CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Documentos relacionados
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

ALUMNADO QUE PODE PRESENTARSE Á PROBA ESTRUTURA DA PROBA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

Convocatoria ordinaria de 2012

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Procedemento de Admisión

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

PROGRAMA FORMATIVO MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Acceso ao sistema universitario de Galicia PAU e Preinscrición Instrucións para os estudantes

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables TEXTO:

Planificación do curso escolar

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Nº 66 Luns, 4 de abril de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 5.939

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

Nº 93 Mércores, 19 de maio de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 8.751

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

ELECCIÓN DE HORARIO E ADSCRICIÓN FUNCIONAL DO PROFESORADO NOS CENTROS PÚBLICOS INTEGRADOS (CPI)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL - PÁX - 2 Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación. Dispoño:

Normativa de xestión académica da Universidade da Coruña para o curso académico 2012/2013: MESTRADOS

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Política e Obxectivos de Calidade

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Formación Profesional: vías para a cualificación. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

NORMATIVA PARA A ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS GRAOS PARA O CURSO

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Convocatoria ordinaria de 2014

DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

. u G COMISI N INTERUNIVERSl]ARIA

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

Sample Text. Nº 127 Martes, 6 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Edificio Administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela

REDE EUSUMO. información e comunicación

PROXECTO MOBILIDADE ERASMUS Next Station: Improving Professional Skills in Galicia NÚM. PROXECTO: ES01-KA

Segundo.- Derrogar a Resolución Reitoral da UDC do 8/09/2016. ANEXO I

Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO. a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 13 de abril do estatuto básico do empregado público.

En consecuencia, esta Dirección Xeral dita as seguintes instrucións:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

ESTA REITORÍA RESOLVE

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2015 Páx. 4565

DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx

NORMATIVA INTERNA APLICABLE AO PROGRAMA ERASMUS DE MOBILIDADE ESTUDANTIL NAS TITULACIÓNS DA FFT NORMAS DE APLICACIÓN XERAL A TODAS AS TITULACIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Santiago de Compostela, dez de novembro de dous mil catorce REUNIDOS

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9746

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se convocan actividades

O Decreto 239/2008, do 25 de setembro (DOG do 29 de setembro) establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de réxime especial de idiomas.

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

PRAZOS: Alumnado actual do centro

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

Transcrição:

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20424 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2014/15. O artigo 57 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, dispón que para acceder aos estudos superiores de Deseño será preciso estar en posesión do título de bacharel, así como superar unha proba específica regulada polas administracións educativas en que o aspirante demostre a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes. O artigo 19.1 da Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 8 de outubro), pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao, dispón que será competencia da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a convocatoria, organización, desenvolvemento e avaliación das probas de acceso ás ensinanzas de grao en Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación. En consecuencia, procede ditar instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2014/15. Xa que logo, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral RESOLVE: Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2014/15, que se rexerán polas seguintes instrucións: Primeiro. Acceso a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010, para o acceso ás ensinanzas superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20425 bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso. b) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba, e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza. c) De conformidade co citado artigo 16.2 da citada Orde do 30 de setembro de 2010, a superación desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas. d) Así mesmo, segundo o establecido no citado artigo 18.1 da citada orde, poderán acceder aos estudos superiores en Deseño, sen realizaren a proba específica sinalada no artigo 16 desta orde, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. Segundo. Órganos competentes para resolver os procesos de admisión 1. Comisión de acceso. De conformidade co disposto no artigo 19 da Orde do 30 de setembro de 2010, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido nesta resolución, formarase unha comisión de acceso que supervisará o proceso de admisión do alumnado e o cumprimento das normas que o regulan, e proporá, cando for o caso, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a adopción das medidas que consideren adecuadas. Os membros desta comisión son os que se recollen no anexo desta resolución. 2. Tribunais. Para o desenvolvemento e a avaliación das probas de acceso específicas, a comisión de acceso estará asistida por tribunais específicos para cada unha das distintas especialidades, tal e como se recolle no anexo a esta resolución. As direccións da Escola de Arte e Superior de Deseño en que se leven a cabo as probas específicas adoptarán as medidas oportunas relacionadas coa dispoñibilidade de espazos e medios para a realización das ditas probas en colaboración coas presidencias dos tribunais correspondentes e da comisión de acceso.

