BOLETÍN DA PASTORAL DE ESCOLAS CATÓLICAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - ANO 3 - NÚM. 15. Corresponden estes debuxos a dúas alumnas:

Tamanho: px
Começar a partir da página:

Download "BOLETÍN DA PASTORAL DE ESCOLAS CATÓLICAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - ANO 3 - NÚM. 15. Corresponden estes debuxos a dúas alumnas:"

Transcrição

1 BOLETÍN DA PASTORAL DE ESCOLAS CATÓLICAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - ANO 3 - NÚM. 15 Preséntoche a María SUMARIO Escolas Católicas, un ano máis, organizou o Concurso de Debuxo PRESÉNTOCHE A MARÍA entre os centros de Santiago e bisbarra, para honrar a Virxe no mes de maio. Participaron esta vez os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria. Responderon a metade dos colexios, e cada centro seleccionou os dez mellores para a exposición. Felicitamos especialmente aos colexios: Cluny, Compañía de María, Divino Maestro, Juventud e San Jorge. Os traballos presentados desbordan tenrura e excelente creatividade, como podedes apreciar polos debuxos que acompañamos, que foron seleccionados polo xurado para a impresión do marcapáxinas do vindeiro curso, que será enviado a todos os colexios. Corresponden estes debuxos a dúas alumnas: Lucía Ferreiro Mallón de 1º de EP, do colexio San Jorge e Lucía López Munín de 2º de EP, do colexio Juventud. A Exposición dos traballos estivo no Salón de Reunións, na parte baixa da nosa Sede, e foi visitada polo alumnado de varios colexios, ao longo do mes de maio. Con esta iniciativa, Escolas Católicas desexa fomentar a devoción mariana nos alumnos e alumnas dos nosos centros, especialmente no mes de maio, tradicionalmente dedicado á Virxe María. Colexio Compañía de María Furaha Ya Kuyshi. Colexio Divino Maestro Nai Inmaculada Colexio Divino Maestro Os grupos do cole Colexio Nosa Señora dos Remedios Eucaristía de fin de curso Colexio San Jorge Charla Proyde Convivencia de maio Colexio La Salle Encontro da RCES

2 ORACIÓN PARA REZAR NO VERÁN Loada nosa Señora, loado noso Señor. Polos froitos traballados con paciencia e con suor, loada nasa Señora, loado noso Señor. Polas espigas douradas maduradas polo sol, loada nosa Señora, loado nasa Señor. Polos paxaros que cantan e acompañan o labor, loada nasa Señora, loado noso Señor. Polos ceos estrelados en noites de admiración, Polas flores tan diversas que atende a diario o sol, loada nosas Señora, loado noso Señor. Pola pingota de orballo que nos devolve o frescor, Pola auga fresca das fontes que nos tempera a calor, Polas praias da mariña regalo do teu amor, Pola xente que goza de merecida vacación, Cos mellores desexos de que rematedes moi ben este curso 2014/2015 e que logo poidades gozar, alumnado e profesorado, dun merecido descanso nas vacación do verán. Xosé Fco. Reboiras Secretario Autonómico de Escolas Católicas (Manolo Regal Ledo) 2

3 Furaha Ya Kuyshi Colexio compañía de maría Comeza o mes de maio e na Compañía de María temos un obxectivo moi claro. Celebrar as festas da nosa patrona Santa Xoana de Lestonnac. Xoana foi una muller moi especial pero como legado nos deixou algo que nunca podemos perder de vista. A súa adicación constante a axudar aos que máis o precisan. En vida, fundou colexios para todas esas nenas que non tiñan a posibilidade de estudar por falta de medios e foi unha defensora dos labregos que tiña ao seu cargo como patroa. Hoxe segue habendo xente que nos pide dun xeito directo ou indirecto a nosa axuda. Pois non podemos facer menos que celebrar as nosas festas do cole de tal modo que os protagonistas sexan os máis necesitados. E diredes vós, e como fan isto dun modo en que todos poidamos disfrutar ao mesmo tempo? Vóuvolo resumir con tres palabras: FURAHA YA KUYSHI Non vos preocupedes, non é que me saltara o corrector de linguas do Word. Esta pequena frase ten moito significado: A ALEGRÍA DE VIVIR. Pero está escrita en suahily, unha das moitas linguas que se falan en África. Polo tanto, estes días de festas, decidimos ter como lema a alegría de vivir que nos transmiten as persoas que viven a non tantos kilómetros de nós no continente africano. A pesares das dificultades que teñen que superar cada día, ahí están disfrutando de cada segundo e loitando por mellorar a súa situación. O resto da festa foi moi sinxelo, mostramos a nosa alegría de vivir a través de xogos, obradoiros, exposicións, etc. centradas nas culturas africanas. Todo o recadado vai ir para un proxecto concreto que se está a desenvolver en Kyondo, un lugar onde o seu hospital necesita mellorar as súas instalacións e formar aos seus futuros médicos e enfermeiros/as. Finalmente, non me queda máis que invitaros a celebrar a FURAHA YA KUYSHI cada día. Feliz verán a todos e todas! 3

