LEI ORGÁNICA DE LIBERDADE SINDICAL (Lei 11/1985, do 2 de agosto, BOE )

Documentos relacionados
O CONTRATO DE TRABALLO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

MODELO DE ESTATUTOS DUN CONSORCIO LOCAL. Capítulo I. Disposicións Xerais

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

V I C E P R E S I D E N C I A

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. NORMAS BÁSICAS DE POD (Acordo do Consello de Goberno de 20/03/2017)

ORDENANZA REGULADORA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO XANTAR SOBRE RODAS E ESTABLECEMENTO DO CORRESPONDENTE PREZO PÚBLICO P2

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Ordenanzas fiscais Páxina 1

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ORDENANZA Nº 7- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO

Ordenanzas fiscais Páxina 1

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

REDE EUSUMO. información e comunicación

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

Praza de Europa, 5 A 4º Polígono de Fontiñas SANTIAGO DE COMPOSTELA

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

(«BOE» núm. 75, do 29 de marzo de 1995)

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

Convocatoria ordinaria de 2012

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

3 LEI 38/1988, DO 28 DE DECEMBRO (XEFATURA DO ESTADO), DE DEMARCACIÓN E DE PLANTA XUDICIAL. Título PRIMEIRO Da demarcación xudicial

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

PREZO PÚBLICO Núm. 5 ORDENANZA REGULADORA DE PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS E INSTALACIÓNS CULTURAIS.

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA DE ALCANTARILLADO

INFORMACIÓN SOBRE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA PODER CELEBRAR FESTAS OU VERBENAS POPULARES

ORDENANZA Nº 40: ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS.

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

San Caetano Santiago de Compostela

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

2.2. XORNADA LABORAL.- A xornada laboral será de 30 horas semanais, de luns a venres.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Estatuto dos Traballadores

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

Contido. Título I. Da relación individual de traballo 7. CAPÍTULO I. Disposicións xerais 7

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

DECRETO NÚMERO do 21/10/2014. Excmo. Sr. Don JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo.

Articulo 59. Colaboración co Consello Superior de Fundacións.

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

3. PUBLICIDADE Esta convocatoria publicarase na páxina web do Concello e nun dos xornais de mais tirada na comarca.

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

DISPOÑO: Artigo único. Aprobación do Regulamento único para a regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE)

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

CÓDIGO ASPIRANTE/OPOSITOR:

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

(+34)

Lei 3/1994, do 18 de xullo, para a modificación da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo

CONCELLO DE POL (LUGO) C.I.F. P B R.E.L

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DA PRESIDENCIA

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

COMISIÓN TÉCNICA DE ARQUIVO E XESTIÓN DOCUMENTAL DO CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIOEDUCATIVAS DO CENTRO OCUPACIONAL

Transcrição:

1 LEI ORGÁNICA DE LIBERDADE SINDICAL (Lei 11/1985, do 2 de agosto, BOE 08.08.1985) TÍTULO PRIMEIRO Da liberdade sindical 1. 1. Todos os traballadores teñen dereito a sindicárense libremente para a promoción e defensa dos seus intereses económicos e sociais. 2. Para os efectos desta Lei, considéranse traballadores tanto aqueles que sexan suxeitos dunha relación laboral como aqueles que o sexan dunha relación de carácter administrativo ou estatutario ao servicio das Administracións Públicas. 3. Quedan exceptuados do exercicio deste dereito os membros das Forzas Armadas e dos Institutos Armados de carácter militar. 4. De acordo co establecido no artigo 127.1 da Constitución, os Xuíces, Maxistrados e Fiscais non poderán pertencer a sindicato ningún mentres estean en activo. 5. O exercicio do dereito de sindicación dos membros de Corpos e Forzas de Seguridade que non teñan carácter militar rexerase pola súa normativa específica, dado o carácter armado e a organización xerarquizada destes Institutos. 2.1. A liberdade sindical comprende: a) O dereito a fundar sindicatos sen autorización previa, así como o dereito a suspendelos ou extinguilos, por procedementos democráticos. b) O dereito do traballador a afiliarse ao sindicato da súa elección, coa única condición de observar os estatutos deste, ou a separarse do que estivese afiliado, non podendo ninguén ser obrigado a afiliarse a un sindicato. c) O dereito dos afiliados a elixiren libremente os seus representantes dentro de cada sindicato. d) O dereito á actividade sindical. 2. As organizacións sindicais no exercicio da liberdade sindical teñen dereito a: a) Redactar os seus estatutos e regulamentos, organizar a súa administración interna e as súas actividades e formular o seu programa de acción. b) Constituír federacións, confederacións e organizacións internacionais, así como afiliarse a elas e retirarse destas. c) Non ser suspendidas nin disoltas senón mediante resolución firme da Autoridade Xudicial, fundada en incumprimento grave das leis. d) O exercicio da actividade sindical na empresa ou fóra dela, que comprenderá, en todo caso, o dereito á negociación colectiva, o exercicio do dereito de folga, a presentación de conflictos individuais e colectivos e a presentación de candidaturas para a elección dos Comités de Empresa e Delegados de Persoal, e dos correspondentes órganos das Administracións Públicas, nos termos previstos nas normas correspondentes. 3.1. Malia o establecido no artigo 1º.2, os traballadores por conta propia que non teñan traballadores ao seu servicio, os traballadores en paro e os que cesasen na súa actividade laboral, como consecuencia da súa incapacidade ou xubilación, poderán afiliarse ás organizacións sindicais constituídas consonte ao exposto nesta Lei, pero non fundar sindicatos que teñan precisamente por obxecto a tutela dos seus intereses singulares, sen prexuízo da súa capacidade para constituír asociacións ao abeiro da lexislación específica. 2. Quen posúa cargos directivos ou de representación no sindicato ao que estea afiliado non poderá desempeñar, ao mesmo tempo, nas Administracións Públicas cargos de libre

