CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Documentos relacionados
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

O CONTRATO DE TRABALLO

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se convocan actividades

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Convocatoria ordinaria de 2012

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8431

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

Ordenanzas fiscais Páxina 1

BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATAR UN CAPATAZ, UN PEÓN CONDUTOR E TRES PEÓNS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA O LUME FORESTAL.

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 8898

V I C E P R E S I D E N C I A

DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

6.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 83 L Venres, 30 de abril de 2004 ANEXO XI

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

DOG Núm. 66 Xoves, 9 de abril de 2015 Páx

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

NADAL Obxecto

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

REDE EUSUMO. información e comunicación

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx

DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

Transcrição:

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31491 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril. A Directiva 96/35/CE do Consello, do 3 de xuño de 1996, relativa á designación e á cualificación profesional de conselleiros de seguridade para o transporte por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable de mercadorías perigosas, exíxelle ás empresas de transporte de tales materias, así como ás que efectúan operacións de carga ou descarga ligadas ao dito transporte, respectar as regras establecidas en materia de prevención dos riscos inherentes a tal clase especial de transporte. Coa finalidade de facilitar a consecución deste obxectivo, a mencionada norma obriga tales empresas a designaren conselleiros que posúan unha formación profesional adecuada. Pola súa parte, o Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro (BOE número 251, do 20 de outubro), sobre os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable incorporou a citada directiva ao ordenamento xurídico interno, para o cal regulou a obriga das empresas de transporte e de carga e descarga de mercadorías perigosas de designaren conselleiros de seguridade, as funcións encomendadas a estes, a cualificación profesional exixida e o procedemento de avaliación da formación requirida para garantir a posesión dun coñecemento adecuado das disposicións legais, regulamentarias e administrativas esenciais aplicables aos transportes de mercadorías perigosas. O artigo 5 da mencionada norma regulamentaria establece que para poderen exercer as funcións encomendadas aos conselleiros de seguridade, os aspirantes deberán superar previamente un exame sobre as obrigas que lles corresponden e sobre as materias recollidas no anexo do dito real decreto. O contido, as modalidades e a estrutura destes exames, así como o modelo do certificado de formación que deberá expedirse unha vez superados estes, determinaranse por orde do ministro de Fomento. A Orde FOM/605/2004, do 27 de febreiro (BOE número 59, do 9 de marzo), de desenvolvemento do citado real decreto, determina as modalidades dos exames que se deben superar, así como as convocatorias, a estrutura dos exercicios e os correspondentes cer-

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31492 tificados de aptitude, e dispón igualmente que as probas serán convocadas polo órgano competente da comunidade autónoma onde vaian ter lugar. Na súa virtude, RESOLVO: 1. Aprobar a convocatoria para a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril. A dita convocatoria rexerase polas bases que se incorporan como anexo I a esta resolución. 2. Dispoñer a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 3. Indicar que contra esta resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013 Miguel Rodríguez Bugarín Director xeral de Mobilidade ANEXO I Bases da convocatoria Primeira. Obxecto das probas e prazo de presentación das solicitudes 1. Esta convocatoria ten por obxecto a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, así como á renovación dos certificados de conselleiro de seguridade cuxa vixencia expire durante o ano 2014. 2. O prazo de presentación das correspondentes solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31493 3. A data ou datas de realización das probas será determinada na resolución pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos. Segunda. Modalidades de transporte, programa das probas e estrutura dos exercicios 1. Este proceso selectivo abrangue as seguintes modalidades de transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril: Clase 1 (materias e obxectos explosivos). Clase 2 (gases). Clase 7 (materias radioactivas). Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9. Materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas (ADR) e no regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas (RID). Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno). 2. De conformidade co establecido no anexo do Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro, sobre os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable, os coñecementos que se terán en conta para a expedición do correspondente certificado referiranse, como mínimo, ás materias que no dito anexo se relacionan. 3. A lexislación sobre a cal versarán os exercicios será o ADR, o RID e demais normativa estatal, comunitaria e internacional que afecte o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril; todo isto, de acordo co previsto no referido anexo do Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro. A referida normativa será a vixente na data de realización das probas. 4. A estrutura dos exercicios e a súa forma de cualificación serán as establecidas na Orde FOM/605/2004, do 27 de febreiro, de capacitación profesional dos conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable (BOE número 59, do 9 de marzo).

