Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de ,00.

Documentos relacionados
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx

DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx

finalidade beneficiarias actividades subvencionables normas específicas de subvencionabilidade obrigas

DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx

DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2821

DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3122

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

MODELO DE ACORDO DE COOPERACIÓN PARA O PROXECTO INTERTERRITORIAL/TRANSNACIONAL "denominación do proxecto

Convocatoria Valorización de Resultados de Investigación 2012

ESTATÍSTICA DE VIOLENCIA DE XÉNERO 2016 (2º semestre e total 2016) OPERACIÓN ESTATÍSTICA Nº 25801

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Ed.01 01/02/2017 Páx. 1 de 7 INSTRUCIÓN DE XUSTIFICACIÓN

1.- Obxecto. 2.- Requisitos: Poderán solicitar as axudas que cumpran os seguintes requisitos:

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2016 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

2.932 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 44 Venres, 5 de marzo de 2010

DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MAR E CAIXA GALICIA SOBRE O FINANCIAMENTO DO PROGRAMA EUROPEO DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA REUNIDOS

DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx

a) Planificación estratéxica: A planificación dos obxectivos da coordinación informática materializouse nos seguintes apartados principais:

En Santiago de Compostela, REUNIDOS

Orde do 7 de Xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel

TAXAS POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR PARTE DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx

Guía de procedementos e servizos

Na súa virtude, esta consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN

Febreiro Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do. Maio Agosto Lu Ma Mé Xo Ve Sá Do 1. Novembro Lu Ma 1 7 8

NORMATIVA DE TRANSFERENCIA E RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS PARA TITULACIÓNS ADAPTADAS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

CALENDARIO XERAL PAU 2016 ACCESO CURSO

Convocatoria ordinaria de 2012

DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx

DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx

REDE EUSUMO. información e comunicación

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

5.4 Tramitacións administrativas ao longo do curso

RECOMPILACIÓN NORMATIVA 2013 CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 153 L Venres, 9 de agosto de 2002 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CALENDARIO XERAL PAU 2012 ACCESO CURSO 12-13

DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx

Índice. Proceso. Subproceso. Histórico de evolucións. PROCEDEMENTO Matrícula. AC: xestión académica. AC- 02: xestión de alumnado

CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA A AVALIACIÓN E PARA A HABILITACIÓN OFICIAL COMO CORRECTOR E EXAMINADOR DOS EXAMES DO DELF ESCOLAR.

A, B (Deberá completarse con todas as facturas correspondentes aos investimentos realizados no 2011), C, G, H, I

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

I.- Competencia. II.- O principio de anualidade. III.- Contido.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

VÁLIDO SÓ PARA EFECTOS INFORMATIVOS

INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE. CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.

DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx

REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES. Día: Hora: 10:30

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO MINISTERIO DE DEFENSA

Servizo de orzamentos, cstudos e asistencia económica

1.- Modalidades. Convocanse premios en dúas modalidades:

EXPÓN: Que en calidade de do sito/os na rúa

V I C E P R E S I D E N C I A

9.172 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 96 Luns, 24 de maio de 2010

En Santiago de Compostela, a de de 2011 REUNIDOS

DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Programas europeos. IV.1 Programa de Aprendizaxe Permanente. IV.2 Accións descentralizadas do novo programa

DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx

BOPPO. ANEXO I SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA ACTIVIDADES 2018 Referencia (a cubrir pola Administración): Entidade CIF

A Estrada, 26 de febreiro de 2018 REUNIDOS

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO: de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

e, fai que se manteña a necesidade do informe do Servizo de hora de considerar a viabilidade técnica e económica modificación da xornada lectiva.

DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx

Consellería de Economía, Emprego e Industria

DOG Núm. 227 Mércores, 29 de novembro de 2017 Páx

Por todo o anterior, esta Secretaría Xeral dita a seguinte

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN MATRÍCULA PARA O CURSO

Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx

INFORME FISCALIZACIÓN DE FONDOS EUROPEOS

Bolsas da Fundación SGAE para a ampliación de estudos internacionais Curso 2014/2015

DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx

Política e Obxectivos de Calidade

4.196 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 54 L Venres, 16 de marzo de 2007

DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx

TURISMO CREATIVO. Regulamento do Concurso. Turismo Creativo: Ideas innovadoras para o Norte de Portugal e Galicia

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios. Vigo

Planificación do curso escolar

INSTRUCIÓNS PARA A XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA CONECTA PEME 2018 COMO PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA?

