de ser o caso, cos incentivos en forma de bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social. 2. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 24. Obrigas das entidades beneficiarias Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas e subvencións: a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención. b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas co Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006. d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28326 e) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención. f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control. Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os gastos obxecto da subvención. g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. En especial, e dado que as subvencións concedidas ao abeiro desta orde están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, as entidades beneficiarias garantirán a dispoñibilidade dos documentos xustificativos dos gastos e das contratacións subvencionadas, durante un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, ou ben durante un período de tres anos a partir do ano en que tivese lugar o peche parcial deste, de acordo co disposto no artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1083/2006. Os gastos subvencionados deberán poder identificarse na súa documentación contable de forma separada. h) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, así como do cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, nos termos establecidos no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e o Regulamento (CE) nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L. 45, do 15 de febreiro de 2007).

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28327 De acordo con esta obriga, a empresa de inserción laboral deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto, incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome da empresa, a expresión «Empresa de Inserción Laboral» ou EIL, o logotipo da Xunta de Galicia e o logotipo do Fondo Social Europeo. Os formatos que se deben utilizar serán proporcionados pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. Igualmente, para cumprir esta obriga, a empresa de inserción laboral beneficiaria deberá presentar, para o pagamento da subvención concedida, a xustificación do cumprimento da obriga de informar as persoas traballadoras acerca da subvención do seu contrato, no modelo anexo V desta orde. Así mesmo, a aceptación de axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública conforme o previsto no artigo 20.5 desta orde. i) Ter levado a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e a normativa regulamentaria de desenvolvemento. j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 25. Modificación da resolución de concesión Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación. Artigo 26. Revogación e reintegro 1. Procederá a revogación das subvencións establecidas nesta orde, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28328 2. A obriga de reintegro establecida no punto anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social. Artigo 27. Devolución voluntaria da subvención De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Novagalicia Banco ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención. En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número de expediente e denominación da subvención concedida. Artigo 28. Seguimento e control 1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento do programa. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Traballo e Benestar para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación. 2. A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social poderá comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión. Artigo 29. Axudas de minimis 1. As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión da subvención. Polo tanto

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28329 a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante o período dos dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal actual da empresa solicitante, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada. Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas, terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013. 2. Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderán concederse ás seguintes empresas: a) As que operen no sector da pesca e acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013 (DOUE L354, do 28 de decembro de 2013). b) As dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado. c) As que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes: i) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas. ii) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a súa totalidade se repercuta aos produtores primarios. d) As dedicadas ás actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación. e) Empresas nas que as axudas estean condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados. No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non poderán concederse axudas para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28330 Disposición adicional primeira A Consellería de Traballo e Benestar poderá requirir, en todo momento, a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas para os diferentes tipos de axudas previstas nesta orde. Disposición adicional segunda Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería. Disposición adicional terceira A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas. En virtude do anterior, no exercicio económico 2014, as axudas reguladas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que a continuación se relacionan, recollidas na Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, coa seguinte distribución: Axudas ás empresas de inserción laboral. 11.02. 322C 472.6, código de proxecto 2014 00522, cun crédito de 200.000 euros. Axudas ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral. 11.02. 322C 481.0, código de proxecto 2014 00521, cun crédito de 10.000 euros. Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28331 emprego de acordo coas disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. Disposición adicional cuarta O programa regulado nesta orde está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 %, no tema prioritario 71 do eixo 2 do programa operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007. Este cofinanciamento do Fondo Social Europeo farase constar nas resolucións de concesión. Disposición transitoria única As empresas de inserción laboral deberán adoptar antes do 31 de decembro de 2014 as medidas adecuadas de difusión para darlle publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, conforme o establecido no artigo 24 desta orde. Disposición derradeira primeira Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde. Disposición derradeira segunda Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014 Beatriz Mato Otero Conselleira de Traballo e Benestar

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28332 ANEXO I PROCEDEMENTO INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL) CÓDIGO DO PROCEDEMENTO TR356A DOCUMENTO SOLICITUDE TIPO DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS (debe cubrir e presentar unha solicitude por cada tipo de axuda que solicite) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas Subvención pola contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación Subvención para a realización de labores de mediación laboral Subvención financeira Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das EIL Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade Subvención para o fomento de procesos de creación das EIL e asistencia técnica DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE RAZÓN SOCIAL NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO Nº DE INSCRICIÓN SS FORMA XURÍDICA DATA DE CONSTITUCIÓN DATA INICIO DE ACTIVIDADE ACTIVIDADE ECONÓMICA (DESCRICIÓN) CNAE E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF EN CALIDADE DE ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO DATOS BANCARIOS Declaro, baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada. TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (24 DÍXITOS) CADRO DE PERSOAL DA EIL Nº TOTAL TRABALLADORES Nº TRABALLADORES EN PROCESO DE INSERCIÓN OUTROS TRABALLADORES Nº DE TRABALLADORES POLOS QUE SE SOLICITA SUBVENCIÓN EN INSERCIÓN OUTROS