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20426 Terceiro. Inscrición para realizar as probas a) A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o 6 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado. b) Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de Arte e Superiores de Deseño facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na Secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados: Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezanove anos ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude, quedando condicionada á superación dela. c) O día 9 de xuño as escolas de Arte e Superiores de Deseño exporán a listaxe provisional de admitidos ás probas no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web. O alumnado que non sexa admitido ou detecte erros na listaxe poderá presentar a súa reclamación os días 10 e 11 de xuño na Secretaría da escola na que fixeran a inscrición. d) O día 12 de xuño as escolas de Arte e Superiores de Deseño onde se realice a inscrición deberán enviarlle á comisión de acceso, a través de correo electrónico, a relación definitiva de persoas inscritas para o acceso e admisión en cada especialidade, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, con expresión da proba ou probas que deba realizar e centros aos que opte, ordenados segundo a súa preferencia. e) O día 13 de xuño a relación definitiva de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada escola, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es Cuarto. Acceso directo a) De conformidade co artigo 18.2 da Orde do 30 de setembro de 2010, a porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20427 en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é do 20 %. O 80 % restante será adxudicado mediante a proba específica. b) Os aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar a súa inscrición no proceso de acceso e admisión nas datas establecidas no punto terceiro da presente resolución. c) Os aspirantes que estean pendentes da avaliación do proxecto final para a obtención dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2013/14, e en consecuencia non dispoñan do título de técnico superior antes de finalizar o prazo de inscrición, poderán igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Deseño, debendo presentar a certificación de ter solicitado o devandito título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido. d) O criterio de prelación na adxudicación das prazas por acceso directo, cando non existan prazas suficientes, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo, calculada segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. e) Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder ás ensinanzas superiores de Deseño aplicaranse, cando cumpra, as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias. Neste caso serán as que se teñan en conta: Suficiente/aprobado: 5,5. Ben: 6,5. Notable: 7,5. Sobresaínte/matrícula de honra: 9,0. O resultado de aplicar a táboa de equivalencias indicada anteriormente expresarase coa media aritmética das diferentes materias que integran os cursos dos respectivos plans de estudo, con dúas cifras decimais. Así mesmo, para determinar a media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumnado teña validadas ou nas cales estivese exento.

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20428 f) No caso de non quedaren cubertas as prazas de acceso directo, esas prazas serán asignadas aos aspirantes que superaron as probas específicas. Quinto. Desenvolvemento das probas a) As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 19 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña, de acordo co seguinte calendario e horario: 1ª parte: das 10.00 ás 13.00 horas. 2ª parte: das 16.00 ás 20.00 horas. b) A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso organizará a distribución horaria e de espazos de ocupación dos tribunais que actúen nela. c) Estrutura da proba específica. A proba específica de acceso ás ensinanzas de grao en Deseño constará de dúas partes: Primeira parte. Durante un máximo de tres horas, os aspirantes contestarán por escrito a tres cuestións, formuladas por escrito polo tribunal, relacionadas cos seguintes temas: a) A historia das artes en xeral. b) A historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral. c) O deseño na especialidade que se aspira a cursar. Nesta parte da proba, o tribunal valorará a extensión e profundidade dos coñecementos, así como a calidade expresiva e expositiva amosada polo aspirante. Segunda parte. Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo: 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20429 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior. Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución. d) Cualificación da proba específica de acceso. Cada unha das partes da proba cualificarase nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final da proba específica de acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas polo aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais, considerándose superada a proba a partir da cualificación de 5,00 (cinco). Sexto. Admisión do alumnado a) Unha vez concluída a proba específica, o día 25 de xuño os tribunais publicarán as listaxes de aspirantes, con expresión da cualificación final obtida, e os aspirantes presentados e non presentados, ordenadas por cada especialidade segundo a puntuación en orde decrecente, no taboleiro de anuncios e na páxina web da escola onde se teña realizado a proba, e remitiran as ditas listaxes á DXEFPIE, para a súa publicación no portal educativo, o día 26 de xuño. b) Os aspirantes poderán presentar reclamación por escrito en contra das cualificacións ou solicitar a corrección dos erros que se detectasen, na Secretaría do centro en que se realizou a proba, durante os días 26 e 27 de xuño. c) Os tribunais encargados da avaliación e cualificación da proba específica de acceso resolverán sobre as solicitudes de corrección de erros ou reclamacións en contra das cualificacións o día 2 de xullo de 2014. d) Os tribunais comunicarán o día 2 de xullo á comisión de acceso a relación definitiva de aspirantes que superaron as probas de acceso, ordenados por puntuación e en orde decrecente, segundo as distintas especialidades, e publicarán estas no taboleiro de anuncios e na páxina web da escola onde se realizou a proba.