4 Nai Inmaculada colexio divino maestro Como tódolos anos, o mes de maio é o mes adicado á nosa Nai Inmaculada. Decoramos o patio, puxemos os carteis necesarios, sensibilizamos, escoitamos,. E o máis importante, nos xuntamos para orar en comunidade. Desde a etapa Infantil ata a etapa de secundaria e e en dous tempos diferentes, acollemos a María, nai de Xesús, como compañeira de camiño, como exemplo de sinxeleza, de amor de constancia e sobre todo dun amor inmenso. Polo tanto, nas nosas oracións de Pascua e nas de María, decidimos prepararnos de forma leda e cada curso participou con poemas, cantos, con boas noticias, con escenas da vida de María noticias nun mundo destructivo, e pola contra, boas noticias nun mundo acolledor e dador de vida. Cantos, poemas e ledicias que nos axudan a estar maís preto do Señor cada día. Seguiremos traballando no mellor pastoralmente, para poder así, ser sal que pode dar sabor á vida e ser luz que poida alumear e chegar entón ao Deus dos nosos alumnos Pretendemos con isto, achegar ao noso alumnado a dar conta dunha presencia cercana de compañía e exemplo de vida. Queremos provocar entre o noso alumnado e entre a comunidade educativa a facilidade de comunicación e vivencia de encontro para atopar na fe cristiana o mellor camiño de valores e vida. Tamén sembrando tempos litúrxicos a cada momento, a celebración de pascua dou vida á nosa escola. Preparada con entusiasmo e cariño, e distribuida a tarefa a cada titor, a implicación foi fabulosa. As malas 4

5 5

6 Charla Proyde colexio san jorge No mes de maio, os alumnos de quinto e sexto de Primaria do colexio tiveron unha charla por parte de dous mestres do Colexio La Salle, Amalia Soneira e Suso Casal, encargados de dar a coñecer os proxectos desenvolvidos pola ONG PROYDE e neste caso concreto do COMER- CIO XUSTO. Os alumnos do Colexio San Jorge xa levan colaborando dous cursos na venta de comercio xusto. 6

7 Convivencia de maio colexio san jorge Os alumnos de terceiro de Primaria foron o sábado día 9 de maio a unha convivencia cos pais e mestres. Celebraron unha eucaristía na Igrexa de RIBEIRA, no Concello de A Estrada. Despois da misa, na que participaron tanto nenos como pais, transladaronse a unha área recreativa a beira do río Ulla, onde se fixo un xantar de confraternidade, xogos, un tempo de reflexión cos pais e rematouse cunha oración. 7

8 Eucaristía de fin de curso colexio nosa señora dos remedios Como xa é tradicional, celebramos a eucaristía de acción de grazas polo curso que remata no patio do colexio. Oficiada por D. Santiago, nela, facemos unha reflexión compartida dos momentos que pasamos xuntos durante o curso escolar. Cada un dos ciclos participa activamente na súa preparación e desenvolvemento, sendo os alumnos e alumnas de 4º ESO os que leen a acción de grazas da celebración como colofón do remate da ensino obrigatorio. 8

9 Encontro da RCES colexio la salle O pasado venres 28 de maio un grupo de 17 alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participou no Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios (RCES) que tivo lugar na Cidade da Cultura. Xuntáronse alí varios centros de toda Galicia que promoven entre o seu alumnado o voluntariado de diferentes formas e atendendo diversas realidades. Presentáronse distintas micromovies filmadas nos centros sobre as accións de voluntariado que se realizan en cada un, así como tamén algúns spots publicitarios para animar ao alumnado a que se implique nesas accións. O noso colexio presentou varios spots baixo o título de Vive o voluntariado. Tamén se presentou o blogue da RCES, e propuxéronse unhas accións concretas para realizar todos os centros con ocasión do Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro), das que xa informaremos. Pola tarde os centros presentaron as ofertas de voluntariado que se poden realizar en cada sitio, e organizáronse unhas actividades e xogos de carácter cooperativo que resultaron moi participativos e entretidos, favorecendo a relación e o coñecemento entre o alumnado dos distintos lugares. Despois de participar todos nun troco de obxectos que tamén serviu para o encontro e o intercambio entre os participantes, participaron na gravación dun video-clip para prtesentar a canción da RCES, Móvete, que compuxo e interpreta Paco Nogueiras. Resultou un día moi interesante polo que supuxo de coñecemento do que se está facendo nos distintos centros, un momento de intercambio moi fructífero e unha xornada de convivencia moi agradable. Esperamos poder ter ocasión de repetir a experiencia e seguir implicados nesta rede que tan bos resultados está conseguindo. 9

