REGULAMENTO DO XIX MEDIO MARATÓN

Documentos relacionados
REGULAMENTO DA CARREIRA PEDESTRE SANTIAGUIÑO DO BURGO Circuito de Carreiras de Pontevedra (C.CC.P.)

REGULAMENTO DO XVIII MEDIO MARATÓN

IX CARREIRA POPULAR DE CHANTADA 10 km no corazón REGULAMETO

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

CARREIRA CALVARIO 5+5

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

VII Eurocidade

Desde o día que cumpran 50 anos en adiante

Art.2. O circuíto constará de 10 km. Nesta 5ª edición a saída será de TUI pasando pola PONTE

V TRAIL DE VILATUXE 2017

INSCRICIÓNS: 150 prazas en cada modalidade

REGULAMENTO XVIICARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN SÁBADO 15 DE SETEMBRO 2018

BENQUERENCIA TERRA - MAR

Art.6.- Poderán participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade e de acordo cas normas RFEA e/ou IAAF.

REGULAMENTO XXI CARRERA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

III Eurocidade

REGULAMENTO 4ª Carreira Pedestre de Ponteceso. PR-G 148

DATA: Domingo 15 de Maio de 2016, a partir das 10:00 horas. LUGAR: Pavillon de deportes de Mesoiro-A Coruña.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

XVCARREIRA POPULAR VILA DE CORCUBIÓN

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

O BARCO DE VALDEORRAS

IV RUTA DA MERLUZA DE BURELA (XII RUTA BTT DE BURELA)

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

5ª CARREIRA PEDESTRE

REGULAMENTO XERAL CIRCUITO TRAIL GALAICA 2018

As categorías de participación e distancias a recorrer na II CARREIRA POPULAR PILAR BARREIRO SENRA LOUSAME 2016 serán as seguintes:

XVI PADRÓN 10K REGULAMENTO

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO DE INVERNO OPEN

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

REGULAMENTO REGULAMENTO

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO OPEN E JÚNIOR DE VERÁN

CIRCULAR (modificada a 20/04/2016)

ANEXO I XXXIV CARREIRA POPULAR SAN XIAO

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

CTO. GALEGO DE NATACIÓN INFANTIL, JUNIOR E ABSOLUTO DE VERAN

ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.

XXXI CAMPIONATO DE GALICIA DE VETERÁNS DE CAMPO A TRAVÉS A Rúa, 15 de Xaneiro do 2017

ORGANIZADO POR.

XIII CARREIRA POPULAR MAR DE BOIRO 11º. Memorial Pepe Buceta

IV Circuito de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte Regulamento 0

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

REGULAMENTO DE COMPETICIÓN #WeAreReady USC

CONDICIÓNS PARA ACOLLERSE AOS SERVIZOS OFERTADOS POLA FGA.

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

CTO. GALEGO DE NATACIÓN ABSOLUTO OPEN, JÚNIOR E INFANTIL DE VERÁN

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de setembro as 10:00. Piscina Carballo Calero e Praia de Razo. Carballo.

LICENZAS Prezos aprobados na Asemblea Xeral da F.G.E. de 24 de setembro de 2011 Resumo de prezos Versión do documento: 19 de Xanerio de 2012

Convocatoria ordinaria de 2012

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

REDE EUSUMO. información e comunicación

III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA - SERIES MUNICIPAIS

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

O total da inscrición será doado a UNICEF

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS Módulo de gastos e coidado de menores 2012

AREEIRAS DA LIMIA PROBA DA LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN EN BICICLETA DE MONTAÑA 17 DE XUÑO 2018 ORGANIZACIÓN DATOS DO MAPA E TERREO

A orde das axudas do Plan Apícola 2018 será publicada no mes de marzo. A subvención repartirase nesta orde prioridade e coa porcentaxe máxima de:

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Indice. Obradoiros artísticos...3 Obradoiros de idiomas...4 Obradoiros de informática...5

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Manual de cumprimentación da solicitude

SOLICITUDE DE USO DA SALA XIMNASIO/MUSCULACIÓN DO ESTADIO DE SAN LÁZARO Tempada 2016/2017

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

Condicións legais do programa de puntos R Residencial OBXECTO

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

A N U N C I O ORDENANZA REGULADORA DO ESTACIONAMENTO DE HORARIO LIMITADO

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Transcrição:

REGULAMENTO DO XIX MEDIO MARATÓN PONTEVEDRA 2014

PREVIO Á CARREIRA 1. DATA: A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, organizan o domingo 19 de outubro de 2014, a partir das 11,00 horas, o XIX Medio Maratón Pontevedra 2014 nas categorías individuais habituais e na categoría de equipo mixto de 3 participantes. 2. PARTICIPANTES. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade o día da carreira que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación. 3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen: - Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde. - Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...). - Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Concello de Pontevedra. - Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Medio Maratón así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI. A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización. A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta. 4. INSCRICIÓNS. Todas as categorías faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 14 de outubro de 2014 e non se admitirán inscricións posteriores. Para a carreira INDIVIDUAL haberá dous prazos para inscribirse: - Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota Reducida de 15 máis, de ser o caso, 1 de aluguer de chip. - Dende o 01 ata o 14 de outubro e na que o/a deportista pagará a cota Xeral de 20 máis, de ser o caso, 1 de aluguer de chip. No caso de que o/a deportista se inscriban como desempregado/a devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip); a persoa beneficiaria terá que contar cun Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación. As persoas inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra 2014 xa teñen a inscrición pagada polo que non terán que formalizar a súa, e só terán que ter actualizada a súa marca en medio maratón en ChampionchipNorte. A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións da cota de participación excepto en caso de lesión, ou enfermidade, si se presenta un certificado médico á Organización, antes do 19 de outubro. En caso contrario, non se fará o reembolso.

