Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

Documentos relacionados
Estatística de familias numerosas 2015 Operación estatística n.º

ANEXO I NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMEROBLOQUE ANDAR PORTA NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

2 Prestacións económicas da Seguridade Social

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Ámbito: Xerencias de Atención Primaria e Centros de Saúde. Exemplo

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACION DA PISCINA MUNICIPAL E DEMAIS INSTALACIONS ANEXAS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

Puntazo de Encontro speed-dating cultural

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Permisos. Excedencias

BOLSA DE EMPREGO BEN EMPREGADO III

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios. Vigo

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx

DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx

Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito

SOLICITUDE DE USO DA SALA XIMNASIO/MUSCULACIÓN DO ESTADIO DE SAN LÁZARO Tempada 2016/2017

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONCURSO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E CLUBS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS, ANO 2015 EXPEDIENTE DE SOLICITUDE

CONCELLO DE CAMBADOS.- ANUNCIO

A concesión destas bolsas farase consonte as seguintes BASES REGULADORAS: 1. OBXECTO

IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

NORMATIVA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016)

Borrador do proxecto de Decreto.../2012, do...de..., polo que se modifica o

III. ORGANISMOS AUTÓNOMOS

DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx

Artigo 1.- OBXECTO DO REGULAMENTO. Artigo 2.- TITULARIDADE E ADMINISTRACIÓN DA MARCA.

Nº 54 Xoves, 17 de marzo de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Expediente: XX/015/2009.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Conceitos PARTE III Conceptos PARTE III

DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx

4.196 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 54 L Venres, 16 de marzo de 2007

DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9841

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Edita: Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar. Lugar: Santiago de Compostela. Ano:

PROXECTO DE DECRETO /2015, do xxx de xxx polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.

INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA EFECTUAR A MATRÍCULA

Consellería de Economía, Emprego e Industria

DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3532

Proxecto de Decreto.../2016, do... de..., polo que se fixan os. prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de

DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

IMPOSTO SOBRE SUCESIÓNS E DOAZÓNS AUTOLIQUIDACIÓN

EXPOSICIÓN DE TEMAS FASES DO TRABALLO. 2. Xustificación necesidade utilidades. 3. Motivación introdutória 3º ESO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Paro rexistrado por sexo e grupos de idade Homes Mulleres. Menores de 30 anos De 30 a 49 anos De 50 ou máis anos

Formación Profesional Básica Novidades normativas. Xornada para orientadores Servizo de Ordenación e Formación Profesional

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) IMPORTANTE: NON SE PODEN FACER SOLICITUDES ATA A PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NO DOG

DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

PROCEDEMENTO FACTURA ELECTRÓNICA - UNIVERSIDADE DE VIGO 2015

clases sen 30 outubro 2novembro 11novembro 31 xaneiro 28abril XUNTA DE GALICIA información para os centros docentes curso

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

PRIMEIRA. Obxecto. SEGUNDA. Número e características dos postos convocados

ACCESo aos Novos CERTiFiCADoS de PRoFESioNALiDADe. NiVEiS 2 e 3 de CUALiFiCACióN PRoFESioNAL

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. CURSO 2015/2016

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Convocatoria ordinaria de 2014

Prestacións por desemprego. Subsidio de desemprego. Protección por desemprego XANEIRO GOBIERNO DE ESPAÑA

Regulamento de Prácticas en Empresa do Máster de Enerxía e Sustentabilidade

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (con)trato feito! DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO ANTECEDENTES

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

(Para cubrir no -Diario Oficial de Galicia-) SUMARIO

Guía informativa CURSOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO. Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas

BASES DA CONVOCATORIA PARA CONTRATAR OS MONITORES E SOCORRISTAS DA CAMPAÑA DE VERÁN 2017

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

ESTA REITORÍA RESOLVE

Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras (SERSEGAL)

REGULAMENTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA SOBRE MOBILIDADE INTERNACIONAL DE ESTUDANTES

Educación Primaria (6 a 12 años) Educación Infantil (0 a 6 años)

RESOLVO: Primeiro. Obxecto e persoas destinatarias

Consellería de Traballo e Benestar

Prestacións por desemprego. Subsidio por desemprego dos traballadores eventuais agrarios en Andalucía e Estremadura. Protección por desemprego

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO BANCO DE ESPAÑA

Publicar a convocatoria de matrícula para o curso académico 2016/2017, suxeita ás seguintes normas:

Residencia de Estudantes. Normas Curso académico 2014 / 2015

Modifícase a letra h) Enfermidade grave (Disposición Adicional 1ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx DECRETO 38/2014, do 20 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Acción Voluntaria.

