CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Documentos relacionados
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O CONTRATO DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Convocatoria ordinaria de 2012

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

GRAO EN TRADUCIÓN E INTERPRETACIÓN

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

Política e Obxectivos de Calidade

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Planificación do curso escolar

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

V I C E P R E S I D E N C I A

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

I. 8. Galícia Xosé González Martínez Xefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Capítulo XXIV: PROFESORADO

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

- Língua Portuguesa na Galiza

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS DO ALUMNADO DA FACULTADE DE FISIOTERAPIA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

O Decreto 239/2008, do 25 de setembro (DOG do 29 de setembro) establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

CONSERVATORIOS E CENTROS AUTORIZADOS. Tipo de ensino Ensino regrado Ensino non regrado

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 131 L Venres, 8 de xullo de 2005

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

A continuación expóñense de forma resumida as novidades máis significativas:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

Procedemento de Admisión

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

Transcrição:

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16736 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 13 xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas. O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5, despois de establecer que a lingua propia de Galicia é o galego e que é o idioma oficial no noso país, xunto co castelán, determina que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, incide, entre outros, nos seus artigos 11.1.º, 17.2.º, 18, 19 e 25, na obriga que ten o Goberno galego de difundir o coñecemento oral e escrito da lingua galega entre os cidadáns de Galicia. Para iso, a Consellería de Educación Universitaria convoca cursos de formación en lingua galega dirixidos a todos os colectivos da nosa sociedade. O Plan de Normalización Lingüística aprobado por acordo do Pleno da Cámara do Parlamento de Galicia en 2004 establece entre os obxectivos específicos en cada unha das áreas que configuran o sector da Administración (Xunta de Galicia, Administración local, Administración de xustiza e Administración periférica do Estado, notarías e outros servizos documentais e de xestión) mellorar a calidade do idioma falado e escrito polos funcionarios. Na Orde do 1 de abril de 2005, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as validacións correspondentes, establecíanse os distintos tipos de cursos de linguaxes específicas, coas súas equivalencias e currículos. Coa publicación o 30 de xullo de 2007 da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), establécense uns niveis de competencia que deben ser tidos en conta para poder acceder aos cursos de linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega, que, polo tanto, non estaban recollidos. Entre as funcións e competencias que ten conferidas a Secretaría Xeral de Política Lingüística, segundo o Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, figura a de programar

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16737 e desenvolver medidas para o fomento do uso e coñecemento do idioma galego. No seu artigo 6.1.º, parágrafo cuarto, establécese a competencia de autorizar e homologar cursos de linguaxes específicas. Despois da experiencia obtida pola impartición de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, nos seus niveis medio e superior, é necesario, para facilitar o labor do profesorado coa súa correspondente incidencia positiva no alumnado, adaptar os currículos dos ditos cursos para xebrar con claridade os contidos de cada un dos dous niveis. Por outra banda, ademais de unificar os requisitos para acceder aos distintos cursos de linguaxes específicas, cómpre establecer un cadro de equivalencias e validacións das linguaxes específicas que salvagarde posibles dereitos adquiridos derivados das distintas ordes de equivalencias que se foron superpoñendo ao longo do tempo entre cursos e probas de linguaxes específicas. Por todo isto, DISPOÑO: Artigo 1. Obxecto. Mediante esta orde regúlanse os seguintes cursos de linguaxes específicas: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso superior de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega, curso superior de linguaxe xurídica galega. Artigo 2. Destinatarios. Os cursos de linguaxe administrativa galega están dirixidos aos cadros de persoal da Administración autonómica, da Administración local, do Parlamento de Galicia, da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia e doutros servizos documentais e de xestión (colexios profesionais, xestorías, cámaras de comercio, asociacións empresariais e sindicais ), así como a aquel persoal que se estableza nas correspondentes convocatorias dos cursos. Os cursos de linguaxe xurídica galega están dirixidos aos cadros de persoal da Administración nas súas áreas de xustiza, notarías e outros servizos e áreas de xestión (colexios de avogados, xestorías ).