Para a carreira por EQUIPOS MIXTOS DE 3 terán que inscribirse de xeito INDIVIDUAL corredor a corredor e, na propia páxina web á hora de inscribirse individualmente, indicar o nome do equipo (que ten que ser común nas tres inscricións dos tres compoñentes COAS MESMAS LETRAS E ESPACIOS e sen poder confundirse con outros equipos). Todos/as os corredores/as inscritos nesta categoría participarán na categoría individual e na categoría de EQUIPO MIXTO 3. O EQUIPO MIXTO 3 terá que estar formado por, alomenos, un home e unha muller e o/a terceiro/a compoñente a discreción do equipo, e puntuarán coa suma dos tempos dos tres compoñentes. 5. CAIXÓN PREFERENTE. As persoas individuais participantes que desexen acceder á zona reservada dianteira na saída (caixón preferente de saída) deberán indicar a súa marca acreditativa en medio maratón na inscrición, sempre e cando sexa inferior a 1 hora, 20 minutos e 00 segundos, no caso masculino, e de 1 hora, 42 minutos e 00 segundos, no caso feminino, así como o lugar e data de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos últimos 24 meses nunha carreira de medio maratón. 6. HOTEL OFICIAL. A Organización conta con hoteis oficiais que ofrecerán un prezo especial en aloxamento o sábado 18/X e almorzo para o día da carreira, aínda que teñen outras opcións de pensión. Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente cos hoteis e dar a referencia Medio Maratón. Hotel Categoría Distancia Prezo da habitación (estrelas) Km dobre con almorzos Contacto Rías Bajas 3 0,4 60 986 855 100 Campaniola 2 5,0 55 986 872 711 Avenida 1 1,0 50 986 857 784 Madrid 1 0,6 42 986 865 180 Pontevedra Confort 1 1,0 40 986 10 94 99 Estes hoteis ofrecerán a saída do hotel (Late Check Out) ata as 17,00 horas do domingo (para ducharse e xantar con calma), así como a recollida, na mesma recepción do hotel (sempre e cando se rexistren co nome do deportista), da bolsa de corredor e o dorsal, sen ter que pasar pola secretaría do CGTD. 7. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución. 8. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO. A tradicional quedada de deportistas os días previos ao día da carreira será o luns 13 de outubro ás 20.30 horas, e de acceso libre, e sairá de diante da porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asequible e pensado para dar a coñecer todo o percorrido. Prégase acudir con prendas exteriores de cores chamativos. DURANTE A XORNADA DA CARREIRA 9. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición. 10. TRANSPORTE OFICIAL. A Organización facilitará, previa reserva e pago, un autobús dende A Coruña e Santiago aos deportistas (e aos seus acompañantes) e nese mesmo transporte entregaráselles a documentación para poder tomar parte na carreira: - A saída dende a Coruña será dende o estacionamento do Pavillón Municipal de Riazor ás 08.30 horas e terá un custo por praza (previa reserva) de 20 (ida e volta). - A saída dende Santiago será dende o estacionamento do Campo de Fútbol de San Lázaro ás 09.10 horas e terá un custo por praza (previa reserva) de 15 (ida e volta). O regreso será ás 14,15 horas dende Pontevedra e chegará ás 15,00 h. a Santiago e ás 15,45 h. á Coruña.