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO

A Coresma: camiño cara á Pascua. Oración SUMARIO BOLETÍN DA PASTORAL DE ESCOLAS CATÓLICAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - ANO 1 - NÚM. 6 A Coresma, camiño cara á Pascua ir ao deserto para encontrar o esencial. deixarse iluminar pola Luz. deixarse guiar polo

Leia mais

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS REALIZADAS NO CURSO 2012-13 PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1º-2º curso) Titora 1º curso: M. Rosario Rey Titora 2º: Esther Fernández O SAMAÍN Alumnado de primeiro e segundo preparando

Leia mais

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL

A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL A MÚSICA NA ESCOLA INFANTIL INTRODUCIÓN Finalidade A música é unha forma de linguaxe na que a función expresiva é unha das súas manifestacións fundamentais. Edgar Wilems di que a música favorece o impulso

Leia mais

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares.

Listaxe dos compoñentes do grupo-clase. Horario das clases. Profesorado e módulos. Calendario escolar. Actividades complementarias e extraescolares. 5.2 Acollemento Enténdese por acollemento o proceso que pon en marcha o centro a través dunhas actividades que teñen como obxectivo facilitar a chegada e a adaptación do novo alumnado. A maioría do alumnado

Leia mais

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote

TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote TEXTO COMPLETO: para ter en conta o sacerdote ACOLLIDA Irmáns e irmás: Aínda queda, no noso recordo, o Bautismo de Xesús no Xordán. Aquel Neno que, sendo mozo, iniciou a súa misión como Fillo de Deus ao

Leia mais

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6.

ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6. ÍNDICE 1. XUSTIFICACIÓN 2. OBXECTIVOS 3. NECESIDADES DETECTADAS 4. ORGANIACIÓN DE: ESPAZOS TEMPOS MATERIAIS ACTIVIDADES 5. FUNCIONAMENTO 6. AVALIACIÓN 7. ANEXOS XUSTICACIÓN En contacto co entorno natural

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018 Versión en lectura fácil Permiten pasalo

Leia mais

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos).

clases sen fume información para os escolares curso É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). clases sen fume información para os escolares curso 2017-2018 É un concurso para mozos e mozas da túa idade (12-14 anos). Ten como fin evitar que comeces a fumar ou ben, se xa o fixeches, que deixes o

Leia mais

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

Eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus. MISA CON NENOS 18 de xuño de 2017 - CORPUS CHRISTI - A XOÁN 6, 51-58: "O que come a miña carne e bebe o meu sangue habita en min e eu nel". Mensaxe: A eucaristía, punto de encontro cos irmáns e con Deus.

Leia mais

PIALE Integración en lingua portuguesa

PIALE Integración en lingua portuguesa PIALE Integración en lingua portuguesa Lisboa, outubro de 2015 Isabel Mato Sánchez. IES de Cacheiras (Teo) E se as histórias para crianças passassem a ser de leitura obrigatória para todos os adultos?

Leia mais

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Versión lectura fácil Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016 Permiten pasalo ben, durante 10 días, convivindo e relacionándote con outras persoas nun espazo lúdico, humano,

Leia mais

SBN: O TEMPO NO XORNAL

SBN: O TEMPO NO XORNAL I SBN:9788445345054 1.O TEMPO NO XORNAL PROXECTO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. CAMBIO CLIMÁTICO 1 O TEMPO NO XORNAL Nesta materia debedes recoller datos meteorolóxicos, podendo obtelos de tres fontes diferentes.

Leia mais

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES

INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES 1 LAVAR OS DENTES 2 INFORMACIÓN PARA PAIS E EDUCADORES Establecer unha correcta hixiene oral desde os primeiros anos é un investimento para toda a vida. Os problemas relacionados coa saúde bucodental,

Leia mais

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra.

Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra. Memoria final do departamento de ECONOMÍA IES A Xunqueira II. Pontevedra. Asdo. A xefatura de departamento. Dª/D. Jorge Fernández Seoane Departamento de Economía Páxina 1 de 7. 1. Modificacións introducidas

Leia mais

EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS. CEIP de Viñas POIO

EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS. CEIP de Viñas POIO EDUCANDO PARA A SOSTIBILIDADE: XESTIÓN N DE RESIDUOS CEIP de Viñas POIO Inicio do proxecto Ás clases chegou unha carta de Dona Vasoira, que preocupada pola cantidade de lixo invita ao alumnado a axudar

