BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN ANIMADOR CULTURAL

Documentos relacionados
1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

2.2. XORNADA LABORAL.- A xornada laboral será de 30 horas semanais, de luns a venres.

Os horarios serán de cómputo semanal cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servicio.

Os horarios serán de luns a venres cos descansos que a lei establece e segundo as necesidades do servizo.

Estas bases teñen por obxecto regular o sistema de selección, a formación e o funcionamento

TÉCNICO/A SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS TÉCNICO/A DE GRAO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CONCELLO DE BOBORÁS BASES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA GUIA TURÍSTICA PARA O CONCELLO DE BOBORÁS

BASES PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL DUN TÉCNICO DE TURISMO:

CONCELLO DE POL (LUGO) C.I.F. P B R.E.L

Aprobadas por Decreto de Alcaldía 7/06/2018

DECRETO NÚMERO do 21/10/2014. Excmo. Sr. Don JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo.

DECRETO NÚMERO DO 25/04/2014. Excmo. Sr. Don JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello.

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

3. PUBLICIDADE Esta convocatoria publicarase na páxina web do Concello e nun dos xornais de mais tirada na comarca.

Contrato laboral temporal ( 6 meses) a tempo parcial (durante 25 horas á semana, en horario de a 20.00), coa categoría de peón limpador/a.

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

BASES QUE REGULARÁN A CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PERSOA PARA O POSTO DE CONDUTOR MAQUINISTA DO

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

BASES PARA A CONTRATACIÓN DUN/DUNHA PSICÓLOGO/A PARA O CIM DE BARBADÁS

CONCELLO DE MOAÑA. Retribucións mensuais Salario P. Puntualidade P.P. verán P.P.Nadal Cese. ½ xornada 542,02 31,28 47,78 47,78 22,3

BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATAR UN CAPATAZ, UN PEÓN CONDUTOR E TRES PEÓNS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA O LUME FORESTAL.

ANUNCIO. a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007 do 13 de abril do estatuto básico do empregado público.

EXPOÑO que o meu fillo/a (Nome e Apelidos)

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO NACEMENTO PARENTESCO

Praza do Concello, s/n XERMADE Xermade ( LUGO ) Tlfnos.: Fax :

O CONTRATO DE TRABALLO

Concello de Oza-Cesuras

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

CONCELLO DE MONTERREI

Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

CONCELLO DE FRIOL (LUGO)

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE SOCORRISTAS DE PRAIAS

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Consistirá na impartición das seguintes clases enmarcadas no Programas de servizos e sociais e Deportes BUEU CONCELLO SAUDABLE :

I. OBXECTO DA CONVOCATORIA

DECRETO DE ALCALDÍA Nº 565/2017. D. Francisco Javier Balado Teijeiro, Alcalde-Presidente do Concello de Castro de Rei (Lugo).

ANUNCIO Por Resolución da Alcaldía do 6 de xuño de 2014, procedeuse á aprobación das seguintes bases:

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN/UNHA XERENTE PARA O CONSORCIO DE TURISMO E CONGRESOS DE A CORUÑA

Condicións do Campamento Explora Ourense subtítulo

BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL, A XORNADA COMPLETA, MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN, DUN TRACTORISTA/ OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS.

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATAR OS MONITORES E SOCORRISTAS DA CAMPAÑA DE VERÁN 2016

CONCELLO DA MOI HOSPITALARIA VILA DE MONDARIZ BALNEARIO

ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA TIPO NOME DA VÍA NUM BLOQ ANDAR PORTA

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Bases xerais para a contratación de 6 peóns dentro do Programa de integración laboral da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

BASES DE SELECCIÓN PARA A ELABORACIÓN DUNHA LISTAXE DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PEÓNS DE LIMPEZA DE PRAIAS

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL

BASES PARA A CONTRATACIÓN DUN/DUNHA ASESOR/A XURÍDICO/A PARA O CIM DE BARBADÁS

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Normas reguladoras do Rexistro de mediadores do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

ANUNCIO NO TABOLEIRO DE EDICTOS DO CONCELLO E NA PÁXINA WEB

DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A

27780 FOZ (Lugo) BASES PARA A PROVISIÓN DE 4 PRAZAS DE SOCORRISTAS PERSOAL LABORAL

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

B.O.P. de Lugo Núm Sábado, 14 de Febrero de 2009

ANEXO I SOLICITUDE BOLSAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO NA ANUALIDADE 2018

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

ANEXO I SOLICITUDE DATOS DA ENTIDADE/DENOMINACIÓN DO GRUPO INFORMAL: CP Tfno./Tfno. móbil Fax Correo electrónico

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL CON CARÁCTER TEMPORAL DE CATRO (4) OPERARIOS PARA O MANTEMENTO,LIMPEZA E VIXILANCIA PARA AS PISCINAS DE BAIO E ZAS.

BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATAR OS MONITORES E SOCORRISTAS DA CAMPAÑA DE VERÁN 2017

V I C E P R E S I D E N C I A

CONCELLO DE RÁBADE. Praza de 28 de maio, S/N Rábade LUGO Tfno.: Fax:

Convocatoria ordinaria de 2012

27780 FOZ (Lugo) BASES PARA A PROVISIÓN DE 15 PRAZAS DE SOCORRISTAS PERSOAL LABORAL

ANEXO I. Segunda. Retribución mensual bruta correspondente a un subgrupo A2 nivel 18: 1.987,37.

b) Ter dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN/UNHA XERENTE PARA O CONSORCIO DE TURISMO E CONGRESOS DE A CORUÑA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

REGULAMENTO DE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS A TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS DE POSGRAO

SÉTIMA.-CONCURSO DE MÉRITOS Reunido o tribunal, procederase á valoración dos méritos, de acordo co seguinte baremo: A) Experiencia profesional:

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

CONCELLO DE PANTON (LUGO)

En, de de. Firma O/a Secretario/a VºBº

ARTIGO 1.º. FUNDAMENTO E NATUREZA.

PRIMEIRA. Obxecto. SEGUNDA. Número e características dos postos convocados

RESOLUCIÓN DE ALCALDIA

ANUNCIO. A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros na sesión do día 30 de agosto de 2016 adoptou o seguinte acordo:

Dilixencia: este documento foi aprobado por R.A núm.228/2017 do 8 de maio.

X TRAVESÍA A NADO CONCELLO DE ARTEIXO IX Memorial Marina Álvarez

Concello de Láncara. Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara Lugo. Tfno Fax:

Decreto: 21/2018 Fecha decreto: 02/02/2018 Descripción decreto: APROBACIÓN DE BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA PEON- PROGRAMA DEPUEMPREGO.

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

Exemplo. Dirección Xeral da Función Pública PERMISOS E LICENZAS. Permiso por parto. Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.

Telef Fax

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN OS PREMIOS DO CONCURSO DE MAIOS OBXECTO:

1. OBXECTO DO CONTRATO.

C O N C ELLO D E M O A Ñ A

Transcrição:

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN ANIMADOR CULTURAL Primeira.- Obxecto da convocatoria Estas bases teñen por obxecto a contratación laboral temporal dun animador cultural durante catro meses coa finalidade de prestar o servizo de Animación sociocultural do Concello de Monfero, vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa FO206 de subvencións a concellos e entidades locais para a contratación de animadores culturais durante o ano 2016. As funcións a desempeñar serán as propias do Servizo de animación socio cultural do Concello de Monfero, concretamente: Coordinar e impartir o campamento urbano, apoio á organización de festas tradicionais, realización de programas de apoio na biblioteca municipal e na área de xuventude (clases de teatro, contacontos e clases de bailes tradicionais). Ademais colaborará nos programas de Cultura e Deportes da Deputación Provincial. Segunda.- Orzamento No orzamento municipal vixente existe crédito suficiente para facer fronte á dita contratación. Terceira.- Tipo de contrato e duración Contrato de duración determinada por obra ou servizo, a tempo parcial, regulado polo vixente art. 15 do Estatuto dos Traballadores e normativa de desenvolvemento, vinculado á subvención concedida, que se estenderá durante 4 meses Cuarta.- Retribucións Será o salario base e complemento singular de atención ao público que lle correspondan ao Grupo 3 do vixente convenio único da administración do estado. Quinta.- Xornada de traballo Xornada parcial (20 h/semanais), de luns a domingo, cos descansos que establece a Lei, o que representa un 53,33 % da xornada.

Sexta.- Requisitos dos/as aspirantes Para participar no proceso selectivo, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes: a) Teren nacionalidade española ou seren nacionais dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacionais daqueles Estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto Básico do Empregado Público. b) Teren cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Técnico en animación socio cultural ou Diplomado en educación social. No seu defecto admitirase tamén a titulación en Maxisterio e outras titulacións universitarias. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. e) Non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade. Tamén terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte, que reúnen o requisito de non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, mediante a aportación dunha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais ou autorización expedida a favor do Concello para que o comprobe de oficio. (Modificación do artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, efectuada pola Lei 26/2015, de 28 de xullo) No suposto de que non acrediten estes requisitos, as/os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da selección.