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31494 Terceira. Obtención do certificado de conselleiro de seguridade Os exercicios que deben superar os aspirantes a conselleiros de seguridade constarán de dúas probas: a) A primeira delas, na cal non se permitirá a consulta de textos, consistirá en responder 50 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas. Cada resposta acertada valorarase con 2 puntos e será preciso acadar un mínimo de 50 puntos para superar esta proba. As respostas erróneas ou en branco non terán penalización. Os aspirantes disporán de 60 minutos para o desenvolvemento deste exercicio. b) A segunda proba consistirá na realización dun estudo ou suposto que, con referencia ao ámbito do modo do transporte e á especialidade correspondente, versará sobre as tarefas e obrigas que deberá realizar e/ou cumprir o conselleiro. Os aspirantes disporán de 60 minutos para a realización deste exercicio e permitirase a consulta de textos normativos sempre que non figure neles a resolución de casos prácticos. Ademais, para a realización desta proba, os aspirantes deberán ir provistos de máquina calculadora sen memoria RAM para a realización das operacións matemáticas que cumpran, e de bolígrafo. Esta segunda proba puntuarase entre 0 e 100 puntos, e é preciso acadar un mínimo de 50 para a súa superación. Cuarta. Renovación do certificado de conselleiro de seguridade 1. Os titulares de certificados de conselleiro de seguridade cuxa vixencia expire durante o ano 2014 deberán participar nas probas de renovación dos mencionados títulos. 2. Nas mencionadas probas de renovación unicamente concorrerán as persoas que estivesen en posesión dos referidos certificados de conselleiro de seguridade. 3. O exame consistirá nunha proba de 50 preguntas tipo test; valorarase cada resposta acertada con 2 puntos e será preciso acadar un mínimo de 50 para superar este exercicio. As respostas erróneas ou en branco non terán penalización. Os aspirantes disporán de 60 minutos para realizaren esta proba. Quinta. Solicitudes 1. As solicitudes para tomar parte nas probas axustaranse aos modelos normalizados que se xuntan a esta resolución (anexo II para a obtención do certificado de conselleiro de

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31495 seguridade e anexo III para a súa renovación), as cales estarán dispoñibles tanto na guía de procedementos (http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos) como na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). As solicitudes, debidamente cubertas, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse, no prazo que se indica na base primeira desta resolución, no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Mobilidade (praza de Europa 5 A; 2º andar. Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, de conformidade co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e coa Orde do 15 de setembro de 2011 pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia, as persoas interesadas poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para cotexar a copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do citado Decreto 198/2010, do 2 de decembro. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos. As mencionadas imaxes electrónicas carecerán de carácter de copia auténtica. Neste caso, os solicitantes deberán anexar, ademais, unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que se lles poida requirir a exhibición do documento orixinal en calquera momento da tramitación do procedemento, segundo o disposto nos mencionados artigos. 2. O interesado deberá satisfacer, no prazo que se indica na base primeira desta resolución, os correspondentes dereitos de exame. Para acreditar o dito cumprimento, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude, o pertinente impreso da taxa de autoliquidación correspondente á Administración.

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31496 3. A presentación da solicitude ou o aboamento do ingreso correspondente aos dereitos de exame fóra dos prazos establecidos determinará a exclusión definitiva do aspirante. 4. De conformidade co que establece a Orde 605/2004, do 27 de febreiro, os aspirantes deberán ter a súa residencia habitual en Galicia. 5. No caso de que na solicitude para concorrer ás probas (anexo II e anexo III), os interesados non autorizasen expresamente a Administración pública para a consulta dos seus datos de identidade e residencia nos sistemas de verificación de datos de identidade e residencia, deberán presentar, ademais da instancia e do impreso da taxa de autoliquidación, unha copia compulsada do seu DNI. 6. Cando o domicilio do interesado non estiver incluído no ámbito territorial de Galicia, o solicitante deberá acreditar, mediante certificado de empadroamento, que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, 185 días naturais do último ano, contados ata o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás probas. 7. O domicilio que figure na solicitude considerarase como único válido para os efectos de notificación, sendo responsabilidade exclusiva do solicitante tanto o erro na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de Mobilidade de calquera cambio del. 8. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos aspirantes levará consigo a exclusión definitiva do interesado, sen prexuízo da adopción das demais medidas legais a que houber lugar. Sexta. Dereitos de exame e relacións de admitidos e excluídos 1. De conformidade coa Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 e coa Lei 6/2003, do 29 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, os dereitos de exame fíxanse na contía de 21,40 euros por cada un dos exames a que a persoa interesada se presente. 2. Os mencionados dereitos de exame ingresaranse tras cubrir os correspondentes impresos de taxas (Consellería de: MATI, código: 06, Delegación de: SS.CC, código: 13, Servizo de Mobilidade, código: 02; Denominación: dereitos de exame probas transportista; código: 31.01.06).