2 designación de categoría de Director Xeral ou asimilados, así como calquera outro de rango superior. TÍTULO II Do réxime xurídico sindical 4.1. Os sindicatos constituídos ao abeiro desta Lei, para adquiriren a personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, deberán depositar, por medio dos seus promotores ou dirixentes, os seus estatutos na oficina pública establecida para o efecto. 2. As normas estatutarias conterán, cando menos: a) A denominación da organización, que non poderá coincidir nin inducir a confusión con outra legalmente rexistrada. b) O domicilio e ámbito territorial e funcional de actuación do sindicato. c) Os órganos de representación, goberno e administración e o seu funcionamento, así como o réxime de provisión electiva dos seus cargos, que terán que axustarse a principios democráticos. d) Os requisitos e procedementos para a adquisición e perda da condición de afiliados, así como o réxime de modificación de estatutos, de fusión e disolución do sindicato. e) O réxime económico da organización que estableza o carácter, procedencia e destino dos seus recursos, así como os medios que lles permitan aos afiliados coñeceren a situación económica. 3. A oficina pública disporá, no prazo de dez días, a publicidade do depósito e o requirimento aos seus promotores, por unha soa vez, para que no prazo máximo doutros dez días emenden os defectos observados. Transcorrido este prazo, a oficina pública disporá a publicidade ou rexeitará o depósito mediante resolución exclusivamente fundada na carencia dalgún dos requisitos mínimos a que se refire o número anterior. 4. A oficina pública dará publicidade ao depósito no seu taboleiro de anuncios, no Boletín Oficial correspondente indicando, cando menos, a denominación, o ámbito territorial e funcional, a identificación dos promotores e asinantes da acta de constitución do sindicato. A inserción nos respectivos boletíns será disposta pola oficina pública no prazo de dez días e terá carácter gratuíto. 5. Calquera persoa estará facultada para examinar os estatutos depositados, debendo ademais a oficina facilitar a quen así o solicite copia autentificada destes. 6. Tanto a Autoridade Pública, como quen acredite un interese directo, persoal e lexítimo, poderá promover perante a Autoridade Xudicial a declaración de non conformidade a dereito de calquera estatutos que fosen obxecto de depósito e publicación. 7. O sindicato adquirirá personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, transcorridos vinte días hábiles desde o depósito dos estatutos. 8. A modificación dos estatutos das organizacións sindicais xa constituídas axustarase ao mesmo procedemento de depósito e publicidade regulado neste artigo. 5. 1. Os sindicatos constituídos ao abeiro desta Lei responderán polos actos ou acordos adoptados polos seus órganos estatutarios na esfera das súas respectivas competencias. 2. O sindicato non responderá por actos individuais dos seus afiliados, agás aqueles que se produzan no exercicio regular das funcións representativas e se probe que os ditos afiliados actuaban por conta do sindicato. 3. As cotas sindicais non poderán ser obxecto de embargo. 4. Os sindicatos constituídos ao abeiro desta Lei poderán beneficiarse das exencións e bonificacións fiscais que legalmente se establezan. TÍTULO III Da representatividade sindical

