RESOLUCIÓN DO 24 DE OUTUBRO DE 2018 POLA QUE SE ABRE UNHA CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS PARA PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS (PAPERS).

Documentos relacionados
RESOLUÇÃO DE 24 DE OUTUBRO DE 2018 DA ABERTURA DA CONVOCATÓRIA DO PROGRAMA IACOBUS PARA PUBLICAÇÕES CIENTÍFICAS (PAPERS).

RESOLUCIÓN DO 24 DE OUTUBRO DE 2018 POLA QUE SE ABRE UNHA CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS.

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

REDE EUSUMO. información e comunicación

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

Premio Literario - Nortear Joves Escritores / Mocidade Escritora Norte de Portugal - Galicia

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

NADAL Obxecto

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2016

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

RESOLUÇÃO DE 7 DE DEZEMBRO DE 2016 DA ABERTURA DA CONVOCATÓRIA DO PROGRAMA IACOBUS.

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS TEMPORADA 2016/2017

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Canle. Recomendocheunlibro. Concurso O ollo de vidro

ANEXO I SOLICITUDE PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS EN MODALIDADES DEPORTIVAS INDIVIDUAIS 2013

REGULAMENTO DA WEB DA CPMA-VIGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XX SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. A revolución II PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

CONCELLO DE VILAR DE BARRIO (OURENSE) BASES III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE VILAR DE BARRIO 2018.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

ANEXO I. Don/Dona... con DNI,... en calidade de responsable de... con CIF..., como entidade provedora de formación continuada

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

XII TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO XI Memorial Marina Álvarez

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

FCT con Erasmus+ Curso

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

ANEXO V PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ PISO PORTA

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

V I C E P R E S I D E N C I A

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx

ESTA REITORÍA RESOLVE

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

CONDICIÓNS DE SOLICITUDE DE RESERVA RENOVADORES Curso completo

O CONTRATO DE TRABALLO

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

SR. ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO.

ANEXO I 1º APELIDO 2º APELIDO NOME DNI/NIE ENDEREZO CÓDIGO POSTAL CENTRO ESCOLAR

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

III Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

ANEXO S.0 - SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

Convocatoria ordinaria de 2012

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Segundo aparece recollido no Plan de Estudos, o TFM ten asignados 18 créditos obrigatorios.

ANUNCIO. Faise público para xerar coñecemento que por Resolución da Alcaldía, de data 31 de xullo, aprobáronse as bases para:

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Transcrição:

RESOLUCIÓN DO 24 DE OUTUBRO DE 2018 POLA QUE SE ABRE UNHA CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS PARA PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS (PAPERS). O programa IACOBUS é un Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica que xorde coa intención de dar un paso máis cara a configurar un auténtico espazo de integración interrexional entre as Universidades e institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal. IACOBUS é unha acción impulsada pola Comunidade de Traballo Galicia Norte de Portugal que provén das prioridades definidas no PIC - Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión e das estratexias establecidas pola RIS3-T, e que conta co apoio da Unión Europea, a través do financiamento ao Programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP) 2014-2020. IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS (PAPERS) ten como obxectivo principal fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica, a través de axudas económicas á publicación de artigos científicos e de investigación -papers- nalgunha das revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) de Clarivate Analytics e, nas áreas de humanidades, no Scopus. A razón fundamental pola que se opta polo índice JCR ten que ver coa metodoloxía de cálculo do Ranking Académico das Universidades do Mundo ARWU, en cuxa posición se procura que dean mellorado as universidades da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal mediante esta convocatoria, complementado no ámbito das humanidades polo índice Scopus. Estas actividades deberán ser desenvolvidas por autores pertencentes ás institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal que asinaron o Protocolo de Cooperación Cultural, Científica e Pedagóxica entre as Universidades e as Institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal en Vigo, o día 11 de abril de 2014. A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS, RESOLVE: Publicar esta convocatoria do Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS de acordo coas seguintes Bases: 1