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16738 Artigo 3. Cursos de linguaxe administrativa galega. 1. Os cursos de linguaxe administrativa galega constan de dous niveis: medio e superior. 2. Os cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega teñen como finalidade darlles formación específica aos traballadores e traballadoras das distintas áreas da Administración e colectivos citados no primeiro parágrafo do artigo anterior na súa lingua de especialidade. Isto implica unha formación en aspectos gramaticais e léxicos específicos e en aspectos de redacción e estilo a partir do traballo cos documentos administrativos propios de cada nivel. 3. Os programas dos cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega están recollidos nos anexos I e II, respectivamente. 4. Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa galega é necesario ter aprobado ou validado algún destes cursos: o Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria. 5. Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa galega é necesario ter aprobado o curso medio de linguaxe administrativa galega, o curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2.º do artigo 5. Artigo 4. Cursos de linguaxe xurídica galega. 1. Os cursos de linguaxe xurídica galega constan de dous niveis: medio e superior. 2. Os cursos medio e superior de linguaxe xurídica galega teñen como finalidade darlles formación específica aos traballadores e traballadoras das distintas áreas do sector da Administración nas súas áreas de xustiza, notarías e outros servizos documentais e de xestión na súa lingua de especialidade. Isto implica unha formación en aspectos gramaticais e léxicos específicos e en aspectos de redacción e estilo a partir do traballo cos documentos xurídicos propios de cada nivel. 3. Os programas dos cursos medio e superior de linguaxe xurídica galega están recollidos nos anexos III e IV, respectivamente.

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16739 4. Para acceder ao curso medio de linguaxe xurídica galega é necesario ter aprobado ou validado algún destes cursos: o Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria. 5. Para acceder ao curso superior de linguaxe xurídica galega é necesario ter aprobado un destes cursos: o curso medio de linguaxe xurídica Galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no punto 2 do artigo 5 desta orde. Artigo 5. Equivalencias e validacións. 1. Serán equivalentes entre eles, por unha banda, o curso medio de linguaxe administrativa galega e o curso medio de linguaxe xurídica galega, e por outra, o curso superior de linguaxe administrativa galega e o curso superior de linguaxe xurídica Galega. A súa equivalencia recoñecerase sen que se faga precisa a súa validación pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. 2. Terán a mesma validez que os cursos medios de linguaxe administrativa e xurídica galegas: a) Os seguintes cursos realizados na Escola Galega de Administración Pública con anterioridade ao ano 2000: cursos de linguaxe administrativa; cursos de linguaxe administrativa galega; cursos de linguaxe xurídica galega; cursos de linguaxe xurídica galega para asesores da Xunta de Galicia. b) Os cursos (nivel medio) convocados pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para funcionarios da Administración local e de xustiza, dentro do plan integral de estudos iniciado en 1990. c) O curso de especialización en lingua galega para profesores de EXB ou a súa validación correspondente. d) O curso medio de linguaxe administrativa sanitaria galega. e) Os ciclos elemental e superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas superados con anterioridade ao 30 de xullo de 2007.