Proxecto de orde do de de 2015, pola que se regula a composición, organización e funcionamento dos consellos de saúde de área.

Proposta aprobada no Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016

Criterios de avaliación dos méritos para acceso ó corpo de mestres, establecidos pola Comisión de Baremación.

DECRETO LEXISLATIVO 1/1999, DO 7 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DE RÉXIME FINANCEIRO E ORZAMENTARIO DE GALICIA

Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica no Concello de Redondela

BASES DO SERVIZO CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016

N o 77 L Venres, 22 de abril de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 6.717

MANUAL DE INSTRUCIÓNS DE ACCESO E FUNCIONAMENTO DO EXPEDIENT-E

5.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 58 Mércores, 26 de marzo de 2008

Transcrição:

Este proxecto técnico foi aprobado no Pleno do Consello Galego de Estatística do día 21 de decembro de 2012

21-201 Estatística de familias numerosas PROXECTO TÉCNICO 1. Normativa e organización A estatística de familias numerosas recolle todas as características básicas das familias numerosas galegas. Con carácter anual, explotaranse os datos relativos ás solicitudes de recoñecemento ou renovación do título que acredita a condición de familia numerosa. A normativa pola que se rexe os títulos de familia numerosa é a seguinte: a) Lei 25/1971, do 19 de xuño, de protección á familia numerosa. Unicamente en vigor os artigos que recollen os beneficios aplicables a quen acredite a condición de familia numerosa (BOE n.º 150, do 24 de xuño de 1971). b) Decreto 3140/1971, do 23 de decembro, regulamento da Lei de protección á familia numerosa. Unicamente en vigor os artigos que recollen os beneficios aplicables a quen acredite a condición de familia numerosa (BOE n.º 310, do 28 de decembro de 1971). c) Resolución do 31 de maio de 1984 da Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, pola que se regula a expedición do duplicado do Libro de Familia en supostos de divorcio e separación (BOE do 15 de setembro de 1984). d) Lei 21/1986, do 23 de decembro, de orzamentos do Estado para 1987, que na súa disposición adicional décimo terceira modifica o artigo 2 da Lei 25/1971. e) Real decreto 356/1991, do 15 de marzo, polo que se derroga o artigo 21 do Decreto 3140/1971, en canto á súa aplicación ao sistema da Seguridade Social. f) Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social. Disposición adicional cuarta. g) Real decreto 1801/1995, do 3 de novembro, polo que se desenvolve a disposición adicional cuarta da Lei 42/1994, do 30 de novembro, de medidas fiscais, administrativas de orde social (BOE n.º 264, do 4 de novembro de 1995). h) Lei 8/1998, do 14 de abril, de ampliación do concepto de familia numerosa (BOE n.º 90, do 15 de abril). i) Real decreto 6/1999, do 8 de xaneiro, polo que, en cumprimento da Lei 8/1998, de 14 de abril, se modifica o Real decreto 1801/1995, do 3 de novembro, de ampliación do concepto de familia numerosa (BOE n.º 30, do 4 de febreiro de 1999). j) Lei 47/1999, do 16 de decembro, pola que se modifica o artigo 5 da Lei 25/1971. k) Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG n.º 45, do 6 de marzo de 2000). l) Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativas. m) Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas (BOE n.º 277, do 19 de novembro. Suplemento en lingua galega n.º 14, do 24 de novembro de 2003).

Modificada pola Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE n.º 313, do 31 de decembro de 2003), e pola Lei 40/2007, de 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social (BOE nº. 291, do 5 de decembro de 2007). n) Lei 52/2003, do 10 de decembro, de disposicións específicas en materia de seguridade social (BOE n.º 296, do 11 de decembro de 2003). o) Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012. p) Real decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE n.º 15, do 18 de xaneiro de 2006). q) Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2006/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012 (DOG nº 217 do 5 de novembro de 2009). r) Lei 40/2007, de 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social (BOE nº. 291, do 5 de decembro de 2007). s) Lei 2/2008, de 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2009 t) Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia en Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011). Os beneficios pola obtención do título de familia numerosa son de carácter económico con descontos en establecementos comerciais, fiscais (deducións por IRPF), adquisición de primeira vivenda, transporte (20% ou 50% para a categoría xeral ou especial respectivamente), educación, centros de atencións a primeira infancia, xuventude, ocio, etc. O órgano responsable da elaboración da estatística é a Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar. Os Servizos centrais e as xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra son os responsables da recollida da información pero a explotación dos datos corre a cargo do Servizo de Familia e Programas Especiais. Unidades estatísticas A unidade principal para a elaboración da estatística son os títulos de familia numerosa, que se clasificarán segundo determinadas variables, como se exporá a continuación. Teremos pois, os títulos de familia numerosa expedidos nun ano, que serán novos ou renovacións, e os titulos de familia numerosa en vigor a unha determinada data. 2

