BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Documentos relacionados
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

9448 ORDE PRE/1114/2003, do 30 de abril, pola

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ordenanzas fiscais Páxina 1

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

XEFATURA DO ESTADO LEI 10/2002, do 29 de abril, pola que se

17420 REAL DECRETO 1262/2005, do 21 de outubro, g) Data prevista de inicio e data prevista de finalización

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

A continuación expóñense de forma resumida as novidades máis significativas:

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

San Caetano Santiago de Compostela

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

21277 ORDE ITC/3701/2006, do 22 de novembro, pola

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

ÍNDICE. 3.1 Redución das cantidades almacenadas 3.2 Separación dos produtos químicos en función da súa incompatibilidade

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

JUAN CARLOS I. Saiban todos os que a viren e a entenderen que as Cortes Xerais aprobaron e eu sanciono a seguinte lei: PREÁMBULO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE FOMENTO

Convocatoria ordinaria de 2012

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

PROXECTO DE DECRETO /2015, do xxx de xxx polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

16935 REAL DECRETO 1941/2004, do 27 de setembro, sante non é posible, detallar os motivos desa imposibilidade.

O CONTRATO DE TRABALLO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO XEFATURA DO ESTADO

Transcrição:

Suplemento en lingua galega ao núm. 245 Sábado 9 de outubro de 2010 Sec. I. Páx. 1 I. DISPOSICIÓNS XERAIS MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO 15439 Real decreto 1256/2010, do 8 de outubro, polo que se modifica o Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras. O Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras, recolleu a lexislación nacional previa na materia e incorporou ao ordenamento xurídico interno a normativa comunitaria integrada pola Directiva 92/34/CEE do Consello, do 28 de abril, relativa á comercialización de materiais de multiplicación de froiteiras e de chantóns de froiteira destinados á produción de froita, e polas directivas da Comisión ditadas en desenvolvemento e de conformidade con aquela. Ao ter que levar a cabo novas modificacións na normativa comunitaria, e para recoller as realizadas anteriormente, o Consello da Unión Europea aprobou, para unha maior claridade, a refundición da Directiva 92/34/CEE antes citada, o que se realizou mediante a Directiva 2008/90/CE do Consello, do 29 de setembro 2008, relativa á comercialización de materiais de multiplicación de froiteiras e de chantóns de froiteira destinados á produción de froita, e as súas sucesivas modificacións, e aínda que a súa data de aplicación será a partir do 30 de setembro de 2012, está establecido que se traspoña con antelación nas normativas nacionais. O desenvolvemento da produción de plantas de viveiro certificada fai aconsellable ampliar as facultades autorizadas aos produtores da categoría multiplicador, de forma que tamén comprendan a produción de material certificado en todas as súas fases, desde a fase de planta nai á fase de chantón. As novas tecnoloxías de produción poden supor novas formas de comercialización que necesitan ser recollidas na norma actual. Os chantóns obtidos en testos ou tarros poden ser precintados e comercializados en contedores sen perderen a necesaria rastrexabilidade. Para apoiar a calidade sanitaria do material de categoría «Conformitas Agrarias Communitatis» (CAC) comercializado da especie oliveira é necesario actualizar e concretar os requisitos sanitarios no material producido desde a súa orixe, e ter en conta os substratos utilizados. Este real decreto incorpora ao noso ordenamento xurídico interno a Directiva refundida 2008/90/CE do Consello, do 29 de setembro de 2008, que será de aplicación a partir do 30 de setembro de 2012. Igualmente, introduce as modificacións necesarias para actualizar as competencias dos produtores multiplicadores, para a comercialización de chantóns de froiteira obtidos en testos ou tarros, e para controlar a calidade sanitaria do material CAC. Igualmente, ten en conta o establecido na Lei 30/2006, do 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e recursos fitoxenéticos, para o cal se actualizan algunhas definicións e marcos de actuación. Este real decreto foi sometido ao procedemento de información en materia de normas e regulamentacións técnicas previsto na Directiva 98/34/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de xuño, pola que se establece un procedemento de información en materia de normas e regulamentacións técnicas e das regras relativas aos servizos da sociedade da información, modificada pola Directiva 98/48/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xullo, incorporada ao ordenamento xurídico interno polo Real decreto 1337/1999, do 31 de xullo, polo que se regula a remisión de información en materia de normas e regulamentacións técnicas e regulamentos relativos aos servizos da sociedade da información.

