ANUNCIO. a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 13 de abril do estatuto básico do empregado público.

Documentos relacionados
ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 30 de agosto de 2016 adoptou o seguinte acordo:

BASES QUE REGULARÁN A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PERSOA PARA O POSTO DE CONDUTOR MAQUINISTA DO

Consistirá na impartición das seguintes clases enmarcadas no Programas de servizos e sociais e Deportes BUEU CONCELLO SAUDABLE :

BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL, A XORNADA COMPLETA, MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN, DUN TRACTORISTA/ OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATAR OS MONITORES E SOCORRISTAS DA CAMPAÑA DE VERÁN 2017

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ESTA REITORÍA RESOLVE

Pz. de España, s/n Samos (Lugo) Telf./Fax /

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. CURSO 2015/2016

Pz. de España, s/n Samos (Lugo) Telf./Fax /

PRIMEIRA. Obxecto. SEGUNDA. Número e características dos postos convocados

Telef Fax

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO: ASUNTO: Contratación de seis postos de auxiliares da Policía Local para a tempada de verán no ano 2011

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

CONCELLOS ALFOZ. Anuncio

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

Convocatoria ordinaria de 2014

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (con)trato feito! DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO ANTECEDENTES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) IMPORTANTE: NON SE PODEN FACER SOLICITUDES ATA A PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NO DOG

O BARCO DE VALDEORRAS

PAU XUÑO 2016 ECONOMÍA DA EMPRESA

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

Criterios de avaliación dos méritos para acceso ó corpo de mestres, establecidos pola Comisión de Baremación.

Art.6.- Poderán participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade e de acordo cas normas RFEA e/ou IAAF.

A concesión destas bolsas farase consonte as seguintes BASES REGULADORAS: 1. OBXECTO

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

1. TÍTULO DO PROGRAMA/ AXUDA PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

BASES DO SERVIZO CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

Borrador do proxecto de Decreto.../2012, do...de..., polo que se modifica o

V TRAIL DE VILATUXE 2017

Proposta aprobada no Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016

COPA DE GALICIA DE CLUBES DE PISTA CUBERTA Pazo de deportes de Riazor, A Coruña, 7 de xaneiro 2017

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL E FORMACIÓN NON FORMAL

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

CAPÍTULO I OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLVO: Primeiro. Obxecto e persoas destinatarias

MANUAL DE CALIDADE SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE ESAD DE GALICIA

Lei 3/1994, do 18 de xullo, para a modificación da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo

IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica no Concello de Redondela

ACCESo aos Novos CERTiFiCADoS de PRoFESioNALiDADe. NiVEiS 2 e 3 de CUALiFiCACióN PRoFESioNAL

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios. Vigo

5.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 58 Mércores, 26 de marzo de 2008

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Que é a... Responsabilidade Civil Xeral?

RESOLUCIÓN R 4/ CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS DE APARELLADORES E ARQUITECTOS TÉCNICOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

PROXECTO DE DECRETO /2015, do xxx de xxx polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.

REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

4.196 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 54 L Venres, 16 de marzo de 2007

REGULAMENTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA SOBRE MOBILIDADE INTERNACIONAL DE ESTUDANTES

PROCEDEMENTO DE CONEXIÓN A SERVIDORES E EQUIPOS DA REDE DE DATOS INTERNA DA UDC

DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx

O Software Libre naspequenase Medianas Empresas de Galicia

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

NORMATIVA DE XESTIÓN ACADÉMICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO ACADÉMICO 2017/2018

REGULAMENTO MUNICIPAL DE VENDA AMBULANTE

PROGRAMA DO CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Publicar a convocatoria de matrícula para o curso académico 2016/2017, suxeita ás seguintes normas:

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

Convocatoria pública de pertenza e cesión de espazos para grupos de investigación da UDC no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)

REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CONSELLO GALEGO DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO (CONGACODE)

1.- Organización da Escola de Primavera:

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Estatística de familias numerosas 2015 Operación estatística n.º

Programa para maiores

MANUAL DE INSTRUCIÓNS DE ACCESO E FUNCIONAMENTO DO EXPEDIENT-E

DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx

Transcrição:

ANUNCIO De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día 6 de novembro de 2015, fanse públicas as bases para a elaboración dunha lista para a cobertura temporal de conductores para o transporte adaptado. 1º. OBXECTO DA CONVOCATORIA. A presente convocatoria ten por obxecto a elaboración dunha lista para a cobertura temporal de conductores para o servizo de transporte adaptado do concello de Muros mediante contrato de duración determinada. A duración de cada contrato será de seis meses. As funcións a desempeñar polos candidatos son as propias do transporte adaptado do concello, (manexo do vehículo, acompañamento e atención aos usuarios), así como outras funcións relacionadas e que sexan encargadas pola alcaldía ou concelleiro 2º. SISTEMA DE SELECCIÓN. O sistema de selección constará será o concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 6 destas bases. 3º. REQUISITOS DOS ASPIRANTES. 3.1 Para poder tomar parte no proceso, será necesario que os/as aspirantes reúnan, na data de finalización do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos: a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 13 de abril do estatuto básico do empregado público. b) Ter cumpridos os 18 anos de idade, e non superar a idade máxima de xubilación. c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. d) Non ter sido separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentenza firme, para o exercicio e) Esta en posesión do carne de conducir tipo B f) Estar en posesión dun curso de 100 horas relacionado co coidado de persoas dependentes ou 500 horas de experiencia en transporte adaptado 3.2. Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes no día de remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como persoal laboral, no seu caso. 4º. ADMISIÓN DE ASPIRANTES. Os aspirantes deberán presentar a solicitude para participar no proceso selectivo no rexistro do Concello de Muros declarando cumprir todos os requisitos establecidos no punto anterior, ademais a seguinte documentación: -DNI -Documentación xustificativa do apartado anterior -Se é o caso, documentación acreditativa dos méritos. A experiencia laboral acreditarase mediante copia do contrato de traballo ou equivalente e vida laboral. Non se admitirá máis documentación que a presentada con anterioridade a data limite de presentación de solicitudes.

A solicitude tamén se poderá presentar por calquera outro medio establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de procedemento administrativo, neste caso é preciso remitir o mesmo día ao fax nº 981762257 copia da solicitude. O prazo para a presentación de solicitude rematará o vindeiro día 27 de novembro de 2015. A presentación da solicitude supón o coñecemento e aceptación expresa do contido destas bases. 5º. RELACIÓN DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS. Rematado o prazo de inscrición, publicarase a lista de admitidos e excluídos, tendo os aspirantes un prazo de catro días dende a publicación da mesma para presentar as reclamacións que consideren oportunas. No caso de non haber reclamacións esta lista provisional entenderase definitiva. 6.-PROCEDEMENTO SELECTIVO: 6.1 Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único mediante anuncio na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non compareceran a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal. 6.2 Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica dos mesmos. En calquera momento o Tribunal poderá requirir aos opositores para que acrediten a súa identidade. 6.3 O procedemento selectivo será o de concurso-oposición, podendo os aspirantes acadar ata un máximo de 25 puntos, e que se desenvolvera como se detalla a continuación: A. Fase de oposición: a) Primeiro exercicio: Consistirá na realización dunha proba escrita ou tipo test relacionada coas funcións propia da prazas coa finalidade de avaliar a dispoñibilidade do aspirante e a súa adecuación ao posto de traballo. A puntuación máxima será de 10, debendo os aspirantes obter un mínimo de 5 puntos para superalo b) Segundo exercicio: Consistirá nunha redacción dun texto en galego de entre duascentas e duascentas cincuenta palabras sobre un tema proposto polo tribunal, nun tempo máximo de trinta minutos. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio e a súa cualificación será apto ou non apto. De conformidade co establecido no art. 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, quedarán exentos da realización deste exame os aspirantes que acrediten a posesión do certificado Celga 2, a validación do curso de iniciación da lingua galega ou equivalente, obtendo a cualificación de apto.

O tribunal poderá dispor a lectura dos exercicios polos aspirantes e formular, unha vez rematada a mesma, preguntas sobre o contido dos exercicios ou solicitar aclaracións. 6.4 Unicamente se publicarán as cualificacións dos aspirantes que superaron cada proba, o que se fará mediante anuncio no taboleiro e na paxina web do Concello de Muros, dispoñendo os candidatos un prazo de dous días hábiles para presentar as reclamacións que consideren oportunas. O tribunal poderá acordar a lectura publica dos exercicios que se fagan por escrito e pedirlles aclaracións aos aspirantes, se o xulga oportuno. B.- Fase de concurso de méritos: Rematada a fase de oposición realizarase a fase do concurso. Esta permitirá acadar ata un máximo de 15 puntos e serán obxecto de avaliación os seguintes méritos: a) Experiencia profesional: a.1.- Por experiencia profesional no transporte adaptado na Administración Local: 0,4 puntos por mes de servizo; a.2.- Por experiencia profesional no transporte adaptado noutras Administracións Públicas ou empresas privadas: 0,1 puntos por mes de servizo; A puntuación máxima outorgable polo concepto experiencia profesional será de 10 puntos. b) Formación: Cursos relacionados coa mobilidade e coidado de persoas dependentes, impartidos pola Administración Pública, entidades dependentes dela ou homologadas. 2.a) Cursos de máis de 200 horas: 0,80 punto 2.b) Cursos de máis de 100 horas: 0,60 puntos. 2.c) Cursos de 70 a 100 horas: 0,40 puntos. 2.d) Cursos de 40 a 70 horas: 0,30 puntos. 2.e) Cursos que 15 a 40 horas: 0,20 puntos. 2.f) Cursos de menos de 15 horas: 0,10 puntos. 2.g) Cursos, xornadas, etc. nos que non figure o número de horas: 0,05 puntos. A puntuación máxima outorgable polo concepto formación será de 3,5 puntos. c) Estar en posesión do carne BTP, 1,5 puntos 6.5 Para o caso de existir empate na puntuación final dos aspirantes, establecese, con carácter supletorio, e como criterio de prioridade a obtención da nota máis alta no primeiro exercicio de oposición e, de ser preciso, nos sucesivos segundo a orde establecida nestas bases. En caso de persistir o empate, terá preferencia o aspirante de maior idade