3 6.1. A maior representatividade sindical recoñecida a determinados sindicatos confírelles unha singular posición xurídica para efectos tanto de participación institucional como de acción sindical. 2. Terán a consideración de sindicatos máis representativos a nivel estatal: a) Os que acrediten unha especial audiencia, expresada na obtención, no dito ámbito, do 10 por 100 ou máis do total de delegados de persoal, dos membros dos comités de empresa e dos correspondentes órganos das Administracións Públicas. b) Os sindicatos ou entes sindicais, afiliados, federados ou confederados a unha organización sindical de ámbito estatal que teña a consideración de máis representativa de acordo co previsto na letra a). 3. As organizacións que teñan a consideración de sindicato máis representativo segundo o número anterior gozarán de capacidade representativa a todos os niveis territoriais e funcionais para: a) Posuír representación institucional ante as Administracións públicas ou outras entidades e organismos de carácter estatal ou de Comunidade Autónoma que a teñan prevista. b) A negociación colectiva, nos termos previstos no Estatuto dos Traballadores. c) Participar como interlocutores na determinación das condicións de traballo nas Administracións públicas a través dos oportunos procedementos de consulta ou negociación. d) Participar nos sistemas non xurisdiccionais de solución de conflictos de traballo. e) Promover eleccións para delegados de persoal e comités de empresa e órganos correspondentes das Administracións públicas. f) Obter cesións temporais do uso de inmobles patrimoniais públicos nos termos que se establezan legalmente. g) Calquera outra función representativa que se estableza. 7.Terán a consideración de sindicatos máis representativos no ámbito da Comunidade Autónoma: a) Os sindicatos do dito ámbito que nel acrediten unha especial audiencia expresada na obtención de, cando menos, o 15 por 100 dos delegados de persoal e dos representantes dos traballadores nos comités de empresa, e nos órganos correspondentes das Administracións públicas, sempre que conten cun mínimo de 1.500 representantes e non estean federados ou confederados con organizacións sindicais de ámbito estatal; b) Os sindicatos ou entes sindicais afiliados, federados ou confederados a unha organización sindical de ámbito de Comunidade Autónoma que teña a consideración de máis representativa de acordo co previsto na letra a). Estas organizacións gozarán de capacidade representativa para exercer no ámbito específico da Comunidade Autónoma as funcións e facultades enumeradas no número 3 do artigo anterior, así como a capacidade para posuír representación institucional ante as Administracións públicas ou outras entidades e organismos de carácter estatal. 2. As organizacións sindicais que aínda non tendo a consideración de máis representativas obtivesen, nun ámbito territorial e funcional específico, o 10 por 100 ou máis de delegados de persoal e membros de comités de empresa e dos correspondentes órganos das Administracións públicas, estarán lexitimadas para exercer, no dito ámbito funcional e territorial, as funcións e facultades a que se refiren os apartados b), c), d), e) e g) do número 3 do artigo 6º, de acordo coa normativa aplicable a cada caso. TÍTULO IV Da acción sindical 8.1.Os traballadores afiliados a un sindicato poderán, no ámbito da empresa ou centro de traballo: a) Constituír seccións sindicais de conformidade co establecido nos estatutos do sindicato.