BASES 1. REQUISITOS DOS SOLICITANTES Poden optar a participar neste programa os docentes ou investigadores con contrato de investigación en vigor cunha Universidade ou outra institución de Ensino Superior das especificadas a continuación: Universidade de Santiago de Compostela. Universidade da Coruña. Universidade de Vigo. Universidade do Porto. Universidade do Minho. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Universidade Católica Portuguesa Centros Regionais do Porto e de Braga. Instituto Politécnico do Porto. Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Instituto Politécnico de Bragança. Instituto Politécnico do Cávado e do Ave. 2. ORZAMENTO E PERÍODO O Orzamento desta convocatoria do Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS é de 50.000. Establécese como tope máximo da axuda 1.000 por paper, repartidos ao 50% entre os dous candidatos. A dotación orzamentaria poderá ser modificada pola GNP, AECT en función das dispoñibilidades. A modificación publicarase na Web do Programa IACOBUS (iacobus.gnpaect.eu) e na Web da GNP, AECT (www.gnpaect.eu). Para optar ao financiamento do Programa, o paper presentado na candidatura deberá estar publicado ou aceptado para a súa publicación (acreditado co correspondente Digital Object Identifier DOI ), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 30 de novembro de 2

2018, nalgunha das revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) e, no ámbito de humanidades, no Scopus, vixentes na data de presentación da candidatura. 3. REQUISITOS DA CANDIDATURA Cada candidatura deberá estar asinada por dúas persoas: unha persoa dunha Universidade galega e outra dunha Universidade ou Institución de Ensino Superior do Norte de Portugal dos que figuran no apartado 1 destas BASES. As persoas que figuren como asinantes nunha candidatura non poderán asinar e presentar máis candidaturas na mesma convocatoria, de xeito que quedan limitadas a asinar e presentar como máximo unha candidatura por convocatoria. Os candidatos teñen a obriga de dispor do expreso consentimento dos restantes coautores asinantes da publicación, que os autorice a presentar devandita publicación a esta convocatoria IACOBUS. A documentación obrigatoria para presentar a candidatura ao Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS é a seguinte: Copia do DNI/CC dos candidatos; Copia do contrato/documento de vínculo coa Universidade ou Institución de Ensino Superior de cada candidato; Copia do xustificante da publicación ou da aceptación á publicación na revista (DOI ); Copia dos dous xustificantes bancarios (1 por cada candidato) nos que se reflictan os datos de titularidade das contas -grupos de investigación, departamentos de universidades, universidades ou institutos politécnicos- e os IBAN nos que ingresar a axuda. Copia do paper -sen restricións idiomáticas-, acompañada do seu abstract nos idiomas galego, castelán ou portugués e no seu caso, do enlace Web ao artigo. Declaración de autoría do paper asinada polos dous candidatos e no seu caso, autorización asinada de todos os coautores asinantes da publicación (ANEXO I). 3

4. REQUISITOS DA PUBLICACIÓN CIENTÍFICA A publicación científica -paper- presentada na candidatura deberá estar publicada ou aceptada para a súa publicación, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 30 de novembro de 2018, nalgunha das revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) ou no Scopus no ámbito das humanidades, vixentes na data de presentación da candidatura. En todo caso, debe contar cun DOI. A publicación deberá estar asinada polo menos polos dous autores que presentan a candidatura (candidatos); os restantes autores, no caso de existir, deberán autorizar a presentación da candidatura (ANEXO I); Non hai limite no número de coautores e asinantes de cada publicación nin tampouco restrición algunha no relativo ás súas nacionalidades, sempre que se cumpra o mínimo referido na aliña anterior. A convocatoria non contempla restricións na lingua na que se redacte a publicación, pero será obrigatorio acompañar esta publicación dun resumo -abstract- nos idiomas galego, castelán ou portugués. Cada paper só se poderá presentar unha única vez. 5. PRESENTACIÓN E ACEPTACIÓN DE CANDIDATURAS Esta convocatoria rexerase polos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia. A elaboración e presentación das candidaturas efectuarase unicamente a través da plataforma que o Programa IACOBUS dispón na súa páxina Web (iacobus.gnpaect.eu), a partir do día 29 de outubro de 2018 e ata o día 7 de decembro de 2018 ás 23:59 h (hora española). Poderanse empregar exclusivamente os idiomas galego, castelán ou portugués no desenvolvemento das candidaturas e na documentación esixida pola plataforma Web, agás no caso da propia publicación candidata, para a que non se contemplan restricións idiomáticas. 4

