ELECCIÓNS 2018 DO REITOR OU DA REITORA, E DE REPRESENTANTES NO CLAUSTRO UNIVERSITARIO

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

PROCEDEMENTO PARA A ELECCIÓN DE MEMBROS DO

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Decreto lei RD 16/2012. Preguntas frecuentes

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

O CONTRATO DE TRABALLO

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

REDE EUSUMO. información e comunicación

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

REGULAMENTO DE HONRAS E DISTINCIÓNS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

Manual de cumprimentación da solicitude

San Caetano Santiago de Compostela

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

PROTOCOLO USO PISTOLAS INTRADERMOTUBERCULINIZACIÓN

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

MANUAL DE USUARIO DE etrades

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS FIN DE GRAO DATOS DA TITULACIÓN

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

CONVOCATORIA DE PRIMARIAS ELECCIÓN DE CANDIDATO/A do PSdeG-PSOE Á PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

CONCELLO DE POL (LUGO) C.I.F. P B R.E.L

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE XUSTIZA

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

DOCUMENTACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA MANUAIS PARA O CUMPRIMENTO DA CONDICIONALIDADE

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

V I C E P R E S I D E N C I A

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Portal de Directores de Centro de Gasto da USC

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Requisitos para subir documentos ao

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

Apelidos:... Nome:... DNI:... Enderezo:... Localidade:...Concello:...Teléfono/s...

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

4. Feitos os trámites anteriores, enviaranse ao provedor os exemplares da folla de pedimento que corresponda.

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

Transcrição:

ELECCIÓNS 2018 DO REITOR OU DA REITORA, E DE REPRESENTANTES NO CLAUSTRO UNIVERSITARIO MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA AS MESAS ELECTORAIS VOTACIÓN DO DÍA 23 DE ABRIL DE 2018 As Eleccións 2018 do reitor ou da reitora e de representantes no Claustro Universitario rexeranse polo Regulamento Electoral Xeral da USC e polas restantes disposicións electorais aplicables: especialmente as convocatorias aprobadas por resolución reitoral e por acordo da Comisión Electoral Central do 27 de febreiro de 2018, e os acordos posteriores da Comisión. Esta documentación está accesible na web electoral: www.usc.es/eleccions2018. As Mesas disporán dun exemplar en papel do Regulamento Electoral. Corresponde ás Mesas electorais presidir a votación, conservar a orde, realizar o escrutinio e velar pola pureza do sufraxio no seu respectivo ámbito de actuación. No presente documento explícanse algúns aspectos do procedemento que debe seguirse no desenvolvemento desta función. 1. DOCUMENTACIÓN 1.1. As Mesas electorais deberán levantar unha acta da sesión de votación, que é un único documento composto dun número indeterminado de follas, que a Mesa deberá numerar correlativamente unha vez coñecido o seu número total. A acta elabórase en formularios, que se fotocopiarán unha vez cubertos e antes de asinalos, agrupados nos seguintes bloques: 1.1.1. ACTA DA SESIÓN DE VOTACIÓN.- As Mesas electorais deberán levantar unha acta da sesión de votación, documento que a Mesa deberá numerar correlativamente unha vez coñecido o número total de follas que o compoñen. Constará dunha Portada na que se identifica a Mesa Electoral e as votacións que goberna. Nesta acta se fan constar todos as incidencias acontecidas no momento da constitución da mesa. 1.1.2. LISTA NUMERADA DE VOTANTES.- Follas nas que se relacionan os electores/as que exerceron o seu voto en cada unha das votacións, numerados na orde en que votaron. Pódense utilizar tantas follas como sexan necesarias. Na derradeira folla inutilizarase o espazo sobrante cruzándoo cunha raia. 1.1.3. ESCRUTINIO DA VOTACIÓN.- Follas nas que se fai constar o resultado da elección en cada unha das votacións. Cada elección (cada papeleta) debe ter un escrutinio independente. Pódense utilizar tantas follas como sexan necesarias. 1.1.4. PECHE DA ACTA DA SESIÓN.- Folla na que os membros da Mesa asinan a acta da sesión e fan constar, se fose preciso, incidencias do proceso de votación. 1.2. As Mesas deberán recibir da Secretaría Xeral o censo electoral correspondente ás eleccións que deban presidir, as credenciais de interventor/a e os sobres de voto anticipado dos electores/as que o exerceron os días 16 ao 20 de abril. A Mesa deberá comprobar que todos estes documentos corresponden ás eleccións que debe presidir. Tamén contará con modelos para certificar a emisión de voto aos votantes que o soliciten. 2. CONSTITUCIÓN DAS MESAS ELECTORAIS 2.1. O/A presidente/a e os vocais de cada Mesa electoral, así como os seus correspondentes suplentes, reuniranse ás 9:00 horas, no lugar de votación, o día 23 de abril. 2.2. Se o designado ou designada presidente/a non acudise asumirá a presidencia o seu suplente ou, no seu defecto, o/a primeiro/a vocal ou o/a segunda vocal, por esta orde. Os/as vocais que faltasen serán substituídos polos seus suplentes. No caso de que non poida constituírse a Mesa cos membros designados ou os seus suplentes, comunicarase ao decano/a ou director/a do centro no que ten sede a Mesa, quen procederá de inmediato á designación

