NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA DE CENTRO Neste curso quedan recollidas e aprobadas as seguintes normas básicas de convivencia de centro: 1. Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos/das compañeiros ou compañeiras á educación. Por este motivo será preciso coidar aspectos básicos da convivencia como os saúdos e normas de cortesía, o trato respectuoso e afable de cara aos demáis, a corrección no trato social por medio do uso dunha linguaxe axeitada (evitando insultos e palabras malsoantes), así como o uso dun volume adaptado aos diversos espazos do centro e ás diferentes actividades a desenvolver dentro da comunidade educativa. 2. Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa. A tolerancia ante a diversidade e a non discriminación serán normas básicas para a convivencia de centro. 3. Respectar a identidade, integridade e dignidade dos diversos membros da comunidade educativa. Non cometer agresións físicas ou morais, nin promover accións relacionadas con calquera tipo de acoso cara a outros membros da comunidade escolar. 4. Coidar o aseo, limpeza e imaxe persoal. Será preciso empregar roupa e complementos axeitados á actividade a desenrolar, minimizando os posibles riscos para a seguridade persoal e favorecendo a convivencia escolar. 5. Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro. Así como respectar os bens das diversas persoas que forman parte da comunidade educativa. 6. Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente. 7. Facer un bo uso dos diversos espazos, colaborando no mantemento dun espazo común limpo e coidado. Usar as papeleiras, reciclar os diversos materiais empregando os contentores e colaborar nas labores de reciclaxe e reutilización, etc. 8. Os desperfectos ocasionados pola acción voluntaria ou por un mal uso por parte do/a alumno/a u outro membro da comunidade educativa, sobre os materias, bens e instalacións do centro ou sobre os bens de algún membro da comunidade educativa; deberán ser repostos (física ou economicamente, según decrete a autoridade correspondente) polo causante dos mesmos. 9. Seguir as directrices do profesorado respecto da educación e aprendizaxe. 10. Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro. É imprescindible manter unha actitude positiva ante os avisos e correccións. De igual xeito, será positivo para velar pola convivencia e respecto manter unha actitude cooperativa ante as actividades educativas e convivenciais.
11. Asistir a clase con puntualidade e o material preciso. A asistencia á clase é obrigatoria. Toda ausencia debe ser notificada previamente polos pais, nais, titores/as ou representantes legais; e xustificada por escrito no momento da incorporación do/a alumno/a á aula. 12. As saídas do centro escolar, por parte do alumnado, en horario lectivo; deberán ser comunicadas previamente ao/á titor/a, e en todo caso, serán os pais, nais titores/as ou representantes legais do alumno/a os encargados de recoller ao mesmo na secretaría do centro escolar. 13. No centro non estará permitida a realización de ningunha actividade que poida supor un risco para a saúde persoal dos implicados/as directa ou indirectamente na mesma. 14. Non está permitido traer ao centro obxectos perigosos ou molestos para os demais; nin aqueles que interfiran na actividade academica e na convivencia escolar. Estas normas básicas se concretan de maneira específica para o alumnado, según a idade dos destinatarios/as, e organizándoas por etapa educativa do seguinte modo:
NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA DE CENTRO Na etapa de Secundaria 1. Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos/das compañeiros ou compañeiras á educación. Por este motivo será preciso coidar aspectos básicos da convivencia como os saúdos e normas de cortesía, o trato respectuoso e afable de cara aos demáis, a corrección no trato social por medio do uso dunha linguaxe axeitada (evitando insultos e palabras malsoantes), así como o uso dun volume adaptado aos diversos espazos do centro e ás diferentes actividades a desenvolver dentro da comunidade educativa. Sé educado e respectuoso cos teus compañeiros, profesores e persoal do Colexio. Non esquezas saudalos, chamalos polo seu nome e tratalos con educación. Sube e baixa do patio ás clases con orde e sen xogar e armar balbordo. Desprázate en silencio e ordeadamente para as outras dependencias do Colexio: sala de informática, ximnasio, capela, obradoiro... Non comas alimentos, gomas de mascar e lambetadas nas aulas. 2. Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa. A tolerancia ante a diversidade e a non discriminación serán normas básicas para a convivencia de centro. Evita calquera tipo de pelexa, insulto ou palabra malsoante que poida molestar aos demais. 3. Respectar a identidade, integridade e dignidade dos diversos membros da comunidade educativa. Non cometer agresións físicas ou morais, nin promover accións relacionadas con calquera tipo de acoso cara a outros membros da comunidade escolar. 4. Coidar o aseo, limpeza e imaxe persoal. Será preciso empregar roupa e complementos axeitados á actividade a desenrolar, minimizando os posibles riscos para a seguridade persoal e favorecendo a convivencia escolar. Non está permitido o uso de gorras, sombreiros ou viseiras no interior do colexior. É preciso o uso do chándal colexial e zapatillas de deporte para participar nas actividades de Educación Física. Será imprescindible o uso de calzado axeitado para a participación nas aulas de Tecnoloxía. 5. Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro. Así como respectar os bens das diversas persoas que forman parte da comunidade educativa. Calquera desperfecto orixinado de forma inxustificada deberá ser reparado ou reposto polo causante. Non está permitido pintar en paredes e portas, nin no mobiliario do centro. Non se poderán usar os aseos como lugar de recreo. Mantén a túa mesa ordenada e limpa. Non a raies nin a pintes. O teu sitio na aula é o indicado polo titor/a. 6. Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente. Durante os recreos será necesario permanecer nos patios e usar unicamente os servicios exteriores. É recomendable aproveitar este tempo para ir ao servicio e non interromper a clase en outros momentos.