Sétima.- Dereitos de exame. Para participar no proceso selectivo deberán aboarse, en concepto de taxas de exame, 15 euros. Porén, segundo o que establece o artigo 24.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de maio, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, e a correspondente ordenanza fiscal: Terán unha redución do 30% da taxa, as persoas que sexan membros de familias numerosas de carácter xeral e especial, de conformidade co que dispón a Lei 40/2003, do 18 de novembro de protección de familias numerosas. Tal condición deberá acreditarse mediante o orixinal ou unha copia compulsada do título oficial establecido para o efecto. Terán unha redución do 40% da taxa, as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento. Esta condición acreditarase mediante o orixinal ou unha copia compulsada do certificado de minusvalía emitido pola Dirección Xeral de Servizos Sociais, que deberá estar actualizado na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes. Terán unha redución do 50% da taxa as persoas que figuren como demandantes de emprego en situación de desemprego durante o prazo de, polo menos, 12 meses anteriores á data da convocatoria. Para gozar desta bonificación, será requisito que, durante estes 12 meses, non rexeitasen ningunha oferta de emprego axeitada nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción e formación, e que carezan do dereito de prestación por desemprego e de rendas superiores, no cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional. Estas condicións acreditaranse por medio de certificacións emitidas pola administración competente no momento da solicitude. Os beneficios fiscais anteriores non terán carácter acumulativo polo que, nos supostos de concorrencia de diversas causas que sexan a orixe do dereito a demandar os beneficios citados, a persoa interesada deberá optar só por un deles. No caso de que a persoa interesada non exercese a opción anterior, considerarase de oficio por orde de preferencia decrecente no que se encontre debidamente xustificado ou lle resulte máis favorable.

Oitava.- Órgano de selección O órgano de selección será colexiado e, como mínimo, constará dun Presidente, tres Vogais e un Secretario, que serán designados por resolución da Alcaldía de acordo co disposto polo art. 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto Básico do Empregado Público. A súa composición axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que será esixible a todos e cada un deles individualmente considerados, ben polos coñecementos profesionais que posúan da materia de que se trate ou polos seus coñecementos específicos sobre selección de persoal, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home. Deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada. O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o resto do persoal eventual non poderán formar parte deles. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non puidendo ostentarse en representación ou por delegación de ninguén. Os membros dos tribunais deberanse de abster de formar parte destes cando concorran as circunstancias previstas no art. 28 da Lei 30/1992, notificándoo á autoridade convocante, ou cando realicen tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusalos de acordo co disposto no art. 29 de dita Lei. O órgano de selección non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. Poderá dispor a incorporación de asesores especialistas se así o estiman necesario ou adecuado, que actuarán con voz pero sen voto. Así mesmo resolverá todas as dúbidas que poidan xurdir na aplicación das presentes bases. No que respecta á súa constitución e formación de voluntad, rexerase pola Lei de procedemento administrativo, estando facultada para interpretar as presentes bases, así como para resolver todas as dúbidas e os problemas que se poideran plantexar. Novena.- Publicidade da convocatoria A Convocatoria anunciarase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios municipal, e na páxina web do concello: www.concellodemonfero.com.

Decima.- Procedemento de selección Concurso de méritos e entrevista Décimo primeira.- Presentación de solicitudes e admisión de candidatos As instancias nas que se solicite tomar parte no proceso de selección presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, no impreso que será facilitado neste, en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou mediante as formas previstas no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de dez días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. Non se admitirán as solicitudes que non se formulen no modelo oficial que figura como anexo I nin as que se reciban no Concello unha vez aprobada pola Alcaldía a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as definitiva, se for o caso, con independencia do procedemento utilizado para envialas. Para ser admitido para tomar parte no proceso de selección, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base Sexta desta convocatoria, referidos ao día no que remate o prazo de presentación de solicitudes, debendo presentar xunto coa solicitude, a seguinte documentación: - Fotocopia compulsada do DNI ou Tarxeta de Residente. - Fotocopia compulsada da titulación esixida para participar na convocatoria. - Xustificante de abono da taxa de dereitos de exame. - Relación dos méritos que aleguen os/as aspirantes, pola orde que se establece nesta convocatoria. Canda a dita relación, uniranse os documentos xustificativos destes (orixinais ou fotocopias compulsadas). Non se tomarán en consideración nin se avaliarán aqueles méritos que non queden debidamente acreditados na forma que se establece nesta convovatoria. A documentación que se presente deberá estar numerada correlativamente. O segundo día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de solicitudes (agás sábado), como máximo, acordarase, por Resolución da Alcaldía, a admisión e exclusión de