Suplemento en lingua galega ao núm. 245 Sábado 9 de outubro de 2010 Sec. I. Páx. 2 Na elaboración desta disposición consultáronse as entidades representativas dos sectores afectados e as comunidades autónomas. Na súa virtude, por proposta da ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 8 de outubro de 2010, DISPOÑO: Artigo único. Modificación do Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras. O Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras, queda modificado como segue: Un. Modifícase o artigo 4 do seguinte modo: A letra a) substitúese polo texto seguinte: «a) Planta de viveiro: a definición establecida na Lei 30/2006, dentro da cal se inclúen os materiais de multiplicación e os chantóns de froiteiras.» A letra e) substitúese polo texto seguinte: «e) Clon: a descendencia vexetativa xeneticamente uniforme dunha única planta.» Dous. As letras a), c) e j) do artigo 5 substitúense polo texto seguinte: «a) Provedor: toda persoa, física ou xurídica, que exerza profesionalmente en relación coas sementes e plantas de viveiro algunhas das actividades seguintes: produción, almacenaxe, importación e comercialización ou posta no mercado. c) Comercialización: venda, tenza destinada á venda, oferta de venda e cesión, entrega ou transmisión con fins de explotación comercial, de sementes ou de plantas de viveiro, incluído calquera consumidor, a título oneroso ou non. j) Inspección oficial: a efectuada polo organismo oficial responsable ou baixo a responsabilidade do organismo oficial responsable.» Tres. As letras c) e d) do artigo 6 substitúense polo texto seguinte: «c) Material certificado: 1. Os materiais de multiplicación: a. Que se obtivesen vexetativamente, de forma directa ou nun número limitado de fases, a partir do material de base. b. Que satisfagan as condicións estipuladas para os materiais certificados deste regulamento. c. Que, sometidos a inspección oficial, demostrasen satisfacer todas as condicións anteriores. 2. Os chantóns de froiteira: a. Que se obtivesen de forma directa a partir de materiais de multiplicación certificados, de base ou iniciais. b. Que estean destinados á produción de froita. c. Que cumpran os requisitos específicos establecidos para os chantóns de froiteira certificados. d. Que demostrasen nunha inspección oficial que cumpren os requisitos anteriores.

Suplemento en lingua galega ao núm. 245 Sábado 9 de outubro de 2010 Sec. I. Páx. 3 d) Material CAC (Conformitas Agrarias Communitatis): os materiais de reprodución e chantóns de froiteira: 1.º Que posúan identidade varietal e pureza varietal adecuada. 2.º Que estean destinados: Á produción de materiais de multiplicación, á produción de chantóns de froiteira ou á produción de froita. 3.º Que cumpran os requisitos específicos para os materiais CAC.» Catro. O artigo 8 substitúese polo seguinte texto: «Artigo 8. Variedades que se poden comercializar. As variedades a que se refire o artigo 7 deberán: a) Estar protexidas xuridicamente por unha protección de obtención vexetal de acordo coas disposicións sobre protección de novas variedades; b) Estar rexistradas oficialmente no Rexistro de Variedades Comerciais, ou c) Ser de coñecemento común; unha variedade considerarase de coñecemento común cando: 1.º Fose oficialmente rexistrada noutro Estado membro, 2.º Fose obxecto dunha solicitude de rexistro oficial en calquera Estado membro, ou dunha solicitude de obtención vexetal mencionada na letra a), ou 3.º Xa fose comercializada antes do 30 de setembro de 2012 no territorio do Estado membro de que se trate ou doutro Estado membro, coa condición de que teña descrición oficial. Tamén se poderá facer referencia, de conformidade co artigo 7, a unha variedade sen valor intrínseco para comercialización oficial, coa condición de que a dita variedade posúa unha descrición oficial e os materiais de multiplicación e os chantóns de froiteiras estean comercializados como materiais CAC no territorio do Estado membro de que se trate e estean identificados mediante unha referencia a esta disposición na etiqueta ou no documento.» Cinco. O artigo 19 substitúese polo seguinte texto: «Artigo 19. Orixe. As plantas de viveiro CAC non precisan ter unha orixe clonal, aínda que si é necesario que esta sexa coñecida, agás o disposto nos seguintes artigos para determinadas especies. Cando os produtores non teñan establecidos campos de pés nai, deberán acreditar as adquisicións de patróns ou enxertos pola presenza de albarás e facturas a outro produtor rexistrado. No caso de que os enxertos se tomasen de plantacións comerciais, ademais, estarán sinaladas as árbores, utilizadas como árbores nai, das cales procede o material de multiplicación. No caso da produción de plantas de viveiro de oliveira, o material CAC provirá da multiplicación de material certificado, ou ben de árbores nai que fosen inspeccionadas individualmente e encontradas libres de Verticillium dahliae. Estas árbores nai manteranse libres do fungo e testaranse periodicamente para a súa comprobación nunha porcentaxe, polo menos, do 10 por cento anual. No caso da produción de plantas de viveiro de amorodo, as plantas CAC provirán da multiplicación de plantas de viveiro de categoría certificada, ou ben dos campos de produción de planta certificada que non cumprisen os requisitos exixidos á dita categoría, sempre que non superen as tolerancias establecidas.

