anticipo do profundo proceso modernizador que persegue a reforma organizativa denominada nova oficina xudicial.

Documentos relacionados
Proxecto de Decreto polo que se constitúen servizos comúns procesuais xerais na Administración de xustiza

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

O CONTRATO DE TRABALLO

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

2.008 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 25 L Luns, 7 de febreiro de 2005

TÁBOA ORIENTATIVA DE INGRESOS MÁXIMOS PONDERADOS SEGUNDO OS TRAMOS DE REFERENCIA

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

MAPA DE RECURSOS: Instalacións Portuarias

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E O CONCELLO DE SANTIAGO PARA O ACCESO PÚBLICO AO XARDÍN DO PAZO DE AMARANTE

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

statísticas en materia de economía social COOPERATIVAS SOCIEDADES LABORAIS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

V I C E P R E S I D E N C I A

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

CAMPA A RESGAL

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia

Planificación do curso escolar

DOG Núm. 111 Venres, 10 de xuño de 2011 Páx

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CIFP DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA. Versión Modificación Data

PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS PARA 2015

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

DOG Núm. 193 Venres, 7 de outubro de 2011 Páx DECRETO 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Convocatoria ordinaria de 2012

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Rede CeMIT Carta de Servizos. Santiago de Compostela, 4 de marzo 2011

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

CÓDIGO ASPIRANTE/OPOSITOR:

ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE CURSOS E OBRADOIROS QUE SE IMPARTEN NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS DE XUVENTUDE

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

DOG Núm. 68 Luns, 9 de abril de 2018 Páx LEI 1/2018, do 2 de abril, pola que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

Política e Obxectivos de Calidade

Normativa xeral Páxina 1

Escala técnica superior

REDE EUSUMO. información e comunicación

VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

5ª ENQUISA SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS AO ESTUDANTADO DA USC

PLAN DE SEGURIDADE DA ETSE

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Versión 29/10/2014 PROXECTO DE DECRETO POLO QUE CREA A AXENCIA GALEGA DE SANGUE, ÓRGANOS E TECIDOS E SE APROBAN OS SEUS ESTATUTOS

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

TR341 D-FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

- Língua Portuguesa na Galiza

DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

I. 8. Galícia Xosé González Martínez Xefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Guía de procedementos e servizos

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

Transcrição:

Proxecto de Decreto polo que se constitúen unidades técnicoadministrativas nos edificios xudiciais e unidades de apoio a presidencias de tribunais e decanatos dos xulgados Dentro da nova estrutura prevista para a Administración de xustiza na Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial (LOPX), tras a reforma introducida pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, o artigo 439 da LOPX regula as denominadas unidades administrativas. Segundo o dito artigo, enténdese por unidade administrativa aquela que, sen estar integrada na oficina xudicial, se constitúe no ámbito da organización da Administración de xustiza para a xefatura, ordenación e xestión dos recursos humanos da oficina xudicial sobre os que se teñen competencias, así como sobre os medios informáticos, novas tecnoloxías e demais medios materiais. Engade o artigo que así mesmo, dentro das ditas unidades, se poderán establecer oficinas comúns de apoio a unha ou varias oficinas xudiciais para a prestación de servizos cuxa natureza non esixa a realización de funcións encomendadas como propias pola dita lei orgánica aos funcionarios dos corpos da Administración de xustiza, e que se consideren necesarios ou convenientes para o bo funcionamento daquelas. En virtude das competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios ao servizo da Administración de xustiza a través dos reais decretos 2166/1994, 2397/1996 e 233/1998, correspóndelle á Administración autonómica o deseño, creación e organización das unidades administrativas e das oficinas de apoio, segundo establece o artigo 439.2 da LOPX. As circunstancias en que se está a desenvolver a Administración de xustiza en Galicia aconsellan con urxencia a introdución de cambios organizativos que fortalezan os medios postos á disposición dos xulgados e tribunais, que favorezan un funcionamento máis eficiente das oficinas e que lles faciliten aos cidadáns unha relación máis satisfactoria coa organización xudicial. Con esta finalidade apróbase o presente decreto, que forma parte dun plan de primeiras medidas para a posta en marcha da nova oficina xudicial, centrado naquelas unidades e servizos que dende hai anos veñen sendo obxecto de demanda por parte de diversos sectores profesionais, e que contan neste ámbito cun importante grao de consenso. Primeiras medidas que constitúen, así mesmo, un Versión.01 1