Leia mais

Double-click to enter title

Double-click to enter title EU SON COMA TI Unidade didáctica sobre igualdade de xénero 8 de marzo Día da Muller Traballadora E TI DE QUE EQUIPO ES? Hoxe imos falar de fútbol, un dos deportes que máis polémica xera... respondede as

Leia mais

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal

Programa de formación en comercialización e marketing. Orientación comercial á grande distribución. As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación comercial á grande distribución As claves do punto de venda Entender o lineal Programa de formación en comercialización e marketing Orientación

Leia mais

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO EXPOSICIÓN DE TEMAS º ESO O proxecto consiste en que o alunado da clase, por grupos, expoña unha unidade completa ou ben parte dunha unidade do programa. Para iso organizarán-se grupos dun mínimo de dous

Leia mais

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010 EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE Os dereitos das nenas e dos nenos a traverso da obra de Francesco Tonucci PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS 2009-2010 EDUCANDO

Leia mais

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007

ANEXOS. Situación da lingua galega na sociedade. Observación no ámbito da cidadanía 2007 ANEXOS Situación da lingua galega na sociedade Observación no ámbito da cidadanía 2007 183 Situación da lingua galega na sociedade 14. ANEXO I: ENQUISA 14.1 Precuestionario e cuestionario 14.1.1 Rexistro

Leia mais

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_

IMAGINA ATLANTICA: TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES. INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_ : TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES INFORME DA REUNIÓN DA ACCION_WP3 Angoulême23_24.11.2010 IMAGINA ATLANTICA: ESPAZO ATLÁNTICO, TERRITORIOS CREATIVOS INNOVADORES ACCION WP3.1: Programa de Intercambio

Leia mais

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas

Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas MISA CON NENOS 14 de maio de 2017 - PASCUA 5-A Xoán 14, 1-12: Eu son o camiño e a verdade e a vida. Mensaxe: Deus Pai en min e eu en vós. Póñome nas túas mans, MÓVEME! Deus Pai en min e eu en vós. Póñome

Leia mais

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR

Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE. Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES. Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR. Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR Libro 1: SORRIR Libro 2: SAUDAR E DESPEDIRSE Libro3: DAR AS GRAZAS Libro 4: PEDIR E CONCEDER FAVORES Libro 5: PRESENTARSE E CONVERSAR Libro 6: COLABORAR E COMPARTIR Libro 7: SENTIMENTOS E EMOCIÓNS Libro

Leia mais

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA

OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA OBRADOIROS RÍA DE MUROS-NOIA Do 3 ao 20 de Decembro 2018 Descobre as novas tecnoloxías internet e as redes sociais Adquire técnicas de comunicación efec va en inglés Fórmate en novas técnicas de cociña

Leia mais

1.- Organización da Escola de Primavera:

1.- Organización da Escola de Primavera: Curso: Escola de Primavera do CESG. Metodoloxías de acción e participación socioeducativas Lugar: Centro Cívico Municipal de Monelos da cidade de A Coruña Data: 9 e de maio de 6 Duración: horas lectivas

Leia mais

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas PÁXINA 2 normativa reguladora finalidade beneficiarias PÁXINA 3 actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade PÁXINA 4 contías obrigas PÁXINA 5 presentación de solicitudes prazo

Leia mais

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet

En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet Enquisa de condicións de vida das familias. Novas tecnoloxías. Ano 2013 RESUME DE RESULTADOS En 2013, o 59,2% dos fogares galegos contan con conexión a internet O 58,1% da poboación galega de 5 ou máis

Leia mais

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego

COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ. Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Área de Orientación Laboral e Emprego COMO FACER UN CURRICULUM EFICAZ Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social Recursos de información Páxina web. http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ Perfil facebook https://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc

Leia mais

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN.

POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN. POSIBLES IDEAS PARA UNHA HOMILÍA CON NENOS 12 novembro 2017 Non deixes que a Súa chamada sexa perdida, ten á man o CARGADOR da ORACIÓN. 1. VER: Tes unha chamada perdida. - Co móbil estamos sempre conectados

Leia mais

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA 3.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA A.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA : compoñentes e sectores (páx. 94-5) A.1.- Que é a actividade económica? A actividade económica é o conxunto de tarefas ou actividades dos seres humanos

Leia mais

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro

PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO. #EnNegroContraAsViolencias. #Galiciaennegro PROPOSTAS PARA PARTICIPAR NO MARCO DA CAMPAÑA #COMPOSTELAENNEGRO #EnNegroContraAsViolencias #Galiciaennegro O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral

Leia mais

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

Puntazo de Encontro speed-dating cultural Culturgal é un gran punto de encontro. Por iso, o Concello de Pontevedra quere ORGANIZAR espazos e momentos para atoparnos no Culturgal. Entendemos que é moi importante que empresas (novas ou non tanto),