Non está permitido xogar ao balón nas zonas cubertas do patio os días de choiva. Así mesmo, nos recreos non se permite estar nas portas exteriores nin quedar na parte baixa do patio. Non te ergas sen necesidade no cambio de clase e non saias da aula sen permiso. Só teñen permiso para escribir na pizarra os/as profesores/as e os/as encargados/as por eles/as. 7. Facer un bo uso dos diversos espazos, colaborando no mantemento dun espazo común limpo e coidado. Usar as papeleiras, reciclar os diversos materiais empregando os contedores e colaborar nas labores de reciclaxe e reutilización, etc. Non está permitido tirar cáscaras de pipas nin calquera outro tipo de lixo no recinto escolar. Respecta as plantas, ás árbores e os xardíns. Se durante o transcurso da clase, tes necesidade de tirar algún papel, agarda a que remate e bótao na papeleira ao saír. 8. Os desperfectos ocasionados pola acción voluntaria ou por un mal uso por parte do/a alumno/a u outro membro da comunidade educativa, sobre os materias, bens e instalacións do centro ou sobre os bens de algún membro da comunidade educativa; deberán ser repostos (física ou economicamente, segundo decrete a autoridade correspondente) polo causante dos mesmos. 9. Seguir as directrices do profesorado respecto da educación e aprendizaxe. Agarda ate o final da clase para aclarar calquera alegación ou contrariedade que teñas co teu profesor/a. Copiar nun exame supón ter unha cualificación de cero nesa proba. Non está permitida a suplantación de personalidade, nin a falsificación, alteración ou sustracción de documentos académicos. Calquera de estas accións será considerada gravemente perxudicial para a convivencia. 10. Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro. É imprescindible manter unha actitude positiva ante os avisos e correccións. De igual xeito, será positivo para velar pola convivencia e respecto manter unha actitude cooperativa ante as actividades educativas e convivenciais. En canto o profesor entra na clase debes gardar silencio e dispoñerte a traballar sen facer esperar. Garda silencio durante as explicacións e no tempo de traballo persoal. Pide a palabra para preguntar ou dicir algo na clase. Presenta axeitadamente os deberes e tarefas que manden os profesores. 11. Asistir a clase con puntualidade e o material preciso. A asistencia á clase é obrigatoria. Toda ausencia debe ser notificada previamente polos pais, nais, titores/as ou representantes legais; e xustificada por escrito no momento da incorporación do/a alumno/a á aula. Se a ausencia se produce nun día de exame ou nas horas previas ao mesmo, o alumno/a deberá presentar un xustificante no momento de incorporarse ao centro para facer a proba. As ausencias reiteradas en días de exame poden conlevar a perda de dereito á realización da proba e nos casos máis graves á avaliación continua nesa materia. Para incorporarte á xornada lectiva sé puntual, procura estar no patio antes de que soe o timbre. Non chegues tarde á clase por respecto ao traballo dos demais.
A Axenda colexial será o medio habitual de comunicación e información entre a túa familia e os teus profesores, polo que é obrigatorio traela sempre ao colexio. 12. As saídas do centro escolar, por parte do alumnado, en horario lectivo; deberán ser comunicadas previamente ao/á titor/a, e en todo caso, serán os pais, nais titores/as ou representantes legais do alumno/a os encargados de recoller ao mesmo na secretaría do centro escolar. 13. No centro non estará permitida a realización de ningunha actividade que poida supor un risco para a saúde persoal dos implicados/as directa ou indirectamente na mesma. Non está permitido fumar nas diversas dependencias do centro nin dentro do recinto escolar. Así mesmo, non está permitido o consumo de sustancias tóxicas (drogas) nin a inicitación ao consumo das mesmas. 14. Non está permitido traer ao centro obxectos perigosos ou molestos para os demais; nin aqueles que interfiran na actividade académica e na convivencia escolar. Non está permitido o uso do móbil no recinto escolar en horario lectivo. Así, os móbiles deberán estar desconectados e gardados. As chamadas urxentes serán atendidas na secretaría do centro. Non se poderá empregar reproductores de música, de ningún tipo, no interior do centro.
NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA DE CENTRO EDUCACIÓN PRIMARIA: 1. Somos educados e respetuosos cos nosos compañeiros, profesores e persoal do Colexio. 2. Somos tolerantes ante a diversidade de ideoloxías, sexo, raza, relixión,... 3. Se temos algún problema trataremos de resolvelo de forma adecuada, sen violencia. Lembramos que sempre podemos falar co titor. Buscamos o momento axeitado. 4. Coidamos o noso aseo, limpeza e imaxe persoal. Vestímonos coa roupa axeitada ao lugar e á actividade que imos realizar. Na clase non debemos comer chicles, lambetadas... 5. Colaboramos na limpeza e coidado do Colexio. Respectamos os bens dos compañeiros/as e de todas as persoas da Comunidade Educativa. 6. Respectamos as normas de organización do centro. Coidamos o ambiente de traballo en clase, escoitamos aos demais e respectamos a nosa quenda para falar. Traemos a axenda todos os días á clase. Traemos sempre o material necesario para cada materia. Traemos sempre as tarefas feitas. 7. Na zona das entradas e dentro do Colexio non xogamos cos balóns. Camiñamos despacio e sen berrar. No patio procuramos ocupar o lugar reservado ao noso curso. Utilizamos para as entradas e as saídas os accesos destinados á nosa sección. Nos recreos debemos estar nos patios e utilizamos os aseos exteriores. Non saímos do Colexio para coller balóns fóra, sen permiso dos profesores encargados do patio. Se o balón cae no tellado falamos co noso titor. Colaboramos nas labores de reciclaxe e reutilización. 8. En caso de producir un desperfecto deberemos reparar o dano causado: recolleremos o que tiramos, borraremos as paredes, repoñeremos o material... 9. Seguimos as indicacións do profesorado respecto da nosa educación e aprendizaxe. 10. Mantemos unha actitude positiva ante os avisos e correccións do profesorado. Amosamos unha actitude cooperativa ante as actividades educativas e convivenciais. 11. A asistencia á clase é obrigatoria. A puntualidade é necesaria. 12. En caso de retraso ou falta de asistencia debemos xustificalo por escrito, igual que para saír do Colexio dentro do horario escolar. As entradas xustificadas, fóra da hora, faranse por recepción. 13. Practicamos actividades axeitadas que non supoñan un risco para a nosa saúde ou a dos demais.
14. No Colexio non debemos utilizar o teléfono móbil en horario escolar. Non debemos traer obxectos perigosos.
NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA DE CENTRO EDUCACIÓN INFANTIL: 1. Potenciamos desde a casa actitudes que aquí se fomentan: saudar, pedir por favor, esperar a quenda para falar, dar as grazas... 2. Respectámonos uns aos outros e xogamos sen violencia. 3. Se temos algún problema, resolvémolo falando. 4. Vimos limpos ao Colexio. Revisamos o fin de semana as prendas de vestir dos fillos: cintas, botóns, nomes. Vimos con roupa cómoda. O chándal será obrigatorio o día de educación física, en saídas e excursións. 5. O Colexio é de todos. Mantémolo limpo: non tiramos papeis, pipas, fóra da papeleira. 6. Respectamos as normas de organización do centro. Escoitamos aos demais esperando a nosa quenda para falar. Saudamos e despedímonos dos profesores e compañeiros. Dentro do Colexio camiñamos sen correr. Traemos o mandilón ao comezar a semana. Para comer nos recreos e cumpreanos: galletas, froita, biscoitos, (evitar lambetadas, pasteis...) 7. Facemos un bo uso dos espazos comúns. Colaboramos nas labores de reciclaxe e reutilización. 8. Se provocamos un desperfecto voluntaria e repetidamente teremos que reparar o danado. 9. Seguimos as indicacións do profesorado respecto da nosa educación e aprendizaxe. É fundamental que os pais acudan as reunións. Valora e comenta co teu fillo/a os seus traballos. 10. Coidamos o ambiente de traballo en clase, mantendo unha actitude positiva de convivencia cos demais. 11. A asistencia e a puntualidade son moi importantes. Deixamos aos fillo/as na porta para evitar interromper as clases. 12. As entradas xustificadas, fóra da hora, faranse por recepción. 13. Practicamos actividades axeitadas que non supoñan un risco para a nosa saúde ou a dos demais. 14. Se queremos traer algo ao colexio, mellor un conto, un dvd, ca un xoguete.