Suplemento en lingua galega ao núm. 245 Sábado 9 de outubro de 2010 Sec. I. Páx. 4 No caso de plantas de viveiro de cítricos, deberán cumprir os requisitos de orixe do artigo 21.» Seis. O artigo 20 substitúese polo seguinte texto: «Artigo 20. Sanidade. O material CAC deberá estar substancialmente libre, polo menos por observación visual, de calquera organismo nocivo e enfermidade, ou de signos ou síntomas deles, que afecte a calidade de forma significativa e que reduza o valor de utilización das plantas de viveiro, e, en particular, daqueles incluídos no anexo II. No caso de plantas de viveiro de oliveira, as plantas de categoría CAC estarán libres de verticilose. Esta condición poderase apreciar mediante a mostraxe dun 0,01 por cento dos chantóns en lotes dun máximo de 10.000 plantas. De obter un resultado positivo, poderase realizar unha segunda mostraxe e análise en cada un dos catro sublotes en que se divida o lote inicial. Os sublotes con resultado positivo non se considerarán substancialmente libres de verticilose. Tamén para as ditas plantas de viveiro de oliveira, os substratos e a auga de rega utilizados no seu cultivo estarán libres de inóculos de Verticillium dahliae.» Sete. O primeiro parágrafo do artigo 26 substitúese polo texto seguinte: «Os provedores, como responsables dos materiais de multiplicación e dos chantóns de froiteira que comercialicen, tomarán as medidas necesarias para garantir o cumprimento das normas fixadas neste regulamento en todas as etapas da produción e da comercialización das plantas de viveiro.» Oito. O artigo 32 substitúese polo seguinte texto: «Artigo 32. Provedores. 1. Todos os provedores deberán estar debidamente autorizados polo organismo oficial responsable de acordo co previsto no artigos 36, 37 e 38 da Lei 30/2006, do 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos, e o establecido no Real decreto 1891/2008, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento para a autorización e rexistro dos produtores de sementes e plantas de viveiro e a súa inclusión no Rexistro Nacional de Produtores. 2. Atendendo á actividade principal que realizan, os provedores clasifícanse en: a) Produtor: o que realiza a actividade de produción e pode realizar, ademais, calquera das sinaladas para os demais provedores. b) Comerciante: o que realiza a actividade de importación, almacenamento ou comercialización ou posta no mercado.» Nove. As letras b) e c) do artigo 34 substitúense polo seguinte texto: «b) Produtor seleccionador, autorizado para a produción de material inicial, base, certificado e CAC ou material estándar, de ser o caso. c) Produtor multiplicador, autorizado para a produción das categorías material certificado e material CAC ou material estándar, de ser o caso.» Dez. Engádese ao final do artigo 40 o seguinte parágrafo: «En caso de materiais de multiplicación e chantóns de froiteiras dunha variedade que fose modificada xeneticamente, calquera etiqueta e documento, oficial ou non, que vaia fixado ou acompañe os materiais regulados por este regulamento indicará con claridade que a variedade foi modificada xeneticamente e identificará os organismos modificados xeneticamente.»