Non se admitirán as solicitudes presentadas fóra de prazo ou sen os anexos debidamente cubertos e asinados dixitalmente co certificado FNMT ou coa assinatura digital do Cartão de Cidadão. Tampouco se admitirán as que non teñan debidamente cuberto o formulario de solicitude da plataforma Web. A presentación da solicitude implica que o interesado declara baixo a súa responsabilidade que acepta as bases da convocatoria, que todos os datos son certos e que autoriza a comprobación dos mesmos. Se a solicitude non reúne todos os requisitos establecidos nesta convocatoria, requirirase o interesado para que no prazo de dez días hábiles emende os erros achegando a documentación preceptiva. Se transcorrido este prazo non se corrixe satisfactoriamente a solicitude, a candidatura será excluída definitivamente. Non poderá recorrerse esta decisión da Comisión de Avaliación ata a resolución desta convocatoria. 6. SELECCIÓN DE CANDIDATOS Ao remate do período de candidatura referido no apartado 5 destas BASES, as solicitudes serán valoradas por unha Comisión de Avaliación. A composición da Comisión é a seguinte: 1 Presidente: designado pola dirección da GNP-AECT; 3 Vogais: - Un representante designado polo Director Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia; - Un representante designado polo Presidente da Comissão de Coordenação e Desevolvimento Regional do Norte de Portugal (CCDR-N); - Un representante designado pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER) en representación da rede de Universidades da Eurorrexión; 1 Secretario: un traballador da GNP, AECT. En función das solicitudes presentadas, a Comisión de Avaliación poderá decidir dar prioridade aos papers que mellor se encadren nas prioridades da Eurorrexión, fundamentalmente recollidas no Plano de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión (PIC 14-20) e na RIS3-5

Transfronteiriza; aos publicados perante aos non publicados; ou segundo a súa posición no seo dos rankings indicados (factor de impacto). Ademais, a Comisión tentará manter unha proporcionalidade entre os centros de educación superior incluídos no apartado 1, de xeito que se fomente a participación das distintas Universidades e Institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así mesmo buscarase fomentar a paridade entre homes e mulleres e entre distintas macroáreas de coñecemento. 7. RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN A GNP, AECT publicará na Web do Programa IACOBUS (iacobus.gnpaect.eu) a relación provisional de beneficiarios e concederase un período de reclamación ou alegacións de 10 días hábiles. Tras este período, fará pública unha resolución motivada co nome dos beneficiarios, que poderá ser recorrida perante o mesmo órgano que ditou a resolución no prazo dun mes. 8. PAGAMENTO O pagamento efectuarase única e exclusivamente ás contas bancarias pertencentes aos grupos de investigación ou departamentos de Universidades e Institucións de Ensino Superior, ou desas institucións en función da súa organización (para seren recibidos nas partidas dos grupos ou departamentos), aos que as persoas beneficiarias do Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS estean vinculadas laboralmente. Os beneficiarios teñen a obriga de asinar e cargar na plataforma Web do Programa IACOBUS cadanseu ANEXO II, e un documento (recibo ou xustificante bancario, no que figure o nome do titular, o IBAN e o importe ingresado) que acredite que se recibiu o pagamento. A achega destes documentos é condición indispensable para poder descargar dende a plataforma o certificado de que se formou parte do Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS. 9. OBRIGAS DOS SELECCIONADOS Os beneficiarios do Programa IACOBUS PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS aceptan que a GNP, AECT publique na Web do IACOBUS o abstract nunha das tres linguas oficiais da convocatoria e o enlace á revista no que sexa publicado o seu paper. 6