4 b) Realizar xuntanzas, tras notificación ao empresario, recadar cotas e distribuír información sindical, fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal na empresa. c) Recibir a información que lle remita o seu sindicato. 2. Sen prexuízo do que se estableza mediante convenio colectivo, as seccións sindicais dos sindicatos máis representativos e dos que teñan representación nos comités de empresa e nos órganos de representación que se establezan nas Administracións públicas ou conten con delegados de persoal terán os seguintes dereitos: a) Coa finalidade de facilitar a difusión daqueles avisos que poidan interesar aos afiliados ao sindicato e aos traballadores en xeral, a empresa porá á súa disposición un taboleiro de anuncios que se deberá situar no centro de traballo e en lugar onde se garanta un axeitado acceso a este dos traballadores. b) A negociación colectiva, nos termos establecidos na súa lexislación específica. c) A utilización dun local axeitado no que poidan desenvolver as súas actividades naquelas empresas ou centros de traballo con máis de 250 traballadores. 9.1. Quen posúa cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal, nas organizacións sindicais máis representativas terá dereito: a) Ao disfrute dos permisos non retribuídos necesarios para o desenvolvemento das funcións sindicais propias do seu cargo, podéndose establecer, por acordo, limitacións ao disfrute destes en función das necesidades do proceso productivo. b) Á excedencia forzosa, ou á situación equivalente no ámbito da Función Pública con dereito a reserva do posto de traballo e ao cómputo da antigüidade mentres dure o exercicio do seu cargo representativo, debendo reincorporarse ao seu posto de traballo dentro do mes seguinte á data do cesamento. c) Á asistencia e ao acceso aos centros de traballo para participar en actividades propias do seu sindicato ou do conxunto dos traballadores, logo de comunicación previa ao empresario, e sen que o exercicio dese dereito poida interromper o desenvolvemento normal do proceso productivo. 2. Os representantes sindicais que participen nas Comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo o seu vencellamento como traballador en activo nalgunha empresa, terán dereito á concesión dos permisos retribuídos que sexan necesarios para o axeitado exercicio do seu labor como negociadores, sempre que a empresa estea afectada pola negociación. 10. 1. Nas empresas ou, se é o caso, nos centros de traballo que ocupen a máis de 250 traballadores, calquera que sexa a clase do seu contrato, as seccións sindicais que poidan constituírse polos traballadores afiliados aos sindicatos con presencia nos comités de empresa ou nos órganos de representación que se establezan nas Administracións públicas estarán representados, para todos os efectos, por delegados sindicais elixidos por e entre os seus afiliados na empresa ou no centro de traballo. 2. Ben por acordo, ben a través da negociación colectiva, poderase ampliar o número de delegados establecidos na escala á que se fai referencia neste apartado, que atendendo ao cadro de persoal da empresa ou, se é o caso, dos centros de traballo corresponden a cada un destes. A falta de acordos específicos ao respecto, o número de delegados sindicais por cada sección sindical dos sindicatos que obtivesen o 10 por 100 dos votos na elección ao Comité de Empresa ou ao órgano de representación nas Administracións públicas determinarase segundo a seguinte escala: De 250 a 750 traballadores........................ 1 De 751 a 2.000 traballadores..................... 2 De 2.001 a 5.000 traballadores................... 3

5 De 5.001 en diante................................ 4 As seccións sindicais daqueles sindicatos que non obtivesen o 10 por 100 dos votos estarán representadas por un só delegado sindical. 3. Os delegados sindicais, no suposto de que non formen parte do comité de empresa, terán as mesmas garantías que as establecidas legalmente para os membros dos comités de empresa e dos órganos de representación que se establezan nas Administracións públicas, así como os seguintes dereitos a salvo do que se puidese establecer por convenio colectivo: 1º Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña a disposición do comité de empresa, estando obrigados os delegados sindicais a gardar segredo profesional naquelas materias en que legalmente proceda. 2º Asistir ás xuntanzas dos comités de empresa e dos órganos internos da empresa en materia de seguridade e hixiene ou dos órganos de representación que se establezan nas Administracións públicas, con voz, pero sen voto. 3º Ser escoitados pola empresa previamente á adopción de medidas de carácter colectivo que afecten aos traballadores en xeral e aos afiliados ao seu sindicato en particular, e especialmente nos despedimentos e sancións destes últimos. 11. 1. Nos convenios colectivos poderanse establecer cláusulas polas que os traballadores incluídos no seu ámbito de aplicación atendan economicamente a xestión dos sindicatos representados na comisión negociadora, fixando un canon económico e regulamentando as modalidades do seu aboamento. En todo caso, respectarase a vontade individual do traballador, que se deberá expresar por escrito na forma e prazos que se determinen na negociación colectiva. 2. O empresario procederá ao desconto da cota sindical sobre os salarios e á correspondente transferencia a solicitude do sindicato do traballador afiliado e logo de conformidade, sempre, deste. TÍTULO V Da tutela da liberdade sindical e represión das conductas antisindicais 12. Serán nulos e sen efecto os preceptos regulamentarios, as cláusulas dos convenios colectivos, os pactos individuais e as decisións unilaterais do empresario que conteñan ou supoñan calquera tipo de discriminación no emprego ou nas condicións de traballo, sexan favorables ou adversas, por razón da adhesión ou non a un sindicato, aos seus acordos ou ao exercicio, en xeral, de actividades sindicais. 13. Calquera traballador ou sindicato que considere lesionados os dereitos de liberdade sindical, por actuación do empregador, asociación patronal, Administracións públicas, ou calquera outra persoa, entidade ou corporación pública ou privada, poderá reclamar a tutela do dereito ante a xurisdicción competente a través do proceso de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa. Expresamente, consideraranse lesións á liberdade sindical os actos de inxerencia consistentes en fomentar a constitución de sindicatos dominados ou controlados por un empregador ou asociación empresarial, ou en soster economicamente ou, noutra forma, sindicato co mesmo propósito de control. 14. O sindicato a que pertenza o traballador presuntamente lesionado, así como calquera sindicato que posúa a condición de máis representativo, poderá presentarse como coadxuvante no proceso incoado por aquel. 15. Se o órgano xudicial entendese probada a violación do dereito de liberdade sindical, decretará o cesamento inmediato do comportamento antisindical, así como a reparación