Leia mais

REDE EUSUMO. información e comunicación

REDE EUSUMO. información e comunicación REDE EUSUMO información e comunicación Índice 1. Presentación do documento 1. Principais responsabilidades dos beneficiarios en materia de información e comunicación. 1. Referencia ao financiamento e disposición

Leia mais

05 Movémonos mellor?

05 Movémonos mellor? Movémonos mellor? 05 05 01CAMIÑAS OU CONTAMINAS? A nosa protagonista, Inés Quecible, fai ao longo do día o seguinte percorrido: Pola mañá no coche co pai ata a casa dos avós; no coche da súa tía desde

Leia mais

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados:

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO. Contratos Rexistrados: ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO BARBANZA-NOIA UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO Contratos Rexistrados: XANEIRO-OUTUBRO 29 ÍNDICE 1. Evolución dos Contratos Totais Xaneiro

Leia mais

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B

PROBA B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B (ORAL) Modelo: C4O/2008-2/B PARTE 1 (Transcrición do texto oral) TECNOLOXÍAS Deseguido vai ver dúas veces seguidas unha reportaxe sobre as novas tecnoloxías nas aulas. Tome as notas que precise. Este campo

Leia mais

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo Condicións do Campamento Explora Ourense 2016 subtítulo 1. Introdución O campamento de verán Explora Ourense; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades

Leia mais

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel ACCESO Á FORMACIÓN CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN REQUISITOS FORMATIVOS REGULACIÓN PROBAS COMPETENCIAS CLAVE Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos

Leia mais

MISA CON NENOS 6 de maio de Domingo 6º de Pascua-B Ev. de san Xoán 4, 7-10: Isto vos mando: que vos amedes uns a outros.

MISA CON NENOS 6 de maio de Domingo 6º de Pascua-B Ev. de san Xoán 4, 7-10: Isto vos mando: que vos amedes uns a outros. MISA CON NENOS 6 de maio de 2018 - Domingo 6º de Pascua-B Ev. de san Xoán 4, 7-10: Isto vos mando: que vos amedes uns a outros. 1. ACOLLIDA Benvidos irmáns e irmás á celebración do domingo, o día en que

Leia mais

MISA CON NENOS 8 de abril del 2018 Domingo de Pascua-2º B. Evanxeo de Xoán 20,19-31: Tomé viu e creu; meu Señor e meu Deus.

MISA CON NENOS 8 de abril del 2018 Domingo de Pascua-2º B. Evanxeo de Xoán 20,19-31: Tomé viu e creu; meu Señor e meu Deus. MISA CON NENOS 8 de abril del 2018 Domingo de Pascua-2º B Evanxeo de Xoán 20,19-31: Tomé viu e creu; meu Señor e meu Deus. 1. ACOLLIDA Irmáns e irmás: Hoxe, celebramos o domingo 2º de Pascua, chamado tamén

Leia mais

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO 2016-2017 D E C E M B R O 2 0 1 5 9-14 Envío aos centros de Secundaria e ás Universidades das fichas de solicitudes para participar nas Comisións Delegadas e nas

Leia mais

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13 CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13 Proba de Acceso á Universidade (PAU) Proceso de Preinscrición Matrícula en titulacións do Sistema Universitario Galego (SUG) D E C E M B R O 2 0 1 1 12-16 Envío

Leia mais

Língua Portuguesa na Galiza

Língua Portuguesa na Galiza Exmo Sr/Sra Diretor/a do Centro / Exmo/Exma Sr/Sra Diretor/a do Departamento de Galego/Português do Centro Da DPG em colaboração com um grupo de docentes da especialidade de galego vimos por este meio

Leia mais

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION

REGULAMENTO XERAL CATEGORIAS DE PARTICIPACION É un pracer presentarvos o I Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes.

Leia mais

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso clases sen fume información para os centros docentes curso 2016-2017 30 outubro Remate do prazo de inscrición Remisión ficha de inscrición (web o fax) 2novembro Comezo do compromiso de non fumar 11novembro

Leia mais

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral:

O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: CURSO Impartido por Beatriz Méndez Darrocha O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: UNHA INSERCIÓN LABORAL REAL PARA TODAS/OS. A Coruña 21, 22 e 28 de febreiro, e 1 de marzo. 2013 Con

Leia mais

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE

PLANO DE FOMENTO CORRESPONSABILIDADE PLANO DE FOMENTO da I. Liñas estratéxicas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade O Plano de Fomento da Corresponsabilidade Os obxectivos As áreas de actuación As liñas de acción A temporalización