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31497 Os referidos impresos poderanse obter nos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ou da Dirección Xeral de Mobilidade, nos servizos de mobilidade ou nas delegacións territoriais da citada consellería. Así mesmo, o ingreso da/s taxa/s poderase facer en liña, a través da Oficina Virtual Tributaria dispoñible na web da Consellería de Facenda (www.conselleriadefacenda.es), indicando para o efecto os mesmos códigos sinalados no punto anterior. 3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal encargado de avaliar as probas procederá á súa revisión. Ultimado o proceso, a relación provisoria de admitidos e excluídos, con indicación do motivo da súa exclusión, será publicada na páxina web da consellería http://www.cmati.xunta.es/mobilidade e exposta nos taboleiros de anuncios dos organismos a que fai referencia o punto anterior. 4. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da citada lista, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión. En ningún caso serán obxecto de emenda as causas de exclusión consistentes na presentación das solicitudes ou no aboamento dos ingresos por dereitos de exame realizados fóra dos prazos establecidos. 5. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o citado tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se anuncie a exposición pública da relación definitiva de admitidos e excluídos nos organismos mencionados no punto 2 desta base sexta, así como a data ou datas e o cadro de horarios de realización dos exercicios. A dita relación tamén poderá ser examinada na indicada páxina web da consellería. 6. Agás nos supostos previstos nos puntos 3 e 5 da base oitava, devolveránselles os dereitos de exame aos aspirantes excluídos definitivamente das probas, sempre que o soliciten, de conformidade co modelo que figura como anexo IV desta resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución citada no punto anterior. Sétima. Tribunal cualificador 1. O tribunal cualificador das probas estará constituído polos seguintes membros da Dirección Xeral de Mobilidade: Presidente: Xosé Lluís Fernández Suárez.

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31498 Presidente suplente: Antón García Río. Vogais: Mercedes López Caneda. María Inmaculada Carril Barco. Antonio Jesús Blas Fernández. Vogais suplentes: Alfonso Tenorio Aranguren. María Mar Estévez Mosquera. David Conde Varela. Secretaria: Elena Prado Veiga. Secretario suplente: Juan Antonio Fernández Suárez. 2. De conformidade co establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG nº 122, do 25 de xuño), o referido tribunal cualificarase como de categoría primeira. Oitava. Regras polas que se desenvolverá o proceso selectivo 1. A data ou datas e o lugar de realización das probas determinarase na resolución pola que se aproben os cadros de horarios e a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos. Nesta resolución, o tribunal poderá determinar as instrucións que considere adecuadas para a correcta realización dos exercicios, sen prexuízo das que se diten no mesmo momento de realización das probas. 2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, e resultará excluído da súa realización quen non compareza no dito momento. 3. Os interesados excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame. 4. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade. Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios a aqueles candidatos que se presenten e carezan da documentación que se acaba de indicar.

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31499 5. Os interesados excluídos por careceren da documentación precisa para acceder ao recinto onde teñan lugar as probas non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame. 6. Na realización das probas tipo test, os aspirantes responderán as diferentes preguntas marcando cun X no correspondente recadro da folla de respostas. No caso de pretender realizar algunha corrección, o interesado deberá riscar totalmente a resposta inicialmente escollida e marcar cun X a finalmente elixida. 7. O tribunal cualificador anulará aquelas respostas dos aspirantes en que, con incumprimento do sinalado no punto anterior, figuren marcadas cun X máis dunha resposta. 8. Unha vez realizados os exercicios, as relacións de respostas correctas serán publicadas na páxina web da consellería http://www.cmati.xunta.es/mobilidade. 9. Tras a corrección das probas, a relación provisoria de aptos e non aptos expoñerase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Mobilidade e dos servizos de mobilidade e publicarase na mencionada páxina web. 10. Dentro do prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da práctica da referida publicación, os interesados poderán presentar as pertinentes reclamacións de revisión da cualificación dos exercicios. 11. Declararanse inadmisibles as reclamacións que se formulen unha vez transcorrido o indicado prazo. 12. Tras o exame e resolución das reclamacións presentadas, publicarase no Diario Oficial de Galicia o acordo do tribunal polo que se determine a relación definitiva de aptos e non aptos. 13. Unha vez concluído o proceso selectivo, o tribunal remitirá á Dirección Xeral de Mobilidade a dita relación definitiva de aprobados; todo isto para os efectos de que se proceda á expedición dos correspondentes certificados de conselleiros de seguridade.