anticipo do profundo proceso modernizador que persegue a reforma organizativa denominada nova oficina xudicial. Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; tras seren oídas as organizacións sindicais máis representativas; tras cadanseu informe do Consello da Avogacía Galega, do Consello Galego de Procuradores dos Tribunais e do Consello Xeral do Poder Xudicial; de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia; e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día de de, DISPOÑO: Artigo 1.- Obxecto O presente decreto ten por obxecto exercer as competencias da Xunta de Galicia en materia de constitución, creación e regulación das unidades administrativas para a xestión dos medios persoais e materiais ao servizo dos xulgados, tribunais e fiscalías, así como das unidades de apoio ás presidencias dos tribunais e aos decanatos dos xulgados das cidades. Artigo 2.- Principios No exercicio das súas competencias de deseño e organización das unidades creadas a través deste decreto, a Xunta de Galicia, situando sempre en primeiro plano a satisfacción das necesidades dos cidadáns, impulsará o proceso de modernización da Administración de xustiza a través do establecemento de estruturas que potencien a eficiencia das unidades e que faciliten a mellora continuada cara a un servizo próximo e de calidade que deberá ser respectuoso cos principios recolleitos na Carta de dereitos dos cidadáns ante a Xustiza. Artigo 3.- Das unidades técnico-administrativas de Xustiza 1. Nas sedes xudiciais da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo existirá cadanseu órgano administrativo, denominado unidade técnico-administrativa de xustiza, que desenvolverá as súas funcións no marco das competencias que en relación coa Administración de xustiza en Galicia lle corresponden á Consellería competente en materia de xustiza. 2. A estrutura e funcións destas unidades axustarase ao que dispón este decreto. Versión.01 2

Artigo 4.- Dependencia orgánica e funcional As unidades técnico-administrativas de Xustiza a que se refire este decreto dependerán organicamente, a través dos servizos de Xustiza ou, se fose o caso, de Xustiza e Administración local, dos departamentos territoriais da consellería competente en materia de xustiza, e funcionalmente da Dirección Xeral de Xustiza. Artigo 5.- Ámbito territorial 1. O ámbito territorial destas unidades é o seguinte: a) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza da Coruña: o seu ámbito de actuación abrangue os partidos xudiciais da Coruña, Betanzos, Carballo e Corcubión. b) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Ferrol: o seu ámbito de actuación abrangue os partidos xudiciais de Ferrol e Ortigueira. c) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Santiago de Compostela: o seu ámbito de actuación abrangue os partidos xudiciais de Arzúa, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Padrón, Ribeira e Santiago de Compostela. d) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Lugo: o seu ámbito territorial é a provincia de Lugo. e) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Ourense: o seu ámbito territorial de actuación é a provincia de Ourense. f) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Pontevedra: o seu ámbito de actuación abarca os partidos xudiciais da Estrada, Lalín, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Marín, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. g) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Vigo: o seu ámbito de actuación abrangue os partidos xudiciais de Ponteareas, Redondela, O Porriño, Tui e Vigo. 2. Como excepción ao previsto no punto anterior, a asistencia pericial e as demais funcións do persoal integrante das oficinas de apoio técnico destas unidades prestaranse en todo o ámbito da comunidade autónoma segundo a distribución do traballo que estableza a Dirección Xeral de Xustiza. Artigo 6.- Funcións das unidades técnico-administrativas de Xustiza Versión.01 3

1. As unidades técnico-administrativas de Xustiza exercerán as súas funcións en materia de xestión de recursos humanos, de administración de medios económicos e materiais e de soporte de medios audiovisuais e informáticos. 2. Nestas unidades poderán existir oficinas comúns de apoio que, integradas por persoal de carácter técnico, prestarán as funcións de asistencia pericial, tradución, interpretación, corrección e asesoramento lingüístico que lles sexan requiridas por parte dos órganos xudiciais ou fiscais. Este persoal prestará tamén a asistencia e colaboración que lle encomende a Dirección Xeral de Xustiza nas materias propias da súa disciplina profesional. 3. As unidades técnico-administrativas de Xustiza, logo das comprobacións que sexan necesarias, subministraranlles aos servizos centrais da consellería competente en materia de xustiza cantos datos, informes ou estudos lles sexan solicitados ou consideren oportuno remitir, de acordo coas instrucións recibidas. Artigo 7.- Xestión de recursos humanos En materia de xestión de recursos humanos, as unidades técnico-administrativas desempeñarán as seguintes funcións: a) Xefatura de persoal, respecto dos centros de destino comprendidos no seu ámbito territorial, para os efectos de atribución de funcións e de substitucións, reguladas respectivamente nos artigos 39.2 e 74 do Regulamento orgánico de ingreso, promoción profesional e provisión de postos de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro. b) Xestión das funcións de titoría de funcionarios titulares e interinos de novo ingreso, e colaboración na formación de reciclaxe. c) Control horario e do absentismo laboral. d) Colaboración co servizo e unidades de prevención de riscos laborais. e) Xestión operativa e notificacións das resolucións dos órganos competentes en materia de recursos humanos. f) Coordinación e colaboración coas unidades competentes en materia de nóminas e xestión de persoal. g) Outras funcións que se lles poida encomendar por delegación. Artigo 8.- Xestión de medios económicos e materiais Versión.01 4