Leia mais

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA

GALEGAS ACTOS. dedicado. Paraa alumnado. Venres 9 de maio. FANTÁSTICA co espectáculo. En caso de cheo. Martes 13 de maio. Contacontos en CONCELLERÍA MAIO CULTURAL 2014 MES DAS LETRAS GALEGAS dedicado a CONCELLO DE RIVEIRA CONCELLERÍA DE CULTURA E FESTEXOS CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO ACTOS DAS LETRAS GALEGAS Mércores 7 de maio CONTACONTOS

Leia mais

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA

PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA 2015-2016 Conscientes de que a educación é unha clave fundamental para promover unha boa seguridade viaria, o motor do programa proposto é facilitar aos nenos e nenas da nosa

Leia mais

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018 As solicitudes de admisión dirixidas á dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados presentaranse

Leia mais

Plan de acción para as persoas con discapacidade. Lectura fácil

Plan de acción para as persoas con discapacidade. Lectura fácil Plan de acción para as persoas con discapacidade Lectura fácil Índice Presentación... 3 A necesidade dun plan de acción... 5 A discapacidade tamén depende de factores ambientais... 7 Unha cuestión de dereitos

Leia mais

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA

PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL PROXECTO IMPLANTACIÓN XORNADA ÚNICA PARA O CURSO 2016-2017 Carral 17/02/2016 INTRODUCIÓN Este proxecto xurde como resposta á crecente demanda de numerosas familias e do profesorado

Leia mais

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda

PREVENCIÓN = SAÚDE. A prevención na casa. a mellor axuda Por suposto, non temos que ser expertos en todo, pero como pais interesados en aprender pautas de actuación cos seus fillos, especialmente de comunicación acerca do cánnabis deixámosvos a seguinte ligazón

Leia mais

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el

MISA CON NENOS 27 maio de Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el MISA CON NENOS 27 maio de 2018 - Ordinario 9º Ciclo B Ev. de Mt. 8,16-29: Eu estarei convosco todos os días Mensaxe: Déixate acompañar por el Euo estou convosco todos os días 1. ACOLLIDA Benvidos Irmáns

Leia mais

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA 9000 FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA Lugar da proba: Data: Nivel: CELGA 2 DATOS DA PERSOA CANDIDATA: Apelidos e nome: DNI / NIE / Pasaporte: Nacionalidade: Data de nacemento: / / Sexo: Home Muller

Leia mais

- Língua Portuguesa na Galiza

- Língua Portuguesa na Galiza A ASOC. DE MÃES E PAIS DO ALUNADO DE ENSINO SECUNDÁRIO DO CENTRO do concelho de E a/o representante legal: com DNI EXPOMOS: 1. Que o professorado de português do nosso Centro pode vir a precisar pessoas

Leia mais

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo. PERMISOS E LICENZAS Permiso por parto. 16 semanas ininterrompidas (6 delas deberán ser disfrutadas pola nai no periodo inmediatamente posterior ao parto). Permiso por parto no suposto de discapacidade

Leia mais

Potencias e radicais

Potencias e radicais Potencias e radicais Contidos 1. Radicais Potencias de expoñente fraccionario Radicais equivalentes Introducir e extraer factores Cálculo de raíces Reducir índice común Radicais semellantes. Propiedades

Leia mais

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade

Proxecto Esmelle. Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade Proxecto Esmelle Convivencia entre veciños voluntarios e persoas que realizan Traballos en Beneficio da Comunidade Datos identificadores da entidade Nome: Asociación de Veciños Valle de Esmelle Enderezo:

Leia mais

CAMPA A RESGAL

CAMPA A RESGAL CAMPAÑA RESGAL 02-03-2017 ÍNDICE 2 _RESGAL e tecnoloxía A Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia xurde co obxectivo de mellorar a coordinación nas emerxencias en Galicia. REDE PÚBLICA RESGAL

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24106 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 14 de xuño de 2013 pola que se desenvolve o Decreto 49/2013,

Leia mais

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017

ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS SETEMBRO 2017 Preinscrición e inscrición: Preguntar no centro cívico a partir do 1 de SETEMBRO CENTRO CIVICO MUNICIPAL ROSALES Praza Elíptica, 1 Teléfono: 981 184350/010 ccrosales@coruna.es http://www.coruna.gal/serviciossociales

Leia mais

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio

FICHAS DO XOGO. (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Co apoio FICHAS DO XOGO (Adaptado do xogo Descubriendo al invasor da Comunidad de Madrid) Uña de gato: son unha planta ornamental utilizada en xardinaría e como fixadora do chan en dunas e taludes porque son moi

Leia mais

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni

Museo Interactivo da Historia de Lugo. Omni Tempore. Juan Pablo Mastroianni Museo Interactivo da Historia de Lugo Omni Tempore Juan Pablo Mastroianni Juan Pablo Mastroianni Nacido en Buenos Aires, Arxentina (1957); residente na cidade de Lugo dende o ano 2002. Cursou estudos artísticos