6.6 Rematado o proceso selectivo, o tribunal disporá a publicación da puntuación final e da orde de cualificación dos aspirantes aprobados, a cal virá dada pola suma das puntuacións obtidas no concurso e na oposición. 7º. COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL. O tribunal estará composto por: PRESIDENTE:, Rosa Monteagudo Rey; suplente, Ines Tajes Grille SECRETARIO: Noelia Louro Louro suplente; Jose Manuel Mayo Priegue,. VOGAL, Ramón Manuel Lago Lago suplente; Xurxo-Xoan Rama Formoso O tribunal resultante non poderá constituírse e actuar sen a presencia, cando menos, da maioría simple dos seus membros. Así mesmo estes membros deberán absterse cando concorra algunha das causas previstas no artigo 29 da Lei 30/92, podendo os aspirantes, recusar ós membros do mesmo cando se dean algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da citada Lei. 8º. RESOLUCIÓN. Concluído o proceso selectivo, o Tribunal publicará as puntuacións acadadas por cada un dos aspirantes no taboleiro de anuncios do Concello, establecendo un prazo de catro días naturais para a presentación de reclamacións. No caso de existiren, reunirase novamente o tribunal para resolvelas. Estas listas empregaranse para cubrir as necesidades do Concello de cubrir postos de conductor de transporte adaptado. Estas estarán en vigor ata a realización de outro proceso selectivo das mesmas ou similares características. O Tribunal cualificador elevará proposta de contratación segundo a orde de puntuación á Alcaldesa do Concello. Aprobada por decreto de Alcaldía, a proposta do Tribunal, notificarase ao interesado para que subscriba o contrato laboral. A comunicación da selección do candidato realizarase telefonicamente, deixando constancia do resultado do chamamento polo traballador que a realiza. Se o candidato rexeita a contratación cederá 5 postos na lista, agás que este rexeite sexa por estar de baixa médica, en tal caso deberá acreditalo por escrito e manterase no posto da lista ata o remate da baixa ou contrato. Os candidatos poderán optar a un contrato de seis meses. Se renuncian a el durante a súa vixencia, penalizarase con un descenso de 5 postos na lista. Os candidatos que rematen o seu contrato volveran ao posto que tiñan na lista. O chamamento farase sempre empezado polo primeiro candidato dispoñible na lista Os/as traballadores/as que teñen un contrato en vigor, poderán ampliar a duración do seu contrato ata ter cuberto un período de seis meses cun contrato a tempo parcial e outros seis a tempo completo, respectivamente 9º. INCIDENCIAS. O tribunal queda facultado para resolver cantas dúbidas e incidencias poidan xurdir no desenvolvemento deste proceso selectivo e en todo o non previsto nas bases, así como para a interpretación das mesmas.

10. NORMATIVA APLICABLE. O proceso selectivo rexerase polo establecido nas presentes bases. Así mesmo, será de aplicación a lexislación básica sobre emprego público, polo RD 896/1991, do 7 de xuño, pola normativa autonómica de desenvolvemento da anterior e, supletoriamente, polo previsto no Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado. 11. RECURSOS. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes perante o propio órgano que a ditou, ou ben recurso contencioso- administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo da Coruña. Os anteditos prazos contaranse desde o seguinte á publicación da resolución. Se se interpón o recurso de reposición, non se poderá acudir ao contencioso administrativo ata que o Concello resolva expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta. O prazo de que dispón o Concello para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será o de un mes contado desde a presentación do recurso. Unha vez transcorrido ese tempo sen que se ditase e notificase a resolución, Vde. pode entender desestimado o recurso de reposición para os efectos de interpoñer o contencioso administrativo. Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que xulgue oportunos.