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16740 f) Os certificados ou diplomas dos cursos de nivel avanzado de lingua galega realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), cunha duración de 150 horas, que tiveron lugar entre o 6 de xuño de 2001 e o 24 de xuño de 2008. A Secretaría Xeral de Política Lingüística non expedirá ningún certificado destas equivalencias. Cando se queira acreditar o curso de linguaxe administrativa ou xurídica de nivel medio abondará con presentar, facendo referencia ao establecido no artigo 5.2 desta orde, o documento acreditativo do curso ou estudos equivalentes que se acaban de citar nas alíneas anteriores. 3. Terán a mesma validez que o curso superior de linguaxe administrativa e xurídica galega: a) A licenciatura de filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués), a licenciatura en filoloxía galega ou o grao de lingua e literatura galegas. b) Calquera outra licenciatura, sempre e cando a persoa titular dela impartise algún curso de linguaxe administrativa ou xurídica galega, en calquera dos seus niveis medio ou superior, autorizado e homologado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. c) Cursos (nivel superior ou nivel de especialización) convocados pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, dentro do plan integral de estudos iniciado en 1990, para funcionarios da Administración local e de xustiza e que tiveron distintas denominacións (curso de especialización en linguaxe administrativa para funcionarios da Administración local galega, diploma de tradutor oficial de linguaxe administrativa local galega, curso superior de linguaxe administrativa galega, curso de especialización en linguaxe xurídica galega para funcionarios da Administración de xustiza, diploma de asesor de normalización lingüística na Administración de xustiza ). A Secretaría Xeral de Política Lingüística non expedirá ningún certificado destas equivalencias. Cando se queira acreditar o curso de linguaxe administrativa ou xurídica de nivel superior abondará con presentar, facendo referencia ao establecido no artigo 5.3 desta orde, o documento acreditativo do curso ou estudos equivalentes que se acaban de citar nas alíneas anteriores.

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16741 Artigo 6. Validez administrativa, profesorado habilitado e normas que rexerán para os cursos. Os cursos de linguaxe administrativa e de linguaxe xurídica terán validez para efectos administrativos cando sexan convocados e organizados: a) Directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. b) En convocatoria conxunta con outras entidades ou escolas formativas (Escola Galega de Administración Pública, Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria, Escola Galega de Seguridade ). c) En convocatoria conxunta coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. d) Por calquera entidade ou organismo, logo de seren autorizados e homologados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Para impartir os cursos convocados e organizados tal e como se establece nas alíneas a), b) e d), a Secretaría Xeral de Política Lingüística designará e nomeará o profesorado tras seguir o réxime de chamamento para impartir os cursos que se establece no artigo 10 da Resolución do 29 de decembro de 2006 pola que se convocan listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os cursos convocados e organizados consonte a alínea c) serán impartidos por profesorado das escolas oficiais de idiomas que conte coa habilitación necesaria ou, se é o caso, polo profesorado referido no parágrafo anterior. En calquera caso, todos os cursos de linguaxe específicas aquí referidos deberanse ater ás seguintes normas: Deberán ser impartidos seguindo os respectivos programas docentes detallados nos anexos I a IV desta orde. Os cursos presenciais deberán ter unha duración de 75 horas lectivas. Este mesmo número de horas é o tempo de traballo estimado para os cursos en liña.

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16742 Unha vez rematados os cursos presenciais, o profesorado (ben sexa nomeado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ben sexa profesorado das escolas oficiais de idiomas) deberá entregar nos respectivos gabinetes provinciais de normalización lingüística: a acta do curso, o informe do curso e a proba final e os traballos corrixidos que se indican na alínea a) do artigo 7. Para os cursos en liña, os titores/as, ademais de incluír na plataforma a valoración sobre as tarefas propostas ao longo do curso, deberán presentar na Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha vez rematados, as actas e as probas finais presenciais corrixidas. Artigo 7. Avaliación e certificación dos cursos. O sistema de avaliación de todos os cursos basearase no principio da avaliación continua. En calquera caso é obrigatorio: a) Nos cursos presenciais: A realización de cinco traballos ou exercicios feitos nas aulas durante os cursos. A entrega dun traballo final feito fóra das aulas polos alumnos/as. Para os cursos medios a extensión mínima do traballo é de 5 páxinas, e para os superiores de 8 páxinas. Os traballos constarán das seguintes partes: un ou varios documentos orixinais; a corrección ou, se é o caso, tradución mellorada dese(s) documento(s); un comentario razoado dos cambios introducidos. Unha proba final. b) Nos cursos en liña: A realización das prácticas establecidas na plataforma. A entrega de dez tarefas propostas polos/as titores/as. Unha proba final de carácter presencial. Rematado cada curso e logo de o profesor/a ou o titor/a entregar a correspondente acta e o resto da documentación antes referida, o alumnado que adquira a cualificación de apto/a recibirá o correspondente certificado asinado pola persoa responsable da Secreta-