dos membros necesarios, pudendo incluso ordenar que forme parte dela algún dos electores/as presentes no local. Esta circunstancia será posta en coñecemento da Comisión Electoral Central, e farase constar na acta da sesión. 2.3. Unha vez reunidos o presidente/a e dous vocais quedará constituída validamente a Mesa, e farase constar na acta da sesión. A Mesa electoral designará de entre os seus membros, por elección ou por acordo, ao vocal que actuará como secretario/a da mesma. 2.4. Reunida a Mesa, o presidente recibirá ata as 09:45 horas as credenciais debidamente cubertas que lle presenten os/as interventores, e comprobará a identidade destes e que a credencial presentada se corresponde co documento entregado pola Secretaría Xeral. Unha vez comprobados estes datos, o presidente/a daralle posesión aos interventores/as e farao constar na acta da sesión. Se se presentasen máis de dous interventores/as por unha mesma candidatura darase posesión ao que presentase primeiro a súa credencial. No caso de que o presidente tivera dúbidas sobre a acreditación ou identidade dalgún interventor/a daralle posesión se así o esixe, pero fará constar na acta a súa reserva no apartado de Incidencias. 2.5. Durante a votación e o escrutinio deberán estar presentes na Mesa polo menos dous dos seus tres membros. 3. PREPARACIÓN DA VOTACIÓN 3.1. Antes do comezo da votación, a Mesa electoral comprobará que o local reúne as condicións necesarias, que as urnas permiten garantir o segredo e pureza da votación, e que están a disposición dos electores/as as papeletas e sobres correspondentes. A Mesa procurará os medios para facilitar aos electores a emisión do voto coas garantías de segredo, con especial atención aos electores/as con discapacidade física, que poderán ser asistidos por unha persoa de confianza. 3.2. En cada Mesa deberá haber as urnas necesarias para a votación, que deben identificar exteriormente a elección á que corresponde. 3.3. Se faltasen papeletas ou sobres solicitaranse á Comisión Electoral Central. Se fose absolutamente necesario, o presidente/a da Mesa poderá ordear a utilización de fotocopias, previa autorización da Comisión Electoral Central, que terán tamén carácter de papeleta oficial. 3.4. Antes de abrir a votación, a Mesa deberá ter preparados os listados de electores, dos que se terán suprimido os electores que consten como interventores/as noutras Mesas, así como os impresos para elaborar a lista numerada de votantes. 4. DESENVOLVEMENTO DA XORNADA DE VOTACIÓN 4.1. A Mesa electoral, e en particular o seu presidente/a, procurará a observancia das normas electorais durante a votación, e velará polos dereitos dos electores. Non se permitirá que se realice propaganda electoral nin no local de votación nin nas súas inmediacións. No caso de producirse algunha incidencia que requira a intervención dun órgano de goberno, comunicarase ao decanato ou dirección do centro e, se fose preciso, á Comisión Electoral Central, a través da Secretaría Xeral. 4.2. A votación comezará ás 10:00 horas co anuncio do presidente/a ( empeza a votación ) e continuará ininterrompidamente ata as 18:00 horas. 4.3. A Mesa coidará de que a entrada do local estea libre para os electores/as. O presidente/a poderá expulsar do local ou das súas proximidades a quen altere a orde da votación ou prexudique o seu correcto desenvolvemento. Só teñen dereito a entrar no local de votación os electores/as, os candidatos ou candidatas, os interventores/as, os órganos de goberno que colaboren coa xestión da elección, os membros da Comisión Electoral e os notarios, así como as persoas