REUNIDOS. E doutra, a asociación seleccionada a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro,

ACORDO: Artigo 1. Obxecto

REGULAMENTO DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS. Aprobado na Comisión Permanente de 26 de febreiro de 2018

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. Memoria Área de Traballo

ANEXO S.0 - SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN

ACORDO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO E O CONCELLO DE

DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx

DOG Núm. 129 Mércores, 6 de xullo de 2011 Páx

DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx

Nº 54 Xoves, 17 de marzo de 2011 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Expediente: XX/015/2009.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx

ORDE do...de...de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de. certificados de profesionalidade e acreditacións parciais acumulables

DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2017 Páx. 4582

DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx

Transcrição:

Resolución do 30 de decembro de 2016 do director xeral da Agader pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. A programación para a medida Leader correspondente ao período 2014-2020 réxese polo disposto nos artigos 32 ao 35 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre disposicións comúns referidas aos fondos Feader, Feder, Fondo de Cohesión, FSE e FEMP, e polo disposto nos artigos do 42 ao 44 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader). Os citados artigos regulan o desenvolvemento local participativo a través dos grupos Leader de desenvolvemento rural (en adiante, GDR). O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado mediante a Decisión de Execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), prevé na ficha correspondente á medida 19 (Leader) a tramitación de subvencións a través das estratexias de desenvolvemento local elaboradas polos GDR. Neste contexto, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Local (en diante, a Agader), mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016 publica o Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección (DOG nº 42, do 2 de marzo). Ao abeiro das bases reguladoras citadas no parágrafo anterior, mediante Acordo do Consello de Dirección de Agader, do 16 de novembro de 2016, seleccionáronse 24 estratexias de

desenvolvemento local presentadas por outras tantas asociacións que obtiveron o recoñecemento de GDR como entidades colaboradoras de Agader na xestión da medida Leader. A colaboración entre a Agader e os GDR na xestión da medida Leader regúlase, conforme ao previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG. DOG nº 121, do 25 de xuño), mediante o convenio de colaboración que o Consello da Xunta autorizou o 5 de agosto de 2016 e as partes asinaron o 13 de decembro de 2016. Por outra parte, mediante o Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 29 de decembro de 2016, aprobáronse as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e publicáronse mediante a Resolución do director xeral da Agader do 29 de decembro de 2016 (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2017). As bases reguladoras sinaladas no parágrafo anterior establecen as regras para a xestión das axudas correspondentes tanto á submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local) como á submedida 19.4 (custes correntes da estratexia de desenvolvemento local e animación e promoción territorial) da medida Leader. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras anteriores e refírese unicamente ao importe dispoñible na submedida 19.2 da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 para as anualidades 2017 e 2018. Por outra banda, a Orde, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ao capítulo VII no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais aprobado polo Consello da Xunta de Galicia. De acordo con esa normativa, a tramitación anticipada poderá chegar como máximo ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso do gasto. Todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento da orde citada enténdense condicionados a que, unha vez

aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da aprobación desta convocatoria. O 2 de decembro de 2016 o Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, no que está consignado crédito, a favor da submedida 19.2 do PDR, por importe de 13.520.102,00. Con respecto á anualidade 2018, está previsto un gasto de 7.630.000,00. Desde o punto de vista da normativa de axudas de estado, conforme ao previsto no capítulo VII (fichas de elexibilidade) das bases reguladoras que rexen esta convocatoria, esta amparárase na seguinte normativa: a) No Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, e b) No Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. Esta convocatoria de axudas está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nunha porcentaxe do 75 %. O Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013, publicado mediante a Resolución do director xeral da Agader do 24 de xullo de 2013 (DOG nº 148, do 5 de agosto), delegou na persoa titular da Dirección Xeral da Agader a competencia para realizar esta convocatoria. Tendo en conta o anterior, RESOLVO: Artigo 1. Obxecto 1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación antipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

(PDR), con cargo ás anualidades 2017 e 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local. 2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Agader, mediante o Acordo do 29 de decembro de 2016, e se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 29 de decembro de 2016 (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2017). Artigo 2. Financiamento 1. Para o financiamento desta convocatoria, no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 está consignado un crédito de 13.520.102,00 nas aplicacións orzamentarias de Agader 13.A1.712A.7600, 13.A1.712A.7700 e 13.A1.712A.7810 (aplicación orzamentaria 13.04.712A.732.09 da Consellería do Medio Rural, proxecto 2016-00221 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ). Con respecto á anualidade 2018, está retido un crédito de 7.630.000,00. A concesión de subvencións ao abeiro desta convocatoria está sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución. 2. No marco da medida 19 (Leader), submedida 19.2 apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local, do PDR de Galicia 2014-2020, o crédito indicado está cofinanciado nun 75 % por Feader, nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5% pola Comunidade Autónoma de Galicia. 3. As contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevé o artigo 31 da LSG e o artigo 30 do Regulamento da dita lei,

que se aprobou mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), debéndose publicar no DOG o aludido incremento de contía. 4. A distribución dos importes para as anualidades 2017 e 2018 sinálanse, globalmente e por cada un dos GDR, nos anexos I e II, respectivamente, desta convocatoria. 5. En relación cos importes consignados no citado anexo II, no que se recolle a distribución económica por GDR, cómpre sinalar que ditos importes poderán ser obxecto de redistribución entre os distintos GDR nos supostos de non rexistrarse solicitudes suficientes nalgún ou nalgúns GDR ou se a calidade dos proxectos presentados nos mesmos non acadase a puntuación mínima esixida para ser subvencionables. Artigo 3. Solicitudes de axuda 1. As solicitudes de axuda dirixiranse, tendo en conta a localización do investimento, ao GDR que corresponda e presentaranse no formulario e coa documentación previstos no artigo 9 das bases reguladoras ás que está sometida esta convocatoria. 2. Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, como mínimo, iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos. Artigo 4. Execución e xustificación dos investimentos A data límite para executar e xustificar os investimentos vinculados aos proxectos subvencionados será a que estableza cada unha das resolucións de concesión de axuda, no marco do calendario xeral previsto nas bases reguladoras. Artigo 5. Devolución de axudas Conforme ao previsto no artigo 64º do Regulamento da LSG, os beneficiarios poderán devolver voluntariamente na conta da entidade financeira ABANCA nº ES19 2080 0388 2831 1000 1396, as axudas percibidas. No concepto da transferencia indicarase Devolución da convocatoria Leader 2017-18 e mais o Nº de expediente.