Para o recoñecemento da condición de familia numerosa, a unidade familiar deberá ter 3 ou máis fillos, sexan ou non comúns que poderán ser dous nos seguintes casos: a) Que un deles sexa discapacitado ou incapacitado para o traballo b) Que os dous proxenitores teñan a condición de minusválidos ou estean incapacitados para o traballo ou un deles teña unha discapacidade superior ao 65% c) O pai ou a nai con 2 fillos cando faleceu o outro proxenitor d) Dous ou máis irmáns orfos, sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan co titor pero non ás súas expensas. Tamén terán a condición de familia numerosa as formadas por: a) Tres ou máis irmáns orfos de pai e nai ou dous, se un deles é discapacitado. Os fillos deberán cumprir as seguintes condicións a) Ser solteiros b) Convivir co pai/nai c) Depender economicamente dos pais. Considerarase que existe dependencia económica cando os seus ingresos non superen o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) en cómputo anual. d) Ser menor de 21 anos, excepto se é minusválido. A idade amplíase ata os 25 anos se cursan estudos axeitados á súa idade e titulación ou encamiñados á obtención dun posto de traballo. Todos os membros da unidade familiar deberán ser españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou dos restantes estados parte no Acordo sobre Espazo Económico Europeo e ter a súa residencia en territorio español ou exercer unha actividade por conta propia ou allea en España, aínda que resida nalgún dos países aludidos anteriormente. No caso dos naturais doutros estados, observarase o establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, a Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro, e a Lei orgánica 14/2003, do 20 de novembro. Variables De cada título de familia numerosa defínense as seguintes variables, empregando a información recollida no formulario do anexo I deste proxecto. Categoría a) Categoría especial: as de cinco ou máis fillos e as de catro nos seguintes casos: se proceden 3 de parto/adopción/acollemento múltiple ou ingresos anuais reducidos. b) Categoría xeral para o resto das unidades familiares, a partir de tres fillos. Cada fillo discapacitado ou incapacitado para traballar computarase por dous. Esta variable a cumprimenta a consellería non o solicitante 3

Tipoloxía dos fillos Se son minusválidos ou non e por categorías. Idade dos fillos De cada fillo recóllese a data de nacemento e a idade, os títulos agruparanse segundo o número de fillos de menos de 10 anos e entre 10 e 25 anos. Idade dos cónxuxes. Polo xeral, cada familia numerosa terá un titular que será o proxenitor que conste como solicitante e o seu cónxuxe. A partir da data de nacemento de cada un obtense a súa idade. A partir das idades dos cónxuxes os títulos de familia numerosa clasifícanse en: polo menos un dos proxenitores é menor de 20 anos, polo menos un ten entre 21 e 30 anos, polo menos un ten entre 31 e 45 anos e cando menos un ten máis de 45 anos. Unha familia que teña un cónxuxe nunha categoría (menor de 20 anos) e outro noutra categoría (entre 21 e 30 anos) aparecerá contada dúas veces. Situación laboral do titular Por provincias recóllense 6 categorías laborais diferentes: a) Activo b) Desempregado c) Non actividade laboral d) Xubilado e) Incapacidade laboral (1) f) Minusvalía (2) (1) Persoas que teñan reducida a súa capacidade de traballo nun grado equivalente ó da incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez. (2) Persoas afectadas por unha diminución da súa capacidade física ou psíquica superior ó 33% Sector económico: Os sectores de cada titulo defínense segundo a profesión recollida do solicitante e son: agricultura e pesca, industria, construción, servizos, non actividade laboral e non constan. Estado civil do titular Se agrupa nas seguintes categorías: a) Casado b) Divorciado c) Separado d) Solteiro 4