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20430 e) A comisión, á vista das listaxes dos aspirantes que superaron a proba de acceso, determinará, en función do número de vacantes, os aspirantes que obtiveron praza nas respectivas escolas de Arte e Superiores de Deseño, e elevará a proposta á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. f) A listaxe de persoas admitidas en cada escola e especialidade será comunicada ás respectivas escolas de Arte e Superiores de Deseño o día 4 de xullo, e exposta no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es g) No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer un proceso extraordinario de acceso na primeira semana de setembro. Sétimo. Reclamacións e recursos a) Os acordos e decisións dos tribunais sobre as probas de acceso poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles, contados a partir do día da súa publicación. Este órgano deberá resolver as reclamacións no prazo de dous días hábiles seguintes ao do remate deste prazo de reclamación. b) Contra as resolucións das reclamacións emitidas polo tribunal, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Oitavo. Matrícula a) O alumnado que obteña praza poderá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 14 de xullo, ambos os dous incluídos. b) Para a formalización das solicitudes de matrícula, as escolas de Arte e Superiores de Deseño facilitaranlles ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase unha única instancia na Secretaría da escola, que se xuntará á documentación xa presentada. A non formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xustificadas, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2014/15. c) O día 16 de xullo as escolas de Arte e Superiores de Deseño remitirán á comisión de acceso as listaxes de aspirantes matriculados en cada especialidade.

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20431 d) O día 18 de xullo a comisión de acceso publicará no portal educativo as listaxes de espera para cada especialidade e centro. e) A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnos e alumnas admitidos. Non se cuantifica, para estes efectos, o alumnado repetidor. Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014 Manuel Corredoira López Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ANEXO I. Comisión de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2014/15. Presidente: Gonzalo Porral Mato. Secretario: Manuel Soto Gómez. Vogais: Esther Muñoz Mella. César Taboada Varela. Santiago Riande Torres. II. Tribunais encargados da redacción, realización e cualificación da proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño. Especialidades de Gráfico e Moda: Tribunal titular Tribunal suplente Presidente/a Salvador Guinart Rovira María Luisa Castro Dapena Vogal 1º José Luis Carreira Varela A. Andrés Ferreiro Rodríguez Vogal 2ª/2º Beatriz Díaz Ocampo Juan M. Adrio Fondevila Vogal 3ª Elena Pardo Antequera Sonia Motserrat Vaz Veiga Vogal 4ª/4º Celia Castro Fernández Javier Ángel Costas Táboas

DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20432 Especialidades de Interiores e Produto: Tribunal titular Tribunal suplente Presidente/a Esther Novo Calles Elisa González Pena Vogal 1ª/1º Ofelia Cardo Cañizares José Luis Casas Fernández Vogal 2ª Eugenia Grande Rúa Carmen Pastoriza Gómez Vogal 3º Manuel Otero Parra Francisco J. Orosa Paz Vogal 4º/4ª Pablo Ferreiro-Mazón Suárez Lucía Rivera Formoso