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16743 ría Xeral de Política Lingüística e tamén, se é o caso, asinado pola persoa responsable da entidade colaboradora da convocatoria do dito curso. Disposición adicional. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá programar, cando o considere oportuno, un curso de actualización, baseado na redacción documental, dos cursos superiores de linguaxe administrativa galega e de linguaxe xurídica galega. As características, contido, duración e período de validez administrativa deste novo curso serían establecidos oportunamente. Disposición derrogatoria. Quedan derrogadas todas as ordes que regulan os cursos e equivalencias que sexan contrarios ao disposto nesta orde e, concretamente, o referido aos cursos de linguaxe administrativa galega, de linguaxe xurídica galega e de linguaxe administrativa sanitaria galega da Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as validacións correspondentes. Disposicións derradeira primeira. Autorízase a Secretaría Xeral de Política Lingüística para ditar as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde. Disposición derradeira segunda. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través dunha comisión creada para os efectos, resolverá calquera caso de interpretación dubidosa no tocante ao establecido nesta orde e, particularmente, os casos de interpretación dubidosa á hora das equivalencias daqueles cursos que non aparezan recollidos nos puntos 2 e 3 desta orde. Disposición derradeira terceira. Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2011. Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16744 ANEXOS (CURRÍCULOS DE CURSOS) ANEXO I Curso de linguaxe administrativa galega Módulo de lingua oral Comunicación oral Módulo de gramática Gramática Módulo de léxico Léxico Módulo de redacción e estilo Redacción e estilo (lexibilidade) Módulo de documentación Documentos administrativos Módulo de contorno sociolingüístico e sociocultural Sociolingüística Historia da linguaxe administrativa Lexislación sobre a lingua galega A análise da comunicación oral A elaboración do discurso oral A relación coa cidadanía A omisión do artigo e da conxunción que O pronome pleonástico de CI O pronome de dativo e de acusativo A colocación do adxectivo previo/a + subst. Usos e valores referenciais mesmo/a, dito/a, presente A estrutura subs. + a + inf. O indefinido na dobre negación Construcións verbais vir de + inf.; ter + part.; ter/dar por + part. Caracterización léxica da linguaxe administrativa Elaboración do léxico administrativo cultismos semicultismos termos patrimoniais formación de palabras Interferencias e calcos doutras linguas Vacilacións frecuentes do léxico administrativo Ortotipografía recursos tipográficos signos de puntuación maiúsculas e minúsculas abreviacións Morfosintaxe concordancia ordenación sintáctica construcións absolutas nominalización circunloquio adverbio en -mente Contido O tratamento persoal emisor e destinatario cargos e fórmulas arcaizantes As indicacións de lugar enderezos topónimos As indicacións de tempo datacións períodos de tempo As indicacións de cantidade As denominacións doutras linguas Anuncio, aviso, carta, certificado, circular, citación/emprazamento, correo electrónico, dilixencia, fax, invitación, oficio, requirimento, saúdo A situación sociolingüística do galego Xurdimento e extensión da linguaxe xurídico-administrativa na Idade Media Disposicións sobre a lingua galega

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16745 ANEXO II Curso superior de linguaxe administrativa galega Módulo de lingua oral Comunicación oral Módulo de gramática Gramática Módulo de léxico Léxico Módulo de redacción e estilo Redacción e estilo (lexibilidade) Tipoloxía do discurso oral no ámbito profesional A elaboración do discurso oral no ámbito profesional O infinitivo sen réxime O uso do xerundio A pasiva reflexa / activa impersoal Os réximes preposicionais O CD sen preposición a O infinitivo conxugado O futuro de subxuntivo Latinismos, vulgarismos, estranxeirismos Locucións e fraseoloxía administrativas Terminoloxía e fontes terminográficas Aspectos formais composición da páxina organización de contido racionalización gráfica numeración Aspectos semánticos propiedade léxica redundancia focaxe formas «baleiras» concorrencias léxicas formulismos linguaxe non discriminatoria Aspectos temáticos marcadores textuais progresión temática digresións escuridade lonxitude Módulo de documentación Documentos administrativos Acordo, acta, convocatoria, informe, memoria, notificación, publicación, resolución Módulo de contorno sociolingüístico e sociocultural Sociolingüística O plurilingüismo no mundo Historia da linguaxe administrativa Experiencias renovadoras da linguaxe administrativa moderna Lexislación sobre a lingua galega Disposicións lingüísticas de carácter internacional