candidatos/as, se for o caso, e publicarase inmediatamente a lista de admitidos/as e excluidos/as no taboleiro de anuncios municipal, con indicación do día e hora estimada para o inicio das probas de selección (en función do número de candidatos/as admitidos/as), procurando que non se demore máis de cinco días hábiles, e así mesmo determinará a composición do órgano de selección. Durante o prazo dos dous días hábiles seguintes poderanse presentar reclamacións, que, so mesmo xeito, serán resoltas por resolución da Alcaldía o día hábil seguinte (excepto sábado) a aquel no que finalice o dito prazo. O resultado, no caso de que houbese modificacións ou reclamacións, publicarase inmediatamente no Taboleiro de Anuncios do Concello. Décimo segunda.- Valoración 1.- Valoración de méritos: Os aspirantes alegarán os seus méritos e acompañarán coa solicitude os documentos que os acrediten, que se valorarán de acordo ao seguinte: -Pola experiencia profesional no posto de ANIMADOR CULTURAL ou desempeñando traballos relacionados co posto a desenvolver, a xuízo do órgano de selección, con contrato laboral ou nomeamento como funcionario/a, desde o 01-01-2005 poderá concederse até un máximo de 2,5 puntos. a) 0,10 puntos por cada mes de traballo, a xornada completa, na Administración local e noutras administracións públicas. Ata un máximo de 2 puntos b) 0,05 puntos por cada mes de traballo, a xornada completa, na empresa privada. Ata un máximo de 0,5 puntos. A experiencia profesional xustificarase mediante un informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, no que se especifican os días cotizados en cada contrato, que serán os que teñan en conta (en períodos de 30 días) para valorar e puntuar a experiencia laboral. Dito informe irá acompañado dos contratos de traballo correspondentes, e dun documento aclaratorio no caso de que non especificasen o seu obxecto con claridade e precisión, e as súas prórrogas, no seu caso, ou un certificado da empresa ou un expedido pola Administración correspondente.

-Por titulacións relacionadas co posto de traballo a desenvolver, poderanse conceder un máximo de 1,5 puntos, valorando: - Por título de Técnico en Animación socio cultural ou Diplomado en Educación Social ou habilitado: 1,5 puntos. - Por título de Licenciado: 1 punto por título. - Por título de Diplomado: 0,5 puntos por título. -Por cursos de formación relacionados co traballo que se vai desenvolver e informática, a xuicio do órgano de selección e impartidos, organizados, promovidos ou homologados pola administración pública, universidades, centros públicos ou concertados, sindicatos e organismos oficiais dende o 01-01-2010, poderanse conceder un máximo de 2 puntos, valorando: - De menos de 40 horas de duración: 0,10 punto por cada curso. - De 40 horas e ata 99: 0,25 puntos por curso. - De máis de 100 horas: 0,5 puntos por curso. - Curso de monitor de tempo libre: 0,5 puntos. - Calquera título oficial en lingua estranxeira de nivel B1: 0,5 puntos. -Por cursos de formación, ou a súa validación, relacionados co coñecemento do idioma galego, só se computará o de maior nivel acreditado, de acordo co seguinte: - Celga 3: 0,5 puntos. - Celga 4: 1 punto. -Por estar en posesión do permiso de conducir clase B: 1 punto -Por dispor dun medio de transporte, propio ou cedido: 1 punto Os cursos xustificaranse mediante fotocopia dos certificados, diplomas, documentos ou títulos acreditativos.