6 conseguinte das súas consecuencias ilícitas, remitíndolle as actuacións ao Ministerio Fiscal para os efectos de depuración de eventuais conductas delictivas. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Primeira (redactada conforme á Lei 11/1994).- 1. Consonte ao previsto nos artigos 6 e 7 desta Lei e 75.7 do Estatuto dos Traballadores, a condición de máis representativo ou representativo dun sindicato comunicarase no momento de exercer as funcións ou facultades correspondentes, achegando o sindicato interesado a oportuna certificación expedida ao seu requirimento pola Oficina Pública establecida para o efecto. En materia de participación institucional entenderase por momento de exercicio o de constitución do órgano e, se é o caso, o de renovación dos seus membros. No suposto de que o órgano correspondente non teña prevista unha renovación periódica dos representantes sindicais, o sindicato interesado poderá solicitar no mes de xaneiro, e cada tres anos a partir desa data, a súa participación no órgano correspondente, achegando certificación acreditativa da súa capacidade representativa. 2. O Goberno dictará as disposicións que sexan precisas para o desenvolvemento do apartado a) do artigo 6.3 e do artigo 7.1 desta Lei e do previsto na disposición adicional sexta do Estatuto dos Traballadores, sendo de aplicación á súa capacidade representativa o previsto no segundo parágrafo do número anterior. Segunda.-1. A duración do mandato dos delegados de persoal, dos membros dos comités de empresa e de quen forme parte dos órganos de representación que se establezan nas Administracións públicas será de catro anos, podendo ser reelixidos en sucesivos períodos electorais. 2. No prazo dun ano e en desenvolvemento do previsto no artigo 103.3º da Constitución, o Goberno remitirá ás Cortes un proxecto de Lei no que se regulen os órganos de representación dos funcionarios das Administracións Públicas. Terceira.- O dereito recoñecido no apartado d) do número 1, artigo 2º, non se poderá exercer no interior dos establecementos militares. Para tal efecto, determinarase regulamentariamente o que teña que se entender por establecementos militares. Cuarta (engadida pola L.O. 14/1994).- Os delegados de persoal e os membros do Comité de Empresa co mandato prorrogado non se computarán para efectos de determinar a capacidade representativa dos artigos 6 e 7 da presente Lei. DISPOSICIÓN DERROGATORIA Quedan derrogados a Lei 19/1977, do 1 de abril, e o Real Decreto 837/1977, do 22 de abril, en todo canto se opoña a esta Lei, permanecendo vixente a regulación que conteñen as ditas normas referidas ás asociacións profesionais e, en particular, ás asociacións empresariais das que a súa liberdade de sindicación se recoñece para efectos do establecido no artigo 28.1º da Constitución española e nos convenios internacionais subscritos por España. DISPOSICIÓNS FINAIS Primeira.- 1. As organizacións sindicais constituídas en aplicación da Lei 19/1977, do 1 de abril, e que gocen de personalidade xurídica na data de entrada en vigor desta Lei conservarán o dereito á denominación sen que, en ningún caso, se produza solución de continuidade na súa personalidade, quedando automaticamente validadas.

7 2. A oficina pública á que se refire o artigo 4º desta Lei queda establecida organicamente no Instituto de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e nos órganos correspondentes das Comunidades Autónomas no seu respectivo ámbito territorial, cando teñan atribuída esta competencia. En todo caso, estas deberán remitirlle, no prazo previsto no artigo 4º.4, un exemplar da documentación depositada ao IMAC. Segunda.- Os preceptos contidos nas disposicións adicionais primeira e segunda, na disposición transitoria e na disposición final primeira non teñen carácter de Lei Orgánica. Terceira.- Esta Lei entrará en vigor ao dia seguinte da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

8 ÍNDICE TÍTULO PRIMEIRO Da liberdade sindical TÍTULO SEGUNDO Do réxime xurídico sindical TÍTULO TERCEIRO Da representatividade sindical TÍTULO CUARTO Da acción sindical TÍTULO QUINTO Da tutela da liberdade sindical e represión das conductas antisindicais DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Primeira Segunda Terceira Cuarta DISPOSICIÓN DERROGATORIA DISPOSICIÓNS FINAIS Primeira Segunda Terceira