cuxa presenza sexa requirida pola propia Mesa. 4.4. Se por carencia de papeletas de votación ou outro motivo tivese que suspenderse temporalmente a votación, esta deberá prorrogarse polo tempo de suspensión, que deberá ser inferior a unha hora. Se por causa de forza maior, e a xuízo do presidente/a da Mesa, a votación non pode iniciarse ou debe suspenderse definitivamente, farase constar por escrito no que se expresarán os motivos da suspensión. No caso de suspensión definitiva da votación, os votos que se tiveran emitido serán destruídos sen telos en conta, facéndoo constar no escrito de motivación da suspensión. 5. EMISIÓN DO VOTO 5.1 Na data da votación, a Secretaría Xeral fará chegar os votos anticipados aos presidentes das mesas electorais correspondentes, que unha vez rematada a votación ordinaria os introducirán na urna que proceda, logo de comprobar a inclusión do votante no censo e facer a oportuna anotación. En ningún caso se introducirá o voto se o elector xa consta como votante. 5.2. Iniciada a votación, os electores/as achegaranse á Mesa de un en un co sobre ou sobres de votación, e identificaranse mediante o seu DNI, pasaporte, tarxeta universitaria ou outro medio que acredite a súa identidade a xuízo da Mesa e dos interventores/as. O voto é segredo, persoal e intransferible, e non se pode exercer por delegación. O voto só pode exercerse na Mesa electoral que corresponda a cada elector/a (pero os interventores/as votan na Mesa na que interveñen, aínda que non lles corresponda). 5.3. Un vocal, e se é o caso os interventores, comprobará a inscrición do elector no censo electoral correspondente a cada proceso nos que pretenda votar, tendo en conta que pode estar censado nalgún dos que preside a Mesa pero non noutros. Os membros da Mesa deben velar coidadosamente para que voten en cada unha das eleccións unicamente os respectivos electores censados nos listados da Mesa ou que aporten unha acreditación censual específica da Secretaría Xeral. Coidarase tamén de que no sobre de votación conste correctamente o sector e o proceso ao que o elector pode votar. Con este fin, o presidente/a debe introducir por si mesmo o sobre na urna logo de comprobado que o voto é correcto. É FUNDAMENTAL ASEGURAR QUE UNICAMENTE VOTEN OS ELECTORES/AS CENSADOS E QUE OS SOBRES INTRODUCIDOS NAS URNAS SE CORRESPONDEN CO PROCESO E O SECTOR NO QUE CADA ELECTOR/A PODE VOTAR. 5.4. Unha vez acreditada a identidade do votante e a súa inscrición no censo electoral, o elector/a entregará ao presidente/a o sobre de votación. O/A presidente/a, sen ocultar o sobre en ningún momento da vista do público, e logo de comprobar as súas anotacións exteriores, dirá en voz alta o nome do elector/a e introducirá dito sobre na urna correspondente. De seguido deberá cubrir a urna para evitar a introdución accidental de sobres indebidos. 5.5. Simultaneamente á emisión do voto, indicarase esta no censo cunha marca ao lado do/da votante, e inscribirase o nome e apelidos deste na lista de votantes da acta da sesión. Dita lista será común para todos os votantes na Mesa, numerará aos votantes correlativamente, e indicará na respectiva columna o proceso no que cada un deles vota e os códigos dos departamentos nos que vota, cando proceda. Os electores/as poden comprobar se foi anotado correctamente o seu nome na lista de votantes. Tamén poderán solicitar un certificado de emisión do voto, que será expedido polo secretario/a da Mesa co visto e prace do/da presidente/a. 5.6. Á hora fixada para o peche da votación, o presidente/a anunciará en voz alta que esta vai concluír. Se algún dos electores/as que se atopen no local ou no acceso ao mesmo non votou aínda, o/a presidente/a admitirá que o fagan e non permitirá que vote ninguén máis. 5.7. Logo de que voten os electores/as presentes cando se peche a votación, o presidente/a tramitará os votos anticipados que lle foran entregados pola Secretaría Xeral. Para elo abrirá un por un os sobres de voto anticipado, que deberán conter un sobre de votación e unha fotocopia dun documento oficial de identificación do elector/a. Unha vez comprobado que o elector/a está inscrito no censo e non votara previamente, o presidente/a depositará o sobre na urna