e) Viúvo. Procesamento dos datos As solicitudes xunto á documentación requirida chegan á Administración, ben ás xefaturas territoriais, ben ao servizo central, por dúas vías, é dicir, de xeito presencial ou por correo. Cada solicitude dá lugar a un expediente administrativo. O título de familia numerosa solicítase cubrindo un impreso onde se recollen as principais variables que definirán ás familias numerosas (anexo I) que irá asinado polo/a solicitante e terá que ir acompañado de: Libro de familia Fotocopia do DNI, NIE ou do permiso de residencia e/ou traballo do/a titular No caso de viuvez: certificado de defunción ou fotocopia do libro de familia onde conste o falecemento. No caso de separación: fotocopia da sentenza. Se solicita o título de familia numerosa o/a proxenitor/a que non convive cos/coas fillos/as, deberá achegar a resolución xudicial na que se declare a obriga de prestarlles alimentos, así como un documento asinado polo/a outro/a proxenitor/a acreditativo do seu consentimento. No caso de discapacidade ou incapacidade para o traballo dalgún membro: certificación expedida polo equipo técnico de valoración de minusvalías da Secretaría Xeral de Política Social ou Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI) do Instituto Nacional de Seguridade Social. No caso de adopción ou tutela: resolución xudicial. No caso de acollemento familiar permanente ou preadoptivo: resolución da delegación provincial da Secretaría Xeral de Política Social. No caso de cambio de categoría por carencia de ingresos ou de ter que acreditar a dependencia económica dos/as fillos/as: copia da última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar ou - certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria onde consten os seus ingresos. Para a renovación por cambio do número de membros da unidade familiar, precísase Impreso cuberto e asinado polo/a solicitante Título de familia numerosa Libro de familia Para renovación por estudios dos/as fillos/as de máis de 21 anos: Impreso cuberto e asinado polo/a solicitante Título de familia numerosa Fotocopia da matrícula do curso actual e da carta de pagamento ou, no seu defecto, certificado do centro onde figure o nome do alumno/a, materia que estudia, curso 5

académico, homologación dos estudios, se é o caso, e que ten aboadas as taxas correspondentes ou está exento/a delas. Polo tanto non terán validez as solicitudes de matrícula e preinscricións. Para renovación por minusvalidez suxeita a revisión dos/as fillos/as maiores de 21 anos: Impreso cuberto e asinado polo/a solicitante Título de familia numerosa Certificación acreditativa da dita minusvalidez Copia da última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria onde consten os seus ingresos ou certificación da Seguridade social onde conste o importe da pensión que perciben O título expídese no mesmo momento se a documentación está completa e requírese a que falta, se non está completa. Os datos introdúcense no SXPA (Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos), programa dependente da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Procedemento BS 423A) e o título de familia numerosa emítese automaticamente unha vez asinado e selado. Aos beneficiarios entre 0 e 21 anos cadúcalles o título cada 2 anos. A partir dos 21, o título renóvase, a petición de parte, anualmente ata os 25 anos en que o programa produce a baixa instantánea. O título caduca por límite de tempo na renovación do título, salvo variación previa das circunstancias da unidade familiar. Os datos estatísticos elabóranse tomando como base os datos das solicitudes. A actualización desta base de datos é continua tanto as baixas como as altas Deseño da explotación dos datos do rexistro A Subdirección Xeral de Familia e Menores elabora dous tipos de datos estatísticos: Para o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, con datos sempre dentro do establecido na Lei 40/2003 de protección de Familias numerosas. Estes datos envíanse ao Ministerio con carácter trimestral e é este quen fai a explotación dos rexistros. Os datos publícanse con carácter anual na Estatística de familias numerosas: ISSN 1139-4420 e só os de carácter xeral na memoria da consellería competente na materia. 6

Cada tabla con datos estatísticos e variables aparece desglosada por provincias e acompañada dun gráfico. De acordo co sinalado con anterioridade, os datos rexistrados son os seguintes: Títulos de familia numerosa expedidos por categorías (especial-xeral) Títulos de familia numerosa expedidos segundo o número de fillos de cada tipoloxía dos fillos Titulos de familia numerosa expedidos segundo o sector económico do titular Títulos de familia numerosa expedidos segundo a idade dos fillos Títulos de familia numerosa expedidos segundo a idade dos cónxuxes Títulos de familia numerosa expedidos segundo a situación laboral do titular Títulos de familia numerosa expedidos segundo o estado civil do titular Títulos de familia numerosa en vigor 7