Para poder reservar, unha ou máis prazas, nestes buses terás que facelo xunto a túa inscrición deportiva convencional en www.championchipnorte.com. Se tes algunha dúbida, poderás chamar ao 986 855 339 en horarios de oficina. 11. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. farase no Pavillón Universitario (Maxisterio) na r/ Padre Gaite o día venres 17/10 de 17.00 a 20.30 e o sábado 18 de outubro de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. O día da proba de 08:30 horas a 10:00 horas. Os usuarios do transporte oficial recibirán a documentación completa no propio autobús oficial e polo tanto non terán que pasar pola secretaría do Medio Maratón. 12. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de Seguro de Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes. Haberá dúas ambulancias e dous médicos para a atención. 13. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude de 21.097 metros, nun circuíto urbano pechado sobre asfalto ao que se lle dará dúas voltas. Cada kilómetro sinalizarase visualmente, e o tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 25 minutos. A chegada será na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) de Pontevedra. A saída será dende a ponte dos Tirantes e de seguido avd. de Bos Aires, Valentín García Escudero, Real, praza de Curros Enríquez, Rúa dos Soportais, Odriozola, praza da Peregrina, rúa Peregrina, Andrés Muruáis, Andres Mellado, Peregrina, San Pedro Alcántara, Alcalde Hevia, Iglesias Vilarelle, Paseo do Gafos, Rúa Xeneral Rubín, Augusto García Sánchez, Praza de Galicia, Rúa Augusto González Besada, Marques de Riestra, Praza de España, Rúa Arzebispo Malvar, Travesía de Galera, Avda. de Uruguai, Rotonda Sur da Ponte das Correntes, Avda. de Uruguai, Rotonda de San Roque, Avda. de Uruguai, Rotonda Sur da Ponte das Correntes, Avda. de Bos Aires, Ponte de Santiago, Rúa Fernández Cochón, Alexandre Bóveda, Ponte dos Tirantes, Avda. de Bos Aires, Praia de Monte Porreiro, Avda. de Bos Aires, Rotonda Sur da Ponte dos Tirantes e comezo da segunda volta. No segundo xiro entramos en liña de meta dende o último paso pola Rotonda Sur da Ponte dos Tirantes cara a Rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo e acceso ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (onde daremos case unha volta completa). 14. AVITUALLAMENTO. Cada 5 quilómetros disporase do líquido necesario. 15. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o Persoal de Organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo, que se reitere en protestas ante a Organización ou non cumpra o tempo máximo de remate.

16. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe alfombras de Chip por todo o percorrido co propósito de verificar que todos os/as atletas cobren a totalidade do percorrido no mesmo sentido da carreira. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros no orden axeitado serán descualificados. Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros. 17. REGULAMENTOS. Esta proba está incluída no calendario oficial do Circuito de Carreiras Pedestres de Pontevedra 2014 (CCCP) e desenvolverase baixo as normas do seu regulamento e do Anexo II do Real Decreto 1428/2003 sobre o Regulamento Xeral de Circulación, publicado no B.O.E. do 23 de decembro de 2003. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador. 18. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estarán cubertas pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto. POSTERIOR Á CARREIRA 19. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas, unha bolsa de produtos alimenticios, bebidas, servizo de fisioterapia, servizo médico,... 20. PREMIOS. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados na categoría individual absoluta masculina e feminina así como aos tres primeiros clasificados de cada categoría individual; os tres primeiros Equipos Mixtos 3 recibirán medallas. Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta: ABSOLUTA Premios aos corredores locais: LOCAL MASCULINA FEMININA MASCULINA FEMININA 1º 2º 3º 4º 5º 300 200 100 80 50 1º 2º 3º 100 50 25 Será considerado deportista local calquera inscrito que esté nalgún dos seguintes casos: - Nado en Pontevedra (segundo o seu DNI) - Empadroado/a en Pontevedra (segundo o DNI ou certificado de empadroamento) - Pertenza a clubs federados de atletismo no municipio de Pontevedra. Ningún deportista poderá acumular dous premios en metálico. Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual ou inferior a 1 hora 14 minutos en homes e 1 hora 30 minutos en mulleres. Requirirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados. A clasificación dos Equipos Mixtos 3 determinarase pola suma dos tempos totais dos 3 membros do equipo que entren en liña de meta. 21. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta (C.G.T.D. Pontevedra). Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico. Para mais información en Facebook https://www.facebook.com/ mediomaratoncidadedepontevedra ou en www.mmpontevedra.org ou www.sgpontevedra.com

PATROCINADOR COLABORADOR INSTITUCIONAL EMPRESAS COLABORADORAS COLABORADORES ORGANIZADOR

XIX MEDIO MARATÓN PONTEVEDRA 2014 MASCULINA FEMININA Equipo Mixto 3 (Un home e unha muller obrigatorios, e o 3º compoñente a discreción do equipo) IDADE MENOR Dende Maior de idade IDADE MAIOR Ata Maior de idade Sénior 18 anos Veteranos/as Veteranos/as 1 35 anos 39 anos Veteranos/as 2 40 anos 44 anos Veteranos/as 3 45 anos 49 anos Veteranos/as 4 50 anos 54 anos Veteranos/as 5 55 anos 59 anos Veteranos/as 6 60 anos 64 anos Veteranos/as 7 65 anos En diante COR DO DORSAL CCCP Vermello Branco Carreira Amarelo SAÍDA DISTANCIA INSCRICIÓN EQUIPOS MIXTO 3 11.00 21.097 m. INDIVIDUAIS 11.00 21.097 m. Inscribirse individualmente a través de www.championchipnorte.com e que ten que ser común nas tres inscricións dos tres compoñentes COAS MESMAS LETRAS E ESPACIOS e sen poder confundirse con outros equipos Inscribirse a través de www.championchipnorte.com COTA PARTICIPACIÓN Reducida 15 e Xeral 20 / deportista As persoas desempregadas con D.A.R.D.E. devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal. Reducida 15 e Xeral 20 As persoas desempregadas con D.A.R.D.E. devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal. ALUGUER DO CHIP 1 por deportista (En caso de non telo en propiedade) A non devolución supón unha penalización de 30 1 por deportista (En caso de non telo en propiedade) A non devolución supón unha penalización de 30