correspondente. O voto anticipado farase constar igualmente no censo e na lista de votantes da acta da sesión. No caso de que o emisor do voto anticipado non figurase inscrito no censo ou constase como votante, dito voto será destruído e o feito pode anotarse como incidencia na acta da sesión. 5.8. Logo de introducidos os votos anticipados, se os houbese, poderán votar os membros da Mesa electoral e os interventores/as, procedéndose ás respectivas anotacións no censo e na lista de votantes. Se algún dos interventores/as non figurase no censo electoral de que dispón a Mesa por ser elector noutra diferente, farase constar na lista de votantes a Mesa que lle correspondería. 5.9. Unha vez anotados na lista de votantes todos eles, cruzarase a lista baixo o último nome para evitar novas inscricións, e os membros da Mesa e os interventores/as asinarán todas as listas de votantes. 6. ESCRUTINIO 6.1. Finalizada a votación e asinadas as listas de votantes, comezará o escrutinio. Éste será público para quen estea presente no local, que poderá pecharse por orde do presidente/a da Mesa cando remate a xornada de votación, sen prexuízo da posibilidade de acceso polos responsables electorais dos centros e demais persoas autorizadas pola Comisión Electoral. 6.2. O escrutinio seguirá esta orde: 1º) elección do reitor/a; 2º) elección de representantes no Claustro Universitario. As urnas abriranse sucesivamente a medida que se pechan os escrutinios, incluída a elaboración da correspondente acta de escrutinio. Cando a Mesa conte co resultado do escrutinio da elección do reitor/a, farao constar no impreso facilitado ao efecto, o cal unha vez cuberto e asinado polos membros da Mesa e os interventores/as será entregado ao responsable electoral do centro ou local de votación, quen deberá envialo á maior brevidade á Secretaría Xeral (sec.xeral@usc.es ) en documento escaneado con destino á Comisión Electoral Central. 6.3. Logo de abrir a urna da votación que corresponda, o presidente/a irá sacando os sobres un a un. No caso de que unha mesma urna reúna votacións diferentes, a Mesa clasificará os sobres segundo a votación, e comprobará en cada caso que o número de sobres se corresponde co de votantes. Seguidamente, procederase ao escrutinio de cada unha das votacións. 6.4. No escrutinio, o presidente/a comprobará en primeiro lugar a validez do voto emitido, asegurándose de que a papeleta de votación se corresponde co sobre que a contiña, así como dos demais requisitos de validez. Seguidamente lerá en voz alta o nome dos candidatos/as votados e mostrará a papeleta aos vocais e interventores. Estes anotarán o voto do xeito que consideren máis oportuno para a eficacia e garantía do reconto. Ao remate do escrutinio contrastarase de novo o número total de sobres e papeletas co de votantes anotados, tendo en conta que os sobres sen papeleta deben computarse como votos en branco válidos. 6.5. Seguiranse as seguintes regras de cómputo de votos: 6.5.1. O voto exércese indicando inequivocamente a preferencia por un ou varios candidatos, segundo corresponda. O elector marcará cunha cruz o recadro correspondente ao candidato ou candidatos aos que outorgue o seu voto. 6.5.2. Considérase voto nulo todo aquel que non permita coñecer a efectiva vontade do votante, e en particular: a) O emitido en sobre ou papeleta diferente do modelo oficial ou no que o sobre e a papeleta non garden correspondencia, agás nos supostos expresamente autorizados pola Comisión Electoral Central. b) O emitido en papeleta sen sobre. c) O emitido en sobre que conteña máis dunha papeleta con distintos candidatos. Pero a presenza no sobre de máis dunha papeleta non determina necesariamente a nulidade do voto: Se o sobre contén máis dunha papeleta a favor do mesmo candidato ou dos mesmos candidatos, computarase como un só voto válido. Se o sobre contén unha papeleta adecuadamente e outra ou outras en branco, entenderase que a papeleta cuberta é válida e non se terán en conta as restantes.