En materia de xestión de medios económicos e materiais, as unidades técnicoadministrativas: a) Asesorarán os cidadáns e asistiranos respecto dos requisitos e documentos precisos para reclamar as indemnizacións económicas que lles correspondan percibir pola intervención en procesos xudiciais como testemuñas ou peritos, que se tramitarán ante o departamento territorial da Consellería competente en materia de xustiza. b) Organizarán, xestionarán e coordinarán todas as cuestións relativas á constitución e funcionamento do xurado en aspectos alleos aos estritamente procesuais. c) Administrarán a utilización e consumo do equipamento, dos fornecementos e do material de oficina e non inventariable que resultan necesarios para o funcionamento dos órganos xudiciais, das fiscalías e das unidades da oficina xudicial. d) Desempeñarán as demais funcións que en materia de xestión económica e medios materiais lles encomende a Dirección Xeral de Xustiza. Artigo 9.- Área de soporte de medios audiovisuais e informáticos En materia de soporte de medios audiovisuais e informáticos, as unidades técnicoadministrativas: a) Prestarán asistencia na utilización dos sistemas de videoconferencia e dos medios de gravación audiovisual de vistas e comparecencias. b) Asesorarán, informarán e resolverán as dúbidas dos usuarios respecto das aplicacións informáticas da Administración de xustiza. c) Realizarán as tarefas para o mantemento, a seguridade e a xestión informática ou de equipos que lles encomende o centro directivo competente en materia de tecnoloxías da información e da comunicación da Administración de xustiza. Artigo 10.- Das unidades de apoio aos órganos de goberno 1. Nas sedes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das audiencias provinciais e mais dos xulgados das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo créase cadansúa unidade de apoio aos órganos de Versión.01 5

goberno, as cales atenderán as necesidades organizativas e gobernativas dos presidentes dos tribunais e dos maxistrados xuíces decanos e xestionarán as bibliotecas xudiciais. 2. Os funcionarios destinados nos postos destas unidades dependerán funcionalmente, segundo o caso, do presidente do tribunal ou do maxistrado xuíz decano. Artigo 11.- Dos postos de traballo nas unidades técnico-administrativas de Xustiza e nas unidades de apoio a presidencias de tribunais e decanatos 1. En función das súas características, os postos de traballo para as unidades previstas neste decreto serán adscritos ao persoal laboral da Administración autonómica ou aos funcionarios da Administración de xustiza en Galicia, segundo se especifique na relación de postos de traballo da Consellería competente en materia de xustiza e mais na relación de postos de traballo da Administración de xustiza en Galicia. 2. O complemento específico destes postos, a súa forma de provisión, os requisitos esixidos para o seu desempeño e os méritos específicos avaliables serán os que se determinen nas relacións de postos de traballo. Artigo 12.- Relacións de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza en Galicia 1. Correspóndelle á Consellería competente en materia de xustiza a aprobación e modificación dos cadros de persoal das unidades contempladas neste decreto. Os cadros de persoal e as súas modificacións serán publicados no Diario Oficial de Galicia. 2. Con carácter previo á aprobación dos cadros de persoal e das súas modificacións solicitarase un informe da Consellería de Facenda, que será vinculante en caso de que a aprobación ou a modificación supoña incremento do gasto. 3. Estes cadros de persoal integraranse, xunto cos cadros de persoal dos servizos comúns procesuais, e no seu día das unidades de apoio directo a xulgados e tribunais, na Relación de postos de traballo da Administración de xustiza en Galicia, que se financiará con cargo aos créditos comprendidos no programa orzamentario 131-B: Persoal ao servizo da Administración de xustiza. Tamén se Versión.01 6

integrarán na dita relación de postos de traballo os cadros de persoal das oficinas de fiscalía, dos rexistros civís, do instituto de medicina legal e das secretarías e agrupacións de secretarías de xulgados de paz. Artigo 13.- Provisión de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza en Galicia 1. A provisión de postos de traballo de persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza realizarase segundo o previsto no Regulamento sobre ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, ou, se fose o caso, na normativa que o substitúa ou complemente. 2. A integración nestas unidades do persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia realizarase consonte a normativa autonómica aplicable. Disposición transitoria primeira.- Desenvolvemento da estrutura organizativa das unidades administrativas A estrutura organizativa prevista neste decreto desenvolverase de forma progresiva segundo o permitan as dispoñibilidades orzamentarias. Disposición transitoria primeira.- Ámbito territorial provisional O ámbito territorial das unidades técnico-administrativas de Xustiza limitarase ao partido xudicial da súa sede ata que, a través da aprobación das correspondentes relacións de postos de traballo, se produza a incorporación en partidos xudiciais distintos dos da súa sede de postos singularizados que asuman tarefas de enlace e coordinación coas ditas unidades. Disposición final primeira.- Entrada en funcionamento das unidades administrativas As unidades previstas neste decreto entrarán en funcionamento, de forma gradual, a través de ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nas datas que nelas se establezan. Disposición final segunda.- Entrada en vigor O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Versión.01 7

Santiago de Compostela,... Alberto Núñez Feijóo Presidente Alfonso Rueda Valenzuela Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Versión.01 8