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31500 ANEXO II PROCEDEMENTO CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO CE DE FORMACIÓN DE CONSELLEIROS DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS CÓDIGO DO PROCEDEMENTO MT310A DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO PROBAS A QUE SE PRESENTA (SINALE CUNHA CRUZ OS RECADROS CORRESPONDENTES) POR ESTRADA TODAS AS CLASES CLASE 1 CLASE 2 CLASE 7 CLASE 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 E 9 MATERIAS LÍQUIDAS CO NÚMERO DE IDENTIFICACIÓN DE NACIÓNS UNIDAS 1202-1203 E 1223 POR FERROCARRIL TODAS AS CLASES CLASE 1 CLASE 2 CLASE 7 CLASE 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 E 9 MATERIAS LÍQUIDAS CO NÚMERO DE IDENTIFICACIÓN DE NACIÓNS UNIDAS 1202-1203 E 1223 DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA OU DECLARA QUE ESTÁ EN PODER DA CONSELLERÍA Copia do DNI, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade. Certificado de empadroamento, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de residencia ou documento acreditativo do cambio de residencia á Comunidade Autónoma de Galicia. Impreso de liquidación de taxas (no que constará CONSELLERÍA DE: MATI, CÓD.: 06; DELEGACIÓN DE: SSCC, CÓD.: 13; SERVIZO DE: MOBILIDADE, CÓD.: 02; DENOMINACIÓN: dereitos de exames probas transportista; CLAVE: 31.01.06) PRESENTADO CÓD. PROC. EXPTE. ANO Autorizo a Dirección Xeral de Mobilidade, de conformidade cos artigos 35 letra f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, para a consulta da documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a devandita documentación se mantén vixente na actualidade e que non trascorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponden. Autorizo a Dirección Xeral de Mobilidade, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31501 ANEXO II (continuación) Autorizo a Dirección Xeral de Mobilidade, de conformidade co artigo 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de residencia do solicitante no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude incorporaranse a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a este centro directivo como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE Resolución do 23 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril. SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE Lugar e data, de de Dirección Xeral de Mobilidade

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31502 ANEXO III PROCEDEMENTO CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A RENOVACIÓN DO CERTIFICADO CE DE FORMACIÓN DE CONSELLEIROS DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS CÓDIGO DO PROCEDEMENTO MT310B DOCUMENTO SOLICITUDE DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO PROBAS A QUE SE PRESENTA (SINALE CUNHA CRUZ OS RECADROS CORRESPONDENTES) POR ESTRADA TODAS AS CLASES CLASE 1 CLASE 2 CLASE 7 CLASE 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 E 9 MATERIAS LÍQUIDAS CO NÚMERO DE IDENTIFICACIÓN DE NACIÓNS UNIDAS 1202-1203 E 1223 POR FERROCARRIL TODAS AS CLASES CLASE 1 CLASE 2 CLASE 7 CLASE 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 E 9 MATERIAS LÍQUIDAS CO NÚMERO DE IDENTIFICACIÓN DE NACIÓNS UNIDAS 1202-1203 E 1223 DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA OU DECLARA QUE ESTÁ EN PODER DA CONSELLERÍA Copia do DNI, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade. Certificado de empadroamento, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de residencia ou documento acreditativo do cambio de residencia á Comunidade Autónoma de Galicia. Impreso de liquidación de taxas (no que constará CONSELLERÍA DE: MATI, CÓD.: 06; DELEGACIÓN DE: SSCC, CÓD.: 13; SERVIZO DE: MOBILIDADE, CÓD.: 02; DENOMINACIÓN: dereitos de exames probas transportista; CLAVE: 31.01.06) PRESENTADO CÓD. PROC. EXPTE. ANO Autorizo a Dirección Xeral de Mobilidade, de conformidade cos artigos 35 letra f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, para a consulta da documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a devandita documentación se mantén vixente na actualidade e que non trascorreron máis de cinco anos desde a finalización do procedemento o que corresponden. Autorizo a Dirección Xeral de Mobilidade, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31503 ANEXO IV SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DE TAXAS DOS DEREITOS DE EXAME DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO E, NA SÚA REPRESENTACIÓN NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF DATOS BANCARIOS Declaro baixo a miña responsabilidade que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada. TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (20 DÍXITOS) SINATURA DA PERSONA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE Lugar e data, de de Dirección Xeral de Mobilidade