A participación no Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS implica que os seus beneficiarios aceptan xustificar os importes recibidos, isto é, que presentan os documentos xustificativos e recibos acreditativo do pagamento ANEXO II. 10. PROTECCIÓN DE DATOS Segundo a normativa de protección de datos, infórmase a cada candidato de que os seus datos formarán parte dun ficheiro do que a GNP, AECT é responsable. Os datos dos candidatos serán tratados exclusivamente coa finalidade de incorporalos ao proceso de selección da presente convocatoria, e eventualmente para o envío de información relativa ao Programa IACOBUS e outras actuacións da GNP,AECT. O candidato poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo unha solicitude con copia do seu documento de identidade á GNP, AECT. 11. DISPOSICIÓN FINAL O aproveitamento deste programa non xera ningún tipo de vínculo laboral, administrativo nin de calquera outra natureza contractual ou legal entre a GNP, AECT e os beneficiarios. Esta convocatoria entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación na plataforma Web do Programa IACOBUS. 7

LISTADO DE ANEXOS ANEXO I: Declaración de autoría dos candidatos e autorización dos coautores para a presentación do paper ao Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS.... 9 ANEXO II. Modelo de xustificante de pago Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS.... 10 8

ANEXO I: Declaración de autoría dos candidatos e autorización dos coautores para a presentación do paper ao Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS. DECLARACIÓN DE AUTORÍA DOS CANDIDATOS Nota: É obrigatorio cubrir todos os campos desta primeira parte do formulario e asinalo dixitalmente co certificado FNMT ou coa assinatura digital do Cartão de Cidadão. Os abaixo asinantes (Candidatos 1 e 2) declaran a autoría do paper de título: CANDIDATO 1 NOME E APELIDOS D.N.I. / C.C INSTITUCIÓN DEPARTAMENTO / GRUPO DE INVESTIGACIÓN CANDIDATO 2 NOME E APELIDOS D.N.I. / C.C INSTITUCIÓN DEPARTAMENTO / GRUPO DE INVESTIGACIÓN SINATURA DIXITAL CANDIDATO 1 SINATURA DIXITAL CANDIDATO 2 AUTORIZACIÓN DOS COAUTORES Nota: Cubrir e asinar os seguintes campos só no caso de existir coautores adicionais distintos aos Candidatos 1 e 2. Os abaixo asinantes (Coautores) dan o seu consentimento aos Candidatos 1 e 2 para presentar o paper de título á convocatoria vixente do PROGRAMA IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS. COAUTOR 1 NOME E APELIDOS INSTITUCIÓN SINATURA DIXITAL COAUTOR 1... COAUTOR N NOME E APELIDOS INSTITUCIÓN SINATURA DIXITAL COAUTOR N 9

ANEXO II. Modelo de xustificante de pago Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS. (Unha copia por cada beneficiario) NOME E APELIDOS do candidato D.N.I. / C.C INSTITUCIÓN DEPARTAMENTO / GRUPO DE INVESTIGACIÓN / UNIVERSIDADE Declara: Que o departamento, grupo de investigación ou universidade no que desenvolve a súa actividade investigadora recibiu a cantidade de pola súa participación no Programa IACOBUS - PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS como coautor do paper de título: Sinatura dixital (Beneficiario do IACOBUS) en a DD/MM/AAAA. Nota: É obrigatorio cubrir todos os campos deste formulario e asinalo dixitalmente co certificado FNMT ou coa assinatura digital do Cartão de Cidadão. 10