Nestes supostos, e co fin de evitar confusións no reconto, deben descartarse inmediatamente as papeletas que non serán tidas en conta no escrutinio. d) O emitido en papeleta na que conste un número de marcas superior ao número máximo de candidatos/as que o elector poida votar. e) O emitido en papeleta con rascaduras, emendas, modificacións ou calquera outro tipo de alteración que impida coñecer con claridade a efectiva vontade do elector. De ser o caso, a nulidade só afectará ao nome ou nomes respecto aos que se suscite a dúbida. f) O emitido en sobre con signos externos de recoñecemento do votante. g) O voto no que se conteña calquera outra expresión allea ao voto. 6.5.3. Considérase voto en branco, pero válido: a) O emitido en sobre que non conteña papeleta. b) O emitido en papeleta ou papeletas que non conteñan indicación a favor de ningún dos candidatos que permita coñecer a preferencia do votante. c) O voto a unha candidatura legalmente retirada. 6.6. As dúbidas sobre a validez ou sentido dos votos resolveranse por maioría da Mesa, e faranse constar na acta como incidencias as protestas que formulen a este fin os membros da Mesa ou interventores/as. As papeletas ás que se lle negara validez ou foran obxecto de reclamación serán achegadas á acta da sesión, logo de asinadas polos membros da Mesa, indicando ao dorso o motivo da nulidade ou discrepancia. O resto das papeletas e sobres de votación, incluíndo os de voto anticipado, serán destruídos en presenza dos concorrentes ao acto de escrutinio. 6.7. Efectuado o reconto, a Mesa anotará na correspondente folla de escrutinio da acta da sesión os datos que nela se solicitan. Se ao número de electores censados houbese que engadir os que achegaron certificacións censuais específicas ou os interventores que non figuraban no censo da Mesa, deberá facerse constar no recadro correspondente, ademais de achegar a acta ditas certificacións. Pódese anotar como unha suma (Nº de electores/as na lista do censo) + (Nº de electores/as con certificación censual) + (Nº de interventores/as votantes non censados na Mesa), complementada cunha nota aclaratoria. 6.8. O número de votantes non poderá ser superior ao número de electores que consten na lista proporcionada á Mesa, agás que se deba ao voto dos interventores ou de electores que aportasen certificación censual específica. Se o número fose superior, a Mesa repasará o reconto co fin de evitar a nulidade da votación. No número de votantes deben computarse todos os que votaron (sobres depositados na urna), incluídos os que emitiron voto nulo ou en branco. En todo caso, os vicios do procedemento electoral unicamente producirán a nulidade de actuacións cando sexan determinantes do resultado da elección. 7. ACTA DA SESIÓN E COMUNICACIÓN DO RESULTADO DA VOTACIÓN 7.1. Rematado o escrutinio de todas as votacións celebradas na Mesa, os seus membros e os interventores completarán a acta da sesión. Anotaranse como incidencias as que os membros da Mesa consideren relevantes para coñecemento da Comisión Electoral Central; e noutro caso escribirase ningunha de especial relevancia (ou fórmula similar) no recadro correspondente da folla inicial da Acta. Se este espazo non fose suficiente indicarase cun x ao pé que segue a anotación, e esta continuará no recadro para incidencias da folla de Peche da Acta. Se fose preciso, a anotación seguirá en folios aparte. 7.2. Unha vez cuberta a Acta da sesión e numeradas todas as súas follas, faranse tres fotocopias, gramparanse o orixinal e unha copia, e os membros da Mesa e interventores/as asinarán o orixinal e as copias en todas as súas follas. O/a presidente/a coidará de que a Acta estea completa e con todas as sinaturas, incluíndo os anexos de incidencias se os houbese. Seguidamente procederase co orixinal e as copias da Acta do xeito que de seguido se indica, sen prexuízo da comunicación inmediata do resultado do escrutinio da elección do reitor/a que á que se refire o apartado 6.2.

7.2.1. O orixinal da acta, xunto coa documentación anexa, introducirase nun sobre que asinarán o presidente, vocais e interventores, de forma que crucen coa súa sinatura a solapa pola que fora pechado. O sobre identificará no seu exterior a Mesa electoral. Na documentación anexa incluirase o censo electoral anotado e, de ser o caso, as credenciais dos interventores/as, as certificacións censuais específicas, e as papeletas que fosen obxecto de reclamación. O/A presidente/a da Mesa, ou quen designe, entregará este sobre ao secretario/a ou responsable electoral do centro no que se celebra a votación, para que á súa vez o traslade á secretaría da Comisión Electoral Central, no Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela) ou na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo o 23 de abril antes das 21:00 horas ou ao día seguinte. 7.2.2. Unha copia da acta da sesión quedará en poder do presidente/a da Mesa. 7.2.3. Dúas copias será entregadas ao decano/a, director/a ou responsable electoral do centro ou local no que se celebra a votación, quen publicará inmediatamente as follas de escrutinio na parte exterior do local de votación ou no taboleiro electoral correspondente. 7.2.4. Se os interventores/as ou os candidatos/as presentes no acto de escrutinio solicitasen unha copia da acta da sesión, seralles entregada unha fotocopia. Non se expedirá máis dunha copia por candidatura ou, se fose o caso, por agrupación de candidaturas.