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16746 ANEXO III Curso medio de linguaxe xurídica galega Módulo de lingua oral Comunicación oral Módulo de gramática Gramática Módulo de léxico Léxico Módulo de redacción e estilo Redacción e estilo (lexibilidade) Módulo de documentación Documentos xurídicos Módulo de contorno sociolingüístico e sociocultural Sociolingüística Historia da linguaxe xurídica Lexislación sobre a lingua galega A análise da comunicación oral A elaboración do discurso oral A relación coa cidadanía A omisión do artigo e da conxunción que O pronome pleonástico de CI O pronome de dativo e de acusativo A colocación do adxectivo previo/a + subst. Usos e valores referenciais mesmo/a, dito/a, presente A estrutura subs. + a + inf. O indefinido na dobre negación Construcións verbais vir de + inf.; ter + part.; ter/dar por + part. Caracterización léxica da linguaxe xurídica Elaboración do léxico xurídico cultismos semicultismos termos patrimoniais formación de palabras Interferencias e calcos doutras linguas Vacilacións frecuentes do léxico xurídico Ortotipografía recursos tipográficos signos de puntuación maiúsculas e as minúsculas abreviacións Morfosintaxe concordancia ordenación sintáctica construcións absolutas nominalización circunloquio adverbio en -mente Contido O tratamento persoal emisor e destinatario cargos e fórmulas arcaizantes As indicacións de lugar enderezos topónimos As indicacións de tempo datacións períodos de tempo As indicacións de cantidade As denominacións doutras linguas Citación, contrato, denuncia, edicto, emprazamento, exhorto, mandado, notificación, oficio, providencia, requirimento A situación sociolingüística do galego Xurdimento e extensión da linguaxe xurídico-administrativa na Idade Media Disposicións sobre a lingua galega

DOG Núm. 121 Venres, 24 de xuño de 2011 Páx. 16747 ANEXO IV Curso superior de linguaxe xurídica galega Módulo de lingua oral Comunicación oral Módulo de gramática Gramática Módulo de léxico Léxico Módulo de redacción e estilo Redacción e estilo (lexibilidade) Módulo de documentación Documentos xurídicos Módulo de contorno sociolingüístico e sociocultural Sociolingüística Historia da linguaxe xurídica Lexislación sobre a lingua galega Tipoloxía do discurso oral no ámbito profesional A elaboración do discurso oral no ámbito profesional O infinitivo sen réxime O uso do xerundio A pasiva reflexa / activa impersoal Os réximes preposicionais A voz de obrigatoriedade O CD sen preposición a O infinitivo conxugado O futuro de subxuntivo Latinismos, vulgarismos, estranxeirismos Locucións e fraseoloxía xurídicas Terminoloxía e fontes terminográficas Aspectos formais composición da páxina organización de contido racionalización gráfica numeración Aspectos semánticos propiedade léxica precisión concisión redundancia focaxe formas «baleiras» concorrencias léxicas formulismos linguaxe non discriminatoria Aspectos temáticos marcadores textuais progresión temática digresións escuridade lonxitude Acta, auto, certificado, convenio, decreto, demanda, dilixencia, informe, querela, recurso, sentenza O plurilingüismo no mundo Experiencias renovadoras da linguaxe xurídica moderna Disposicións lingüísticas de carácter internacional