Suplemento en lingua galega ao núm. 245 Sábado 9 de outubro de 2010 Sec. I. Páx. 5 Once. Engádese un artigo 42 bis no capítulo IX: «Artigo 42.bis. Requisitos xerais de comercialización. 1. Os materiais de multiplicación e os chantóns de froiteira só poderán ser comercializados por provedores autorizados e se: a) Os materiais de multiplicación foron certificados oficialmente como «materiais iniciais», «materiais de base» ou «materiais certificados», ou cumpren as condicións para seren cualificados como materiais CAC; b) Os chantóns de froiteira foron certificados oficialmente como «materiais certificados» ou cumpren as condicións para seren cualificados como materiais CAC. 2. Os materiais de multiplicación e os chantóns de froiteira que consistan nun organismo modificado xeneticamente conforme o artigo 2, letras a e b, da Lei 9/2003, do 25 de abril, pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente, unicamente serán comercializados en virtude desa lei ou do Regulamento (CE) n.º 1829/2003 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de setembro de 2003, sobre alimentos e pensos modificados xeneticamente. 3. Cando se vaian utilizar produtos derivados de chantóns de froiteira ou materiais de multiplicación como alimentos ou ingredientes destes incluídos no ámbito de aplicación do artigo 3 do Regulamento (CE) n.º 1829/2003, ou como pensos ou ingredientes destes incluídos no ámbito de aplicación do artigo 15 do dito regulamento, o material de multiplicación ou a variedade de froiteira de que se trate unicamente será comercializado se os alimentos ou os pensos derivados destes materiais foron autorizados en virtude do citado regulamento.» Doce. As letras b) e c) do artigo 49 substitúense polo seguinte texto: «b) Patróns: precintaranse e etiquetaranse individualmente ou en feixes ou contedores de cincuenta unidades ou os seus múltiplos cando sexan obxecto de comercio, logo de selección e calibración. No caso de viveiros de patróns de cítricos obtidos de semente en pleno campo, precintaranse e etiquetaranse individualmente. c) Chantóns: precintaranse e etiquetaranse individualmente antes de que o organismo oficial responsable levante a acta de precintaxe e da súa mobilización para comercializar. No caso de chantóns producidos en testos, bolsas ou tarros poderanse precintar e etiquetar en contedores en cantidades homoxéneas múltiplas de 10.» Trece. O artigo 53 substitúese polo seguinte texto: «Artigo 53. Condicións xerais. As plantas de viveiro que se importen de países terceiros, para poder ser introducidas en España, deberán ofrecer polo menos as mesmas garantías que as producidas na Unión Europea. En canto á tramitación, documentación e condicións necesarias para efectuar importacións e exportacións de e cara a países terceiros ou da Unión Europea, aplicarase o disposto no artigo 34.1 da Lei 30/2006, do 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos, no artigo 5 do Decreto 3767/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre produción de sementes e plantas de viveiro, e na Orde do 23 de maio de 1986, pola que se aproba o Regulamento xeral técnico de control e certificación de sementes e plantas de viveiro, sen prexuízo do establecido no Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro, polo que se adoptan medidas de protección contra a introdución e difusión no territorio nacional e da Comunidade Europea de organismos nocivos para os vexetais ou produtos vexetais, así como para a exportación e tránsito cara a países terceiros.»

Suplemento en lingua galega ao núm. 245 Sábado 9 de outubro de 2010 Sec. I. Páx. 6 Catorce. O artigo 57 substitúese polo seguinte texto: «Artigo 57. Aplicación de sancións. De comprobarse que as plantas de viveiro comercializadas por un provedor determinado non cumpren os requisitos e condicións deste real decreto, o organismo oficial responsable tomará as medidas apropiadas con respecto ao dito provedor. As posibles infraccións e sancións na produción e comercialización das plantas de viveiro clasificaranse e aplicaranse de acordo co preceptuado no título VI da Lei 30/2006, do 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos, e, con carácter subsidiario, de acordo co establecido no Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral dos consumidores e usuarios, e co establecido no Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.» Disposición adicional única. Aplicación da Lei 30/2006, do 26 de xullo. O sinalado na Lei 30/2006, do 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos, será de aplicación en todo o non previsto expresamente neste real decreto. Disposición derrogatoria única. Derrogacións. A partir do día seguinte ao da publicación no «Boletín Oficial del Estado» deste real decreto, quedarán derrogados os artigos 38 e 39 do Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras, aprobado polo Real decreto 929/1995, do 9 de xuño. A partir do 30 de setembro de 2012 quedarán derrogados os artigos 12, 13, 33 e o anexo I do citado regulamento. Disposición derradeira única. Entrada en vigor. Este real decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado», e serán de aplicación todos os números do seu artigo único desde esa data, excepto os seguintes números: un, respecto da substitución da letra e) do artigo 4; dous, respecto á substitución da letra j) do artigo 5; tres; catro; sete; dez e once, que serán de aplicación a partir do 30 de setembro de 2012. Dado en Madrid o 8 de outubro de 2010. JUAN CARLOS R. A ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, ELENA ESPINOSA MANGANA http://www.boe.es BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X