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28333 ANEXO I (continuación) A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA a) Todos os datos que constan na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos. b) Non se incorre en ningunha das incompatibilidades sinaladas no artigo 23 da orde de convocatoria, non concorre ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e reúnense as condicións para ser beneficiaria de acordo co establecido no artigo 3 da orde de convocatoria. c) Non foi excluída do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. d) Que para a mesma actividade ou proxecto esta entidade: Non solicitou nin percibiu ningunha outra axuda dunha Administración ou entidade pública ou privada. Percibiu ou solicitou as axudas indicadas na relación que se xunta. Solicitada AXUDAS Concedida DISPOSICIÓN ANO ORGANISMO IMPORTE TIPO DE AXUDA REGULADORA e) Que esta entidade ten concedidas en réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 1407/2013), neste ano e nos dous anteriores, as seguintes axudas: DISPOSICIÓN ANO ORGANISMO IMPORTE TIPO DE AXUDA REGULADORA Así mesmo, a entidade solicitante comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite ou obteña para a mesma actuación doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración. DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU SE DECLARA ESTAR EN PODER DA ADMINISTRACIÓN (ARTIGO 18) 1. DOCUMENTACIÓN COMÚN Memoria descritiva da entidade solicitante. Documentación acreditativa de que se encontran o día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidad Autónoma. (Artigo 17.1). PRESENTADO CÓD. PROC. EXPTE. ANO DNI ou NIE da persoa representante da entidade, así como poder suficiente para actuar en nome da entidade. Tarxeta de identificación fiscal, escritura ou acordo de constitución e inscrición no rexistro correspondente á forma xurídica da entidade solicitante. Alta no IAE ou, de ser o caso, no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. 2. DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II. Contratos de traballo e convenios de inserción das persoas traballadoras polas que se solicita subvención. Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data de presentación da solicitude. Documentos de cotización á Seguridade Social TC-1 e TC-2 das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude. Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características técnicas.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28334 ANEXO I (continuación) DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA (continuación) b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas: Relación nominal dos xerentes ou persoas técnicas da empresa de inserción laboral polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II. Memoria explicativa das necesidades de contratación de xerentes ou persoas técnicas. Contratos de traballo das persoas xerentes ou técnicas polas que se solicita subvención. Recibo de salarios da mensualidade en que se realiza a contratación e documento bancario de transferencia acreditativo do seu pagamento. Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente á mensualidade en que se realiza a contratación. c) Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción: Relación nominal do persoal técnico da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora polo que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II. Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción. Contratos de traballo do persoal técnico polo que se solicita subvención. Curriculum vitae do persoal técnico, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional. Recibo de salarios da mensualidade en que se realiza a contratación e documento bancario de transferencia acreditativo do seu pagamento. Documento de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondente á mensualidade en que se realiza a contratación. d) Subvención pola realización de labores de mediación laboral: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II. Declaración da empresa contratante de que a incorporación da persoa traballadora á empresa ordinaria se realiza por mediación da empresa de inserción laboral. e) Subvención financeira: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II. Memoria económica do proxecto. Contrato de préstamo ou, no seu defecto, compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, segundo o modelo do anexo III. Plan de investimentos xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos. f) Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II. Memoria ampliada do proxecto. Estudo económico-financeiro da viabilidade do proxecto. Detalle do plan de investimentos en inmobilizado material ou intanxible. g) Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade: Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II. Orzamento dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, e con indicación daqueles a que se vai destinar a subvención. Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención. h) Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica: Memoria da entidade ou curriculum vitae da persona que elaborará o estudo ou o asesoramento, que deberá incluír a actividade que desenvolverá a empresa de inserción laboral que se pretende crear e unha previsión económico-financeira para os dous exercicios iniciais. Orzamento detallado do estudo ou asesoramento. Se é o caso, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial. Autorizo a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co artigo 35, letra f), da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, á consulta da documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a dita documentación se mantén vixente na actualidade e que non trascorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponden.

DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28335 ANEXO I (continuación) Autorizo a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería de Traballo e Benestar publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica desta consellería como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 12 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE Lugar e data, de de Dirección Xeral de Traballo e Economía Social