Disposición adicional primeira. Recursos Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección de Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, no prazo de dous meses contados igualmente desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG. Disposición adicional segunda. Información Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios: a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es/guia-deprocedementos c) No teléfono 981 54 73 62 (Agader). d) De xeito presencial, en Agader (Lugar da Barcia, 56. Laraño. 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 7362. e) Páxina web e sede dos GDR de Galicia. A relación dos GDR está publicada na antedita páxina web da Agader. Disposición derradeira primeira. Habilitación para a xestión da convocatoria O director xeral de Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria. Disposición derradeira segunda. Eficacia da convocatoria Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Santiago de Compostela, a 30 de decembro de 2016. O director xeral da Agader (PD. Resolución do 24.07.2013. DOG nº 148, do 5 de agosto) Miguel Ángel Pérez Dubois

Anexo I Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 de Leader (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local) Aplicacións-proxectos da convocatoria 2017-2018 Aplicacións-proxectos para a anualidade 2017: Acción (submedida) Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural Proxecto Dirección Xeral de Aplicación Agader Desenvolvemento Rural Proxecto Agader Presuposto Inicial GPT Presuposto inicial FEADER 13.A1.712A.7600 2016 00001 3.380.026,00 2.535.019,00 13.A1.712A.7700 2016 00001 8.788.066,00 6.591.049,00 TOTAL 13.A1.712A.7810 2016 00001 1.352.010,00 1.014.008,00 13.520.102,00 10.140.076,00 Aplicacións-proxectos para a anualidade 2018: Acción (submedida) TOTAL Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural Proxecto Dirección Xeral de Aplicación Agader Desenvolvemento Rural Proxecto Agader 13.A1.712A.7600 2016 00001 13.A1.712A.7700 2016 00001 13.A1.712A.7810 2016 00001 Presuposto Inicial GPT Presuposto inicial FEADER 1.907.500,00 1.430.625,00 4.959.500,00 3.719.625,00 763.000,00 572.250,00 7.630.000,00 5.722.500,00

Anexo II Distribución por GDR para o financiamento da submedida 19.2 de Leader (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local) Convocatoria 2017-2018. NÚMERO E NOME DO GDR ANUALIDADE 2017 ANUALIDADE 2018 SUMA ANUALIDADES 2017 E 2018 GDR 01: Terras de Miranda 563.337,58 278.567,66 841.905,24 GDR 02: Terra cha 563.337,58 370.536,91 933.874,49 GDR 03: Montes e vales orientais GDR 04: Comarca de Lugo 563.337,58 431.381,93 994.719,51 563.337,58 283.041,43 846.379,01 GDR 05: Miño Ulla 563.337,58 324.698,13 888.035,71 GDR 06: Ribeira Sacra 563.337,58 406.098,17 969.435,75 GDR 07: Valdeorras 563.337,58 330.137,56 893.475,14 GDR 08: Sil Bibei Navea 563.337,58 420.721,75 984.059,33 GDR 09: Monteval 563.337,58 319.860,05 883.197,63 GDR 10: A Limia Arnoia 563.337,58 354.628,64 917.966,22 GDR 11: Adercou 563.337,58 283.041,43 846.379,01 GDR 12: Carballiño Ribeiro GDR 13: Condado Paradanta 563.337,58 301.819,75 865.157,33 563.337,58 278.567,66 841.905,24 GDR 14: Baixo Miño 563.337,58 281.702,08 845.039,66 GDR 15: Pontevedra- Morrazo 563.337,58 291.323,57 854.661,15

GDR 16: Pontevedra Norte GDR 17: Salnés Ulla Umia 563.337,58 343.968,46 907.306,04 563.337,58 278.567,66 841.905,24 GDR 18: Deloa 563.337,58 278.567,66 841.905,24 GDR 19: Terras de Compostela GDR 20: Ulla Tambre Mandeo 563.337,58 278.567,66 841.905,24 563.337,58 302.339,09 865.676,67 GDR 21: Ordes 563.337,58 279.816,05 843.153,63 GDR 22: Costa da Morte GDR 23: Mariñas Betanzos 563.337,58 315.295,31 878.632,89 563.337,58 292.662,93 856.000,51 GDR 24: Seitura 22 563.337,66 304.088,46 867.426,12 IMPORTES TOTAIS 13.520.102 7.630.000 21.150.102