Leia mais

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín

Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín Parque empresarial de Pazos 32619 Verín (Ourense) 9:00h 14:00h Parque Atención Empresarial con cita de previa Pazos (988 413 415) 32619 Verín (Ourense) 16:00h 19:00h Atención ao público AXENDA DO SEGUNDO

Leia mais

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I ANEXO. Requirimento xustificativo Nº 1 Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións CÓD ENTIDADE LOCALIDADE PAÍS CIF MOTIVO DA

Leia mais

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses

Paro rexistrado por duración da demanda Menos de 6 meses De 6 a 12 meses De 12 a 24 meses Máis de 24 meses 1 PARO REXISTRADO Principais cifras do paro rexistrado O paro rexistrado baixou en xullo, como ocorre adoito nese mes. Na evolución anual tende á baixa desde novembro de 2013. Malia o descenso, o desemprego

Leia mais

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO

PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO II ciclo de workshops PANORAMA E CLAVES NO GRAN CONSUMO Workshop 1. Tendencias de consumo saudables Workshop 2. O surtido e a innovación na gran distribución Workshop 3. Plan promocional eficiente Primeiro

Leia mais

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO INTEGRADO NO PROGRAMA BEN EMPREGADO páx. 0 O Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sectores Estratéxicos da provincia

Leia mais

En ADVENTO alédate... descarga a LUZ.

En ADVENTO alédate... descarga a LUZ. MISA CON NENOS 16 de decembro de 2018 Advento 3º C Lucas 3, 10-18: E nós, que debemos facer? En ADVENTO alédate... descarga a LUZ. 1. ACOLLIDA Irmáns e irmás: Estamos no terceiro domingo do tempo de ADVENTO,

Leia mais

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos.

A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos. A cidade do Século XXI afronta diversos retos derivados dunha nova conciencia medioambiental e dunha nova concepción dos espazos urbanos. O aforro enerxético, ou a redución de gases contaminantes, marcan

Leia mais

Política e Obxectivos de Calidade

Política e Obxectivos de Calidade Facultade Política e Obxectivos de Calidade Anexo 04 Manual de calidade VALIDACIÓN: Comisión de Calidade - 20 de Xullo de 2017 APROBACIÓN: Xunta de Facultade - 21 de Xullo de 2017 Política e Obxectivos

Leia mais

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender:

Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender: Mañá unidade 4 Nesta unidade imos imaxinar como seremos dentro duns anos. Para iso, imos aprender: a falar de accións e situacións futuras a expresar condicións: se + presente/futuro de indicativo marcadores

Leia mais

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN

II MARATÓN FOTOGRÁFICO IMAXES DE INVERNO BASES DE PARTICIPACIÓN INTRODUCCIÓN INTRODUCCIÓN O I Maratón fotográfico, Imaxes de Primavera, tivo lugar en Pontevedra no 2015 e naceu coa finalidade de dar a coñecer desde outra perspectiva o outro lado da cidade: o lado o río, o do deporte,

Leia mais

BENQUERENCIA TERRA - MAR

BENQUERENCIA TERRA - MAR VI CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA - MAR Páxina, 1 HORARIO: Menores 16:30 h Absoluta 17:40 h REGULAMENTO DA PROBA: A Carreira Popular Benquerencia Terra Mar está organizada conxuntamente polo Centro

Leia mais

Día Internacional contra a LGTBIQ fobia. con iversidade.

Día Internacional contra a LGTBIQ fobia. con iversidade. i Día Internacional contra a LGTBIQ fobia -construíndo escola con iversidade www.ccooensino.gal Construíndo -iversidade Como cada ano, a Federación de Ensino de CCOO seguimos apostando pola diversidade

Leia mais

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade

ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade ANEXO 4. Política e obxectivos de calidade Política e Obxectivos de Calidade Curso 2014/2015 1 Política de Calidade do Centro A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha

Leia mais

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS

PRAZAS LIMITADAS. GRUPO MÁXIMO DE 15 PERSOAS Docencia da formación profesional para o emprego CARACTERÍSTICAS XERAIS Modalidade presencial Datas 15/09/2014 18/12/2014 Prácticas Xaneiro 2015 Horario 16:00 21:00 Lugar de impartición Duración Inscrición

Leia mais

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42848 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de

Leia mais

V TRAIL DE VILATUXE 2017

V TRAIL DE VILATUXE 2017 V TRAIL DE VILATUXE 2017 Un ano mais a organización do Trail de Vilatuxe convoca a corredores e afeccionados a participar e desfrutar dunha xornada festiva para o deporte de montaña. Este ano como novidade

Leia mais

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012 Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012 O obxecto desta convocatoria de Valorización de Resultados é a de iniciar o camiño de realización de probas de concepto ou prototipos a partir