A posesión do carné de conducir B acreditarase mediante unha fotocopia deste e a disposición de medio de transporte mediante calquera medio de proba válido en dereito Se os documentos acreditativos de calquera dos méritos alegados ofrecesen dúbidas, non se terán en conta os méritos que se pretendan acreditar. Non se admitirán copias nin fotocopias simples. Non se terán en conta os méritos que non se alegasen ou que non estean documentalmente acreditados. O órgano de selección poderá acordar a práctica das probas ou entrevistas que estime convenientes. Neste caso, a orde de actuación será a que estableza a correspondente resolución da Secretaría Xeral para a Administración Pública. 2.- Entrevista Persoal Realizarase unha entrevista persoal e versará sobre as materias do traballo a desenvolver. Puntuarase ata un máximo de 2 puntos. Décimo terceira.- Selección O órgano de selección reunirase á hora determinada polo Sr. Alcalde de acordo co indicado na base décima, e despois de ser anunciado no taboleiro de anuncios do Concello, para realizar a selección e propoñer á Alcaldía a designación do candidato que maior puntuación obtivesen. Poderase deixar deserta a convocatoria se se considera procedente. No caso de empate, éste resolverase a favor del aspirante que maior puntuación obtivese en experiencia profesional, efectuándose un sorteo público, no mesmo acto, se continuara o empate. Unha vez realizada a selección proporase á Alcaldía a elaboración dunha listaxe cos restantes candidatos, por orde da puntuación obtida, para os efectos exclusivos de cubrir o posto, no caso de que algún dos seleccionados non puidese ser nomeado, causase baixa ou outras incidencias. A listaxe de aspirantes será aprobada por resolución da Alcaldía e publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello para os efectos de notificación a todas as persoas participantes e os demais interesados. Contra a resolución aprobatoria das listaxes, que agotará a vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo segundo o que dispón a normativa vixente. As listaxes permanecerán en vigor mentres dure o servizo. Décimo cuarta.- Incorporación

O/os que resulten seleccionado/os, dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación do resultado no Taboleiro de Anuncios Municipal, tendo tal publicación efectos de requirimento, deberá de achegar, no caso de que non o fixera con anterioridade, a seguinte documentación: -Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción -Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente. -Certificado médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. - Certificado de delitos de natureza sexual Unha vez achegada a documentación, será nomeado, por resolución da Alcaldía, persoal laboral temporal do concello para o cargo para o que foi seleccionado e, previa sinatura do correspondente contrato e alta na Seguridade Social, haberá de incorporarse ao seu posto. Quen dentro do prazo de tres días indicado, salvo causa de forza maior, non presentara a documentación, non poderá ser contratado, quedando anuladas todas as actuacións, sen menoscabo da responsabilidade na que puidese incorrer por falsidade na súa instancia, pasando a ocupar o seu posto o seguinte candidato por orde da puntuación obtida. Coa finalidade de axilizar os trámites, os chamamentos ou requirimentos aos seguintes candidatos efectuaranse telefonicamente, contactándose con eles no número de teléfono que deixen de referencia na solicitude, pasando ao seguinte candidato no suposto de que no se contactase co que correspondera despois de tres chamadas en horas diferentes ao longo de dous días. A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma que establece a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I SOLICITUDE PARA TOMAR PARTE NA CONVOCATORIA DO CONCELLO DE MONFERO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN ANIMADOR CULTURAL D./D.ª con DNI, con domicilio para os efectos de notificación en teléfono, e correo electrónico EXPOÑO: 1.-Que tiven coñecemento da convocatoria anunciada polo Concello de Monfero para a contratación laboral temporal indicada. 2.-Que coñezo e acepto as bases que rexen a dita contratación e que reúno os requisitos esixidos. 3.-Que estou capacitado/a para o desempeño do posto e que non estou incurso/a en prohibición para me contratar nin me atopo en situación de incompatibilidade. 4.-Que desexo tomar parte na convocatoria para o que achego a fotocopia compulsada do meu DNI ou Tarxeta de Residente. 5.-Que no dorso relaciono os méritos que alego e achego a documentación acreditativa. 6.-Que presento toda a documentación numerada correlativamente. Por iso, SOLICITO: Ser admitido/a no correspondente proceso selectivo. Monfero, de de 2016 SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MONFERO De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informámoslle de que os datos recollidos neste documento formarán parte dun ficheiro automatizado, propiedade do Concello de Monfero, cuxa finalidade é a súa xestión para o correcto funcionamento deste. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na Lei, se se pon en contacto co noso Dpto. de Dereitos. ARCO no seguinte enderezo: Rebordelo s/n, 15618 Monfero, A Coruña.

Monfero, 22 de xuño de 2016. O Alcalde, DILIXENCIA: Extendese para acreditar que as presentes bases foron aprobadas po acordo da Xunta de Goberno Local do día da data. Monfero, 22 de xuño de 2016. O Secretario,