Anexos Anexo I Formulario de solicitude do título de familia numerosa 8

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO SOLICITUDE DE TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA BS423A SOLICITUDE NOVA RENOVACIÓN APELIDOS DATOS DO/A SOLICITANTE NOME DNI ENDEREZO PROVINCIA MUNICIPIO LOCALIDADE CÓDIGO POSTAL TELÉFONO DATA DE NACEMENTO ESTADO CIVIL PROFESIÓN SITUACIÓN LABORAL ACTIVO NON ACTIVIDADE LABORAL DESEMPREGADO XUBILADO DATOS DO/A CÓNXUXE INCAPACIDADE (1) MINUSVALÍA(2) APELIDOS NOME DNI DATA DE NACEMENTO ESTADO CIVIL PROFESIÓN SITUACIÓN LABORAL ACTIVO NON ACTIVIDAD LABORAL DESEMPREGADO XUBILADO INCAPACIDADE (1) MINUSVALÍA(2) FILLOS CON DEREITO A BENEFICIO RELACIONADOS DE MAIOR A MENOR IDADE Nome Apelidos DATOS DOS/AS FILLOS/AS DATA DE NACEMENTO IDADE INGRESOS ANUAIS INCAPACIDADE * MINUSVALÍA * DECLARA: Que no día da data, a situación expresada coincide ca que consta no libro de familia e que os fillos computables, ós efectos desta petición viven no domicilio legal, conservan o estado de soltería non teñen outros ingresos que os consignados (1) Persoas que teñan reducida a súa capacidade de traballo nun grado equivalente ó da incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez. (2) Persoas afectadas por unha disminución da súa capacidade física ou psíquica superior ó 33 %. * Cando se dé o caso, indicar cun X

SOLICITA: A expedición do Título de Familia Numerosa, de conformidade co lo previsto na Lei estatal 40/2003. En, a 16 de Novembro de 2012 (sinatura do/a interesado/a) Fdo.: CONSENTIMENTO: D./Dna. DNI, como proxenitor co que conviven os fillos concebidos no matrimonio con D/Dna. consinto, ós efectos do disposto no artigo 2.2.c da Lei estatal 40/2003, en que sexa este último quien figure como titular do título de familia numerosa. Este consentimento ten carácter definitivo salvo que se produza calquer variación no número dos meus fillos que me dé dereito á obtención dun novo título. En, a 16 de Novembro de 2012 (sinatura do/a interesado/a) Fdo.: A CUBRIR POLA ADMINISTRACIÓN: Examinado o expediente e atopándose conforme, expídese o título correspondente, de categoría En, a de de 200 (asínese por quen proceda) (A SECRETARÍA XERAL) (O/A DELEGADO/A) IMPRESO CUBERTO E ASINADO POLO/A SOLICITANTE. FOTOCOPIA LIBRO DE FAMILIA. DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR FOTOCOPIA DO DNI DO SOLICITANTE, NIE, PERMISO DE RESIDENCIA (SÓ NOS CASOS DE EXPEDICIÓN POR PRIMEIRA VEZ E NO CASO DE NON AUTORIZAR A CONSULTA). PARA OS FILLOS DE 21 AÑOS ATA 25 INCLUSIVE XUSTIFICANTE DE ESTUDOS. NO CASO DE MINUSVALÍA OU INCAPACIDADE, DOCUMENTO ACREDITATIVO. NO CASO DE VIUVEZ, SEPARACIÓN OU DEFUNCIÓN, DOCUMENTO XUSTIFICATIVO. NO CASO DE EXPEDICIÓN BASADA EN CRITERIOS ECONÓMICOS: COPIA DA ÚLTIMA DECLARACIÓN DO IRPF OU CERTIFICADO DA AEAT ONDE CONSTEN OS INGRESOS. TODAS AS FOTOCOPIAS DEBERÁN ACHEGARSE XUNTO COS ORIXINAIS PARA COTEXAR Autorizo á consellería de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, de 23 de outubro e a orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos meus datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de la Presidencia. SI NON En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude incorporaranse a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido á Consellería de Traballo e Benestar como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE - Lei estatal 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE 19/11/2003) SINATURA DO/A SOLICITANTE OU PERSOA QUE O/A REPRESENTA (A cubrir pola Administración) RECIBIDO REVISADO E CONFORME NÚMERO DE EXPEDIENTE DATA DE ENTRADA / / DATA DE EFECTOS / / DATA DE SALIDA Lugar y fecha, de de 200 / / Xefe/a Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en