Leia mais

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal Celebracións, felicitacións e agasallos, moitos agasallos. O Nadal constitúe a época do ano na que, aferrándonos á tradición, afanámonos

Leia mais

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades: A axeitada transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo está considerada unha estratexia prioritaria a nivel global para incrementar o desenvolvemento socioeconómico

Leia mais

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez SÁBADO, 30 DE XULLO ÁS 12.00 HORAS. ORGANIZACIÓN. A X edición da TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO, rexerase polo código deportivo e a

Leia mais

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO

PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE OURENSE Paseo Mestre Vide s/n 32004 Ourense Tlfno: 988 366 073 Fax: 988 366 184 eoi.ourense@edu.xunta.es www.eoiou.com PLAN DE DESENVOLVEMENTO EUROPEO A Escola Oficial de Idiomas

Leia mais

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE OS CAMBIOS NO CALENDARIO DE VACINACIÓN Que é o calendario de vacinación infantil? É o documento que inclúe as vacinas que se recomenda administrarlle á poboación dependendo

Leia mais

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

2 Prestacións económicas da Seguridade Social 28 2 Prestacións económicas da Seguridade Social 2.1 Prestación económica por parto ou adopción múltiple Trátase dunha axuda económica, de pagamento único, cando o número de fillas ou fillos que nacen

Leia mais

Tantas cousas NON COMPARTIDAS Impediranme VERTE

Tantas cousas NON COMPARTIDAS Impediranme VERTE MISA CON NENOS 26 de novembro 2017 - ORDINARIO 34º-A Cristo Rei do Universo Mateo 25, 31-46: "Herdade o meu Reino porque tiven fame e déstesme de comer". COMPARTIR e non ter farame VERTE. Tantas cousas

Leia mais

"Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed

Enrédate con seguridade by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed "Enrédate con seguridade" by FADEMGA Plena inclusión Galicia is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Puede hallar permisos más allá de

Leia mais

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua

Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a. a nosa lingua Un espectáculo cómico, poético e musical sobre a a nosa lingua O espectáculo A Lingua na boca é un espectáculo cómico, poético e musical sobre a lingua, sobre as linguas, sobre a nosa lingua. Dicía Castelao:

Leia mais

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN Anteproxecto de Orde do.de 2015 pola que se desenvolve o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo. Por Decreto 50/2015, do 26 de marzo,

Leia mais

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015)

V I G O AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) AVALIACIÓN DE CALIDADE OFICINAS MUNICIPAIS DE DISTRITO (SETEMBRO 2015) V I G O FICHA TÉCNICA TRABALLO DE CAMPO: Do 21 de setembro ao 5 de outubro (a.i.) MOSTRA: 374 persoas PÚBLICO OBXETIVO: Usuarios/as

Leia mais

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs IES URBANO LUGRÍS A CORUÑA INDICE 1. CARACTERÍSTICAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA (curso 2012-2013). INICIATIVAS XA REALIZADAS NESTE CAMPO. INTERESE DE CARA AO FUTURO. 2. OBXECTIVOS

Leia mais

deaula I - Nº 1 Outubro 2012

deaula I - Nº 1 Outubro 2012 llos ANO deaula I - Nº 1 Outubro 2012 Revista para as familias do alumnado Nace Ollos de aula! 6 claves para empezar ben o curso Lei de educación CAMPAÑA ELECTORAL. Fixarme nas propostas que fan os partidos

Leia mais

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas

A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións Carlos Díaz Diéguez - IES As Mariñas A poboación mundial 1. Cifras e distribución 2. Movemento natural 3. Contrastes demográficos 4. As migracións 1. Cifras e distribución da poboación Somos 7.000 millóns de persoas A distribución da poboación

Leia mais

GUIÓN A PAZ Nós hoxe imos desenvolver algunhas actividades, pero a paz é moito máis que un fermoso conto, de pombas e globos...

GUIÓN A PAZ Nós hoxe imos desenvolver algunhas actividades, pero a paz é moito máis que un fermoso conto, de pombas e globos... GUIÓN A PAZ 2011 Moitas persoas diante da idea de falar, escribir, ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese

Leia mais

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono

Club. Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro ISBN: 978-84-617-1953-2 Depósito Legal: C 1651-2014 Impreso en Galicia Club Entra na nosa web e faite do club! Terás vantaxes especiais, descontos,

Leia mais

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS

Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS Materia / Módulo CIENCIAS DA NATUREZA Páx. 1 Curso / Ciclo ESO 1 Profesor/a responsable * Dna. Mª Luisa Ramos López Dna. Noemí Martín Álvarez CONTIDOS 1ª Proba 2ª Proba Tema 1. O Universo e o Sistema Solar

Leia mais